xoves, 29 de maio de 2008

Por Deus que non me esquenza

Mañan logo de xantar marchamos rumbo a Barakaldo para a voda de Javi Tarrío polo que sentindoo moito ata luns abandoarei este blog pero o luns prometo traer novidades.

Mañán pola mañán teño moito axetreo: ir a Melide polo traxe que estaba a limpar, lavar e aspirar o coche, organizar o calzado, meter na mochila a cámara de fotos e o cargador do móvil e facer a maleta. Este último punto quero recalcalo pois non quero que me pase coma a última vez que fixen a maleta con todo o coidado do mundo pero quedoume en Sobrado no coche de Pichi "alías" Finito de Vilariño.
Penso que de esta vez non me vai esquecer pois levo eu o coche e o primeiro que farei será metela no maletero xunto coa mochila, o traxe irá no habitáculo. Ademáis sei que non me vai esquecer nada por unha razón moi sinxela: miña nai vaise encargar de facerme unha "marcaxe exhausta" toda a mañán para que non se me olvide nada, estou completamente seguro aínda que pola conta que me ten seguro que xa non me ía quedar nada en Sobrado porque unha vez pasa pero dúas non. E se pasa vai ser mellor que veña por ela aínda que sexa dende Barakaldo porque o vacile, puteo, etc, que me pode caer pode ser histórico sobre todo por parte de Miguel, que xa me veu "con cara de incredulidade" en Salamanca.

Sobre as 17:00 horas marcharemos rumbo a Euskadi ( a ver se na Ponte de Ribadeo non hai folga de mariñeiros e camioneiros) e se todo transcorre con normalidade as 22:00 horas aproximadamente estaremos en Barakaldo.
Contactaremos con Pitus a ver que liamos pero seguro que o imos a pasar FUERTEMENTE!

Nada máis meus

Pasade boa fin de semana

Eu comezo o marathon de vodas: sábado Barakaldo, para o seguinte Ponferrada, e dentro de dous máis Teixeiro, ademáis o 28,29 e 30 de xuño Festa do San Pedro en Sobrado: qué máis se pode pedir? Qué me toque a Primitiva de unha vez,porque vaia mesiño!!!!!

SAUDOS CERIMONIOSOS

mércores, 28 de maio de 2008

Rodolfo Chikilikuatre xenera controversia en Vigo



Este video está a ser a estrela dos últimos días no youtube, titúlase "Os Entendidos". Dous homes falan do Chikilikuatre nun bar de Vigo días antes de Eurovisión. Según os artistas "España desfaise", je je je, vedeo, é moi bo.

P.D: grazas o Director A. Castro por enviarme a referencia do video. Xa te invitarei a un "refrixerio" cando volte aló polo mes de agosto de todas as vodas que teño este ano, je je je.

Praia de Cabanas, a miña prima

A pesar dos pesares, o verán aínda non chegou, peor aínda, nin tan sequera chegou a primavera. E un "fastidio" que viñera un tempo tan bo no inverno e agora que era cando realmente tiña que facer sol, estamos con estas: choiva, frío...
Pois invocando os espíritos do estío hoxe vou poñer esta bela imaxe da praia da Madalena no Concello coruñés de Cabanas (que comparte apelido con quen vos escribe).
No verán adoito a compaxinar as "tumbadas" nesta praia coa de Gandarío en Bergondo aínda que se me dan a elixir prefiro a de Cabanas, non só polo nome do Concello senón polo seu entorno (está pegada a fermosa vila de Pontedeume) cun extenso e frondoso piñeiral onde deixar a sombra o coche, as súas augas tranquilas e cristalinas (nada que ver coas habituais algas de Gandarío) e incluso a area da Madalena me gusta máis, polo que non hai dúbida. Quédome con Cabanas.
O Concello de Cabanas pertence á Comarca do Eume e a pesares da súa curta extensión: 30 km cuadrados ten a beleza e encanto propio da Galiza costeira que a min tanto me gusta polo que cando poido coa chegada do bon tempo adicolle unhas visitiñas que ben mo merece.

Saudos refrescantes.

Trans-global Underground en Lugo



O vindeiro venres 6 de xuño estará en Lugo o grupo de música electro-étnica Transglobal Underground. Se Deus quere alí iremos a velos en vivo e en directo. A verdade é que non tiña moitas referencias de este grupo pero logo de ver videos pola rede eu que me declaro un amante da música electrónica e todos os seus derivados penso que pode estar moi ben o concerto.
Pedino foi quen me dixo de ir o evento, aínda non sabemos o horario de inicio nin o prezo da entrada (se é que custa algo) en canto saiba algunha información máis ireina poñendo.

De momento ídevos relaxando co vídeo "Kintami" e deixade levar as vosas mentes máis alá...

Un pouquiño de música para alegrar a semana




Hoxe quero animar un pouco o cotarro e pensando que xa estamos a mércores (como dirían os 40 Principales: "ya falta poco para el fin de semana") pois hoxe imos a facer algo diferente e vou poñer o video Say It Right da guapísima canadense Nelly Furtado. Casualmente este video vino pola mañan mentres desaiunaba e pensei en poñelo no blog.
Say It Right pertence o último disco da Furtado Loose (disco de ouro en España), un disco que teño na miña discoteca particular e que dende a primeira vez que vin esta canción fíxoseme moi pegadiza e gustoume moito. Ademáis conta coa colaboración de Timbaland (que ultimamente está en todas) polo que é un seguro de música bailonga e animada.
Aínda que imaxino que estaredes xa cansad@s de escoitar esta canción (a min a verdade é que non me cansa) animovos a que cliquedes e disfrutedes coa canción e coa beleza de Nelly a partes iguais.

Saudos musicais.

martes, 27 de maio de 2008

Hoxe estreamos: "ANIMALIÑOS" Capítulo 1: "Droja" en el Cola Cao





A incrible historia de José Tojeiro narrada en primeira persoa. Dúas "prespitutas" intentan enganalo "en compló", "pa revolver", segundo as súas propias verbas votandolle "droja" no Cola Cao. Sempre segundo o seu propio testimonio pois José asegura que "é imposible" que durmise tantas horas sen os efectos dos narcóticos.

Impresionante e histórico documento que quedará para os anais da historia da televisión.

Un consello: vedeo e escoitadeo un par de veces que vos troncharedes.

P.D: este primeiro video vai en homenaxe a agradecemento a Pitus de Basauri pola súa axuda na insercción do video.

