martes, 30 de setembro de 2008

Qué decepción!

Hoxe fun ó cine a ver a última película de Woody Allen "Vicky Cristina Barcelona" rodada integramente en España, concretamente en Barcelona e en Asturias, na que Javier Bardem, Penélope Cruz e Scarlett Johansson comparten protagonismo. Senteime na butaca con moitas expectativas debido a gran publicidade que lle deron e lle están a dar e como soe ser habitual nestes casos, para o meu gusto a película é un "bluf".
Debo dicir que non me entusiasmou moito, é máis saín de Área Central decepcionado. Agardaba outra cousa, demasiada explicación do narrador para o meu gusto. Non sei, fáltalle algo..., se a vistes opinade, se a ides ver, cando a vexades opinade tamén, e se estabades en dúbidas de ir a vela ou non, o meu consello é que aforredes os cartos! Xa vos chegará o tempo a vela en DVD.

Saudos

Volta ó tallo

Pois si, nunha escasa hora xa será mércores 1 de outubro e coa chegada do décimo mes do ano chega tamén a miña volta o traballo.
Foi un mes que pasou moi rápido, no que visitei moitas máis festas das que narrei no blog, na que tiven a oportunidade de escapar un par de días a Asturias e tamén un mes no que se trastocaron os plans de poder ir o Algarve, outra vez será...
Un mes no que ademáis puiden disfrutar das festas dos Dolores en todo o seu explendor (non coma o ano pasado que me tocou ser da Comisión) e a única pega foi que xente de Euskadi e Catalunya que realmente aprecio non puidese vir as festas. Agardemos que para o ano sexa posible.
Volvo o traballo coas pilas cargadas, coa inauguración dunha exposición medioambiental que estreamos mañá pola mañá. Con bastante traballo por diante como poñer o día de novo a oficina de turismo logo de 1 mes parada e a de comezar a catalogar os libros da biblio. O bo de todo é que mañá xa é mércores, e os días de descanso xa volven a estar a volta da esquina, ja ja ja.

Saudos laborais

luns, 29 de setembro de 2008

Dámoslle caña?



Estamos a comezos de semana, pero eso non quita que hai que ver as cousas positivas. Como din nos 40 principales "ya falta un día menos para el fin de semana".
Este post quérollo adicar a Josu de Basauri alías Pitus que recentemente fixo unha super viaxe a Ibiza e creo que alí o coronaron coma o Rei da Festa. Trátase de un remix da canción "Ibiza" de Desaparecidos feat Walter Master J.

Agardo que vos guste e vos faga bailar un pouquiño, ten un ritmo moi guapo.

Bo comezo de semana!

Lío no río

Por xentileza de Chus Souto (a reporteira fotográfica máis dicharacheira de todo Sobrado - Comisión 2009) chéganme estas fotos do seu "facebook" da II Edición do Día da Familia que tivo lugar o sábado 26 de xullo na Área Recreativa de Pontepedra. Xuntáronse máis de 400 persoas que fixeron que houbera un ambientazo, ademáis o día acompañou e fixo un sol de xustiza (o lado do río estábase xenial). No Día da Familia había pulpeira e a charanga B.M.V. de Brión animou a media tarde o cotarro (sede e fame non levaron).
Eramos sobre unhas 20 persoas e foi un dos mellores e máis risas do ano, foi imposible darnos xuntado tod@s para unha foto porque cada un campou as súas anchas o longo do día e a madrugada. Acabamos todos sendo tirados vestidos o río e tan só se librou Alfonso (safada´s men) e Noe (que ameazou con marchar para a casa). O resto para a agua, destacar o espectacular salto (estilo bomba) con "pedra de pico agardando saltador de 1 metro de profundidade" de Pedino, solo de pensalo doeme a min e a él tamén se lle lembrou o salto uns días. E tamén destacar o lanzamento o río de Jacobo que arrastrou con él a unhas 3 ou 4 persoas (non era para menos). Vexamos Foto Familia con moitos dos compoñentes a primeira hora do mediodía (caras frescas e sorrintes)
Tono distendido entre os comensais
Logo de comer chegou a hora do cubateo, algún coma Álvaro aproveitaron para xogar con Huguito
Alfonso impartindo unhas leccións de pesca os máis novos
Foto de Estudo de Nando e Bea
Chus e Yoly amosándonos a postre
Panóramica de parte da Pontepedra dende o outro lado do río
A Charanga B.M.V. en plena actuación

