xoves, 31 de xullo de 2008

Ouro sobre rodas



Deixoume impactado esta nova de hoxe en http://www.elmundo.es/ na que fala de un Porche "bañado" en 20 kilos de ouro.
Foi atopado en Moscú e o flamante posuidor deste culmen da ostentación ata o de agora prefire manterse no anonimato.
Todos sempre soñamos algunha vez con ter un bo coche pero esto penso que supera as previsións e os sonos de máis de un. Eu aínda estou flipando coas fotos.
Eiquí vos deixo a nova enteira que non ten desperdicio:
El oro de Moscú circula a 300 km por hora


31 de julio de 2008.- Es dorado por fuera, lleva un porrón de tuercas por dentro y no estamos hablando de C3-PO.
El Rey Midas vive en Moscú, y el otro día debió apoyarse sin querer en la carrocería de este Porsche 911. Los efectos saltan a la vista en la foto que publica el diario 'Komsomolskaya Pravda'.
El vehículo refulge como una carroza de cenicienta en medio de los coches terrenales de Moscú (algunos de ellos Ladas antediluvianos). Los veinte kilos de oro puro que recubren el coche (cuyo propietario se mantiene momento en un prudente anónimato) compiten en esplendor con la cúpula dorada de la catedral de Cristo Salvador y adquieren calidad de símbolo en una ciudad donde el derroche y el alarde son dos caras de una misma moneda.
En la carrera por la ostentación, los ricos rusos se llevan todas las medallas de oro. En la 'feria de los millonarios' que cada otoño se deja caer por Moscú, he visto con mis propios ojos parqué de oro puro, móviles con teclas de varios kilates e incluso azafatas de piel aurífica. Pese este coche se lleva la palma (de oro) porque representa ese 'motor' que mueve las almas de los nuevos ricos (unos cien mil en toda Rusia): la importancia el exterior, de la carrocería... Como por arte de alquimia, como si fuera transformer atípico, al becerro de oro le han salido ruedas en el Moscú poscomunista del siglo XXI. A la petuLancia habrá que llamarla petuPorsche a partir de ahora.
¿Es realmente necesario cubrir de oro el Porsche más caro del mercado? ¿No es algo así como esparcer caviar de Beluga sobre una loncha del mejor pata negra? Imposible no pensar en los millones de rusos que permanecen en la cuneta desde que quebró la URSS, hace diecisiete años. Este Porsche chapado en oro es un atropello para el alma de quienes sobreviven con lo puesto, de las abuelas que venden sus hortalizas a la salida del metro o de quienes se quedaron fuera de esa ruleta de la fortuna que fueron las privatizaciones de los años 90...
Si por algún casual usted (presa de un ataque de envidia) raya la carrocería del lustroso ejemplar, no olvide recoger las virutas del suelo. Valen su peso en oro.

Inauguración do novo albergue de Sobrado

Antonte inaugurouse o novo albergue de Sobrado dos Monxes, un edificio acorde cos tempos que corren, de seguido vos deixo eiquí toda a información referente publicada en La Voz de Galicia na súa versión dixital:


El nuevo albergue de Sobrado dos Monxes cuenta con 56 plazas de alojamiento, calefacción y ascensor
Los peregrinos podrán disfrutar a partir de ahora del nuevo albergue de Sobrado dos Monxes, inaugurado ayer por el conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, tras una actuación que ha permitido dotar al edificio con 56 plazas de alojamiento. Las obras, con un coste de 600.000 euros, permitieron rehabilitar la planta baja y el primer piso de la histórica hospedería del Monasterio de Santa María, fundado a mediados del siglo X.
La intervención se efectuó tras un proceso de reparación de los materiales y de haber renovado el saneamiento, la fontanería y las instalaciones eléctricas. Se incorporaron novedosos sistemas de detección de fuego y de calefacción, un ascensor y aseos para discapacitados.
El conselleiro explicó que, al tratarse de un edificio «de gran valor patrimonial e histórico», las obras requirieron trabajos arqueológicos previos.

mércores, 30 de xullo de 2008

IX Feira do Cabalo en Teixeiro (Curtis)


Debido a que algúns de vos me solicitabades información sobor da Feira do Cabalo de Teixeiro (Curtis) que se celebrará este vindeiro domingo 3 de agosto aquí vos deixo información extraida da páxina do concello de Curtis www.concellodecurtis.org


TEIXEIRO ACOLLE O 3 DE AGOSTO A IX FEIRA DO CABALO
O próximo 3 de agosto celebrarase en Teixeiro a IX Feira do Cabalo, organizada pola Área de promoción económica do Concello de Curtis en colaboración co Club Hípico de Teixeiro. A Feira dará comienzao ás 10 horas e estenderase ao longo do día, ata as 20 horas.
O programa inclúe varias probas puntuables para o VIII Campionato Galego, como é o caso do IX Concurso Morofológico, para cabalos e eguas de pura raza galega; ou o XI Campionato Galego de andadura
Ademais, haberá outros concursos de participación libre, como o Concurso de Trote, o Concurso de andadura galega, nas modalidades de dous e catro tempos; o Concurso de andadura de trotóns federados; o Concurso de parada, raia e outros; ou o Concurso de arrastre.
Outro dos atractivos do programa é a Exhibición Horseball, un partido de baloncesto a cabalo que estará comentado por Jacobo Pérez Paz, fundador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
E a partir das 17 horas, unha escola de ponies ofrecerá paseos gratuítos aos nenos e nenas.

Inscrición
A inscrición para participar nas diferentes modalidades do concurso deberá facerse ás 10 horas no palco da Feira. Os premios entregaranse ás 20 horas e deberá ser o gañador, acompañado do animal, o que o recolla. Tanto para a inscrición coma para a recollida do premio é obrigatorio presentar o DNI.
O xurado estará formado por directivos e membros asociados a entidades vinculadas ao mundo animal, todos eles con coñecemento e cualificación oficial. Poderán declarar desertos os premios que consideren que non se axustan ás condicións debidas e as súas decisións serán irrevogables.