Saudos

luns, 26 de maio de 2008

Destination Euskadi

Faltan 4 días para emprender rumbo a unha nova aventura. O destino "elixido" desta volta é Euskadi, non a Volta Ciclista a Euskadi (que quede clarito).
O motivo a voda de Javi Tarrío. Seguro que non vai ser menos que as dúas anteriores..., xa me tarda.
O venres pola tarde, Pedino, Laura, Miguel, Nuria, Esteban e eu emprenderemos rumbo pola costa norte cara a Barakaldo (Miguel, non pasaremos por Carrión de los Condes nin por La Bañeza, je je) e preto da noite xa estaremos no "Pays Basque".
Estaremos en contacto con Pitus a ver que argallamos para venres pola noite... e sábado o mediodía é a voda. A día de hoxe aínda teño o traxe na lavandería de Melide, recollereino o venres pola mañán.
Por certo, xa onte houbo cachondeo comigo en Ramiro no sentido de que non me quede a maleta en Sobrado coma a última viaxe. Podo prometer e prometo que me quedaran os zapatos ou o que sexa pero a maleta nin o traxe de esta volta non me esquence. Non hai mellor cousa para aprender que levar un hostiazo de ese calibre!
Poñerei fotos da voda agardo que valgan para ver, non coma na voda de Raúl, que "miña nai querida macho" (Os Tonechos dixit) vaia olliños tiñamos algúns dos "participantes" no bodorrio.
Outra das incógnitas existentes na fin de semana é saber cantos minutos tardará Pedino dende que cheguemos a "Baraka" en contar o chiste de "Euskadi Kakatua", je je je.
A ver se desta volta vemos no restaurante da voda a Miguel Ángel Lotina coma na voda de Tarrío cando este adestraba o Espanyol de Barcelona. Sería todo un puntazo porque así quitabamos unhas fotos con él.
O domingo voltaremos pola tardiña sen prisa pero sen pausa a ver que acontece en Ribadeo (caravana de coches supoño, sobretodo se fai tarde de praia).
Xa vos contarei a ver que dá de si o finde que promete risas garantidas, coma cada vez que imos a Euskadi (as aventuras e as desventuras) ou a Laredo...

Schumi preparate para escuchar como unos 50 goles de Aranda de penalty: qué te parece?, je je je. Gimástic 0 - Granada 74 1 (gol de Aranda de penalty)

Veña, a coidarse, non me sexan mal@s!

venres, 23 de maio de 2008

Hoxe estou moi enfadado

Hai uns meses xa insertei un post parecido a este pero e que hoxe xa me mosqueei en serio. Fun a gasoliñeira e cando mirei para o surtidor vin que o litro de diésel estaba a 130.6 €. É un puto vacile. A este paso non poderemos nin salir da casa. A verdade é que non sei que ten a culpa na subida do prezo do crudo pero esta claro que os que máis mandan teñen que darlle un xiro a esto ou a cousa vaise complicar demasiado.
Non pode ser que un litro de gasoil custe 216 das antigas pesetas, ademáis parece leva unhas semanas que o barril de crú non deixa de subir, a onde imos chegar?
Ten que comezar a baixar xa porque moitas economías familiares xa se están a resentir e o efecto dominó que produce a subida do carburante fai que o prezo de productos de uso común tamén teñan que subir polo que a economía mundial se resinte.´
Aínda que esto parece que avanza imparable ata acadar records históricos agardemos que pouco a pouco volte todo a normalidade e que poidamos vivir coma sempre.
Cando penso nos profesionais do volante ou a xente que ten que facer moitos kilómetros todos os días para ir a traballar apiádome deles pensando no mal que o deben estar a pasar pois nalgúns casos creo que o final de mes fáiselles moi apurado.
Polo ben de todos agardemos que non suba moito máis e que a cousa volte a normalidade.

Nada máis

Perdoade pola raiadura.

Saudos

xoves, 22 de maio de 2008

Atopado!


Por uns días pensaramos que o perderamos. Faltábanos. Dende o sábado pola noite, bueno, mellor dito, domingo pola mañán non voltaramos a saber de él.
Incluso pensamos que morrera: móvil 1: apagado ou fora de cobertura, móvil 2: apagado ou fora de cobertura, móvil 3: da tonos pero non colle...
O domingo Álvaro comentoume: "a Pichi que será mellor poñerlle? un ramo ou unha coroa?" eu comenteille que mellor quedaba unha coroa.
E si, por fin onte dou sinais de vida, tivo que haber a Final da Champions para saber que seguía con vida. Eu que pensara que o tragara o sofá ou algo polo estilo.
Segundo a súa versión, a culpa de toda tivoa o Red Bull que seica non o deixa durmir de noite entón teno que facer de día, aiiiiii, meu Deus, que personaxe...
Finito de Vilariño segue vivo, aquí o temos repousando nun hotel de Oviedo logo de tomar a alternativa nesta cidade, a gran actuación realizada fixo que fose invitado para a capea que recentemente se celebrou en Salamanca e alí tampouco defraudou: colleu a vaquilla polos cornos pese a caer na mollada area, caeu varias veces pero foi un dos triunfadores da tarde. Aínda ten secuelas pois ten unha cornada nun brazo pero o bravo toureiro de Vilariño di que non pensa cortar a coleta e que lle quedan moitas tardes de gloria e de corridas diante dos touros.
Así sexa Migueliño, e nos que o vexamos...
Por certo, dulces sonos.

Red Devil´s Glory

Onte foi un día moi feliz para min. Mellor dito, unha tarde-noite. O Manchester United, o meu 2º equipo logo de Deportivo voltou a gañar a Champions League (e xa van 3) logo de unha final de infarto na que quizáis o trofeo o levou o que tivo máis sorte pero o fútbol é moi caprichoso e unhas veces dache e outras quítache. Debo admitir que pasei momentos de nervos e cando Cristiano errou o penalti vin todo perdido pese a que no interior de cada un sempre queda un anhelo de esperanza en que o equipo rival erre un penalti e así volver a ter opcións.
Co título de onte unha os "Fergie Boys"( unha saga de enormes futbolistas liderados no seu momento por David Beckham e na que se incluen ademáis de os irmáns Neville, Gary e Phil (este último agora no Manchester City), Paul Scholes, Nicky Butt (no Newcastle) e Ryan Giggs ademáis de o nomeado Beckham) acadan o 2º título particular para unha canteira, a do Manchester na que o PROFESOR Sir Alex Ferguson creeu dende o principio e na que apoiou a base para consolidar o equipo coma un dos máis grandes de Europa. A esta canteira uniulle homes de calidade para facer un proxecto sólido.
O PROFESOR Sir Alex Ferguson leva 22 anos ininterrumpidos dirixindo o Manchester United cuns resultados dificilmente mellorables: 2 Champions League, 10 Premiership, 1 Copa Intercontinental ademáis de diferentes Copas de Inglaterra.
Ademáis onte o levantar a Champions Rio Ferdinand penso que a todos os afeccioados do Manchester do mundo se nos viñeron a cabeza excelentes xogadores que non puideron gañar a Champions pese a ser os donos indiscutibles durante moitos anos en Inglaterra: caso do gran Eric Cantona, Andreij Kanchelskys, Lee Sharpe, Paul Ince ou o mesmo Ruud Van Nistelrooy.
Un cachiño de esa copa tamén é parte de eles.

