xoves, 31 de xaneiro de 2008

Chega a Coruña Oksana Anderson e o seu mozo futbolista

Oksana Anderson
Christian Wilhelmsson

A nova máis reseñable das últimas horas na Coruña non é que o Deportivo fixese unha fichaxe senón que unha Top Model internacional vivirá polo menos ata xuño na cidade herculina.
A moza non hai máis que vela para darse conta dos seus encantos (que conste que puxen unha das fotos máis "suaves" que tiña) e penso que causará furor en "La Ciudad donde nadie es forastero". Oksana naceu en Rusia en 1984 e xa con 10 anos trasladouse a Suecia.

A todo esto dicir que o Depor fichou a Christian Wilhelmsson, un internacional sueco (48 veces) que xoga en banda dereita, que pode darlle un salto de calidade o equipo coruñés tan necesitado de operarios no flanco atacante dereito.
As cualidades máis sobresaintes de "The Chippen" son o regate e o centro, pode xogar de media punta, interior ou lateral dereito e o seu maior defecto é a carencia de gol.
Particularmente aledame esta fichaxe porque o pouco que o puiden ver, en reportaxes cando militaba no AS Roma, no Bolton Wanderers e na Selección de Suecia dame a sensación que na nosa Liga vai triunfar, ogallá no me equivoque.
Dicir que Christian tivo un problema na Selección de Suecia polo que foi expulsado pois escapouse un día enteiro dunha concentración de "Sverige" para poder estar con Oksana (calqueira non escapaba), despois desta "trastada" pediu disculpas e foi readmitido polo seleccionador sueco.

Unha anécdota: a Oksana e Christian chámanlles en Suecia "Os Beckham", quitade as conclusións que queirades...


mércores, 30 de xaneiro de 2008

A Rañala por ahí!

Por fin!, o venres será o último programa de "Aquí hay Tomate" tras 5 edicións.

Eu particularmente alégrome un montón porque son este tipo de programas televisivos os que fan atontar a xente e preocuparse do que lle pasan os famosos cando penso que na actualidade hai cousas máis serias polas que preocuparse xa que os famosos non nos dan de comer. É máis, grazas a este programa existe un número importante de "frikis" que viven do conto, de liarse coa prima da sobriña do cuñado de Evaristo El Rey de la Baraja que toreou nas Ventas nunha corrida benéfica e fíxose famoso porque lle caiu o pañuelo o chan.

Ademáis alégrome tamén de maneira extraordinaria polo seu presentador Jorge Javier Vázquez, un dexenerado en toda regla e un "metomentodo" que non sei como non lle teñen partido a cara con algunhas acusacións que ten feito (meténdose en camisas de 11 varas sen ter necesidade de facelo).

Agora agardo que Telecinco no lugar do "Tomate" elixa unha programación que mereza a pena e non algo que faga a xente volverse tonta e cotilla.

Supoño que Carmen Alcayde non terá problema para encontrar traballo na faceta televisiva que sexa, a J.J. Vázquez véxollo máis crú...

Así que agora si que o podo dicir: "Hala, toma tomate!"

Je je je je je

martes, 29 de xaneiro de 2008

As portas do Entroido

Boas a tod@s, como xa estamos entrando no tempo de Entroido apeteciame facer unha reseña sobre esta festa pagana onde dende hai moitos anos o comer e o beber está a orde do día.
Este ano o Entroido para o meu gusto e penso que para a maioría da xente cae demasiado cedo. Aínda case non nos recuperamos da resaca de Nadal e xa estamos con Don Carnal enriba do lombo.
Certo é que a xente este ano parece que non se vai animar a disfrazar tanto coma outros anos pois non houbo tanto tempo material para preparar os disfraces e se a esto engadimos que moitos universitarios andan inmersos nos exames fan que as previsións sexan pesimistas.
Agardemos que non sexa así e todo o mundo se anime a disfrazarse.
En Galicia a zona onde máis se celebra o Entroido é na provincia de Ourense, concretamente no pobo de Laza cos seus famosos peliqueiros. Aínda que tamén é bastante coñecido o Martes de Entroido na Rúa da Torre na cidade de A Coruña.
A nivel peninsular o Entroido máis celebrado é o de Cádiz coas suas famosas "chirigotas" e o seu "cashondeito".
Aínda que o Entroido máis famoso de todo o país é o de Santa Cruz de Tenerife, un Entroido que dura do redor de duas semanas e onde toda a illa é un festa.
Pero sen dúbida o Entroido por antonomasia a nivel mundial é o Entroido de Rio de Xaneiro e o seu famoso "Sambódromo", con millóns de visitantes todos os anos onde o desenfreno non ten parangón.
Eiquí vos deixo fotos dos Entroidos máis reseñables. Grupo de Peliqueiros en Laza (Ourense)
Chirigota en Cádiz

Pasarruas en Santa Cruz de Tenerife


Garota no Sambodromo de Río de Xaneiro




luns, 28 de xaneiro de 2008

Soplo de aire fresco

Xisco logo de marcar o 2-0 onte


Onte foi un día moi importante para min. Levaba toda a semana nervioso e coméndome a cabeza polo Depor pois no partido de onte xogabamos un "match ball", de perder o partido fronte o Real Valladolid teríamos serías posibilidades de acabar cos osos na división de plata do fútbol español.

