venres, 31 de outubro de 2008

Halloween non me di nada

Haberá xente que hoxe celebre a noite de "Halloween" ou o que é o mesmo..., a "véspera de Todos os Santos" que dirían Los Suaves.
Para min, a noite de hoxe non é nada significativa, se tal o único significativo é que maña é un día no que se recorda de xeito moi especial os seres queridos que nos deixaron e xa non están connosco (físicamente claro está).
Halloween é un invento ianqui e debo confesar que para nada me sinto identificado nin coa cultura nin coa forma de pensar de ese país polo que dende a miña forma de ver a noite de Halloween non deixa de ser unha excusa máis para montar unha festa un chisquiño diferente.
As súas formas parecenme macabras, os cabazos que identifican a noite da véspera de Todos os Santos dise que son debidos a que nos Estados Unidos de América as bruxas nesta noite alumeaban as calaveiras dos mortos con velas na zona dos ollos e a nariz para invocar os seus espíritos. Coa chegada masiva dos Irlandeses pagáns o país ianqui está práctica foi abolida polo que as bruxas sustituiron os calaveiras humanas por cabazos aburatados para a ocasión.
A noite de Halloween traspasou fronteiras e adentrouse en Europa, nos últimos anos vemos como en Galiza se celebra máis a cotío en diversos locais hostaleiros esta noite tamén chamada "O Samaín), na miña casa non se celebra e agardo que xamáis se celebre esta festa o meu entender ridícula a todas luces.

Saudos e os que celebrades esta noite que disfrutedes da velada sen sobresaltos.

xoves, 30 de outubro de 2008

O Pemán virtual

Chámase Sam e é un home do tempo. Pero un home do tempo moi especial pois é un meteorólogo virtual. Entrando na páxina www.meteosam.com podes saber a climatoloxía de calqueira cidade europea. Eu acabo de descubrilo e gustoume un montón. Ademáis creo que este non se engana..., se meu avós levantaran a cabeza....

mércores, 29 de outubro de 2008

Os grandes almacens..


Entre a lei da oferta e a demanda existe algo intanxible do que as veces non nos decatamos pero que pode levar a máis de unha confusión os futuros consumidores sen que os vendedores sexan conscientes dos seus propios erros. Ese algo intanxible é nin máis nin menos que "a presa". Recibín no día de hoxe varios correos de José Luis Rodríguez, non, non se trata de "El Puma", senón do gran José Luis de As Cruces e chamoume especial atención un deles no que ademáis de amosar varias sinais de tráfico canto menos curiosas aparecían estos dous carteis: o primeiro de El Corte Inglés e o segundo de H&M e no que ó velos un imaxina que moitas veces os productos ofertados son metidos con "calzador" e improvisando no último momento o que fai que exista presa por editar os carteis ilustrativos da oferta. Esta presa fai que os propios autores do "letreiro" non se fixen no que escriben e logo pasa o que pasa...

A Madrid






Si amig@s, así é. Imos a Madrid o 2 de abril a ver os míticos e incribles ACDC. Grazas ó traballo de Dani (horas e horas ocupando caixeiros na Coruña) conseguiu o que moitos ansian: 5 entradas para o concerto que os australianos ofrecerán no renovado Pazo dos Deportes madrileño. Foron 8 longos anos sen vir a España e esto agardábase coma auga de maio: ACDC volve a estar de xira estreando o seu novo disco Black Ice.
Deixovos un video de unha das súas máis incribles cancións: Thunderstruck, grabado en Donnington Park no ano 1991. Ollade que forza ten...

Xa me tarda.

P.D.: como non vendemos bolígrafo Bic verde, vermello, azul, negro ou da cor que vos queirades e regalamos 2 entradas para o concerto de ACDC en Barcelona. Máis información no meu correo electrónico: victor_lato@hotmail.com