O Manchester foi mellor na primeira metade que o equipo de Avant Grant, e liderados por un Cristiano Ronaldo que apareceu máis que en semifinais (madridistas e barcelonistas, xa vos podedes olvidar de él, Ronaldo é Red, e quedarase en Manchester moito tempo) puxo en apuros a Peter Cech. A foto que vedes arriba é o momento no que Cristiano marca o gol de cabeza que supuña o 1-0 (apreciade o salto que pega), un gol marca da casa. Pero esto non quedou aquí e nunha excelente xogada do portugués por banda esquerda, serviu coa perna menos boa (a esquerda) para que o Apache Tévez rematase en plancha facendo o gardamallas do Chelsea unha espectacular intervención, o rexeite do esférico quedou no borde da área a Michael Carrick que engatillou un excelente tiro pero de novo Cech rexeitou o lanzamento de xeito soberbio e o balón foise a córner.
O Chelsea ía empatar por medio de Frank Lampard logo de unha xogada de carambola na que o esférico pega na espalda de Nemanja Vidic e queda morto na área para que o mediocentro inglés remache o fondo da rede. O gol tivo adicatoria especial para a nai de "Frankie" falecida recentemente.
Na segunda metade o Chelsea saiu máis enchufado e o Manchester votouse atrás quizáis buscando algunha contra para matar o partido. Drogba e Lampard tiveron o título nas botas pero os seus lanzamentos foron o pao e o longueiro respectivamente da meta defendida polo holandés Van der Sar.
Antes da prórroga os Red Devils voltaron a ter outra ocasión de ouro para levarse a Champions a Old Trafford nunha excelente xogada do lateral zurdo francés Patrice Evra, que dou o pase da morte o arxentino Tévez e cando todo o mundo xa cantaba o gol apareceu un xiro de cuello espectacular do defensa "Blue" John Terry para desviar a córner.
A prórroga non tivo moita historia e de seguido pasouse os lanzamentos de pena máxima.
O desenlace xa todos o sabedes:
Polo Manchester errou o que menos se esperaba (Cristiano Ronaldo) e cando o Chelsea estaba a 1 só gol de lograr o título, o seu capitán Terry asumiu o feito de que podía entrar na historia do clube londinense pero ocorreu esto:


resbalón no momento de tirar o penalti que podía supor a victoria blue, o balón pega no pao e vaise fora, eu que estaba en Ramiro con Esteban, Yoly, Oito e César e ataviado coa camiseta do Manchester da tempada 1993/1994 (a sudadera da tempada pasada xa a quitara polos nervos na primeira metade) berrei un TOMAAAAAAAA! que me saiu da alma. As esperanzas voltaron a aparecer, algo bo agardaba...


E foi no 7º lanzamento de penalti a prol do Chelsea, Ryan Giggs acababa de marcar o seu e se o "bilipendiado" Nicolas Anelka erraba o Manchester era campeón de Europa. Edwin Van der Sar andivo moi listo e acertoulle o lugar polo que tirou o francés parando así o balón e dándolle o Manchester o seu 3º cetro europeo. De seguido imaxes de euforia nuns de desolación nos outros, de Terry chorando desconsoladamente e de Cristiano chorando pero debido a presión que soportou logo de erra o seu penalti. Puido ser carbón para o portugués pero tocou Gloria.
Fíxome especialmente gracia unha mensaxe que me mandou Pitus instantes despois do final do encontro; a sma poñía: Terry...ble Anelka. COLOSAL PITUS, je je je.
Agora só agardo que o meu equipo de basket favorito da NBA, os Boston Celtics gañe o anel e xa sería a repanocha se ademáis ascende o Breogán a ACB e o Depor B a liga BBVA. Sería o que se di, un ano deportivo de cine.
A coidarse.




mércores, 21 de maio de 2008

¿A quen raios lle preguntaron?


Por incrible que pareza, segundo un estudio encargado a Canon Europa o 70% dos españois prefire o fútbol o sexo (tremendo!!!).
A miña pregunta é: ¿a quen raios lle preguntaron?, ¿en que lugar e en que cidades fixeron a enquisa?, ¿pode ser que entraran no interior de un convento de clausura a preguntar? porque se é así podería entendelo pero senon non me colle na cabeza.
Teño moitos amigos e amigas os cales lles apaixoa o fútbol, e a min mesmo traeme tolo pero tanto os meus amigos e amigas coma min, se nos dan a elexir non hai color, homeeeee...
Augurolle un futuro pouco exitos a empresa encargada de esta enquisa pois creo que o pensar xeral dos españois vai en sentido contrario e quizais podería ser o revés: 30% máis interesados no fútbol e 70 % no trakatrá, e aínda así penso que me quedaría curto. Válgame Deus...

Entre outras lindeces o estudo (se se lle pode chamar así) desprende que un 9% dos españois elixe os seus amigos en función do equipo que sexan: PFFFFFFFFFFFFFF.

Tamén di que o 63% dos españois planifican a súa vida en torno o fútbol e salienta que somos os afeccioados máis supersticiosos de toda Europa seguindo as mesmas rutinas previas ó partido un 69%: permitideme que me ría.

Un 88% dos españois dice soñar co fútbol e seica a media de Europa é de 60%: penso que preferimos soñar con outras cousas...

Pois non sei que opinades pero penso que a enquisa é errática de todo, e que non puiden evitar o placer de poñer este post logo de leelo onte no Marca. Como me dixo onte Pedino: " a ti preguntaronche?" eu díxenlle que NON e el contestoume "pois a min tampouco...", je je je.