PROGRAMA
10:00 h. Apertura e inscricións (no palco)
10:30 h. IX Concurso morfolóxico Para cabalos e eguas de pura raza galega - puntuable para o VIII Campionato Galego
10:30 h. - Cabalos do país
1º premio: 180 € e trofeo 4º premio: 90 €
2º premio: 150 € e trofeo 5º premio: 60 €
3º premio: 120 € e trofeo 6º premio: 30 €
11:00 h. - Eguas do país
1º premio: 180 € e trofeo 4º premio: 90 €
2º premio: 150 € e trofeo 5º premio: 60 €
3º premio: 120 € e trofeo 6º premio: 30 €
11:30 h. Concurso de trote (Participación libre agás trotóns)
1º premio: 150 € 5º premio: 30 €
2º premio: 120 € 6º premio: trofeo
3º premio: 90 € 7º premio: trofeo
4º premio: 60 €
12:15 h. XI Campionato galego de andadura (Puntuable para o VIII Campionato Galego)
12:15 h. - Proba de andadura modalidade de dous tempos (Serrada)
1º premio: 150 € 5º premio: 30 €
2º premio: 120 € 6º premio: 30 €
3º premio: 90 € 7º premio: 30 €
4º premio: 60 € 8º premio: 30 €
13:00 h. - Proba de andadura modalidade de catro tempos (Chapeada)
1º premio: 150 € 5º premio: 30 €
2º premio: 120 € 6º premio: 30 €
3º premio: 90 € 7º premio: 30 €
4º premio: 60 € 8º premio: 30 €
14:00 h. Xantar (Haberá pulpeira no recinto feiral)
16:15 h. Concurso de andadura galega, modalidade de dous tempos (Serrada) (Participación libre agás xinetes, cabalos federados e trotóns)
1º premio: 100 € 4º premio: 30 €
2º premio: 90 € 5º premio: trofeo
3º premio: 60 €
16:45 h. Concurso de andadura galega, modalidade de catro tempos (Chapeada) (Participación libre agás xinetes, cabalos federados e trotóns)
1º premio: 100 € 4º premio: 30 €
2º premio: 90 € 5º premio: trofeo
3º premio: 60 €
17:00 h. Concurso de andadura de trotóns federados
1º premio: 100 € 4º premio: 30 €
2º premio: 90 € 5º premio: trofeo
3º premio: 60 €
17:30 h. Concurso de parada, raia e outros (Participación libre)
1º premio: 90 € 4º premio: trofeo
2º premio: 60 € 5º premio: trofeo
3º premio: 30 € 6º premio: trofeo
18:00 h. Concurso de arrastre
1º premio: 150 € 4º premio: 60 €
2º premio: 120 € 5º premio: 30 €
3º premio: 90 €
18:45 h. Exhibición Horseball (partido de baloncesto a cabalo)
20:00 h. Entrega de premios e galardóns aos participantes e sorteo dun potro

luns, 28 de xullo de 2008

Enerxía



Todos os comezos de semana son dificiles para a maioría de nós. Para "amortiguar" un pouquiño esta sensación hoxe propoño un tema (temazo) que a min me encanta e realmente me da moita enerxía. Trátase de "Jump" de Van Halen, un tema de primeiros dos oitenta, un clásico do rock.

No video non vos perdades a plasticidade do cantante (é espectacular como dobla este tio), un home que foi sinalado unha e mil veces de homosexual debido os xestos (segundo dicían afeminados) que realizaba enriba dos escearios. Polémicas aparte non cabe duda que Van Halen eran un grupazo e o cantante un pedazo de artista.

Pois o dito

SALTA!

Qué festaza!!!


Sábado celebrouse en Sobrado a II Edición do Día da Familia. Estivo xenial, o día acompañou, houbo case 500 persoas comendo e disfrutando de este día na Área Recreativa de A Pontepedra, a charanga B.M.V. montou unha boa festa e todo este xolgorio acabou ben entrada a madrugada.

Polo que respecta o noso grupo pasamolo xenial, éramos 20 e debo dicir que todo o mundo acabou no río Tambre agás Fonsi e Noe. Comezou por caer un (Miguel) e o final todo o mundo acabou sendo empurrado e empapado. Chus ten moitas fotos chulísimas que me pasara de bastantes individuos no río que axiña poñerei eiquí no blog.

As risas foron constantes. Ademáis acabouse a cervexa, o Barceló, o Bacardi Limón, o Cacique e o Beefeater polo que houbo que repostar e ir a por máis. Incluso a caixa de viño de 15 litros mercada para a ocasión quedou temblando a pesares de que eu era dos que apostaba que pouco viño se ía beber, en fin...

Como final de festa meu pai acabou (por variar) cantando nun esceario improvisado para a ocasión (o tractor de Toñito) que dispuña de son e luces (xentileza de Suso o Barbeiro).

Eu as 02:30 AM retireime pois non podía máis coa pel logo de todo o día "trouleando", dicir tamén que houbo un "convoi" composto por Álvaro, Truki, Abad e O Muxico que non contentos con todo o día de festa foron dar cos seus osos a Melide (habían de dar gusto) e chegaron o domingo pola mañá. Mención especial para o Muxico que se dignou a baixar a comer o polbo a feira no mediodía de onte tal coma prometera o sábado, durmindo moi poucas horas coma nel é habitual.

Agardo pois polas fotos de Chus que non teñen desperdicio, o sábado puiden ver algunhas dende a cámara e son espectaculares.

O sábado foi un bo presaxio e agardemos que na Troita o tempo respete coma fixo nesta ocasión.

Saudos e bo comezo de semana.

venres, 25 de xullo de 2008

Diegol



O R.C.Deportivo está moi próximo a volver a xogar en Europa a tempada que ven. Coma homenaxe eiquí tedes un excelente video do dianteiro con máis calidade que vestiu a casaca branquiazul: Don Diego Tristán Herrera. Benerado por uns (entre os que me incluo) e odiado por moitos, un xogador que non deixou indiferente a ninguén. Moitos deportivistas seguimos soñando con voltar a ter algún día un "Tristán" vestindo o 9 do noso clube.

Grande Diego

Hoxe tócalle ó Dance







Hoxe. día festivo en Galicia, é día de celebración polo tanto considero que toca poñer música dance referente dos anos 90.

Por unha parte, incluo dous videos de para min o mellor grupo da historia do Dance, os holandeses 2 UNLIMITED ou o que é o mesmo Ray e Anita ou Anita e Ray. Sen dúbida que tiveron o longo da súa carreira un número importante de "hits" e quero insertar os dous temas que máis me gustan deles. O primeiro é "Tribal Dance" que está dentro do seu 2º traballo No Limits e o outro video é a canción pola que se fixeron coñecidos aló polo ano 1991, "Get Ready For This", un tema que segue sonando en moitas canchas de baloncesto nos tempos mortos e nos descansos pois este tema é un avanzado o seu tempo. Sen dúbida que 2 Unlimited son todo un referente no que a música disco se refire e un grupo a ter na discoteca de calqueira amante do Dance.

Por outro lado, o último video tamén é outro clásico da música discotequeira, un tema que escoito unha e mil veces e non me canso, trátase do archiconocido "MR. Vain" dos belgas Culture Beat, outros referentes aínda que a carreira de este grupo foi máis curta que a de Ray e Anita.