A verdade e que onte asistiu a Riazor máis xente do que habitua normalmente (según din os periódicos uns 15.000 pero eu penso que había sobre 20.000 afeccioados), parece que a xente por fin se empeza a dar conta do que nos estamos a xogar nesta tempada.
Bo ambiente en no Estadio herculino coa volta dos Kilomberos de Monte Alto logo de moito tempo de ausencia que lle deron ritmo as gradas e fixeron bailar o persoal xa antes de comezar o encontro.
A verdade é que o novo esquema de Lotina 5-4-1 pode gustar ou non gustar pero esta claro que na situación na que estamos non podemos andar regalando goles e onte a defensa foi un auténtico fortín.
Por fin onte entrou o balón (tantas veces caprichoso nesta tempada) e o Depor demostrou que ten equipo para estar na metade de taboa (sen moitos alardes eso si).
Ademáis onte todo o estadio branquiazul cubreuse de MAXIA o ver voltar a Valerón nunha convocatoria (sinceramente fun pesimista no seu momento e pensei que nunca xamáis voltaríamos a ver o de Arguineguín vestido de curto).
No momento en que foron dadas as alineacións e se nomeou a Valerón Riazor voltou a vibrar.


E a MAXIA voltou a Riazor, corría o minuto 75 de partido cando Lotina decide facer o troco máis esperado da tarde: Andrés Guardado, logo de facer un partido de antoloxía daba paso a SU EXCELENCIA JUAN CARLOS "FLACO" VALERÓN (así foi como foi presentado o cambio por megafonía) todo Riazor se puxo en pé e houbo unhos berros atronadores de ánimo como fai moito tempo que non recordo na "nosa casa" onde vibraron os cementos do Estadio.
A verdade é que xa nos deixou un luxo, tiroulle un caño o lateral dereito do Valladolid logo de recibir unha patada que non viña a nada que fixo levantar a xente das gradas, parecía como se non houbese pasado o tempo e a xogada case remata en gol.
Sen dúbida que onte todos saimos moi ilusionado e xogando coa seriedade que se xogou onte conseguiremos sair do pozo.
O FÚTBOL DEBE ESTAR CONTENTO COA VOLTA DE "MAGIC" VALERÓN OS TERREOS DE XOGO.
SORTE
Forza Depor

venres, 25 de xaneiro de 2008

Hoy toca "orzaneo" chorvo

Sobrado presente
Logo do COLOSAL concerto que nos ofreceu onte Emir Kusturica & TNSO na Coruña onde o pasamos de cine e vimos a un lote de xente coñecida: Festicultores e a peña de Melide entre eles (para luns poñerei fotos do espectacular concerto, ahh! Riki, que razón tiñas no das sillas, non duraron nin media canción, je je je) hoxe toca cea, saida e durmida na cidade herculina.

Un lote de "personaxes" de Sobrado, ameazan esta noite con non parar de bailar no Orzán, na Green, no Playa, no Gado Gado ou onde faga falta. Haberá cea na Cervexería da Estrella a petición miña primeiro para que a bebida asente mellor e logo festa ata as mil quinientas:

ESTA É A LISTA MOMENTANEA DE CONVOCADOS:
1.Álvaro -alías- non quero sair
2. Pichi -alías- camarera este cubata, venga fuera!
3. Pablo O Muxico -alías- o home sen prisa
4. Pablo Pazitos -alías- bebedes a cristo
5. Miguel -alías- non podedes avisar con máis tempo?
6. Víctor Lato -alías- Súbeloooo!
Faltanos un para un partido de fútbol 7 se o encontramos o mellor aínda votamos unha pachanguiña na praia.

mércores, 23 de xaneiro de 2008

O Camiño Norte cara a Compostela

Hoxe quérovos falar do Camiño Norte que vai cara a Santiago de Compostela que é o que pasa por Sobrado. Particularmente pareceme que é unha das rutas máis fermosas e históricas (por non decir a que máis) de todas as que pertencen o Camiño de Santiago: As localidades polas que transita o Camiño Norte non teñen desperdicio:

Hendaya - Donosti - Zarautz - Guernika - Bilbao - Laredo - Santander - Santillana del Mar - Comillas - Llanes - Ribadesella, a partires de aquí duas variantes: interna, por Oviedo (onde enlaza co Camiño Primitivo) ou costeira, por Avilés e Luarca, ate entrar a Galiza por Ribadeo - Mondoñedo - Vilalba - Lugo - Sobrado - Santiago.

Esta é un pouco da historia do Camiño Norte:

Case inmediatamente despois do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago no século IX os peregrinos comezaron a seguir os camiños astur-galaicos para chegar a Santiago, tendo en conta que a meseta -pola que POSTERIORMENTE trazarían o Camiño Francés- estaba aínda ocupada pola invasión musulmá. A ruta permitía os peregrinos, chegados por terra desde Francia ou desembarcados nos portos vascos, cántabros e galegos, enlazar a tradicional visita ao Salvador na Catedral de Oviedo ou continuar pola costa asturiana ate a ría do Eo.


ADICADO OS MILES DE PEREGRINOS QUE CADA ANO VISITAN E SE HOSPEDAN EN SOBRADO.

BO CAMIÑO

martes, 22 de xaneiro de 2008

Xa o dixo King Africa: BOOOOOOOOMBA!