luns, 27 de outubro de 2008

Chegou o día



Hoxe 27 de outubro é o día. Logo de uns meses varios representantes de empresas e das administración públicas relacionadas co sector turístico estivemos asistindo a cursos do Modelo de Aproximación e Calidade Turística (MACT) promovido por Terras de Ulla e Tambre. Logo de acabar estes cursos tivemos diversas inspeccións e controis no noso posto de traballo co fin de cumplir todos os requisitos necesarios para ter o distintivo de Compromiso de Calidade Turística. O organismo que represento: a Oficina de Información Turística de Sobrado pasou con exito os requerimentos e mañá recollerei o diploma acreditativo a partires das 18:30 no Mosteiro de Sobrado. A este evento asistirán os diversos representantes da zona Ulla e Tambre ou o que é o mesmo: Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar.
Os que imos recoller os diplomas estamos citados as 17:45 horas para ensaiar o acto de entrega. En dita entrega estarán presentes o vicepresidente da Deputación de A Coruña Pablo Villamar e o subdirector xeral de ordenación do Turismo Xavier Valiño entre outros. Seremos 60 as empresas que recibiremos a distinción.
Ampliovos eiquí a nova de El Correo Gallego de onte domingo:
Entrega de diplomas a empresas de Ulla-Tambre
26.10.2008
C.G. • SANTIAGO

El monasterio de Sobrado dos Monxes albergará mañana, a partir de las 18.30 horas, el acto de entrega de diplomas del programa de profesionalización Modelo de aproximación á calidade turística (MACT), promovido por el Plan de Mellora da Calidade Turística de Portodemouros a las empresas y entidades de las tierras de Ulla y Tambre que superaron con éxito dicho programa. El plan está financiado por la Xunta y la Diputación de A Coruña y pretende llevar a cabo una serie de actuaciones en los concellos de Terras de Ulla e Tambre: Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vedra y Vilasantar.
Los diplomas serán entregados por el vicepresidente de la Diputación, Pablo Villamar, y por el subdirector xeral de Ordenación do Turismo, Xavier Valiño. Las distinciones serán recogidas por sesenta empresas.

venres, 24 de outubro de 2008

Magosto en Sobrado


O primeiro evento da Comisión de festas Sobrado 2009 xa ten data, será o VENRES 7 DE NOVEMBRO como así anunciaron no blog oficial.
Cando saiba máis datos coma lugar, hora e actividades anunciareino neste blog. Pero seguro que as castañas, a música e a festa non vai a faltar.
A miña dúbida é a quen lle tocará ir apañar este apreciado (e este ano escaso) producto..., se me permitides unha suxerencia Pazitos (o cuñado de Chus) está de vacacións e como non ten moito que facer podiadelo mandar estos días a "apañalas" así votaba un "cable" e xa que non as vai poder comer polo menos axudar a recollelas...

Saudos e que viva a Comisión!

xoves, 23 de outubro de 2008

Xabarín Club

O cazador da pandilla, o noso compañeiro José Antonio "alías" Abad foi partícipe dunha colosal batida o xabarín que se saldou coa captura de 6 reses. Un número pouco habitual. Abad pertence a cuadrilla San Cristobo-Paradela e na foto vese exultante no medio do grupo e na última fila de camiseta branca.
O xornal "La Voz de Galicia" mediante o seu redactor Fran Espiñeira faise hoxe eco desta nova que de seguido inserto. O periodista califica a cuadrilla coma "Os Obélix do século XXI", telita...

FELICIDADES POLA CAPTURA ABAD:

cacería de jabalíes

Los Obélix del siglo XXI

Una cuadrilla de la localidad de Teixeiro abate seis jabalíes en un solo día en una cacería autorizada por la Xunta