Disfrutade da música e que pasedes un bo día.

xoves, 24 de xullo de 2008

Sábado será un gran día

Pasado mañá, sábado 26 de xullo (o día despois do día de Galicia ou do Santiago Apóstolo, como prefirades) hai unha cita importante en Sobrado. Concretamente na Área Recreativa de A Ponte Pedra (pegada o Río Tambre).
Alí celebrarase a II Edición do Día da Familia, ou o que é o mesmo, un xantar campestre neste fermoso lugar onde moita xente "acampará" todo o día e bañarase no río o que aguante ata ben entrada a madrugada.

Neste evento, o que agardemos que mellore o tempo e teñamos un bo día (as previsión din que mellora) estará presente a Charanga B.M.V. (Bebemos Moito Viño) de Brión que comezará a súa actuación as 17:30 horas. Ademáis haberá xogos populares para todos os asistentes con carreiras de sacos, tirar da corda, etc, etc, etc.
Como alí onde se oe unha nota musical alí estamos nós, desta volta tampouco fallaremos e a pesares de que aínda faltan algunhas persoas por confirmar, abofé que vamos a ser un grupo tumultuoso e seguramente dos máis ruidosos tamén. O menú estará composto por empanadas, tortillas, sandwiches e polbo que mercaremos alí mesmo pois tamén haberá un posto de polbo.
Ademáis iremos ben aprovisionados de bebidas "por se nos da a sede" que seguramente así será.
Ademáis haberá un grupo moi numeroso (dos nosos proxenitores) que teñen moitas opcións de ser unha das "cuadrillas" máis ruidosa pois os personaxes que alí se poden xuntar non é para decir, as risas están garantidas. Ademáis este grupo levarán unha gran carpa onde collen máis de cen persoas polo que pode que a última hora acabe todo o mundo agrupado debaixo da carpa. Penso que vai a ser un show.
Xa vos contarei e xa poñerei fotos (de primeira hora da tarde que logo non valen para ver segurísimo).
Que pasedes un bo Día de Galicia, disfrutade da ponte.
SOBRADO ON TOUR 2008:
Hoxe estaremos en Santiago de Ois (Aranga) coa Orquestra MARBELLA
Mañá temos dúas opcións:
A: Brañas (Toques) Concerto de RÁFAGA e máis tarde Discoteca Móbil 75%
B: Paradela (Curtis) FANIA BLANCO SHOW 25%
Sábado 26: como xa dixen antes xogamos na Casa, e tocara facer festa en Sobrado, na área recreativa.
Domingo 27: de momento esta no aire.
Saudos
Saudos

martes, 22 de xullo de 2008

Algo fresquiño para o verán




Hoxe vou poñer un dos temas de música dance de este verán. Trátase da canción "Shine On" de R.I.O. unha mistura entre o dance comercial salpicado de reggae. Para min é un temazo e dende que o escoitei hai un par de meses intuín que vai a ser unha das triunfadoras do verán e penso que non me vou equivocar moito.
A primeira vez que escoitei esta canción pensei que o intérprete era Bob Sinclair pois tíñame algún parecido a voz e o son pero estaba errado.
Disfrutade de esta canción acompañado de un refrescante video.

Saudos

SOBRADO ON TOUR 2008:

HOXE 22/07/2008

PROBABILIDADE 60 %: Castrofeito (O Pino): TRÉBOL + LEDICIA



luns, 21 de xullo de 2008

Non hai festa sen "Estrella Galicia"

A verdade é que esta fin de semana fíxose larga. Bueno, polo menos, no que a festas se refire. A verdade é que lle dimos duro e non perdoamos ningunha noite dende xoves que fumos a Arzúa a ver a Olympus e Fania Blanco Show.
O venres comezaron as festas en Teixeiro e o longo de tres días e como é tónica xeral cando hai festas no pobo veciño houbo masiva afluencia de público sobradés. Dicir que moitos de nós xa viñamos de estar na re-inauguración de Casa Tato (agora Viñoteca, por certo decorada con moi bo gusto).
Logo dos concertos de Josele Santiago e Sidonie tocoulle pechar a festa a Marbella que como non podía ser de outra maneira adicoulle unha canción a xente de Sobrado: grazas Víctor,
nós tamén vos temos moito cariño e a boa imaxe que deixaste o ano pasado en Sobrado fai que a xente siga a falar moi ben de vos.
O sábado o día foi moi longo, levanteime as 12:00 horas (non moi despexado) pois tíñamos a celebración (atrasada 1 mes) do cumple de Lisardo no seu maravilloso muiño de Grixalba (O Muiño de Chambón), éramos 20 homes dispostos a dalo todo: cervexa, viño, cubatas, churrasco e algún que outro baño no río.
Entre as ausencias algúns ilustres coma: Petete, O Muxico e Pazitos que non puideron vir por diversos motivos aumentado co retraso de José Luis que tivo que ir traballar o sábado (in extremis).
Como vedes na foto de enriba a Estrella Galicia non faltou na neveira do "muiño". Fíxome gracia a pregunta de Li o venres pola noite: "Lato, collín 120 quintos, chegarán?" eu rinme, porque sumado o viño e o "Barceló" deberían chegar, pero o certo é que antes de comer a Estrella levou un bo meneo e a neveira quedou bailando.
Comimos algo tarde coma sempre (como nos gusta! je je je) e dicir que unha vez máis "Arguiñano" Pedino obsequiunos con un churrasco para chuparse os dedos: Alberto, deberías pensar seriamente o de montar unha brasería que te forras neno!
A tarde pasou rápido con algunha que outra sms "cachonda" á Radio Galega mentres escoitabamos o partido do Depor en Israel. Preto da noite e cando o persoal xa comezaba a estar moi animado surxiu a idea de ir cear a Casa Cotos a Grixalba. Logo da ducha degustamos unhas tortillas, un xamón e uns chourizos caseiros que quitaban o hipo: "Chapeau!", a todo isto seguiuno o café de pota, os chupitos de augardente tostada (idea de José Luis) e o entrefino que sempre pedimos neste tipo de "banquetes" os que non fumamos (por esto de facer un pouco a tontería e tal...)
Xa na festa en Teixeiro e outra vez cunha afluencia sobradesa moi importante notabase onde estaba o persoal que "fixera día" no Muiño de Chambón pois detectábase "euforia" no persoal, a pesares de que me doia a cabeza o principio da noite, segundo avanzaba o tempo íame pasando, mira que nos rimos..., estivo xenial, sodes todos uns auténticos e xenuinos cracks!
Onte logo de comer e baixar a Ramiro decidimos ir ata Guitiriz a "facer mundo" a expedición comezámola Esteban, Oito e eu, máis tarde seguiunos Alex, Souto e Nando. Outras risas moi pero que moi importantes dende que os "cortos" comezaron a "quentarlle" a cabeza o persoal.
A iso das 21:30 horas regreso a Sobrado logo de comer as habituais tapas, visita de rigor a Ramiro, ducha e para a festa a Teixeiro de novo.
Onte facía bastante frío pola noite (levantouse un vento tolo) e como curiosidade dicir que en vez de que as orquestras fixeran dous pases cada unha delas de hora e media fixeron un cada unha de duas horas e media polo que a festa rematou as 03:50 minutos. Particularmente prefiro o formato tradicional de unha, outra, unha, outra pero queda claro que para gustos píntanse colores.
Así rematou un axetreado fin de semana, no que a verdade é que ningún de nós tivo moita paraxe, sempre co "ocio" (e non me refiro o novo teléfono de Lisardo) como bandeira.
Para o finde que ven a cousa parece que vai polo mesmo camiño cunha data moi sinalada no calendario: o sábado 26 de xullo que se celebra a II Edición do Día da Familia en Sobrado. Un xantar campestre na área recreativa da Ponte Pedra que estará amenizada pola charanga BMV (Bebemos Moito Viño) de Brión, seguramente prolongaremos a estancia en dita área ate ben entrada a madrugada, xa que ademáis haberá pulpeira e xogos para os máis pequenos. A cousa promete (a ver se a climatoloxía nos respeta).