A Estrella se está quente non sabe...
Li e Chus
Chus, Noe e Laura
Carreira de sacos (neste momento Nando foi secuestrado para ser tirado o río)
Meu padriño Miguel e Nando na auga "Os Vixilantes do Tambre"


Jacobo intres antes de ser lanzado o río (varios de estes mozos caeron con él)
O Muxico contento por dar derribado a Jacobo a pesares de que Truki e él tamén foron río adentro
Tiro á corda (vaia lampreazo que levou Álvaro)
Lisardo coma peixe na auga
A esas horas quen máis e quen menos xa ía mollado...



Logo do chapuzón forzado tocaba secarse
Nando e Bea xuntos ata para caer no río (Bea eso si que es solidaridad)
María e Yoly tampouco se libraron (ollades as zapatillas de María flotando)
O final en vez do río Tambre parecía unha festa house da MTV (todos dentro salpicándose)
Non querían sair do río




De noite collendo forzas para "aguantar"
Toñito liando algunha coma sempre: qué crack!!!!
O Muxico e Chus "trasladando a bebida"
Quítanos unha foto!
E veña máis fotos, colleronlle o gustiño a andar polo río






domingo, 28 de setembro de 2008

As festas de Visantoña non son ningunha coña (ANEXO)

Por petición popular (1 persoa -Laura-) debín incluir algo moi importante cando hai uns días fixen un post adicado as festas de Visantoña (Santiso).
Pois ben, olvidouseme narrar algo moi importante e característico das festas de San Agustín; algo que cando o vin o ano pasado sorprendeume un montón pero que é unha idea espectacular e que fai de esta festas algo distinto o resto das que temos na comarca:
trátase de uns caldeiros de aceiro, estes recipientes a comisión encárgase de enchelos de "pocimas máxicas" e se pagas 15€ tes tarifa plana para toda a noite, é dicir, cada vez que vexas a alguén co caldeiro en cuestión ti chámalo estilo taxi e poderaste servir bebendo polo "cucharete". Este exercicio poderalo repetir tantas veces como queiras, e non, ti non te preocupes que se se acaba o "metílico" a comisión volve a enchelo e volta a empezar. Así toda a noite, ata que te canses, teñas sono, non teñas máis sede, non des falado ou caias de cu.
Ademáis outro dato a ter en conta e que está moi ben pensado é que os "comisionistas" van vestidos con uns peculiares pantalóns de paiasos para poder recoñecelos mellor, así non hai fallo nin da lugar a erros.
Resumindo: esto si que é un botellón en toda regra e non os que se fan/facían na "Praza do Humor" da Coruña. Ademáis este botellón é máis ecolóxico (non fan falla vasos de vidro nin de cristal e o caldeiro aproveitase máis tarde para o que se precie) polo que non xenera lixo, é máis económico (por 15€ bebes hasta que o corpo che diga "ata aquí chegamos para hoxe"), non ten final (propio dunha película de ciencia ficción o alcohol parece que se reproduce dentro do caldeiro de aceiro e nunca se lle ve o fondo) e o que é máis importante de todo, se algunha vez chegase a acabarse o "líquido" serve para meter a cabeza dentro para que os que estan cerca non te recoñezan porque che da vergonza amosar o estado emocional no que te atopas nese momento.
O dito
QUE VIVA SAN AGUSTÍN!

venres, 26 de setembro de 2008

Cada persoa coa súa canción



Dende que nacín gústame a música, bueno, confeso, son un amante de ela. Non sei se vos pasa a vos, pero eu dende sempre a cada persoa,coñecido ou amigo téñolle unha canción asignada. É algo que me sae de forma natural, e o escoitar un tema vénseme a cabeza "X" persoa. Pois ben parece ser que coa canción "Ecuador" de Sash! a xente se acorda de min, ou polo menos esa é a experiencia que teño pois cando o soa esta canción hai xente que me abraza, que salta comigo, vamos, en definitiva, que notas que che ten cariño e que te identifica con ese tema en concreto.
A min a verdade e que tratándose de este tema non me disgusta: recordame as noites de festa en Curtis, a cando quitei o carnet de conducir e era o único da pandilla que tiña coche, o fin da noite en Kassual e tamén o recordo de que o luns había que voltar o insti para pringar no consabido horario de 8:45 h ata 14:00. Moitos recordos, moita alegría e sobor de todo a felicidade de que te identifiquen con un dos mellores (senón o mellor) dj´s do mundo: SASH!

xoves, 25 de setembro de 2008

Tocoulles a Primitiva?