O dito

Saudos

E como di o rito brasileiro: "Menos samba e máis traballo"

martes, 20 de maio de 2008

Un lugar máxico: a praia das Catedrais

Moi boas, quero facer referencia a praia máis bonita que estiven na miña vida. A verdade é que para achegarse a ela non fai falla ter que contratar unha viaxe o Caribe, nin sequera viaxar o Levante español nin o Algarve portugués, é a Praia das Catedrais e está aquí, como diría o anuncio de Gadis: "en Galicia!"...
Ubícase a 6 kilómetros de Ribadeo (Lugo), bica Galiza e Asturias (digámolo así). O nome de Catedrais recibeo pola caprichosa forma na que o mar e o vento esculpiron a pedra sobor dos acantilados de xisto e pizarra que orixinaron espectaculares entrantes e saintes na rocha, pasadizos, grutas e anacos de rocha illados ou unidos á terra por xigantescos arcos rochosos.
Un consello, antes de visitar esta praia conven controlar os horarios das mareas pois o mérito de esta praia consiste en que cando está a marea baixa pódese disfrutar do areal en todo o seu explendor, con pleamar prácticamente non queda praia.
Xa hai uns anos que non vou polas Catedrais pero xurei que de este verán non pasa sen ir. Sen dúbida é un lugar maravilloso, cando vexo esta segundo foto que está aquí debaixo imaxino dúas plumas azuis voando entrelazadas en sinal de tranquilidade e beleza, non sei pero As Catedrais suxireme algo que a vindeira vez que me achegue alí intentarei descifrar o que é.
Poñovos estas imaxes para que disfrutedes.





















3º Aniversario Pub Kemáis? Melide 23/05/2008

Este vindeiro venres 23 de maio o Pub Kemáis de Melide celebrará por todo o alto a festa do seu 3º Aniversario.
Na festa non faltará de nada, Sorteos de viaxes, de bañeras de hidromasaxe, regalos e máis regalos, Go-Gos, Drag Queens,etc, etc, etc, e sobre todo MÚSICA, MOITA MÚSICA!

Non podedes faltar o 3º Aniversario do Kemáis? Mary e Alberto convidanvos a tod@s a que entredes de cheo nunha noite de diversión, música e regalos o vindeiro Venres 23 de maio.

NON O OLVIDEDES, ESTADES TOD@S CONVIDAD@S



luns, 19 de maio de 2008

A Europa

Todo rematou. A tempada 2007/2008 que podía ser unha tempada para o esquecemento dos afeccioados deportivistas rematou con premio.
O Depor, 3 anos despois, voltará a xogar a Copa Intertoto, pasando unha soa eliminatoria o equipo xogaría a Copa da Uefa para a seguinte tempada.
Atrás de este premio quedan tardes e tardes de sufrimento, nas que teño que recoñecer que o pasei realmente mal en Riazor pero que todo ese sufrimento domingo tras domingo o final mereceu a pena.
As cousas puxeronse moi mal logo da derrota en Almería aló polo mes de xaneiro pero pouco a pouco coa axuda moi importante da afección que xamáis lle dou a espalda o equipo nin lle pitou a pesares dos resultados adversos e co cambio de esquema a un 5-4-1 ideado por Lotina fixo resurxir o Depor das súas cinsas cal Ave Fénix e con esos incribles 35 puntos acadados na segunda volta facer que o Deportivo da Coruña, o equipo de toda unha cidade, de unha provincia e de toda Galicia volte a Europa. Sería máxico xogar a Uefa agora que estamos en época de vacas flacas e as fichaxes de relumbrón quedarán coma un soño que foi real.
Agora na miña humilde opinión Lendoiro debe atar o que xa temos, é dicir: Lafita, Filipe Luiz e Willy, mercar un porteiro e reforzar o equipo pois xogar 3 competicións con un plantel moi curto e sen calidade pode ser perxudicial e todos temos recordos recentes de equipos nos que o ano que xogaron tres competicións acabaron por descender a Liga BBVA.
Agardemos pois que Don Augusto César volte a dar unha das súas maxistrais clases de "negociar" e nos faga viaxar a todos os deportivistas por Europa adiante.


Non me podo olvidar de facer mención especial a Christian Whillemlsson, que dende a súa chegada o equipo experimentou unha mellora impresionante e que unido a explosión de Ángel Lafita e a seguridade defensiva fixeron de este Deportivo un rival moi duro sobor de todo en Riazor.

Soñemos de novo, O EURODEPOR XA ESTÁ AQUÍ!

venres, 16 de maio de 2008

Inconmensurable

Debo confesar a miña pasión pola música. É algo que sen ela non podería vivir. Gústanme case todos os estilos (agás música relacionada con Camela e os seus "enxendros" e o Reggaeton "duro" e o "perreo" ou como diaños se chame).
Na miña casa teño máis de 400 cds orixinais (a verdade é que non me gusta piratear) dos estilos máis diferentes que vos poidades imaxinar. Dende pop, a música clásica, pasando pola música electrónica o jazz, rock, metal, etc, etc, etc...
Esta semana decidin mercar 3 novos compactos todos con voz feminina. O último disco das All Saints (gústame moito a canción de Rock Steady), tamén o último de Alicia Keys e como non o da Muller Volcan, estoume a referir a Marie Louise Veronica Ciccone Fortin Ritchie, é dicir, Madonna.
Nesta última artista me quero centrar. Por como se move, como se contornea e polas pasións que levanta parece incrible que o vindeiro 16 de agosto Madonna vaia a cumprir 50 anos (calqueira o diría).
Cunha vintena de albumes as súas espaldas Madonna soubose adaptar a evolución musical dende que saltara a fama con La Isla Bonita e Papa Don´t Preach de aquel carismático True Blue, recordo que cando era pequeno tiña grabado nunha cinta das antigas TDK este album e abofé que me gustaba.
Madonna tomou o seu nome artístico porque así se chamaba a súa nai a que sempre idolatrou, mentres pola contra as relacións co seu pai sempre foron máis distantes.
Eu presumo de ter na miña discografía 5 cd´s de Madonna: "You can Dance", "The Inmaculate Collection", "GHV2", Confessions on a Dancefloor (o seu penúltimo e discotequeiro traballo) e o último "Hard Candy" (que é unha continuación da música do anterior).
Aínda que só puiden escoitar 2 veces o Hard Candy hai unha canción que me ten impresionado, e resultoume tan pegadiza que non a poido quitar da cabeza, chámase "Incredible", é o corte número 7 do compacto.
Ademáis gustanme case todas e penso que vai ser un album que vai pegar moi forte nos vindeiros meses.
A pequena Madonna (1,64m de altura) faise xigante enriba do esceario e as súas declaracións e os seus videos subidos de tono e rozando o escándalo en moitos casos non deixan indiferente a ninguén. A min particularmente encántame e penso que é un dos mitos viventes da historia da música. Hai algo máis de un ano vin un concerto en Canal Satélite desta "Máquina de Bailar e Excitar" en Oregón (EEUU) e a verdade é que daría moitos cartos por poder asistir en directo, é todo un espectáculo. Cando veña por estos lares haberá que facer todo o posible para ver en vivo e en directo a esta espectacular artista.