SOBRADO ON TOUR 2008:

Opcións para hoxe, 21 de xullo:

OPCIÓN A: Meangos (Abegondo): ARMONÍA SHOW
OPCIÓN B: As Pontes: PARIS DE NOIA + OLYMPUS
OPCIÓN C: Fontecada (Santa Comba): PANORAMA

Saudos e bo comezo de esta semana "festiva" para os Galegos.

xoves, 17 de xullo de 2008

Hinojosa & Zambrano estarán en Disco Palladium (Melide)



Será este sábado 19 de xullo en Disco Palladium de Melide. Hinojosa & Zambrano os interpretes de un dos "hits" máis importantes do pasado inverno: "Suave" no que a música de baile se refire visitarán a Discoteca melidá.
Ademáis seguro que H & Z, Dj´s Residentes da Discoteca Bora Bora de Barcelona farán outros temas coñecidos coma "Bora Bora" ou "La Bocina".
Dende eiquí quero felicitar os irmáns Castro (ou Espomasa como prefirades) a Javi e Miguel por este tipo de iniciativas. Dende que eles se fixeron cargo da discoteca déronlle un aire fresco o local. Un local que non deixa de medrar e medrar e que xunto co bo funcionamento que existe hoxe en día nos pubs de Melide fan que sexa un dos puntos importantes e de referencia da "Marcha" en Galiza. Noraboa a tod@s.

Pola miña parte non poderei asistir o espectáculo de H & Z pois iremos a festa a Teixeiro. Confiemos en que volten axiña e a ver se para a vindeira vez os podemos ver actuar.

Deixovos unha versión da canción "Suave" para que vaiades desengranando as xuntas dos nocellos para a fin de semana que hoxe xa é xoves, por riba estamos no verán e o corpo pide marcha!

"Mi gente, Welcome to the Fiesta..."

Petete volve a quedar sen combustible


Mércores, 16 de xullo 22:10 horas exactamente. Logo de cear e vendo que na televisión por variar non hai nada, que non teño sono, que non me vou poñer a montar a Play ou a Wii e que música xa a escoitei todo o día decido baixar a tomar un café a Ramiro.
O baixar, no cruce da Vía Sacra na Praza párame Petete que vai no seu flamante BMW 320 acompañado por Rose. Logo de falar con él dime que vai cear.
Chego a Ramiro e un pouco máis tarde chega Esteban, de seguido Yoly e máis tarde Chinorris. Logo de estar barullando un bo anaco Esteban ponse a xogar a máquina de Pinball.Pasados uns 10 minutos de todo isto soame o teléfono, é Petete:
P"Lato, está ahí o Negro?"
L"si qué está"
P"dille se é gilipollas ou que ten para non collerme o teléfono, dame apagado ou fora de cobertura"(con voz apurada coma sempre)
L"o Negro está xogando o Pinball tio"
P"mira que é gilipollas o tío, non sei para que quere o teléfono (Petete parecía desesperado), Lato, sabes onde hai unha gasolinera que non peche antes das 12?"
L(a min xa me entra a risa)" si home, na Area de Servicio de Guitiriz que é 24 horas" (nese intre xa me din conta, non podía ser, pero tiña que ser, outra vez a mesma operación, Petete acababase de quedar sen gasoil ou se tiña, quedáballe moi pouquiño. Logo da aventura hai 3 ou 4 anos na Autovía A6 que se quedara tirado estaba a piques de repetir e só tiña gasoil para chegar a Estación de Servizo máis cercana).
Esteban (o Negro) que tamén se cosca da conversación, dende o Pinball comezame a dicir "dille que é ben zambrón, volveuse a quedar sen gasoil (e mete un berro que se oe en todo o bar: "Zambroooooooooooon")
A min íame mal, Yoly comezouno a vacilar e comenta Petete: "dille a Yoly que se poña", logo de vaciles varios colgou o teléfono.
O explicación é a seguinte: Petete preferiu alimentarse él (cear) e non alimentar o BMW (encherlle o depósito do pobre automóvil), descuidou o horario e cando se dou conta xa era tarde para repostar en Sobrado.
Petete eres un crack!!!! je je je
Diésel Gustazo!!!!
SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe, xoves 17 de xullo estamos en Arzúa con FANIA BLANCO SHOW e OLYMPUS.
Venres 18 de xullo en Teixeiro con JOSELE SANTIAGO, SIDONIE e MARBELLA
Sábado 19 de xullo en Teixeiro con FANIA BLANCO SHOW E CHARLESTON BIG BAND
Domingo 20 de xullo en Teixeiro con CIBELES e OLYMPUS
Saudos

mércores, 16 de xullo de 2008

Hoxe vai adicado a "elas"

Hoxe, 16 de xullo é o día do Carme. Unha data na que en moitas vilas mariñeiras de Galiza se celebra esta festividade de xeito destacado.
Na miña casa, hoxe non é un día máis, pois as dúas mulleres que habitan no meu lar están de santo: miña avoa materna "Carme" e miña santa nai "Maria do Carme" polo tanto este post tan só ten a función de felicitalas a elas e por repercusión a todas as "Carmes".

