xoves, 27 de setembro de 2007

Fotos Dolores 2007 (III Parte)











Bueno pois outro día máis vos poño outra entrega de fotos do que foron os Dolores 2007, nesta ocasión hai de todo, vexamos:
Foto 1: Panorama dando leña
Foto 2: Ángel de América, un fenómeno
Foto 3: Esa peñaaaaa.... borrosa
Foto 4: A Aparición de María
Foto 5: Baixadevos de ahí, ohhhh!!! este chaval e o seu pai, avó ou o que sexa subíronse no "púlpito" que utiliza Jorge de Panorama para cantar "Guadalajara" e non deixaban ver os que estabamos detrás (observade o cabezón que ten o señor, debe ser un tio que pensa bastante!)
Foto 6: Tonhito de Poi decindo a frase que máis repetiu en toda a noite: "Chicassss, estoy aquí para daaaaarlo todooooooo" que figura o tio!, JUGÓN!
Foto 7: o teclista de Marbella tocando o "órgano" no 2º pase
Foto 8: María e Laura: "Saca a foto de unha .... vez"
Foto 9: Pura esencia Panorama
Foto 10: Irene de Panorama coa guitarra: A-R-T-I-S-T-A-Z-A.
Nada máis polo de agora, disfrutade do día.

mércores, 26 de setembro de 2007

Fotos Dolores 2007 (II Parte)














María Tato pasoume vía e-mail máis fotos das Festas dos Dolores. Dende eiquí agradecerlle públicamente ese detallazo. Gracias María. Unha magoa que as fotos nas que Pablo, Javi e eu estamos subidos no esceario do grupo Troco saian bastante oscuras. De tódolos xeitos "Moito Obrigado María".
Foto 1: A Comisión disfruta dos Concertos: de esquerda a dereita: eu, Marcos Banesto (un pouco rezagado), Li, Javi (man no bolsillo, Pazitos (o fondo) e Pablo.
Foto 2: Bailando con Troco, a persoa que está o lado esquerdo da cantante son eu, je je je.
Foto 3: Bailando con Troco (2), eu, a cantante, Javi (mans nos bolsillos) e Pablo.
Foto 4: Lisardo tomando laranxa no bar do Club Atlético Sobrado.
Foto 5: a orquestra Marbella en acción (esa MORENA!!!!)
Foto 6: Os efectos da noite, ollade que coloretes temos, e vaia caras. De pé e de esquerda a dereita: eu, Yoly e Rose. Abaixo Alex e Pazitos, posando no piso de arriba da Cafetería Ramiro.
Foto 7: Chupiteras! Yoly, Rose e María Tato van dar boa conta do licor.
Foto 8: Os dous cantantes de Troco con Javi e Pablo agardando a que Li, Pazitos e Manolo suban o esceario (o final non subiron, de feito non estaban nin no campo da festa).
Foto 9: Banesto patrocina esta foto. Lorena, Yoly, María e Laura na Cafetería Lecer.
Foto 10: "Hommer" Pazitos -unha imaxe vale máis que mil palabras-.
Foto 11: Laura, María, Yoly e María Tato. Pase-Pose.
Foto 12: Pirulo e Laura (que sorte ten Estrella Galicia que sal nun lote de fotos sen pagar un céntimo).
Foto 13: Oito "hay yo no sé" , Lisardo "Amodo oh!"
Nada máis seguirei poñendo en vindeiras ocasións.


martes, 25 de setembro de 2007

Fotos Dolores 2007



















De seguido un pequeno resumo dalgunhas das fotos que posuo dos 4 días das Festas Grandes de Sobrado. Unhas festas as que dende a Comisión queremos agradecerlle a todo o mundo o ben se portou con nós e o moito que nos axudaron para que todos xuntos conseguisemos que as festas de Sobrado volten a ser un referente en toda a zona.






Foto 1: Olympus na espectacular actuación que brindou na noite do sábado.



Foto 2: Plano xeral da Praza de Sobrado "a tope de persoal".



Foto 3: Lucky de Olympus en plena faena.



Foto 4: María co esceario de Olympus o fondo (a súa cara non indica que aínda non atopasen a tan buscada espada).



Foto 5: Panorama na noite do domingo.



Foto 6: Carol, Laura e Silvia sufrindo o acoso do papparazzi.



Foto 7: Carol, Laura, Silvia e Miguel en dinámica posición.



Foto 8: Komando Cardesín.



Foto 9: curiosa foto de Laura e Pablo (a cámara comezaba a estar bébeda, non o usuario).



Foto 10: María e eu: preparados, listos, ya.