Os artificieiros estiveron hábiles

Eu partome con algunhas novas que saen espalladas pola rede adiante, antes de nada dicir unha cousa: é veridica e está extraida de www.20minutos.es

Un grupo de artificieros es movilizado para desactivar un vibrador

Un equipo de artificieros sueco fue avisado para desactivar un paquete sospechoso pero no halló una bomba con temporizador sino un vibrador.

Un empleado de limpieza alertó a la Policía después de encontrar un paquete en el garaje de un edificio de apartamentos en Goteborg, la segunda ciudad más grande de Suecia, dijo su portavoz Jan Strannegard.

El bulto estaba vibrando y sonando sospechosamente, así que la Policía no se arriesgó y envió a un equipo de expertos en explosivos. Después de acordonar la zona, abrieron el paquete con un equipo especial antibombas, la sorpresa fue mayúscula cuando vieron lo que contenía, un simple vibrador a pilas.

Las investigaciones de la Policía se centran ahora en dar con el dueño o la dueña del juguete sexual. Todo apunta a que puede ser una empleada de una farmacia cercana al lugar del hallazgo.

-Comentade o que vos pareza, eu non podo comentar nada porque aínda me estou partindo a caixa de risa.


luns, 21 de xaneiro de 2008

Isto afúndese!!!!!

Vaia tempada levamos os afeccioados do Real Club Deportivo de A Coruña. Non gañamos para disgustos. A crise institucional e económica únese esta tempada a deportiva. Moito terán que espabilar o señor Lendoiro, o señor Lotina (se segue, nas últimas horas soa Fernando Vázquez con moita forza), e os señores xogadores se non queren ver como rematan a tempada en postos de descenso co conseguinte varapao deportivo e económico para a entidade herculina.

De todos é coñecida a deuda que arrastra o Deportivo polo que un descenso a 2ª División (tamén chamada Liga BBVA) é máis seria do que parece, podería traer unhas consecuencias devastadoras para o clube que rixe Lendoiro pois en caso de descenso desfariase o novo contrato televisivo que deberían entrar en vigor en 2009 co que a economía branquiazul sufriría un serio revés que podería derivar en descensos administrativos ata chegar a desaparición do clube.

Aínda que esto pareza moi lonxano, non é ningunha coña e o Depor pode acabar xogando por eses campos de Deus que aínda hai por Galiza.

Agora é cando se ten que ver os deportivistas de verdade e compre acudir a Riazor, o domingo fronte o Valladolid xogamónos unha FINAL, hai que ir apoiar, hai que encher o estadio e animar coma nunca. Entre todos podemos salvar o Depor e pola miña parte non vai quedar, o asento 27 da fila 24 de Pavillón Superior, un domingo máis estará ocupada a partires das 17:00 horas. Levarei a camiseta de Mauro Silva (que me da sorte) e se gañamos celebrareino coma o día que eliminamos naquela auténtica proeza o A.C. Milan con aquel 4-0 (Pandiani, "Magic" Valerón, Luque e Fran) nos cuartos de final da Champions.

FORZA DEPOR

AGORA MÁIS QUE NUNCA, DEPOR CAMPEÓN

Sobrado On Tour

México
Riviera Maia

Informanme as chicas de Sobrado que non só os homes van a ir o continente americano de vacacións. O sábado falando en La Base con Cris e Nishita comentaronme que no mes de setembro van emprender unha viaxe rumbo a Riviera Maia en Mexico.
Nenas coidado co tequila... e cos mariachis, je je je.
Con esta nova excursión queda ben as claras que Sobrado non deixa de ampliar fronteiras e como sigamos así imos ter máis conquistas de terras que Cristóbal Colón na súa época.
Por outro lado un grupo de "personaxes" sobradeses podería estar organizando unha excursión fóra de Galiza para conquistar terra máis aló do Cebreiro.
Seguirei informando...
Saudos

venres, 18 de xaneiro de 2008

Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra


O vindeiro xoves 24 de xaneiro hai unha cita ineludible para os amantes da música "de raíz". Emir Kusturika, o polifacético director de cine, músico, poeta..., visita a cidade de A Coruña coa súa banda The No Smoking Orchestra (ou Band) como reza o anuncio do concerto.
Esta formación xunto con Goran Brègovic son os abandeirados da música balcanica fusionada con outros estilos musicais. En termos xerais a min pareceme unha música moi animada e que fai mover a xente. O último disco a venda de esta formación de Saraxevo é unha opera polo que queda ben as claras que se atreven a tocar estilos musicais do máis diverso e a verdade é que non o fan nada mal.
Alberto Pedino e quen vos escribe xa temos as entradas para este evento, estaremos en primeira plana e centrados polo que non nos perderemos nin detalle, Fila 3 asentos 27 e 29.
A cita é a partires das 21:30 horas no Coliseum da cidade da Torre de Hércules. A bo seguro que nos encontraremos xente coñecida no concerto, uns que seguro non van a fallar son os nosos amigos os Festicultores (www.festicultores.com) que son grandes amantes da música balcánica.
Para os que queirades asistir o concerto dicirvos que apuredes pois quedan moi poucas entradas a venda. Para adquirilas tedes que entrar en www.caixanova.es
Nada máis polo de agora.
Saudos musicais

xoves, 17 de xaneiro de 2008

Aliñas de polo no Trasno (Melide)