Que teñades un feliz día.

"Mix" de Festas Galegas

Fixen unha recopilación de carteis de festas, algúnhas fotos eran de moi pouca calidade polo que só as mencioarei.
Pola contra eiquí tedes o cartel do San Roque de Melide 2008 xentileza de Dolores da Imprenta Meligraf:
como podedes ver, un ano máis "FESTAZAS" no pobo veciño de Comarca, haberá que achegarse alí, é cita obrigada:

o domingo 15 de agosto faremos patria pois actúa A Maristela de Sobrado.
16 de agosto SINTONIA DE VIGO / EMPERADORES
17 de agosto GRAN PARADA / NOCHE DE ESTRELLAS
18 de agosto OLYMPUS /SUAVECITO
19 de agosto LEDICIA /PASARELA
20 de agosto PARIS DE NOIA /PANORAMA
21 de agosto FANIA BLANCO SHOW / IVÁN FERREIRO
22 de agosto RENATO SPENCER & CAFÉ CAXAÇA / TROMENTELOS CHIS PUM

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
BRAÑAS (TOQUES)

18 de xullo NOCHE DE GALA / COSTA DORADA
19 de xullo FLORIDA /FANTASÍA

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
PARADELA- FOXADO (CURTIS)

25 de xullo FANIA BLANCO SHOW
26 de xullo XENTE NOVA

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
TRASPARGA (GUITIRIZ) -LUGO

25 de xullo NOCHE DE GALA / DÚO LIBERTAD
26 de xullo FANIA BLANCO SHOW

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
PARGA (GUITIRIZ)- LUGO

16 de agosto VENECIA / PANORAMA
17 de agosto ALIANZA / OLYMPUS
18 de agosto ALIANZA / PARIS DE NOIA/ SINTONIA DE VIGO

--------------------------------------------------------------------------------------------------------
FOXADO (CURTIS)

1 de agosto LEDICIA ESPECTÁCULO
2 de agosto RÍA DE AROSA
3 de agosto "Grupo Musical"

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
FOLGOSO (SOBRADO DOS MONXES)

1 de agosto ARMONÍA SHOW / SUPER T
2 de agosto NOCHE DE GALA /MARIMBA
3 de agosto COSTA DORADA

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
MOAÑA (PONTEVEDRA)

16 de xullo MIRAMAR / LA BÁMBOLA
17 de xullo SINTONÍA DE VIGO / MARBELLA
18 de xullo MONTES /SUAVECITO
19 de xullo MAGOS DE ESPAÑA /XENTE NOVA

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bueno, tamén incluirei de festivais máis para adiante que seguro que vos gustarán.

Saudos

martes, 15 de xullo de 2008

Galicia Calidade

A espectacular Praia de Rodas
Galicia ou o Caribe?


Veleiros na Praia de Rodas antes de dar comezo unha competición

Iates en Rodas
Panóramica preciosa de Rodas
Imaxe do lago das Cíes
O lago visto dende outra perspectiva
Outra máis do lago


Xente bañandose nas frías augas de Rodas

A Navieira Cangas-Cíes

A Mellor Praia do Mundo segundo "The Guardian"