Foto 11: Tonhito de Poi actuo no esceario de esta guisa no primeiro día das festas.



Foto 12: Ángel de América en plena actuación na noite do venres.



Foto 13: Esteban "sorprendido" pola cámara.



Foto 14: Orquestra Marbella onde "deslumbraba" a súa cantante morena.



Foto 15: Julito, Nando e Javi, FOTOS NO... O SÍ.






Agardo que vos gusten e perdoade pola calidade de algunhas delas pero a miña HP trucouse en algún momento da noite do venres e non quería traballar.

luns, 24 de setembro de 2007

Elementos


Ola de novo a tod@s, xa votaba de menos escribir no blog. Hoxe, logo de duas semanas de vacacións (bueno, mellor dito a unha semana porque a primeira foi de moito curro debido a Comisión) volto a escribir e como o prometido é deuda eiquí vos deixo a primeira foto das Festas dos Dolores 2007.


Trátase dos 7 magníficos, 5 membros da Comisión (todos agás Manolo que non estaba nese intre) Tonhito de Poi e o batería do grupo Tonecho (xefe da Discoteca Gabbana de Compostela)


De esquerda a dereita e de pé: Javi, Eu, Pazitos, Tonhito de Poi e Pablo.

Agachados de esquerda a dereita: Tonecho e Li.


A foto non ten desperdicio, A Banda de Poi tanto lle gustou Sobrado que se quedaron ata venres pola tarde, e se non chega a ser que Tonhito tiña que ir de xurado a "Luar" aínda se quedarían para a noite a ver a América e Marbella.


Fliparon coa festa que había e aínda flipamos máis nos cando Tonhito de Poi se puxo de camareiro no bar do equipo de fútbol a eso das 05:30 horas e a facer de Dj. A peña dicíalle: "Tonhito ponme un Barceló con coca cola, Tonhito ponme un 100 pipers cola, Tonhito unha Estrella..." e él atendendo o persoal coma se nada. UN FENÓMENO.


Por certo, prometeron voltar a Sobrado...


Xa vos farei un resumo do que foron as festas, xa vos adianto que solventamos os problemas económicos e grazas a Deus non hai débedas (que xa é importante).


Nada máis, estes días poñerei un lote de fotos que saquei nestos 4 días de auténtico show.


Bicos e abrazos.

venres, 7 de setembro de 2007

PPV (Pechado Por Vacacións)


Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii, por fin, hoxe a partires das 00:00 horas, cando remate o concerto de Dani López, estarei oficialmente de vacacions. Polo tanto estarei un pouquiño perezoso a hora de ter o día este blog.

Voltarei o "curro" o día 24 de setembro, se Deus quere poñerei fotos "a jranel" da Festa dos Dolores, na cal agardo que saia todo ben: Tempo, Cartos, Xente,etc, etc, etc.


Falando dos Dolores debo dicir que hoxe na páxina 2 da sección FUGAS de La Voz de Galicia adicanlle media páxina os nosos concertos "Dolores D Kbza Rock" (aínda que o que escribe a noticia J.B. -agardo que non sexa o do whisky- puxo por 2 veces "Dolores Bekbeza" - que non sei de onde carallo inventou ese nome o José Baralla este-).

Sae unha foto en grande dos The Majestics, un grupo que xa aproveito para informarvos que non vai poder vir pois o seu batería José "Bonham" rompeu unha muñeca, e serán sustituidos polos Creole Kings Electric Band (un grupo que non oira falar del na miña vida).

Os C.K.E.B. son vigueses, o batería do grupo pertenceu os Killer Barbies da guapísima Silvia Superstar e fan un memorial das cancións de Elvis Pressley para recordar o 30 aniversario do seu falecemento. O cantante sal vestido igual que "Elvis The Pelvis" e dentro do espectaculo inclúense uns bailarins que nos amosan a pura esencia do estilo rockeiro.

Teño que agradecer a José Luis, o manager dos "The Majestics" a súa atención para con nós e as facilidades que nos dou para conseguir outro grupo pois xestionou todo dende a súa oficina de San Sebastián preocupandose él de chamar a varios grupos e preocuparse de que o grupo que sustituira os The Majestics tivera calidade dabondo.


Voltando as vacacións a primeira semana adicareina a currar a saco para que poidamos ter unhas festas o máis levadeiras posibles e coa menor presión que se poida (aínda que iso é moi difícil): que faga bon tempo, que faga bon tempo, que faga bon tempo, que nos cheguen os cartos, que nos cheguen os cartos, que nos cheguen os cartos, que nos colla o palco da Panorama, que nos colla o palco da Panorama, que nos colla o palco da Panorama -esto é o que teño na cabeza estos días a todas horas-. A verdade é que estresa pero como haxa xente e todo saia ben prometo cantar Dolores Se Llamaba Lola con Lito e Jorge da Panorama o derradeiro día das festas.