Autor: Francisco Espiñeira

Fecha de publicación: 23/10/2008

Obélix, si hubiera sido un personaje real, se habría puesto las botas el pasado fin de semana en Teixeiro, en el municipio coruñés de Curtis, dando rienda suelta a una de sus grandes aficiones, la caza. Casi trescientos kilos de carne de jabalí es el fruto de la batida más exitosa contra los porcos bravos en el área de influencia coruñesa. Hasta seis ejemplares de distinto tamaño fueron abatidos en una sola tarde por los miembros de la cuadrilla de San Cristobo-Paradela, en la localidad de Teixeiro (Curtis), durante una cacería autorizada por la Consellería de Medio Rural de la Xunta.
«La verdad es que nosotros fuimos los primeros sorprendidos con el resultado de la jornada. Solemos salir bastante al jabalí, pero lo normal es cazar una pieza al día. Como mucho, dos o tres», cuenta Fernando López Martínez, uno de los miembros de la cuadrilla que participó en la exitosa batida por el monte cercano a Teixeiro.
«Algunos compañeros recibieron el aviso de que los animales habían arrasado un campo de maíz. Empezaron a seguir las huellas y consiguieron localizarlos al filo del mediodía. Entonces, nos avisaron al resto de los miembros de la cuadrilla y empezamos a cerrar el círculo sobre los animales», cuenta Fernando López.
El día se hizo largo. Fueron decenas los kilómetros recorridos a pie, sorteando alambradas, montones de zarzas y diversas clases de obstáculos naturales. Al filo de las cinco de la tarde, los animales, una hembra y cinco machos, fueron localizados en un pastizal, descansando tranquilamente tras el banquete de maíz.
Al percibir el olor de los humanos, los jabalíes se refugiaron en un zarzal en las inmediaciones de la prisión provincial de A Coruña, en el límite de las provincias de A Coruña y Lugo.
Los cazadores se apostaron alrededor del lugar y los perros comenzaron a hacer su trabajo entre los gritos de sus adiestradores. A los poco minutos, los animales empezaron a salir. «Nos sorprendió que salieran de uno en uno, porque, si hubiera habido una estampida, seguramente se nos hubiera escapado alguno», cuenta López Martínez.
El resultado de la cacería puede verse en la foto superior. «La hembra pesaba más de setenta kilos, mientras que los machos oscilaban entre los cuarenta y los cincuenta», relata.
El destino provisional de los animales ha sido un congelador. «Se ha enviado una muestra de la carne a los laboratorios de la Consellería de Sanidade para que la analicen y nos digan si está en perfectas condiciones para ser consumida», indica Fernando López Martínez.
Si los resultados de los análisis de la Consellería son positivos, el destino de los animales será la mesa de un conocido restaurante de la zona, Sabino, o de algún otro próximo. «Haremos una enchenta de época para toda la cuadrilla, de esas que no se perdería Obélix por nada del mundo», resume López Martínez.



mércores, 22 de outubro de 2008

Becks volve ó lugar que lle corresponde

Adriano Galliani, un dos pesos pesados do A.C. Milan acaba de anunciar que David Beckham xogará cedido no clube lombardo dende xaneiro ata xuño de 2009.
Esto, para os amantes do bo fútbol é unha gran nova. Separando o "glamour" que desprende o matrimonio Beckham do fútbol que fai David significa que volveremos a disfrutar en Europa con un dos grandes xogadores que dou o vello continente nos derradeiros anos.
David Beckham é un xogador que seguro que lle vai a aportar moito o A.C. Milan pois ademáis de ter un toque de balón excelente (a proba está a cantidade de goles a balón parado e asistencias que ten dado) tamén posue un sentido táctico moi bo e unha involucración coa camiseta que viste moi grande. Se por riba se lle engade que terá coma compañeiros de vestiario a cracks mundiais coma Ronaldinho, Kaká, Shevchenko, Seedorf ou Pirlo seguro que a motivación de David será extra e non defraudará a quen o volven a traer o fútbol europeo.
Supoño que a máis perxudicada con esta decisión será Victoria Adams pois de tod@s é coñecido a súa pasión polos Estados Unidos e por Hollywood concretamente, pero penso que desta vez non lle queda outra que dar o brazo a torcer.
Alégrome por Beckham pois dende os seus comezos no Manchester United sempre me pareceu un pedazo de futbolista. O glamour e o fútbol volven a cruzar o charco.

Stereophonics "Dakota"



Soábame a existencia do grupo Stereophonics e algunha das súas melodías pero realmente non lles prestei moita atención ata que vin parte do concerto que ofreceron no Rock In Rio Madrid 2008. Gustoume o directo e o son tan vibrante que desprendían. Teñen forza e propoñen "algo" (aínda non sei o que realmente)diferente o resto de grupos (se ben é certo que me teñen un aire a Suede e a min Suede encántame). Augúrolles unha longa e exitosa carreira na música (sempre que teñan asentada a cabeza).
Deixovos pois con este tema "Dakota", precioso para o meu gusto e moi potente.

10.000 visitas!!!

Hoxe, que precisamente se cumplen 3 meses dende que puxen o contador de visitas (o blog comezou a funcionar en xuño do ano pasado) alcanzamos as 10.000 visitas. Unha cifra maravillosa. Teño que agradecervos a todos e a todas os que me vides visitar a este recuncho da rede a menudo o voso compromiso con este o voso blog pois sei que aínda que hai xente que non escribe (ogalla vos vaiades animando tod@s pouco a pouco) segue todas estas "hazañas" día a día. O cal vos estou profundamente agradecido por compartires un pouco do voso tempo comigo.
Ogalla sigamos todos xuntos cumprindo moitas máis visitas.