Vista de Cangas dende o barco


Real Clube de Iates de Baiona

Fortificación do Parador Nacional de Turismo de Baiona

Porto de Cangas
Sen dúbida que o fin de semana que pasamos polas Rías Baixas Noe e eu foi espectacular. A crónica é a seguinte:
sábado 12 de xullo: as 08:30 soa o despertador, logo da ducha e o almorzo dispoñome a meter a equipaxe no coche, coas prisas baixo só coa mochila, cando estaba metendo esta no maletero doume conta que me ía sen a maleta (case me volve a pasar a operación de Salamanca) volvo a subir á casa e dígolle a miña nai: "case marcho sen a maleta" o que miña nai respondeu ríndose: "moi ben, ti non aprendes".
10 minutos despois recollín a Noe e a eso das 12:00 chegamos a Cangas, día soleado e 24 grados de temperatura aínda que con brisa mariñeira insistente. Rexistramonos no hotel e deixamos a equipaxe, é hora de facer a volta de recoñecemento por Cangas, visita obligada a oficina de turismo e de mercar o As (a información deportiva non pode faltar na miña vida). Tomamos unha caña nas terrazas en fronte ó Porto e decidimos que é hora de ir a xantar. Comimos nunha rúa que se chama Os Arcos preto do porto tirando para a zona antiga, cómese ben, en cantidade, calidade e prezo (recoméndovos esa rúa se pasades por Cangas) calqueira dos restaurantes e as terrazas están moi ben.
Logo de comer e tomar o café tiven unha corazonada: "teño que mercar Lotería de Nadal non vaia ser que nos queira tocar..." e así foi, xa sabedes se sae premiado o 30156 terei algo que celebrar... De seguido decidimos ir a visitar Baiona e ir a praia na "Marbella galega", o chegar e a pesares de que facía sol sorprendeunos que houbese pouca xente na praia e moita polo paseo marítimo. Cando chegamos a praia soubemos porque era, a verdade é que a veces nublabase e non era que fixera demasiada calor. Os 30 minutos levántamos o campamento contradicindo o día e decidimos dar un paseo pola fermosa vila. Logo do paseo e un par de fotiños voltamos para Cangas.
Logo da ducha baixamos o centro da vila a tomar uns viños antes de cear (é un pecado ir as Rías Baixas e non "degustar" un bo Albariño), decidimos cear noutro dos restaurantes de Os Arcos, e outra vez xenial de prezo, de cantidade e de calidade, unhas navallas, un pulpo, uns calamares, uns langostinos..., e que estaba todo boísimo.
Logo da cea, un pouquiño de terraceo en plan tranqui: un licor café con xeo e para o hotel que o día seguinte tocaba madrugar para ir as Illas Cíes.
Levantámonos as 10:00h, abandoamos o hotel e antes de almorzar fumos mercar os billetes do barco para as Cíes: 18,50€ cada billete para ser exactos para 45 minutos de travesía. Almorzamos na cafetería do Porto (eu como non, lendo o As) e as 12:15 collimos o barco que nos levaría as Cíes. Dicir que o barco ía ateigado de xente, moito guiri, e moita xente de Vigo. O chegar o barco deixate na Praia de Rodas (segundo o xornal The Guardian a mellor praia do mundo) e as vistas xa son espectaculares, de repente parece que chegache o Caribe: area fina blanca, augas limpas e cristalinas, vexetación abundante..., espectacular. Desembarcamos e vemos que hai un restaurante autoservizo no muelle e outro na outra punta da praia, logo de un paseo pola praia de Rodas e o bonito lago que está pegado decidimos comer no restaurante da outra punta da praia, xusto onde está o camping e tamén o supermercado. Un consello, se ides as Cíes ou ben levade vos a comida ou ben mercadea no super pois ademáis de ser caros os restaurantes, teste que servir ti mesmo e por riba a comida é de "batalla" pura e dura (nada que ver con ben que comimos en Cangas).
Hai un detalle que me pareceu xenial, cando mercas o billete de barco, danche un mapa das illas e dentro de él vai unha bolsa para meter o lixo que cada persoa xenere para logo traela a terra pois nas Cíes non hai contenedores para conservar o medio natural, tanto polo impacto visual coma medioambiental e é que ademáis ter que ir a buscar o lixo dende Cangas ou Vigo as Cíes sería moi costoso.
Logo de comer, fumos a praia de Rodas, facía mellor día que o anterior e o sol apretaba con xustiza. A pesares de oir os consellos de Pedino "ponte protección cando vaias ás Cíes" fun de listo. Debido a miña pel aguanta ben o sol, sempre poño unha protección 8 ou 10. Cheguei xunto o farmaceutico e pedinlle unha protección 8, díxome que a máis baixa que tiña era de 15 o que eu lle comentei "bueno, pois se non tes unha máis baixa dame esa" e menos mal, porque aínda así queimeime todo o lado dereito do corpo e a perna esquerda de rodilla para abaixo. Unha cousa moi rara, penso que non extendín ben a protección e pasoume factura.
Eso sí a cara e os brazos teñoos negros, miña nai cando cheguei díxome que parecía marroquí.
Logo da praia dimos un derradeiro paseo pola preciosa illa, vimos a Area de Figueiras, tomamos algo na Cafetería-Restaurante do muelle e as 19:00 horas embarcamos rumbo a Cangas, previa escala en Vigo.
As 20:00 horas estabamos en Cangas, pillamos algo para a viaxe e as 20:45 horas collimos o coche de regreso, dende Cangas ata a Ponte de Rande (o Corredor do Morrazo) unha carabana de escándalo de xente que regresaba a Vigo, 18 kilómetros a 20 km/h, a 30 km/h e por veces parados. O conectar a autopista acabouse o problema.
Preto de Santiago notei como a Noe lle ía dando o sono eu a verdade é que viña bastante ben e a eso das 22:40 cheguei a Sobrado. Logo da ducha e da cea baixei ata Ramiro e alí surxiu a idea de proseguir co Sobrado On Tour 2008, desta volta tocou ir a Santa Mariña (Guitiriz) para ver a orquestra Acordes con Álvaro, O Muxico e Javier Castro, a festa rematou as 02:00 AM polo que o ser tan cedo decidimos ir ata Guitiriz tomar uns "zumos", as 04:00 AM chegamos a casa e ahí se acabou o intenso fin de semana.
Sen dúbida que cada vez que miro as fotos das Cíes flipo máis, son todo un espectáculo e o mellor de todo é que están eiquí en Galicia, debemos conservalas, ser respetuosos co medio ambiente pero valoralas e potencialas. Quixeran outras autonomías ter todo o que temos eiquí.
Como reza o slogan: GALICIA CALIDADE
Saudos e grazas por estar ahí.











luns, 14 de xullo de 2008

Porretas estará en Sobrado

Xa se coñece o grupo que será cabeza de cartel da IX Edición da Feira da Troita. Neste caso o grupo de rock madrileño de Hortaleza (paisanos de Luis Aragonés) PORRETAS serán os elixidos para actuar o domingo 10 de agosto na Praza do Concello de Sobrado. Como grupo teloneiro estarán os cambreses BLACK JACK un grupo que fai versións de diferentes clásicos do rock, todo isto está englobado dentro do IV FESTIVAL MUSICAL INTECULTURAL DA XUVENTUDE.
A IX Feira da Troita comezará o sábado 9 de agosto a noite con foliada a cargo do grupo Tokio.
Ademáis nesta IX Edición o longo do domingo ademáis das tradicionais exposicións de artesáns e degustación de "Troita á Montañesa" tamén haberá a xa clásica Baixada de Carrilanas, circuito da Alvariza onde unha vez máis as Carrilanas de Esteiro (Muros) estarán presentes. Tamén haberá unha exhibición de cans de presa e onde tampouco faltara a música o mediodía pois ademáis da sesión vermú que correrá a cargo do Grupo Tokio tamén actuará o grupo de gaitas A Maristela de Sobrado.
Como dixen anteriormente o prato forte queda para o final e o domingo 10 a partires das 22:30 horas comezará Black Jack e de seguido PORRETAS onde seguro que cancións coma "Marihuana" ou "Pongamos que hablo de Madrid" (a versión rockeira do tema de Joaquín Sabina) soarán na noite sobradesa.

Xa me tarda que comece outra nova edición da Troita

Saudos



venres, 11 de xullo de 2008

Visita as Illas Cíes

Este fin de semana Noe e eu pasarémolo nas Rías Baixas, concretamente entre Baiona, Cangas e Vigo. Alí aproveitaremos para visitar o Parque Natural das Illas Atlánticas coas súas maravillosas Illas Cíes. A ver se a climatoloxía o permite e podemos darnos un baño nas súas cristalinas augas e tamén poder disfrutar da súa fauna e a súa flora. Ademáis tamén visitaremos a fermosa Baiona e estaremos hospedados en Cangas do Morrazo pois foi completamente imposible encontrar hotel en Baiona pois para este sábado hai un 100% de ocupación (así da gusto).
Haberá que visitar Vigo e supoño que como non haberá que degustar unha boa mariscada no casco antiguo pois a ocasión ben o merece!
Cando volte poñerei fotos das illas, de Baiona, do ferri e de todo o que considere que merece a pena.

Pasadeo ben e sede bos!

O SOBRADO ON TOUR 2008 non para:

logo de asistir onte en Borraxeiros (A Golada) - Pontevedra a unha festa con Gran Parada e América S.L. (seguramente o peor grupo-orquestra que tanto os meus compañeiros coma min vimos nas nosas vidas con un playback patético, descarado, con un son (ruido) malísimo e e os dous vocalistas non se sabían as letras de moitas cancións) hoxe penso que voltará a haber "excursión" o mesmo lugar por parte de algúns dos meus compañeiros de Tour.

As seguintes citas e opcións para os vindeiros días son estas:

Sábado 12 supoño que por variar tocaralles Melide.