Longa vida a Madonna!

mércores, 14 de maio de 2008

Rubias con corpo

Xa ven de antigo o dito "cría fama e vótate a durmir"; no caso da Cervexa este dito quédalle que nin pintado.
A cervexa colleu mala sona hai uns anos non se sabe ben a conta de qué. Dicíase que emborrachaba (a súa graduación soe ser das máis baixas entre os alcois, entre 4 e 7 %), que engordaba (esta claro que se te pegas unha boa panzada engordas, como tamén o farías se bebes auga), que se aumentaba demasiado a presión arterial (hai outras cousas que aumentan "e moito" a presión arterial e ninguén lles pon reparos), etc, etc, etc.
Afortunadamente, co paso do tempo, os científicos foron descubrindo os beneficios deste derivado da cebada, bebida popular na maioría dos paises do mundo e fonte de riqueza para moitos estados.
Hoxe, direivos algúns dos beneficios que a Cervexa nos ofrece, eso sí, recordade: BEBEDE CON MODERACIÓN É A VOSA RESPONSABILIDADE.

Diversos estudos científicos de ámbito nacional e internacional demostraron que a cervexa é unha bebida natural e saudable. Non contén graxas e aporta vitaminas, minerais e outras sustancias con propiedades funcionais, polo que o seu consumo moderado pode incluirse en calqueira dieta equilibrada.

Segundo o International Lif Science Institute, "Alimentos funcionais son aqueles alimentos susceptibles de producir un efecto beneficioso sobre unha ou varias funcións específicas no organismo, máis aló dos efectos nutricionais habituais, de mellorar o estado de saude e de benestar e de reducir o perigo de unha enfermidade".

Polo tanto a cervexa ten distintas propiedades funcionais como:

Folatos: os folatos son esenciais para o mantemento da vida celular e para o crecemento e formación de novos texidos, polo que a súa deficiencia da lugar o desenrrolo de patoloxías. Ademáis, os folatos preveñen gran parte dos defectos do tubo neural (DTN) no nacemento e reducen o nivel de homocisteína, novo factor de risco de enfermedades cardiovasculares. O trastorno máis común que se produce como consecuencia da carencia de ácido fólico é a anemia.

A porcentaxe do contido de ácido fólico que ten a cervexa é moi importante por duas razóns: 1º, porque hai poucos alimentos que por si mesmos poidan administrar tal cantidade de ácido fólico e 2º, porque a cervexa forma parte da alimentación regular de unha persoa adulta e sá.

Polifenois: o consumo da cervexa tamén aporta a dieta Polifenois que, como antioxidantes naturais, participan potencialmente na protección contra enfermidades cardiovasculares e na reducción dos fenómenos oxidativos responsables do envellecemento do organismo.

Os efectos máis destacados de estos antioxidantes son: o retraso do envellecemento celular e a disminución do risco de padecer enfermidades cardiovasculares, así coma a súa capacidade anticanceríxena.

Fibra Soluble: evita o estreñimento, disminue a incidencia a padecer cáncer de colon e de diverticulosis e rebaixa a colesterolemia.

Maltodextrinas: as maltodextrinas teñen, coma fonte enerxética, unha posible propiedade funcional importante, o que promoveu a súa aplicación en fórmulas de bebidas para deportistas.

Cando se formulan bebidas de este tipo con glucosa, este carbohidrato pasa rápidamente a sangue, o que produce unha forte subida da concentración de glucosa que induce a secreción das hormonas que metabolizan esta sustancia.

Sodio: a cervexa é unha bebida con moi baixo contido de sodio e, polo tanto, moi adecuada para participar en dietas hiposódicas.

A relación de potasio e sodio na cervexa, é de 15´7, o que lle confire un forte efecto diurético. Estos valores fan que a inxestión de cervexa poida ser incluida en dietas hiposódicas.

Silicio: o silicio é un elemento esencial nos procesos de calcificación e, posiblemente, no texido conectivo.

A cervexa contén máis de 2000 compoñentes, vitaminas, minerais e compostos fenólicos que presentan propiedades antioxidantes e antiagregantes plaquetarios que exercen un efecto positivo nas patoloxías cardiovasculares. De este modo, o seu consumo moderado aporta maior diversidade de nutrintes que moitos refrescos industriais.

Alcohol etílico: demostrouse que o consumo moderado de alcohol ten efectos positivos para o organismo, sempre que se trate de individuos adultos, sans, e que non consuman fármacos cos que o alcohol poida interferir.

Os bebedores moderados teñen un risco do 60% menos de sufrir ataques cardíacos que os grandes bebedores e abstemios. Nos bebedores moderados a incidencia da cardiopatía isquémica (anxina de peito e infarto), hipertensión arterial, accidente vascular cerebral e diabetes mellitus é inferior a de grandes bebedores e abstemios.

Ademáis o alcohol, en cantidades moderadas, aumenta o colesterol asociado as lipoproteínas de alta densidade (HDL) en relación con nivel habitual que se da en persoas abstemias. Este aumento do "Colesterol Bó" reduce os riscos de enfermidades e accidentes cardiovasculares.

Delin e Lee en 1992 estudiaron a interacción do alcohol e a dispoñibilidade de nutrintes, así coma as consecuencias gastrointestinais do consumo de bebidas alcohólicas, e suxiren que as bebidas alcohólicas constituen un complemento importante na dieta, aumentando o nivel de satisfacción e contribuindo á relaxación necesaria para unha boa dixestión e unha adecuada absorción de nutrintes.

Ademáis o consumo moderado de cervexa podería estar asociado co retraso da aparición da menopausia. A cervexa contén fitoestróxenos, compostos de estructura química moi próxima á dos estróxenos naturais, que serían responsables de un retraso de dous anos, coma promedio, na aparición da menopausia en mulleres que beber cervexa con moderación.

Outras propiedades:

-Fácil dixestión e estímulo do apetito: polo seu sabor amargo, a cervexa é unha bebida refrescante, tónica e alimenticia. Ademáis a súa riqueza en extractos naturais convirtea en un bo aperitivo porque estimula as papilas gustativas e abre o apetito.