Foto extraida de www.guisando.org
Na nosa pandilla estase poñendo de moda que tras unha noite de festa total polos pubs e as discos de Melide baiamos a "catar" as aliñas de polo fritas que fan na Cervexería O Trasno de Melide.
Fai arredor de un mes, como aínda non tiñamos sono logo de comer un bocata no MJ decidimos ir ata alí a tomar algo porque nos dixeron que había festa ata ben entrada a mañá.
O grupo era selecto: Pichi, Álvaro, Borja, David, Calvete, Li e eu. O chegar alí Borja percatouse que unha das racións que se poden degustar son as aliña de polo fritas polo que pediu unha ración, algún que eu me sei estaba máis atento o cubata que non quería tomar que a comida, as aliñas estiveron enriba da barra sen que ninguén fixese aceno de coller unha soa uns 20 minutos ata que propuxeron probalas. A verdade é que a ración era enorme pero o final non quedou ningunha.
Tanto éxito tivo a historia que agora vamos case sempre. O venres fumos Li, Calvete e eu e o sábado outro grupo bo: Pirulo, Li, Pedino, Esteban e eu. Ademáis pediron ración de patacas fritas (tamen enorme) para acompañar, teño que dicir que eu aínda non provei as dichosas aliñas, máis que nada porque despois de comer un bocata non me entran, pero un día haberá que pasar do bocata e provar.
O único problema é que sempre que imos o Trasno chegamos de día (este domingo as 09:30) pero todo sea por unha boa causa!
Saudos e animovos a probalas.

mércores, 16 de xaneiro de 2008

Curro se va al Caribe

Bandeira da Rep. de Cuba

Plaia de Varadero


Vista aérea da cidade de La Habana, a capital

Para o vindeiro mes de febreiro un número importante de "personaxes" de Sobrado irá de vacacións a Cuba. A verdade é que ademáis de voltar ben tostadiños opino que o ron vai levar un repaso considerable. Se o final escollen a opción de "Todo Incluido" o camareiro vai quedar deles ata o gorro pois vainos ver todo o día coa man levantada solicitando a presencia do "waiter" para refrescarse.

A idea partiu de O Muxico que quere viaxar a Cuba antes de que Fidel xa non esté na face da terra e foi secundada polo omnipresente Pazitos. Pero penso que a esta parella de "Pablos" vaise unir unha boa tropa e xa andan a reclutar xente para esta batalla que se aveciña na terra do "Che".
Sabendo o que lle gustan as "Tabernas" a este persoal supoño que na visita a La Habana non poderán omitir facerlle unha visita a coñecida "Bodeguita del Medio", QUERO UNHA FOTO CON VOS DENTRO E OUTRA DO LOCAL POR FORA.
Queda claro que seguro que non van ter tempo para aburrirse.
Boa viaxe



luns, 14 de xaneiro de 2008

Outro estudo "sui generis"

Esta nova tamén é boa, extraida de www.terra.es, a ver que opinades:

Según especialistas
El lado izquierdo es el correcto para bajarse de la cama
Bajarse de la cama del lado izquierdo es lo correcto, según un grupo de científicos especialistas en sueño, expertos en feng shui y psicólogos que unieron sus mentes para analizar las mejores maneras de levantarse.
El lado izquierdo es el mejor, destacaron los especialistas en un estudio llevado adelante por la cadena hotelera Premier Inn.
El experto en feng shui Jan Cisek dijo que levantarse de la cama por el lado izquierdo está asociado con todo lo que la gente quiere: familia, salud, dinero y poder.
El experto en psicología y motivación Pete Cohen destacó que el lado izquierdo ayuda a la gente a pensar de forma racional sobre el día que debe afrontar.
"El lado derecho del cerebro es responsable de emociones como el miedo y el estrés que sólo diluye el potencial de tener una experiencia positiva", concluyó.
-Entón eu debo estar no bo camiño pois sempre me levanto polo lado esquerdo..., faime gracia o de qué axuda a xente a pensar o día que debe afrontar. Eu cando me levanto teño moitas veces unha empanada mental que non me aclaro...
En fin..., un estudo básico para a humanidade.

Porteiros... de discoteca




O incidente ocorrido na mañan do venres no Mundo do Fútbol de Abegondo entre os porteiros do Deportivo Dudu Aouate e Gustavo Munúa e unha sinal máis da mala situación tanto económica coma deportiva que está a atravesar o conxunto branquiazul.
¨
De momento aínda non se sabe ben como comezou a pelexa, Miguel Ángel Lotina confirmou que non ía contar máis cos dous xogadores porque estaba moi ben informado de todo o que pasara. Onte en Vilarreal xa actuou o meta do Fabril, o canario Fabricio.
Quen sae perdendo de toda esta historia é o Depor, comentabase que Aouate tiña ofertas para marchar vendido agora no mercado de inverno. Este incidente fai que o prezo de ambos porteiros baixe moitos enteiros polo que en caso de poder vendelos o prezo será moi baixo.
Polo que respeta a actitude dos xogadores, na miña humilde opinión debo dicir que os dous deron un espectáculo lamentable: primeiro Aouate o xoves queixandose amargamente en roda de prensa da súa suplencia (leva unha tempada na que non está ben, non só fallou no gol fronte o Osasuna) e despois Munúa golpeando de maneira barriobaixeira o israelí. Agardemos que esto non sexa o comezo dun conflicto internacional Israel-Uruguai.
Penso que fan ben apartalos do equipo pois para nada mostraron nin compañeirismo nin nada que se lle asemelle e chegar as mans é o último que se pode facer nesta vida.
Como dicía un foreiro de http://www.riazor.org/: "a hostias por un puesto...". Queda claro que hai xente que non perde o humor nin nos momentos delicados.
Saudos
Forza Depor

venres, 11 de xaneiro de 2008

Ler para Crer

Nova extraida de www.terra.es no día de hoxe:

En Polonia
Se encuentra a su mujer trabajando en un prostíbulo
Un hombre polaco ha recibido la sorpresa de su vida al visitar un prostíbulo y encontrar allí a su esposa como una más de las empleadas del establecimiento.
Según informa el diario polaco Super Express, pasado el primer sobresalto, la mujer confesó que trabajaba allí para ganar un dinero extra, y no en la tienda de un pueblo cercano como pensaba el marido.
"Pensé que estaba soñando", ha declarado el hombre tras descubrir la verdadera ocupación de su esposa.
La pareja casada durante 14 años, se encuentra ahora en proceso de divorcio.
- Non me quero nin imaxinar a cara de ambos cando se encontraron dentro do local, debería ser un auténtico poema.
Penso que a foto que puxen encabezando este post é valida para calqueira dos dous "tortolitos".
Saudos

Dende Sobrado para o mundo


Neste post quero mencioar a toda esa xente amiga que leva o nome de Sobrado por toda a xeografía española que sei que moitos deles leen este blog e que sinten Sobrado coma o que máis. Para que vos sintades un pouco máis preto do noso querido pobo deixovos estas fotos de duas sinais de identidade de Sobrado: a lagoa e o Mosteiro.
Asturias
Xixón: Óscar Amil
Euskadi
Basauri: Iosu (alías Pitus en Euskadi, alías Schumacher en Sobrado, Xeración do 78)
Barakaldo: Jose, Raul e Javi Tarrío. Cristina, Sonia e Jorge Freire. Raquel, Jesus e Laura Freire, Ana García.
Catalunya
Barcelona: Diego e Laura Castro. Iria e Sara Ares.
L´Hospitalet de Llobregat: Sergio Rodríguez (Alías Polako).
Esparreguera: Priscila Vázquez.
Viladecans: Emilio Tato (Xeración do 78).
Ripollet: Santiago Astor.
Comunidad Valenciana
Valencia: Juan González
Murcia
Cartagena: Jesús de Cartagena
Andalucía
Cádiz: Javier García
Madrid
Madrid: Noelia Lago
Castela A Mancha
Puertollano: Rosario Ares
Castela León
Salamanca: Fernando García (Xeración do 78)
Penso que non me esquezo de ninguén pero se é así por favor non dubidedes en dicilo.
Gracias por querer a Sobrado.
Saudos


xoves, 10 de xaneiro de 2008

Vacas antiestres

Xa non saben que inventar para levarnos os cartos. A algún moito lle argalla a cabeza. Esta nova xa a vin no informativo do mediodía da TVG o martes e hoxe sae na edición dixital de "La Voz de Galicia", ista é a nova completa, eu escarallome:

Terapia Antiestres
Sentirse mejor abrazando vacas

Una granja holandesa ofrece una curiosa forma de relajación a 45 euros la sesión

Las terapias antiestrés se diversifican cada vez más. En Holanda, la última novedad pone en contacto a los trabajadores más agobiados con el medio rural. Una granja del sur del país ofrece relajarse abrazando vacas al módico precio de 45 euros.

Los dueños de la instalación aseguran que ejecutivos, policías y funcionarios acuden con frecuencia para ponerse en contacto con la naturaleza y olvidarse de las tensiones de la vida laboral. El precio incluye una charla previa que instruye a los clientes sobre la sicología de las vacas, y luego hacen representaciones gráficas de los animales.

Luego, entran en contacto con los animales, los abrazan e incluso pueden llegar a dormir la siesta con ellos. Los responsables de la granja aseguran que para las vacas también es beneficioso, y que algunas llegan a duplicar su producción de leche tras una sesión.

- Isto é a repera, se a algún labrego que lle dis que abrazar vacas desestresa tírache algo a cabeza. Só oir a palabra vaca dalle alerxía, e encima podes durmir a sesta con elas..., os poucos labregos que poden durmir a sesta penso que é o único momento do día onde desconectan dos animais para canto máis ter que durmir a sesta con eles. E o peor de todo pagar 45 eurazos.

Estáseme a ocurrir unha idea, non sei se non trasladarlle a idea a Escola de Gandeiría de aquí do Mosteiro que deben ter arredor dunhas 100 vacas, e o mellor poden sacar beneficios con esta medida. Quen vería os peregríns despois de facer os 42 kilómetros do tramo Baamonde-Sobrado abrazando vacas a 45 euros...

Como lle gusta a xente tirar os cartos...