Domingo 13 dispoñemos de 3 opcións:

OPCIÓN A: A Silva (Cerceda) - A Coruña: PANORAMA + MARBELLA
OPCIÓN B: Beán (Ordes)- A Coruña: TANGO
OPCIÓN C: Santa Mariña (Guitiriz)- Lugo: ACORDES

* MUXICO, VAI ANALIZANDO AS PROPOSTAS

Luns 12 2 opcións:

OPCIÓN A: Quembre (Carral) - A Coruña: PANORAMA
OPCIÓN B: Vilaboa (Culleredo)- A Coruña: OLYMPUS

* HAI UN PROBLEMA, EN QUEMBRE ÁLVARO TERÍA QUE LEVAR MÁSCARA QUE SE NON DESPOIS XA O CONTROLAN.

Martes 13 2 opcións:

OPCIÓN A: Os Castros (A Coruña): PANORAMA
OPCIÓN B: Vilaboa (Culleredo)- A Coruña): MARBELLA

* COA OPCIÓN A PAZITOS XOGA NA CASA AÍNDA QUE ÉL MESMO ME CONFESOU HOXE TOMANDO O CAFÉ QUE NUNCA FORA AS FESTAS DOS CASTROS E NON SABÍA NIN ONDE ERA A FESTA. TEREMOS QUE IR NÓS PARA DECIRCHO PERSONAXE!


DISFRUTADES DAS ILLAS

Saudos

xoves, 10 de xullo de 2008

Sidrería mastodóntica, esencia Astur

Entrada da descomunal sidrería
Nos barrís valeiros a xente come dentro e nos que están tapados é onde se encontra a famosa sidra a granel.

Imaxe típica de "ábrele al grifo"



A decoración do comedor ten un gusto exquisito

Detalles do inmenso mostrador con productos típicos asturianos


A paneira non é pequena de todo

Detalle dos barrís e do comedor


Moita "sidriña" vos hai alí metida...
Pensando na viaxe que Pichi vai facer este fin de semana a Oviedo non se me quita da cabeza a Sidrería Tierra Astur. En Oviedo hai dúas: unha na rúa da Gascona (quizáis a máis coñecida da cidade carbaiona debido as súas numerosas sidrerías) e outra no Polígono Industrial de Colloto, preto da cidade ovetense que foi onde ceamos a 1ª noite o pasado verán co motivo da despedida de Pirulo.
Impresionoume o local, os barrís de sidra onde ata 6 persoas poden comer no seu interior e o local en sí decorado con moi bo gusto.
Este local foi a antiga fábrica da Cervexa Águila polo que este restaurante denomínase Tierra Astur Águila.
Se ides a Oviedo ou pasades preto esta sidrería é visita obligada, seguro que vos gusta e non podedes deixar de degustar a súa sidra a granel, eso sí tede cuidado que é moi engañosa, cando te fías da sidra podes pillar medio mareo ou mareo e medio.
Dicir que o comedor ten capacidade para 400 persoas polo que vos podedes imaxinar as dimensións da nave, ademáis ten un longo mostrador onde están expostos diversos productos asturianos que se poden mercar como en calqueira tenda normal. Se esto non fora pouco por riba todos os xoves hai actuacións en directo, e é que a Tierra Astur merece moito a pena.
SOBRADO ON TOUR 2008:
Hoxe dúas opcións:
OPCIÓN A: Borraxeiros (A Golada) -Pontevedra- Orq. Gran Parada
OPCIÓN B: Monterroso -Lugo- Orq. Trébol
Aínda por decidir pero con un 80% de opcións para Borraxeiros e un 20% para Monterroso.








martes, 8 de xullo de 2008

Felicidades Pichinho!

Hoxe tócalle cumplir anos a Pichi, ou o que é o mesmo a Finito, Piskulichi, Miguel ou Pichinho.
Xa van 26, eh neno? quen cho ía dicir..., xa casi estás feito un home.
Na foto vémolo con Chus (vestida de noiva), Carol e con Jacobo (de noivo) o fondo como non con vidros cheos de xeos como é habitual cada vez que poño unha foto nocturna do persoal sobradés: será, será, será el Guaraná...
Este finde abandonanos porque se vai a Asturias pero para a semana na festa de Teixeiro non hai quen o libre de darlle de beber por un embudo (segundo di él o Martini Blanco sabe mellor de esta maneira...).
Pois o dito Felicidades, que cumplas moito máis, que veñas a pola corbata marrón e todas estas cousas que se din cando un está de celebración.

Coidado coas velas...

luns, 7 de xullo de 2008

Profesor... ecuestre

Eiquí o temos! trátase do profesor D. Álvaro Castro montado na súa espectacular "Luna". A súa carón no lado esquerdo e de espaldas con xersei gris de pico Finito de Vilariño revisando que todo esté en orde.
Esta foto xa dou a volta a toda Galiza pois sae na edición de Santiago no día de hoxe de La Voz de Galicia.
A foto data da tarde de onte no veciño municipio de Arzúa no transcurso da X Edición da Feira do Cabalo organizada pola Asociación de Amigos do Cabalo O Estribo e na que segundo cifras oficiais houbo do redor dunhas 6000 persoas e máis de 400 cabalos, unha cifra moi alta.
Dicir que onte puiden compartir mesa e mantel con estes dous fenómenos con meu padriño de confirmación Miguel e con outras 20 persoas de Sobrado e cercanías que se animaron a ir cada un en seu cabalo ata a Vila do Queixo para pasar alí unha amena xornada dominical sen dúbida que o pasamos ben e as risas foron continuas.
Grazas por deixarme ser participe das vosas experiencias e polo bo que estaba o Joaquín Rebolledo.

SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe estamos en Oza dos Ríos coa París de Noia.

* 2º aviso dirixido a Pichi, teño unha corbata marrón no meu coche e dase a casualidade de que onte nun fumos de voda, está limpiña...

Venga fiera coidate que para o finde tócache escanciar sidra en Oviedo.