-Dietas hiposódicas: a cervexa é unha bebida con moi baixo contido en sodio, polo tanto, moi adecuada para participar en dietas hiposódicas. A relación de potasio a socio na cervexa (como dixen antes) é de 15´7 similar o promedio de auga potable e 16 veces inferior o da leite.

-Aporte vitamínico: o consumo de un tercio de cervexa aporta o 10% de fósforo e vitaminas solubles do grupo B, que son importantes para un equilibrio nervioso adecuado, coma a riboflavina (B2) que facilita a dixestión, piridoxina (B6), niacina, folatos e ácido fólico e tiamina (B1) que actúa sobor o metabolismo dos glúcidos.

-Mínimo contido alcohólico: a cervexa apenas contén alcohol, dependendo do tipo que sexa, entre 4 e 5 grados. En comparación con outras bebidas, o alcohol que contén a cervexa é mínimo.

-Calma a sede: grazas o seu elevado contido en auga e a rápida absorción das moléculas de auga. Ademáis ten un efecto diurético máis alto ca auga e ten accións estimulantes sobor o funcionamento do fídago e a producción de bilis.

-Valor enerxético moi baixo: que varía dende as 14 Kcal. da cervexa sen alcohol, 38 Kcal. da rubia (4-5º) e 45 Kcal. da escura, o que resulta unha aportación calórica moi inferior á de outras bebidas alcohólicas e similar o das bebidas refrescantes a base de cola ou extractos de froita.

-Lúpulo: que ademáis do seu importante participación no sabor e na palatibilidade, confirenlle unha lixeira acción sedativa, bacterioestática e dixestiva.

RESUMINDO: Logo de este rollazo (con algúns tecnicismos) que vos acabo de soltar quedan claras varias cousas:

1. Unha cervexa o día (ou dúas) non é mala, todo o contrario.

2. Con moderación a cervexa prevén de enfermidades importantes coma o cancro ou problemas de corazón.

3. Calqueira refresco ten tantas ou máis calorías que a propia cervexa.

4. É moi aconsellable para diversos tipos de dietas en cantidades moderadas (claro está).

5. Ten moitas máis de 2000 propiedades, vitaminas, etc, polo tanto NON PODE SER MALA.

6. A máis importante, O SEU CONSUMO FAINOS RIR E DISFRUTAR DA VIDA QUE É PARA O QUE VIÑEMOS A ESTE PLANETA, POLO TANTO...

CAMAREIRO/A: UNHA CERVEXA!

Saudos etílicos

martes, 13 de maio de 2008

Sobrado xa ten guapa oficial

Chámase Lucía Espiño, é natural de Grixalba (Sobrado) ten 18 anos e é estudiante.
O pasado sábado 10 de maio proclamouse campiona do concurso de modelos Top Model Área Central 2008 celebrado no centro comercial do mesmo nome en Compostela.
Este mesmo concurso gañouno hai dous anos en categoría masculina Miguel Castro, natural do veciño concello de Toques.
O gañador masculino que aparece a esquerda da imaxe chámase Rudy Lamas e é natural de Ames.
Agora Lucía será a imaxe feminina de Área Central nas súas campañas de moda ata o concurso do ano seguinte.
Se desexades ver a Lucía Espiño enriba das pasarelas tan só tedes que entrar no enlace http://www.youtube.com/ e escribir Lucía Espiño en "buscar".

En Sobrado a partires de agora xa podemos presumir de guapa oficial e dende eiquí desexolle que teña un gran futuro no mundo das pasarelas.

PARABENS GUAPÍSIMA!

Un cumple moi feliz

Esta fin de semana foi larga, agradable, divertida e non sei que máis apelativos poñerlle.
Comezou o venres co campionato de tute de As Cruces onde Pazitos e eu só puidemos gañar a primeira partida fronte a Álvaro e Pichi, na seguinte ronda xa caimos eliminados polos que a postre serían os campions finais: Diego e Alberto.
Sábado o mediodía tocou ir co equipo Benxamín a fase final provincial de fútbol sá e xa de volta en Sobrado decidimos que non iamos sair para reservarnos para o domino.
Logo de cear baixei para Ramiro tomar un café e a continuación recibín o meu Super-Regalo de cumpleanos: A WII que mo fixo a miña moza e a verdade é que agora xa teño unha ocupación máis (penso que este hobbie vaime ocupar moito tempo). Logo voltamos para Ramiro e para a miña sorpresa de que me encontro cos seguintes personaxes: Schumacher, Piru, María, Juanillo, Álvaro e Laura. Comezamos a tomar unhas rondiñas e a eso das 4 pensamos que como a noite xa non ía ser curta había que ir para Melide. Cheguei de volta a casa as 8:00 AM e o domingo as 12 xa me levantei para ir As Pías. Alí recibín unha agradable sorpresa pois logo de comer apareceu unha tarta sorpresa de cumplenos co número 30 en cera vermella e unhas 6 bengalas adornando o doce. Cantaronme o cumpleanos feliz, soplei as velas e a verdade é que a tarta milfollas estaba moi boa. Logo dímoslle xeira a unhas botelliñas que tiñamos para a ocasión pero comezouse a levantar moito aire polo que decidimos levantar o campamento e baixar para Sobrado para proseguir coa festa. Barceló e diana a partes iguais ata que comezou o Atlético-Depor, tras comezar o partido, Barceló e fútbol a partes iguais..., ceamos algo en Ramiro e arrincamos para Teixeiro a tomar algo (aínda había sede), ademáis o luns era festivo en Sobrado e había que celebralo.
Onte luns, levanteime con sentido da orientación un pouco extraviado, baixei mercar a prensa, comín e comecei a espabilar. As 18:30 quedamos Schumacher, Nando e eu para ir a Lugo a xogar os bolos, alí fumos, ás Termas, e logo dos bolos e un par de cañiñas fumos o salón recreativo. Schumacher e Nando decidironse máis polos xogos de motor (coches e motos) mentres eu decidinme máis polos de deportes (fútbol e tenis).
Logo das Termas decidimos ir para a zona universitaria a cear algo, e fixemos unhas rondas pola Pizzbur, a Carballeira e a Gambrinus (que foi onde ceamos).
Xa de volta en Sobrado xogamos unhas dianas Schumi e eu e logo uns futbolíns.
As 2:00 AM deiteime que hoxe era "día de escola" e a verdade é que logo de este intenso fin de semana estou a un 50% das miñas posibilidades físicas. Haberá que ir recuperando o longo da semana.

P.D: felicitar a Álvaro porque para o curso escolar 2008/2009 montará unha panadería en Carral, parece ser que o horario de apertura só será dende as 6 da tarde dos domingo ata ben entrada a madrugada. Cando saiba a data da inauguración informarei debidamente...