GRAZAS A TOD@S

luns, 20 de outubro de 2008

Calor na Universidade


Grazas a Vero86 conseguín esta nova de hai poucos días, nela queda ben as claras que na Universidade da Coruña hai calor e moito... ou polo menos na Escola Técnica Superior de Arquitectura...

Polémica en A Coruña

Un espectáculo con toples para clausurar un curso de acogida de universitarios

Según el director de la Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, «no se quiso herir la sensibilidad de nadie».

Autor: Ana Lorenzo
Fecha de publicación: 14/10/2008


El debate sobre la diferencia que existe entre un espectáculo de expresión corporal o «un bochornoso acontecimiento de estriptís» tuvo un nuevo episodio estos días en la Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Con motivo de la finalización de un curso de acogida a los doscientos nuevos alumnos de esta titulación, dos actrices ofrecieron una performance en la que se iban liberando de su ropa -una iba vestida de soldado y otra con un mono de obra- porque les oprimía y les impedía respirar. Poco a poco se fueron quitando las prendas hasta quedarse con el pecho descubierto (solo disimulado por unas pezoneras) y unos culotes; para, a continuación, volverse a vestir con ropa más informal.
Tanto las intérpretes como los responsables del taller de acogida consideran que se trata de un espectáculo de expresión corporal, «de una limpieza absoluta, donde no hay morbosidad, ni nada de eso, y en el que no hubo ninguna queja ni protesta y no se quiso herir la sensibilidad de nadie», explicó ayer José Manuel Casabella, director de la Escuela de Arquitectura. En la misma línea, se situó el coordinador del curso, Luis Muñoz, quien recordó que la intención de la representación era hablar de la creatividad, de que la arquitectura forma parte de las bellas artes y de que en ellas no hay ideas preconcebidas ni estrictas directrices.
Por su parte, una de las actrices, Yolanda Paz, se mostró muy sorprendida por la polémica (así como de que el vídeo esté en YouTube), y re cordó que la performance fue idea de ellas, después de que los responsables del curso de acogida les explicaran el mensaje que querían transmitir con la representación. «No nos pareció atrevido desnudarnos, porque no tenemos ningún tipo de tabú con el cuerpo, que creemos que es un medio de expresión y algo artístico. Nosotros no lo vemos como algo pornográfico ni erótico, ni tiene el mismo significado que un estriptís», apuntó Yolanda Paz, quien dijo que muchos alumnos les habían felicitado por la escenificación y porque habían entendido el mensaje.
La actriz también quiso dejar claro que no estaba de acuerdo con las críticas por haberse desnudado, puesto que considera que hay cosas más graves que todos los días aparecen en la televisión o en Internet, «y que se puede ver mujeres en toples solo con ir a cualquier playa». Además, también aclaró que ellas no se quedaron desnudas del todo, que usaron pezoneras «y, como dice la ley, si no hay pezón no hay teta».
Esta opinión no es compartida por todos los miembros de la comunidad universitaria, alguno de los cuales reprobaron que, «como colofón del curso, se ofreció a los alumnos, dentro del propio centro, y sufragado por fondos públi cos, las actuación de dos estríperes». Denuncian que estos ac tos «desprestigian al resto del personal docente, entre los que hay firmes detractores».

Esteban e Josu levade sempre calderilla nos bolsillos...


