A verdade é que este finde pouco parei: o venres houbo Reinauguración
de Ramiro, logo de varias "Estrella Galicia" trasladamonos o pub SM, tamén coñecido coma o pub do Hotel e agora tamén como o pub de Josinho. A eso das 4:00 AM Alberto e eu decidimos ir tomar "un refrixerio" ata Melide, alí agardábanos Li e O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) no pub Kemais, onde tomamos varias roldas e como non Mary e Alberto non pararon ata que tomamos a rolda da casa.
Logo fumos para o Templo de Nefertari, máis roldas e David (outro habitual) tamén nos convidou a rolda da casa, je je je.
Cando saimo de alí fumos directos para a Disco 600 (que estaba poñendo unha música moi guapa cando entramos con un House moi pegadizo que facía bailar o máis parado). Tomamos outro par de chismes fumos o Cristal e para a casa.
Levanteime o sábado as 14:00 horas e logo de comer a tomar o café a Ramiro, nese intre apareceron Raul e Javi Tarrío que viñeron dende Baraka a ver a súa avoa que se está a recuperar de unha enfermidade e de paso Javi aproveitou a viaxe para traer unhas invitacións pois o 31 de maio cásasenos polo tanto toca excursión a Euskadi (Pitus van a temblar los cimientos porque el 30 de mayo emigramos a tu tierra a liarla otra vez).
A eso das 05:30 horas arranquei para A Coruña para ir a ver o trascendental partido que tiña o Depor fronte o Xetafe. Pichi acompañoume na aventura a que máis tarde se uniron Juan, Isaac, Carlos e Rivera de Teixeiro. Unha primeira parte esperanzadora e unha segunda de sufrimento (grazas acadar un punto porque eu non as tiña todas comigo), aínda así os resultados de onte foron malos para o Depor e voltamos a estar en descenso. A vindeira semana hai que ir a Huelva a gañar si ou si, É UNHA VERDADEIRA FINAL.
Logo do partido ceamos algo e fumos de marcha a Melide, o de sempre, cubateo, cachondeo e o día seguinte medio mareo, é o sufrimento de unha gran parte da xuventude deste país pero que lle imos a facer: NACIDOS PARA SUFRIR...
Onte tocou tarde de relax, o Atlético Sobrado xogara todos os seus partidos o sábado e o Depor tamén xogara o seu, polo tanto toca facer horas no bar a ver se chegan os colegas e propoñen algo interesante que facer. Liamos unha partida de tute e Pazitos e quen vos escribe volvimos a amosar a nosa SUPREMACÍA (apañando cartas) e gañamoslle a Li e a Alberto Pedino polo tanteo de 8-7 6-8 6-8, a cousa andivo igualada pero o final a victoria caeu do lado dos recentes Campións do Campeonato de Tute de Teixeiro e tamén Campións da Repesca do Campeonato de Tute de Sobrado (é dicir, esta tempada levamos doblete e non descartamos acadar o Trébol).
Máis tarde collín a Noe para levala a Santiago (moi contenta ela pola victoria do R. Madrid) e ahí se acabou o fin de semana.
Hoxe as 06:20 tocou diana e estou coma se me meteran unha malleira. Agardemos que o fin de semana me encontre máis ou menos nas mesmas circunstancias, NON SERÁ MALA SINAL.
FELIZ COMEZO DE SEMANA

Bueno, non te pases con eso de "nacidos para sufrir", que sufrir por andar de festa non é sufrir!! Sufrir sófrese se estás enfermo, por exemplo, pero se podes andar todo o finde de jarana, non te me queixes tanto!! jeje
ResponderEliminarSaudos e bo comenzo de semana!
É un sin vivir Vero, je je je. Cando empezamos a tomar "chismes" soemos dicir: "bueno, vamos a comezar o traballo", je je je.
ResponderEliminarQué trabajitos nos manda el Señor.
Saudos, como di Lisardo, dormido mañán xa é fin de semana, je je je.
Que traballiños, si, que "traballiños"... jejeje
ResponderEliminarRecargade forzas, que o fin de semana xa está aquí e toca currar xD