Saudos



O Muxico respira, as chaves voltaron para a casa

O pasado domingo 11 chegou Nando de Salamanca con unha boa nova. As chaves extraviadas por O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) apareceron...
"Alguén" que vive en Salamanca llas dou a Nando pois O Muxico as perdera na súa casa.
Agora xorden varias preguntas:

- Onde estivo O Muxico a noite de actos?
- Quen foi a persoa que lle dou as chaves a Nando?
- De quen era a casa e en que lugar da casa se encontraron?
- Subiralle o prezo de venda o coche agora que xa dispón de chaves e o pode accender?
- Voltará o Muxico a Salamanca para intentar perder as chaves de novo?

Agardemos que axiña sexan respondidas as preguntas e intentarei facerlle unha entrevista para que nos responda a todas estas cuestións.

Prometo poñela no blog.

Saudos

venres, 9 de maio de 2008

Hoxe a partires das 22:00 horas defendemos o Título


Hoxe a partires das 22:00 horas Pazitos e o menda poñemos en xogo o noso título de Campións de Tute que gañamos hai uns 3 meses no bar da Comisión Organizadora das Festas de As Cruces 2008 (klim8).

300 € nos agardan se voltamos a revalidar o título, ben que nos vexen agora que parece que chega a calor (ficticia) e apetece refrescarse para saciar a sede.

O meu socio seguro que como é habitual apañara uns 40 ou 50 tantos de promedio por man polo que como podedes imaxinar teño "Confianza Ciega" (gran programa, mellores concursantes) nél. Abofé que non me fallará (agás un 3 para comer con un triunfo pequeno) e "amasará" coma de costume.

Vamos Pazowsky, confio en ti!

P.D: xa hai tempo que non cha canto e hoxe tócache: SACA LA ESPADA, PAZITOS SACA LA ESPADA, SACA LA ESPADA, PAZITOS SACA LA ESPADA.


NOUTRA ORDE DE COUSAS: infórmaselle a O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) que en canto poida dé sinais de vida porque o de este rapaz é comezar a temporada de praia e non dalo quitado da area. Qué te torras,Calvete!..., je je je.

Saudos a todo bicho vivinte.

xoves, 8 de maio de 2008

O Show pode comezar...


O prometido é débeda e aquí tedes as festas (que eu saiba) que se celebrarán no mes de maio nun radio de 60 kilómetros de Sobrado. Se aparecen máis ireinas poñendo:

9 Maio: Lesa (Coirós): Orquestra Panorama
Boimorto: Orquestras Trovadores, Ritmo Joven, Españoles e Principal.
10 Maio: Lesa (Coirós) Grupo Tekila
11 MAIO -FESTA NACIONAL-: As Pías (Sobrado) misas e merendas campestres (un Woodstock en plan pequeno).
Espíritu Santo (Sada): Orquestra Florida
12 Maio: As Pías (Sobrado) misas e merendas variadas
Espíritu Santo (Sada): Orquestra Ledicia
16 maio: Grixalba (Sobrado): Orquestra Versalles e un dúo
17 maio: Grixalba (Sobrado): Orquestra Emperadores e un dúo
Olas (Mesía): Orquestra Alarma
18 maio: Grixalba (Sobrado): sesión vermouth a cargo de un dúo
22 maio: Abellá (Frades): Orquestra Marbella
23 maio: Buscás (Ordes): Orquestra Olympus, Grupo Tekila
Arca (O Pino): Orquestra Costa Oeste
24 maio: Cumbraos (Sobrado): Grupo Feminino Azalea e outra orquestra
24 maio: Penagrande-Grixalba (Sobrado): Orquestra
25 maio: Penagrande-Grixalba (Sobrado): sesión vermouth a cargo de un dúo
30 maio: Parada (Ordes): Orquestras Olympus e Panorama (MEGAFESTÓN, MAGOA QUE ESE DÍA MARCHEMOS PARA EUZKADI).

Bueno nen@s, informados quedades, comezan as festas, a praia, o calor e todo o que iso conleva..., FESTA!

martes, 6 de maio de 2008

Preto do liderato





No que o azar se refire a verdade é que non me poido queixar. En todo Sobrado se sabe aquela vez que tiven 15 acertos nunha quiniela reducida que o final se quedou en 13 (nunca máis a voltei a facer reducida).

Pois ben dende hai unhas semanas estou participando na quiniela de http://www.siguetuliga.com/ que consta en acertar o maior número posible de resultados quinielísticos da 3ª División Galega.

Consta de 10 partidos e por xornada pódese sumar un máximo de 10 puntos (acertandoos todos).

Eu agora mesmo e a falta de dúas xornadas para rematar o campionato ligueiro estou con 32 puntos na clasificación xeral, é dicir, 2º clasificado. O primeiro clasificado vioscalidade se chama ten 34.

Esta xornada que pasou fun o que máis puntuei con 7 sobre 10 e o que me seguiu quedouse en 4 puntos, así que adiantei 5 postos na táboa clasificatoria.

O premio aínda está por definir pero o máis bonito é competir con deportividade e se o final acabo gañando esta quiniela axiña o poñerei no blog...



Bueno o dito, en dúas semanas saberemos o desenlace.



P.D: na foto estou con cara de escéptico, quizáis pola incertidume de quen se levará o título quinielístico de http://www.siguetuliga.com/



SAUDOS

Como vos gustan as Pataky´s moi feitas ou pouco feitas?



Como estamos en época de plantar as patacas e en homenaxe a Pitus de Basauri, www.pitusbasauri.blogspot.com hoxe vou poñer neste blog a actriz nacional máis guapa (para o meu gusto claro está), estou falando de Elsa Pataky.
Este curioso apelido débese a que seu pai é hungaro (e a súa nai rumana) polo que esta mistura fai que a Pataky pareza unha Gaseosa Revoltosa (Pitus diría gaseosa La Cruz de Gorbea pero a lo mejor muchos de los lectores no saben de que estoy hablando).
Esta muller durmiu unha noite no piso de Nando de Salamanca no medio de Pitus e meu, evidentemente era un póster pero eso non privou que a imaxe de Elsa viaxara a Euzkadi e penso que debe a andar polo piso deste energúmeno metido a chófer urbano e que hai algúns días que non se sabe nada del. Poida ser que se esté reservando para a visita que lle imos brindar a final de mes a Euskal Herria, visto como foi o ano pasado, non me extraña...