Bendita choiva

Hai moita xente entre os que me incluo que cando nos visitan varios días de choiva seguidos un acabase aburrindo de ver chover. De todos os xeitos estamos nunha estación que a choiva (ata o de agora) era o máis habitual pero non sei se debido o cambio climático ou a que "leites fritas" Galicia xa non é tan verde e tan humida coma antes. Está todo bastante seco e xamáis recordo un inverno tan seco nos meus 29 anos de vida.
Por eso, hoxe cando me levantei e vin que estaba orballando un pouquiño aledeime, antonte choveu bastante forte pero é que actualmente chove un día e logo xa para, non é coma "antes".
Coñezo xente que lle secaron os seus propios pozos e houbo unha tempada no mes de novembro que a xente en xeral comezaba a desesperarse "non da chovido" dician uns "o tempo está coma o carallo -con perdón-" dicían outros, "esto un día vai reventar" opinaban os máis pesimistas...
Onte pola tarde camiño da Coruña pola AP9 a altura do embalse de Cecebre fixeime no pantano e penso que xamáis vin tan baixo o nivel da auga, canto menos é para preocuparse...
Parece que para hoxe pola tarde dan choiva e para mañán máis forte aínda que asemella que para o sábado pola tarde parará de chover.
Como din os vellos "a ver se a auga cae ben caida".

Bendita choiva...

mércores, 9 de xaneiro de 2008

Profesional, muy profesional


Se existe unha película que me fixo rir coma nunca na miña vida esa é Airbag de Juanma Bajo Ulloa.
Quen non recorda a Pazos (o galego Manuel Manquiña) co seu comentario "Carmiña, mira, yo dejo esto, es muy estresante, noo, interesante no, estresante" ou con este outro "la madre que me parió que preparados vienen los de fuera".
Creo que vin Airbag unhas 4 veces e cada vez encontrolle gracias novas nos diálogos, fai pouco máis de dous meses La Sexta voltouno a emitir e unha vez máis volvinme a tronchar.
O cine español, que polo xeral non é nada do outro mundo obtivo con este film unha bocanada de aire fresco na sátira e a parodia dunha sociedade.
Para min ten dous puntos moi guapos a película: o Lehendakari vasco é de cor negra e un cura (Albert Plá) actua tocando coa súa guitarra o "Yo soy Rebelde" nun clube de alterne ou de mulleres de moral distraida (como prefirades).
O elenco de actores que actúan en Airbag é do máis variado polo que hai actores consagrados como poden ser Karra Elejalde, Fernando Guillén Cuervo, Alberto San Juan, Manuel Manquiña, María de Medeiros, Francisco Rabal, Rosa María Sardá, Pilar Bardem, Fernando San Segundo, Luis Cuenca, Raquel Meroño ou Aitor Mazo intercalados con actores "de improvisto" coma o cociñeiro Karlos Arguiñano, o ex presidente do Athletic de Bilbao José María Arrate ou o cantante catalán Albert Plá.
Esta é a sinopse:
A vida de Juantxo é perfecta. A súa familia, pertencente a alta burguesía vasca, encargouse de ofrecerlle todo o que un pai considera o imprescindible para facerse un oco na alta sociedade: unha carreira universitaria, un estupendo traballo e incluso unha moza guapa e rica. Mentres celebra a súa despedida de solteiro no "Big Club" cos seus dous amigos, Pako e Conradin, perde o seu anel de compromiso, unha valiosa xoia valorada en 30 millóns de pesetas, de seguido descobren que o anel está en mans de Joao Villambrosa, un peligroso mafioso, coñecido polos seus negocios turbios e propietario de todos os burdeis da costa norte de España.
A película non é recomendada para menores de 13 anos e dura 132 minutos.
Se non tiveste a oportunidade de vela recoméndovola porque as risas están garantidas e se só a vistes unha vez voltade a vela xa veredes como vos quedades con máis diálogos que son moi ocurrentes e irónicos.
Saudos

A Ciencia non deixa de sorprendernos


Leo na edición dixital de La Voz de Galicia de hoxe que xa existe unha cama que impide os ronquidos, esta é a nova completa:
"A empresa Leggett & Platt garantiza que a "cama intelixente", presentada na Feira Electrónica de Consumo (CES) de Las Vegas, impide os ronquidos e ademáis controla a temperatura do colchón e monitora os movementos.
A explicación para tanta innovación é sinxela: o detectar as vibracións dunha mala respiración, elevase automáticamente para abrir as vías respiratorias da persoa. De seguido, volta a posición orixinal.
Antes de deitarse, pódese quentar ou enfriar o colchón, segundo a estación do ano.
Dende 20.000 $ ata 50.000 $ os clientes tamén poden navegar en internet. A cama ten un ordenador Windows dentro."
Esto xa é o non vai máis unha cama que impide os ronquidos e con acceso a internet.
Como di miña avoa, se se levantan os vellos...

Barrio Sésamo

Falar de Barrio Sésamo é falar dun programa infantil que se emitía en TVE e co cal nos criamos miles e miles de nenos aló polos anos 80.
Barrio Sésamo é a adaptación española da serie americana Sesame Street. Quen non recorda a Epi e Blas, a Triki o monstruo das galletas, a Coco (ahora estoy arriba, ahora estoy abajo, ahora estoy delante y ahora estoy detrás), o Conde Drako, a rá Gustavo (o reporteiro máis dicharacheiro de Barrio Sésamo), a Espinete (aquel ourizo rosa), Don Pimpón (eu penso que ninguén sabe aínda que tipo de especie era), a Chema o panadeiro, a Ana (a veciña de Espinete), a Julián (o kioskeiro), a Antonio e a Matilde (pais de Roberto e Ruth)...

Recordo que eu saía do colexio as 17:00 horas e saia coma unha centella con dirección a casa porque as 17:15 horas comezaba Barrio Sésamo e non me perdía nin un capítulo. Penso que coma a min pasaballe o 95% dos nenos de ese momento.