Un viajero agrede al conductor de un autobús por no tener cambio de 10 euros
EUROPA PRESS. 20.10.2008
Los conductores sólo pueden dar cambio de cinco euros.
El viajero le dio un puñetazo en el ojo y varios golpes.
Solicitan la instalación de mamparas de seguridad en los autobuses.
Un conductor de la empresa de autobuses Martín fue agredido la semana pasada en Leganés por un viajero que le dio un puñetazo en un ojo cuando se enteró de que no tenía cambio de 10 euros, y, por lo tanto, no podía adquirir su billete de viaje, según denunció hoy CC.OO.
La agresión, que fue denunciada también por el trabajador ante la policía, tuvo lugar el pasado miércoles, en la línea 481, que cubre el recorrido entre el Hospital Severo Ochoa de Leganés y la Plaza Elíptica de Madrid.
En concreto, el suceso se produjo en la parada del barrio de El Carrascal, de Leganés, cuando el conductor dijo a un viajero que pretendía pagar con un billete de diez euros que no disponía de cambio--los conductores pueden cambiar hasta un máximo de cinco euros--, a lo que el viajero respondió con un puñetazo que impactó en el pómulo del trabajador.
Al puñetazo le sucedieron amenazas, insultos y nuevos golpes por todo el cuerpo.
Según denunció el propio trabajador, a esta agresión le sucedieron amenazas e insultos, así como nuevos golpes por el cuerpo. Finalmente, el conductor resultó herido en un ojo y en las cervicales, por lo que en el médico le tuvieron que colocar un collarín.
Ante esta situación, CC.OO. reclamó más medidas de seguridad en los autobuses, en concreto, la instalación de mamparas --como de las que ya disponen los vehículos de la Empresa Municipal de Transportes (EMT)-- que protejan a los conductores.
Asimismo, el sindicato recordó que estas agresiones aumentan especialmente los fines de semana y en los horarios nocturnos, y que es el tercer caso violento que se produce en esta empresa en lo que va de año.
Tanto Esteban coma Josu (conductores profesionais) deberán tomar boa nota desta nova pois a vista está que hai de todo na viña do señor.
Por un lado Esteban deberá estar "atento" cando lles vaia a cobrar a mensualidade os alumnos que transporta a diario non vai ser que se lle poñan rebeldes e lle queiran "zoscar".
Pola outra banda Josu "alías" Pitus deberá andar con vista non vaia ser que lle pase o mesmo que a este bo home que no cumprimento do seu traballo chupou "unha" que nin Tyson nos seus bos tempos por non ter cambio de 10 euriños.
Xa sabedes nenos, un home sen cambio non é un home..., o cambio do café gardádelo e ides acumulando moedas para casos de extrema urxencia coma este...
Saudos

Non foi a mellor semana da miña vida (2ª parte)

Todas as malas historias que narrei estos últimos días quedaron nun 2º plano logo da madrugada de onte. Cando voltabamos para a casa Noe e eu sufrimos un accidente logo de que a min me vencese o sono.

Houbo que salientar grandes danos materiais, o meu coche ten un bo golpe e estou a espera do que os peritos do seguro dictaminen. Grazas a Deus non sufrimos danos persoais, e tan so hai molestias polos cintos de seguridade. Foron unhas fatais décimas de segundo que fixeron que nos fosemos empotrar con un coche aparcado en Sobrado que a súa vez e debido o impacto recibido pegou noutro que estaba aparcado a continuación.

Paseino realmente mal, despertei co golpe, os airbags saltaron, unha nube de polvo dentro do coche pola acción dos sistemas de seguridade, angustia..., todo foi un pesadelo, que te fai recapacitar.

Do venres para o sábado durmin tan so 5 horas e a pesares de que me encontraba bastante cansado o sábado saín igual. Viña conducindo moi despexado pero o sono non avisa. Nesta vez avisoume a sorte, está claro que o volante hai que estar moi esperto pois podes levar un mal trago. Agora e analizando o que puido haber sido, debemos de estar máis que agradecidos de poder contalo e non haber mancado a ninguén que a fin de contas é o que importa. Esto serve para aprender... e para meditar. Lévolle dado moitas voltas a cabeza dende as 7:00 AM de onte.



Grazas a todos e a todas polo apoio que nos distes no día de hoxe, sodes xeniais, en serio. MOITAS GRAZAS!

venres, 17 de outubro de 2008

El Xilecu de Fierru (A Chaqueta Metálica)



Recomendado polo meu compañeiro de traballo Arturo eiquí tedes a Versión Asturiana de A Chaqueta Metálica. Xa o vin 3 veces, e nas dúas primeiras caeronme as bagoas coa risa. É simplemente xenial. Aprendede a canción: "1,2,3,4 marines asturianos".

Do mellor que vin polo youtube.

Vivamos como galegos 2ª parte



Hai un anaco que o vin no blog de Riki de Melide e a verdade é que me encantou. Gadis volve a carga, desta volta o anuncio chámase "O Precursor" e é a continuación do anuncio da campaña pasada.
Os publicistas que emprega esta empresa de alimentación téñense gañado o ceo.

xoves, 16 de outubro de 2008

Los desgraciaus "Coches Chocones"



Dende moi pequiniño a atracción máis importante para min das festas eran os coches de choque. Cantas horas deixo pasado enriba dos coches de Morla, de Gómez, de Pazos... e cantos cartiños me teñen dado para gastalos alí..., je je je.