Pois o dito, como vos gustan as "pataky´s" moi feitas ou pouco feitas? a min de todas as maneiras.

Saudos

luns, 5 de maio de 2008

Festas, bodorrios e demáis "jolgorrios"

Como estamos logo da ponte? Agardo que ben, ou polo menos non peor que antes do 1 de maio.
Este vernes 9 de maio comeza o que eu denomino: CAMPAÑA DE VERÁN, é dicir, coa chegada do bo tempo e a calor aparecen festas, bodas e todo tipo de eventos que fai que a primaveira e o verán non me duren nadiña (sinal de que o ando a pasar realmente ben).
Pois como dixen, o vindeiro venres 9 de maio haberá un novo Campionato de Tute no bar da Comisión organizadora das festas de As Cruces 2008 con Pirulo e Jose Luis a cabeza.
Como non, asistirei a este campionato con Pazitos (amasadora de cartas onde as haxa) e agardamos revalidar título. Este ano levamos ingresado co tute a nada desprezable cifra de 775€ e queremos pasar dos 1000 €.
O sábado haberá que reservarse pois o domingo agarda unha dura batalla: o Domingo de Pías (comer e beber dende a mañán ata que o corpo aguante) por riba o domingo 11 de maio coincide co meu 30 aniversario, é dicir, prometo non razonar moito..., je je je.
O luns 12 de maio é festivo local en Sobrado e poderemos descansar, ou quen aguante pode voltar as Pías a rezar, bailar, beber ou facer o que queira (ou o que lle deixen...).
Para a semana seguinte o venres 16 de maio comeza o San Victorio en Grixalba e se deus quere asistiremos a festa. Está Versalles, unha das orquestras que tivemos o honor de traer as festas de Sobrado o ano pasado e iremos a ver se nos adican aínda que sexa o anuncio da matrícula de un coche que estorba...,
O venres 23 de maio é o xantar de Santa Rita (patrón dos funcionarios) e como todos os anos toca compartir mesa e mantel cos compañeiros de meu propio Concello e os dos concellos de Melide, Toques, Santiso, Vilasantar, Curtis, Cesuras, Boimorto, Irixoa, Aranga e Monfero, este ano tócalle organizala ó Concello de Curtis e o xantar será en Casa Miraz en Teixeiro, seguramente a festa acabará moi tarde...
Co final do mes de maio comezame un marathon de bodas, eu que contaba que este ano só tiña unha e de momento xa van 3.
O vernes 30 de maio varios expedicionarios (Pedino, Laura, Miguel, Nuria, Esteban e eu entre outros) marcharemos para Barakaldo a boda de Javi Tarrío. Hai moitas posibilidades de que o venres 30 fagamos noite en Laredo para rememorar a festa de fai dous anos...
O sábado 31 é a boda e como as dúas anteriores de Jose e Raul penso que non vai defraudar. Voltaremos a Galiza o domingo 1 de xuño con parada obligada en Ribadeo por conta das retencións de tráfico..., a non ser que Pedino nos chame por teléfono para avisar e voltemos por Vegadeo coma a última vez, verdade Negro?
Para o sábado 7 de xuño volto a ter outra boda, (agardo que máis tranquila que a de Euskadi porque vou cos meus pais e hai que manter a compostura diante da family e todo esto...) en Ponferrada de unha familiar por parte da miña amada e querida nai.
O 21 de xuño 3ª boda en menos de un mes de Marta e Boado, en Teixeiro pero o banquete será no Pazo de Vilar de Ferreiros (Santiso), un lugar moi guapo no que xa estiven 3 veces e a última que foi a boda de Jacobo e Chus foi memorable con aquela MESA 16.
O 23 de xuño é a noite de San Xoán, e nin que dicir ten o duro que é esa noite aquí en Sobrado, Santa María...
O 28 de xuño comezan as Festas do Patrón do meu querido pobo, o San Pedro, máis do mesmo, 28,29 e 30 toca dalo todo en Sobrado, chamarei o balneario a Guitiriz para unhas curas...
Nesa mesma fin de semana comeza outra gran problemática, Álvaro colle as vacacións do seu amado e querido cole polo que terá dous mesiños para "rascala", casualmente e debido o horario laboral que teño agora mesmo, non traballo os luns, mércores e vernes pola mañán, unido a que O Muxico (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón) e Pazitos libran moitas veces pola semana, que Esteban o acabar os colexios tera menos traballo e que algunha outra alma cándida (estilo Pedino, Pichi ou Lisardo) colla vacacións en xullo ou agosto poida ser que o verán fágase extremadamente longo e que controlemos máis de orquestras que o propio xefe de Espectáculos Lito S.L., eu descansarei os luns e os mércores que os martes e xoves toca currar de mañán. Mamaiña o tren...
A ver se este ano por fin nos decidimos e facemos unhas camisetas co lema Sobrado On Tour ´08 coas datas e os lugares onde imos "actuar" en todo o verán.
Como culminación a esta "Temporada Alta" teremos as festas grandes de Sobrado, a Virxe dos Dolores coas actuacións xa confirmadas de Olympus (Vernes 19), Fania (Sábado 20) e Paris de Noia (sábado 21).
Este verán non nos imos poñer morenos, ímonos poñer "morados" de tanta festa.
Haberá que recurrir a piscina e a súa fría auga para ter a sangue a tope...

Saudos, saude e festa, moita festa!


venres, 2 de maio de 2008

Amosemos o Planeta Terra


Hoxe quero propoñer unha iniciativa a todos os usuarios/lectores de este o voso blog.
Consta do seguinte, gustariame que cada un de vos fotografiase e me enviase imaxes de lugares nos que estivestes ou nos que estades habitualmente ou de xeito casual. Na foto podedes aparecer ou non vos mesmos, eso é a gusto do consumidor, a imaxe enviádela o meu correo electrónico victor_lato@hotmail.com (ollo, leva un guión baixo entre victor e lato) e logo eu iría poñendo as fotos en entradas do blog.
Na citada foto aparecería o lugar onde se quitou a instantanea, o nome e primeiro apelido de quen a envía, o lugar onde vive a citada persoa e o propio autor da foto daríalle un nome a imaxe en cuestión. Animadevos a participar, pode ser visualmente moi atractivo.
Xa sabedes, da igual que sexan pobos, vilas, cidades, aldeas, eventos, edificios ou accidentes xeográficos, o que máis vos guste.
En canto haxa un número importante no mes de outubro farase unha enquisa para votar cal é a mellor foto de todas.
POÑEDE TODOS OS PIXELS A FUNCIONAR!
Saudos e grazas por anticipado.