Cando Barrio Sésamo rematou os seus capítulos e foi sustituido por "Los Mundos de Yupi" nada foi igual, e de feito moitos nenos (entre os que me incluo) comezamos a odiar o Yupi este porque nos eramos a xeneración de Espinete, non de Yupi.

A verdade e que penso que os programas infantiles que había daquela a pesares de que eran cutres e mellorables (Barrio Sésamo, La Bola de Cristal...) eran moito máis educativos que os que hai na actualidade para os cativos.

Non sei que opinión vos merece isto...

Saudos

martes, 8 de xaneiro de 2008

A vergoña da Selección Galega




Moi boas, o que vos vou contar hoxe aínda que parezca unha trola é unha verdade coma un mundo. Teño testigos, Álvaro e Nando poden garantizar que a conversa foi certa.

O día 27 logo do partido da Selección Galega fronte a Camerún o que asistimos varios amigos de Sobrado decidimos sair de copas por Vigo.

No segundo pub onde entramos atopamos a Rubén González Rocha, natural de Conxo (Santiago de Compostela) e central do Celta de Vigo, o ano pasado estivo nas filas do Racing Club de Santander e proven das categorías inferiores do Real Madrid (tamén estivo cedido polo clube merengue no Borussia Mönchengladbach alemán e no Albacete Balompié).

Álvaro e eu decidimos ir falar con él e máis tarde sumouse Nando a conversa, aquí comeza unha historia incrible:


Álvaro comentalle a modo de coña: "Rubén para o ano vas xogar de central no Depor con Piscu". Él responde, nun acento castelán forzado e macabro: "yo ni de coña, la gente habla de Piscu y ese tio no es nadie, yo jugué más partidos que él en primera, además el para el año juega en segunda y yo en primera".

Álvaro dille: "coño, pero de onde sacache ese acento tan castelán, acabas de xogar coa Selección Galega e tes un acento de fóra de carallo". O "xogador" todo orgulloso di: "chaval, yo viví en Madrid, en Albacete y en Santander y por ese tengo ese acento". Álvaro contéstalle "pero o galego falaralo? de onde eres?" Rubén contesta"soy de Conxo (con un acento que tiraba para atrás) pero no me gusta hablar el gallego y no me da la gana de hablarlo". Álvaro medio chinado respondelle: "e Arsenio non che di nada por falar o castellano e encima con ese acento?" o central do Celta di a frase da noite "Arsenio no me dice nada, además Arsenio es un pailán, yo no fui a llamar a nadie para jugar en la Selección Gallega, a mi me vinieron a llamar", eu quedei coma se me deran duas hostias, o tio este non nos coñecía de nada, poderíamos ser periodistas e o día seguinte sacar na portada de calqueira panfleto deportivo a frase de menosprezo o "Zorro de Arteixo". Se tivese dous dedos de frente este amago de futbolista non diría semexante subnormalidade dun referente do fútbol galego e español que se tivese a idade do xogador de "Conjo" mexaría por él cos seus regates.


O tío entre outras cousas seguiu dicindo "porque yo jugué con los mejores jugadores del mundo en el Real Madrid (non sei se chegaría a xogar unha ducia de partidos na tempada que estivo no primeiro equipo), estuve en Alemania jugando (ese ano o seu equipo o Borussia Mönchengladbach descendeu a segunda división), en Santander (debeuno facer moi ben para recalar nun equipo de segunda división española con 25 anos)..."


O final abandoamos a conversa e o tío deixounos claro que estaba moi ledo do seu acento castelán forzado, artificial e esaxerado (unha cousa é falar castelán que é moi respetable e outra cousa e facer o "indio" co idioma), dímolo por imposible.


Rubén, unha cousa che digo neno, centrate na túa profesión, non te metas en camisas de once varas, respeta sempre a xente maior e o máis importante: SE NON QUERES XOGAR COA SELECCIÓN GALEGA NON PASA NADA, SEGURO QUE HABERÁ OUTROS CENTRAIS GALEGOS QUE ESTARÁN O TEU NIVEL, O EQUIPO IRMANDIÑO NON VAI NOTAR A TÚA FALTA.


Saudos

luns, 7 de xaneiro de 2008

A Costa? de Xaneiro


Faime gracia a frase de "A Costa de Xaneiro" pois se se refiren a que custa levar para adiante o primeiro mes do ano económicamente falando a min particularmente cústame igual que os demáis meses, é dicir, moito. Penso que coma a min ocorrelle o 80% da xente que vive neste país.

De todos os xeitos en vez de "costa de xaneiro" o mellor deberíanlle chamar "custa non ir as rebaixas". Hoxe comeza a febre, empurrons, cobadazos, insultos, enfados, a tarxeta de crédito votando lume, todo "baratito", esto son as rebaixas amigos e amigas que ledes este blog.
A xente ponse histérica, tolemia colectiva, carreiras polos pasillos, roupa revolta, as de Dios...
Eu non vou ser hipócrita e non vou dicir que non vou ir as rebaixas, de feito vouno facer pero con calma, hoxe non me verá o pelo ningún centro comercial nin hipermercado e penso que nin mañán, nin pasado, nin pasado tampouco. Xa sei que igual me perdo o ofertón do século e que aquel xersei que antes custaba 70 € agora está "só" a 49,95€ pero que se lle vai facer, outra vez será...