Pois ben, xa hai algún tempo que oin esta canción pero hoxe non me resistín a posteala. A canción é de Los Desgracius e o seu título "Coches Chocones". Unha canción friki-parodia onde o son da bocina é inigualable!! Escoitade.

Non foi a mellor semana da miña vida

Di o refrán que "hai días que é mellor non levantarse" e penso que a esta afirmación non lle falta razón, ou polo menos esto é o que opino eu no transcurrir de esta semana...
Luns, logo de estar mirando uns videos sobre videoxogos en www.tu.tv achei un sobre trucos de google polos cales marcando un código se podía baixar música directamente da rede sen necesidade de Ares, Emule, Kazza ou outro filtro dos que existen... Polo tanto e como proba quixen baixar unha canción de Sash!, a primeira páxina que seleccionei non me deixaba entrar polo que decidín voltar atrás e elexir outra con un dominio "israelí"... Maldita a hora en que tiven a idea de probar o truquiño de marras. O pouco de "clickar" xa me comenzaron a sair ventanas flotantes por todos os lados e contadores que para paralos había que facer números, nese intre xa me din conta: acabamos de pillar un virus coma unha catedral. No dictamen final resultaba haber dous virus críticos e un non tan malo pero o caso é que ó portatil xa estaba infectado. Maldecín a miña decisión 1000 veces. Agora o portatil está sendo renovado, é dicir, hai que voltar a instalar todo. Do malo, malo polo menos non perdín os archivos nin todas as fotos que gardaba nel.
Pero eso so foi o comezo de semana, o martes proseguiron as desventuras:

Noe e eu íamos ir ó cine a ver a última película de Al Pacino e Robert De Niro, saín de traballar as 20:00 horas e decidín pasar pola miña casa para coller unha cazadora por se facía frío. No momento en que apago o coche tirei do freno de man (debo dicir que un pouco violento demáis) e reventei os tensores que leva o freno polo que o coche non se frea en lugares onde haxa pendiente. Creo que me acordei de todos os familiares dos xefes da Citroën (aínda que eles non tiñan culpa). Chamei o taller para comentar o caso e díxome que nese momento non tiña ningún tensor alí polo tanto que chamase o día seguinte as 10:00 AM. A esa hora chamei o mércores pero díxome que ía chamar a Lugo a ver se alí había algunha existencia, polo tanto tiven que voltar a chamar as 11:00 horas con resultado negativa. En Lugo tampouco había, parecía coma se os "duendes" se voltasen na miña contra. O final os tensores chegan de Madrid (en teoría hoxe as 17:00 horas por servicio urxente) polo que se non hai mala novidade e logo de tantas voltas, mañán pola mañán poderei levar o coche o taller para arranxar un dos problemas que me leva amargando a semana.

Non todo sae a veces como un quere pero ogalla todos os males sexan eses... (como din os nosos maiores).

mércores, 15 de outubro de 2008

Qué rápido pasa o tempo

Antonte 13 de outubro cumpriuse o primeiro ano dende que Chus e Jacobo casaron. A verdade é que cando te pos a pensar no rápido que pasa o ano dache ata vértigo. O bon que ten esto é que cando nos descoidemos xa voltamos a estar no Nadal e por riba con un tempo que xa lle gustaría a Brasil...
Qué dicir da voda de Chus e Jacobo que non se dixera xa? a verdade é que moi pouco porque foi unha voda na que todas as botellas de licor (sen excepción) quedaron bailando. Xamáis cantei tanto nunha cerimonia de este estilo, e xamáis estiven tan chafado o día seguinte, parecía que coma se houbese vivido dous fin de ano xuntos ou algo así.
Aproveito que Chus colgou no seu facebook varias fotos para conmemorar o aniversario para "tomarllas prestadas". As fotos son da última parte da voda, é dicir, da barra libre, onde había un dj que se saía do mapa. Él anímaba moito e nos estivemos "a morte" con él, que caña de tío. Se vos fixades nas fotos, entregámonos en corpo e alma o arte da música... Euforia desmedida: Javi Castro a piques de saltar por riba da mesa de son para cantar, eu "dándolo todo", Esteban axudando a cantar, Ángel de Teté en segundo termo metendo uns berros que pá qué, Jacobo rindo e incluso se ve a Ángel de Brañas (inconfundible a garabata vermella e branca do Atlético de Madrid) moi metido na acción...
Momento principio de manteo: Álvaro e Esteban comezan a agarrar a Jacobo no que sería o manteo máis manteo de todos os manteos: termar de este home tan grande con tanta "festa" no corpo chegounos de abondo.
O noivo rodeado: esto é o que Esteban lle chama un "abrazo colectivo", je je je.
Felicidades a Jacobo e Chus neste primeiro aniversario e ogalla cumprades moitos máis sendo moi felices.