Saudos

Amo e Señor


Rafa Nadal voltou a dar na tarde-noite de onte gloria o deporte español logo de gañar o torneo de Wimbledon, o máis prestixioso na superficie de herba o suizo e número 1 do mundo Roger Federer.
Nadal logra así o 2º título da historia de Wimbledon para un xogador español logo que hai 42 anos Manolo Santana fose o primeiro tenista nacional en gañar o aberto inglés.
Con este título Rafa demostra que actualmente é o tenista máis en forma do circuito, gañando nunha superficie que ata o de agora se lle resistía a pesares de que xa xogara tres finais de xeito consecutivo.
Esta victoria encumao coma o que é: un auténtico campión que unida a súa insultante xuventude poida ser que co paso do tempo Rafa Nadal se convirta nun dos xogadores máis grandes da historia do tenis.
Debo dicir que alédame moito pois Rafa é un tío que me cae bastante ben, a pesares do seu acento "pijo" é un deportista que sempre vai coa humildade coma bandeira e sempre é moi comedido nas súas declaracións (moi lonxe por exemplo da actitude casi sempre "chulesca" que amosa Fernando Alonso cada vez que consigue algo). A pesares do que xa leva conseguido o manacorí destaca unha e outra vez que o número 1 do mundo é Roger Federer, quen por certo é todo un señor tanto cando gaña coma cando perde.
Parabéns a Rafa e que nos siga dando moitas tardes de gloria.

venres, 4 de xullo de 2008

Comezan oficialmente as vacacións para moitos estudiantes

Hoxe, 4 de xullo moit@s estudiantes universitari@s rematan os exames e polo tanto comezan as súas vacacións de verán. Logo de diversas "juergas", estudio duro, longas noites sen durmir a causa dos exames, litros e litros de café e comeduras de tarro variadas por fin teñen o seu merecido descanso.
Felicidades pois a tod@s aquel@s que remataron as súas obrigas estudiantís, agora é o momento de disfrutar do descanso.


Tampouco me quero olvidar de todas esas persoas que hai uns días remataron as probas de acceso a Universidade, é dicir, a Selectividade e quitaron de xeito satisfactorio o seu aprobado.
Noraboa pois a tod@s @s aprobad@s, AGORA COMEZAVOS A BOA E MALA VIDA!!!

DISFRUTADE QUE BEN MERECIDO O TEDES.

QUE HAXA SORTE

xoves, 3 de xullo de 2008

Xoves= kaña



Os xoves férveme o sangue. Non sei a que é debido, quizais a que está moi preto a fin de semana, quizais porque os venres traballo de tarde, quizais o pensamento de que estamos en verán (só o pensamento porque a temperatura...) ou quizais porque a música é a miña fiel acompañante. O que está claro e que os xoves sempre teño gañas de "farra" hoxe toca ir de troula e o video de hoxe vai en honor a dous grupos: o primeiro a Rammstein autor desta canción "Du Hast", un canción chea de potencia e vitalidade e a outra o grupo América, o meu grupo favorito no panorama musical galego e o único capaz de interpretar esta canción enriba dun esceario de unha festa con bastante éxito (a última vez en Sobrado coa súa flamante formación).
Para os dous logo pois esta adicatoria.

Saudos

"¿Antes en el tiempo o en el espacio?"



Non me resistín a poñelo. Un sketch da película de Juanma Bajo Ulloa "Airbag" unha das miñas favoritas e da que xa hai algún tempo comentei algo neste blog.
Trátase dun control da Garda Civil cando os tres personaxes principais (os da despedida de solteiro) son perseguidos polos homes do malvado e corrupto Villambrosa.
Ollo a frase de Manquiña!, non ten desperdicio.
Esta peli é para estarse rindo un bo anaco.

Saudos

mércores, 2 de xullo de 2008

Seguintes datas do Sobrado On Tour 2008

O Sobrado On Tour 2008 apenas fai unha semana que acaba de arrincar pero nos seguintes días ten importantes citas.
Sen ir máis lonxe mañá 3 de xullo desplazarémonos ata Visantoña (Mesía) onde está preparada unha auténtica festaza: Orquestra MARBELLA e Orquestra PANORAMA, dúas orquestazas que puidemos disfrutar eiquí en Sobrado nos Dolores 2007.
Teño moitas gañas de ver a Orquestra Panorama (foto) e o seu espectáculo de este ano, seguro que non defraudará aínda que vai ser difícil que logre sorprendernos máis do que o conseguiu o verán pasado.
Para o vernes 4 de xullo existen moitas posibilidades que repitamos concello e tamén unha das orquestras pois en Cumbraos (Mesía) actuará a Orquestra MARBELLA (non sei se non se quedarán a vivir en Mesía) que nos deleitará coa súa gran música.
Sábado 5 de xullo seguramente (e por variar) tocará ir a Melide a ver os veciños e comarca e o domingo a saida aínda está no aire, dependendo das ofertas nocturnas valoraremos o lugar a elixir.
O Luns 7 de xullo pode ser que vaiamos ata Oza dos Ríos para ver en vivo e en directo a Orquestra París de Noia (no meu caso dependerá de como me encontre de forzas pois o martes traballo mañán e tarde).

Así polo tanto quedan avisad@s todos os/as "Toureiros e Toureiras" para os vindeiros días.

Saudos, Saude e Festa, moita Festa!

Felicidades Nandinho!


Hoxe cumpre anos un dos personaxes da Xeración do 78, Nando de Cabado. Nando chega os 30 nunha época na que ameaza con ser o futuro Director Xeral de Caixa Galicia.
Logo de adquirir a doble nacionalidade sobradense-salmantina cohabita polas terrazas de Betanzos (a antiga Cidade dos Cabaleiros), o pobo de Sobrado (cuna do Císter en Galiza) e os montes de Enduro que están preto da nosa vila (a Cova da Serpe) compaxinado con viaxes de fin de semana a Salamanca (charrolandia), unha cidade que de vez en cando vota de menos.
Todos agardamos que teñas un feliz cumple e que invites a algo de noite (como non!), acabas de entrar na idade dos privilexiados e axiña haberá que festexalo.
* Na foto vemos a Nando apadriñandose a si mesmo con unha Estrella Galicia, un sábado calquera de decembro, nun pobo cercán calquera (Melide) e nun pub dos que acostumamos a "cohexistir" (Kemais?), sentado na barra marcando o ritmo da música que pola cara podemos averiguar que o son da percusión debía ser alto polo que é moi fácil que fora música de "chunteo".
Veña tio, pasao ben e que cumplas moitos máis.
Bicos

martes, 1 de xullo de 2008

Pronósticos negativos para España nas Olimpiadas de Pekín

A enquisa do mes de xuño revela que os participantes non confían moito nos deportistas españois para os vindeiros Xogos Olímpicos de Pekín.
Un 41% dos votantes opina que España levarase entre 0 e 10 metais. O 29% opina que España traerá para a casa entre 20 e 30 medallas. O 25 % pensan que o éxito será de entre 10 a 20 medallas e tan só os máis optimistas (un pírrico 4%) confían en que España sobrepase os 30 metais.
Quizais coa recente victoria da Selección de Fútbol na Eurocopa as previsións sexan máis optimistas cos deportistas españois.
Toda a sorte do mundo para as vindeiras olimpiadas

Grazas a todos por participar.