Pola miña parte a costa de Xaneiro comeceina bastante ben esta fin de semana: o venres estivemos en Sobrado tomando algo e logo O Muxico (antes denominado Pablo Calvete), Li e eu decidimos ir tomar "uns zumos" ata Melide. Kemáis, La Base, Templo de Nefertari e Disco 600 foron os locais que decidimos visitar.
No Kemáis había media entrada, La Base 3/4, o Templo chegamos cando estaba pechando e na Disco 600 foi onde se aglutinaba maior número de xente. Cando chegamos estaban soando os Red Hot Chili Peppers que tamen se podían visionar nas pantallas do local, excelente son, un espectáculo, felicidades a Miguel porque estao a currar moito.

Sábado pola tarde foi a festa de Reis no Pavillón Polideportivo de Sobrado e pola noite voltou a tocar Melide, os "Reis" dos pubs trouxéronnos, bolígrafos, chisqueiros, máis bolígrafos e máis chisqueiros. Este ano notei que baixou a xente no Nadal no que a sair de marcha se refire (o mellor é paranoia miña).

Onte fun a Riazor a ver un espectaculo lamentable, outra decepción, e xa van..., tomamos unhas cervexas no pub S.M. de Sobrado e decidimos ir a Melide (por variar), máis concretamente a Palladium a ver o grupo Master. Había bo ambiente, logo da actuación do grupo fumos ata o MJ facer a visita de rigor e logo para a casa que hoxe había que traballar pola mañá, bueno Pichi e eu porque O Muxico, David e Alvaro e traballar hoxe pola maña, nada de nada...

Saudos

Sorte nas rebaixas

venres, 4 de xaneiro de 2008

Melide afianzase coma a Capital da "Movida" na zona


Sen dúbida algunha Melide foi a opción máis votada da enquisa de este blog onde se preguntaba cal era o lugar no que os lectores salirían en Fin de Ano. Melide acadou o 56% (maioría absoluta) das respostas totais con 65 votos. Na segunda posición quedou a xente que non saiu en Fin de Ano con un 22%, é dicir, 26 votos. O 19% preferiu quedarse en Sobrado (22 votos). Lugares como Ordes e A Coruña acadaron o 4% dos votos totais, Betanzos o 3 %, Lugo 2% e Santiago 1%. Outros lugares que non contemplaba a enquisa acadaron o 10%.

Graciñas a todos por participar e xa tedes activa a nova enquisa.

Saudos by Lato.

Volta a normalidade

Acabaronse as vacacións para min (xa non estiveron mal) e a verdade é que as disfrutei o máximo que puiden. O venres 21 tivemos a comida de Empresa, o sábado 22 a cea do Atlético Sobrado co aliciente de que o número que xogabamos o 02345 tivo a pedrea e por se alguén non o sabe a estas alturas, que non creo, tocaronme 520€.
Domingo 23 tivemos outra cea, esta vez na Chousa de Álvaro, o 24 de viños pola tarde, cea correpondente coa familia e logo de festa en Sobrado ata as 6 da mañan.
O día de Nadal tocou Tute toda a tarde e pola noite mini-churrascada no campo de fútbol. O 26 fixemos un día de relax (máis ou menos) e o 27 logo de comer o pulpo na feira arrancamos para Vigo a ver o partido da Selección Galega, chupamos cámara a cañón, a TVG empeñouse en que tiñamos que ser famosos e non me paraban de chegar sms o móvil dicindome "non fagas esto ou non fagas o outro que estas salindo pola tele" (menos mal que non nos enfocaron na segunda metade, metimos en Balaidos 20 cervexas e 2 litros de ron, 1 de whisky e 1 de xenebra sen que os de seguridade nos cacheasen) Logo saimos de rumba por Vigo, que marchon e que risas nos votamos. Voltamos o día seguinte, eso si, parando antes en Poio a darnos un homenaxe coa mariscada de rigor nun lugar moi peculiar que meu Padriño Miguel coñecía. Ese venres as 2:00 AM xa estaba na cama por que a verdade e que estaba baldado. Nando, Javi e Pichi xa se meteron antes na cama, polo que podedes imaxinar como foi a noite viguesa.
O sábado saimos de troula a cañón e chegamos o domingo de mañán as 10:15 horas (por un momento pensei que xa era fin de ano), fun cear a Coruña e deiteime a unha hora prudente (1:30 AM) por que o día seguinte era fin de ano.
En fin de ano o de sempre: de rondas polos bares de Sobrado pola tarde e logo cubateo en Sobrado e as 4:00 AM arrincamos para Melide, eu cheguei a casa as 12:30 AM e durmin ata as 17:50, levanteime, tomamos unhas cervexas e decidimos ir a cear a Lugo Esteban, Pazitos, Li e eu para comezar ben o ano. Logo da cea tomamos unha copa na Cook e para a casiña. O día 2 fun ver o Depor a Riazor (unha magoa a eliminación), tras o partido volta para Sobrado e liada de cubatas o tute e o futbolin, voltamonos a deitar as tantas. Onte foi día de relax coa tarde ocupada xogando a PlayStation e hoxe aquí estamos, DISPOSTO DE NOVO A LOITAR!.

Este é un breve resumo do que foron as miñas vacacións de Nadal, agardo que os Reis Magos vos traian moitas cousas e se podemos picar algo outra vez na lotería mellor que mellor.

Saudos