Navegando pola rede acabo de encontrar un documento que dá que pensar: na instantanea vemos a Carrizo (o artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón, O Muxico e Calvete) acompañado do seu inseparable Trukito fumandose uns puros habanos e rodeados de ron cubano.
Nun primeiro momento sospeitouse que a súa visita a illa de Cuba acompañados do empresario Pazitos fora debido o golpe de Estado que ían intentar para derrocar a Fidel Castro pero visto esta última foto e sabendo que estes dous homes non fuman, que lles fai mal o fume do tabaco e lles pica nos ollos e aínda así teñen esa cara que irradia felicidade...
UNHA DE DÚAS:
- Ou lles tocou a Primitiva e non dixeron nada
- Ou encontraron a muller da súa vida en Cuba e estábano a celebrar
PROSEGUIREMOS COA INTERESANTE INVESTIGACIÓN

Dolores 08: Domingo Noite (o Día Grande das festas)

Para o último día de festa agardábanos un excepcional cartel. As Orquestras Xente Nova e París de Noia. A pesares de que o cansanzo xa ía facendo mella, non perdoamos nada mentres durou a festa. Polo que a min respecta retireime a descansar as 08:40 h (máis cedo que outros anos), encerrona incluida (chave gardada e aquí non se move nin Dios) no Pub S.M.
Agora xa estamos agardando que chegue o ano que ven para ter outras festazas que seguro que así será porque a nova Comisión promete e dame a min que o van facer de cine como o fixo a que saiu. Dende eiquí doulle o meu maior dos apoios para estos 4 valentes (Chus, Laura, Gelito e Antón). Ánimo, xa vos queda menos de 1 ano..., je je je. Espectacular comezo da Paris de Noia
Arde Sobrado
O Megacolumpio do esceario da Paris da moito xogo
Blas (no púlpito) e David animando o persoal
Esceario realmente bonito o da París para esta tempada
Blas en plena actuación
José Antonio "Blas", mito vivinte da verbena galega deleitounos con unha ranchera "a pelo"

2º pase de Xente Nova onde Rosalía de Teixeiro é unha das vocalistas
A choiva fixo acto de presenza e parte de nós resgardouse baixo as follas das árbores
Algún case queda durmido mentres quito a foto
A Comisión 2008 regalounos uns bonitos panos conmemorativos, GRAZAS COMISIÓN
Eu acompañando o mellor amigo do home
Hat-Trick


As mulleres en plena conversación (raro, raro...)
As irmáns Ares "de pequeñas les daban 2" (senón mirádelle para as mans)
Cazadora cazada!
¿Que día me dijiste que trabajabas?
María va p´al blog, María va p´al blog, María va p´al blog, la lala lalala lala!
GRAZAS A TOD@S POR CONTRIBUIR A ESTE ELENCO DE INSTANTANEAS NAS 3 NOITES DOS DOLORES E DICIR QUE AGARDO QUE O PASÁSEDES TAN BEN COMO O PASEI EU. SO TEÑO QUE REPROCHARME UNHA COUSA: FUN INCAPAZ DE BAIXAR A SESIÓN VERMOUTH DO SÁBADO (A PRIMEIRA VEZ EN MOITOS ANOS).
CALQUEIRA QUE TEÑA FOTOS DE ESTOS 3 DÍAS DE AUTÉNTICO FESTÓN, SE QUERE QUE LLAS PUBLIQUE QUE MÁS PASE E SERÁN INSERTADAS CON MOITO GUSTO.
E AGORA SO QUEDA DICIR: VIVAN OS DOLORES 2009
SAUDOS COORDIAIS