Nada máis, déixovos unha foto dunhas vistas maravillosas dende o Monte San Pedro de "La Ciudad Donde Nadie Es Forastero". Así pois, cando vexades o mar pensade nas miñas vacacións.


Bicos

xoves, 6 de setembro de 2007

Operación Espada



Segue sen aparecer. Preocupados andamos tod@s en Sobrado. A espada, propiedade de esta parella (Pirulo e María) foi roubada, sustraida, cambiada de lugar ou como lle queirades chamar o pasado 25 de agosto no Restaurante La Casilla de Guitiriz. Ata o de agora ninguén tivo novas do obxeto en cuestión. Unha espada que en palabras do propio Pirulo tiña grabados o nome de María e o seu por un lado e o do restaurante polo outro.

A última persoa que viu esta espada foi o mozo da foto: Pazitos. Este home encargouse da espada ata que desapareceu, mostrando as súas dotes como cabaleiro do Rei Arturo por todo o restaurante. O novo D´artagnan pousou esta arma de cortante fío e nunca máis se voltou a saber de ela.


P.D: pido a tod@s os que lean esto e teñan algunha sospeita ou nova de que puido acontecer se poñan en contacto conmigo no meu correo electrónico pois os noivos están xa a piques de chegar de México e sería unha bonita sorpresa agasallalos coa espada perdida.


Saudos

mércores, 5 de setembro de 2007

O Fillo Segredo de Lisardo


A Bomba do Verán estalou onte, AQUÍ SI QUE HAY TOMATE!


-Lugar: Guísamo (Bergondo)

-Hora: 00:23 horas

-Data: 05/09/2007


O meu compañeiro Pablo e máis eu aínda non saimos do noso asombro. Onte no transcurso do peche das Festas de Guísamo en Bergondo e mentres actuaba a Orquestra Panorama o meu avispado colega avísame de algo sospeitoso e inusual:


miro para a esquerda e a uns 10 metros e tras un tumulto de xente descubrimos a Lisardo con un neno de uns 4 anos subido nos seus hombros.

Quedamos bobos o ver a imaxe, polo que non dubidamos un momento en inmortalizar a imaxe para que ninguén nos poida dicir que o que contamos é unha broma.


Agora súrxenos moitas preguntas na cabeza:


Quen será a nai da criatura?

Desde cando ten Lisardo esas dotes para coidar nenos?

Cantos anos ten o rapaz en cuestión?

Como se chamará o cativo?

Levará o apelido Santos ou non?


Creédeme que nos quedamos en estado de shock, o resto da Comisión de Festas: Pazitos, Manolo e Javier aínda non o saben pero creedeme que este é un duro revés para nos pois ademáis de ter que pagar orquestras, grupos de rock, esceario, son, luz, pólvora e seguros agora engádese as golosinas e as viaxes nos coches de choque, saltamontes, dragón, etc, etc, etc, que o cativo vai querer disfrutar nas Festas dos Dolores.


Deus nos pille confesados!!!!!!

martes, 4 de setembro de 2007

Fondo de pantalla para Windows e Regreso o futuro



Estes poderían ser os dous títulos para estas fotos que vos amoso. Están tomadas a primeiros do mes de agosto nunha viaxe que fixemos con un grupo de Sobrado a cidade de A Coruña. Alí puidemos visitar o Aquarium Finisterrae, a Casa do Home (Domus) e puidemos contemplar unhas maravillosas vistas dende o elevador instalado recentemente (3 millóns de € ou 500 millóns de pesetas como prefirades) da bahía da Coruña, a Torre de Hércules, o Obelisco Milenium...

A verdade é que tivemos que esperar hora e media para subir no elevador pero as vistas merecen a pena. Ademáis o chegar o Monte San Pedro encontraste con un paraiso. Un gran alfombra verde (céspede), con lugares de sol e sombra, o mar o fondo, un parque para xogar os nenos e un labirinto onde nos metimos para facer a coña a miña compañeira Ana e máis eu e para sair ¡Mandou chover na Habana! se non é por Esteban aínda estamos agora alí dando voltas e voltas.


A foto dende o Monte San Pedro co Océano Atlántico o fondo pareceme moi guapa e como vedes en Galicia tamén temos paisaxes para ter nun fondo de pantalla Windows.


Saudos