luns, 13 de outubro de 2008

Comeza o Masters Series de Madrid

Hoxe arrincou o Masters Series de Madrid 2008. O torneo máis prestixioso de tenis que se xoga en España. Tommy Robredo foi o encargado de abrir o casilleiro de victorias para España.
Un dos xogadores que non se clasificou foi Pazitos (na foto o vemos practicando o golpe de revés), quizais porque é un xogador que proven do Paddel e foi precisamente nesta tempada onde decidiu dar o salto o tenis polo que o tempo de adaptación require unha serie de esforzos.
Pazitos nunha entrevista deixou claro que se sentía máis cómodo coa raqueta de paddel que con "esta" coa que xoga na actualidade pois o contacto coa bola era máis fácil no deporte do que José María Aznar é fan número 1.
Queixase tamén o tenista da Casa do Gado de que o mango metálico da nova raqueta faille unhas "bochas" incribles polo que ten que xogar con guantes de látex modelo "medicum" e que hai días que non pode tocar o botón ON/OFF da refinería na que traballa, polo que está pensando seriamente coller unha baixa ou como último caso deixar o tenis (pero esto último considerao pouco probable).
Dende eiquí darlle ánimos a Pazitos para que teña máis sorte no vindeiro Grand Slam.

Volve Dieguito Chevalier








Estos días estou ledo futbolísticamente falando. Hai cousa de unha semana entereime que Diego Tristán estaba a proba no West Ham United de Gianfranco Zola e parece que o da Algaba convenceu o técnico italiano e xogará o que resta de tempada no clube inglés.
De sobra sabedes a miña "idolatración" por Diego Tristán, o mellor "9" que vestiu "a branquiazul", Diego ten 32 anos e aínda pode ofrecer cousas, deso estou seguro. Ogalla lle vaia ben e acade ter máis anos de contrato. Eu pola miña parte, e cando teña confirmado o número que vai a levar na súa zamarra mercarei a camiseta do WHU a pesares de ser fan do Manchester. A partires de agora, un oquiño do meu corazón tamén está co West Ham, polo menos mentres Diego esté alí.
Deixovos un video con goles de Diegol para que disfrutedes.

Sobrado, as súas parroquias e os seus límites.

O Concello de Sobrado, que está composto por 10 parroquias (de Norde a Sur Grixalba, Ciadella, Cumbraos, Roade, Porta, Codesoso, Folgoso, Pousada, Carelle e Nogueira) abarca unha gran cantidade de kilómetros cadrados. A pesares da súa pequena poboación (uns 2200 habitantes nestes momentos, polo tanto o número de habitantes por kilómetro cadrado é moi pequeno) Sobrado abarca unha importante parcela dentro do que é a Galiza interior.
Curiosamente o Concello de Sobrado ten a característica de que non limita so con unha provincia senón con dúas A Coruña e Lugo. Ademáis son varios os concellos de ámbalas provincias que se xuntan ó de Sobrado en algunha das súas parroquias.
Así pois, a parroquia máis ó Norde que é Grixalba (a 2ª de maior poboación logo do Casco Urbán) limita co concello lucense de Guitiriz. Se baixamos uns kilómetros, a parroquia de Roade únese a tamén lucense de Friol e se imos un pouco máis cara o leste a parroquia de Codesoso está pegada o concello coruñés de Toques. Cumbraos únese o concello coruñés de Curtis mentres A Ciadella ademáis de limitar con Curtis tamén o fai co de Vilasantar.
Folgoso limita con Vilasantar pero tamén ó fai co municipio de Boimorto.
Tamén a parroquia de Carelle limita no seu territorio co Concello de Boimorto.
Pola súa banda Pousada une con Toques por un lado e por outro con Melide. Tamén une con dous concellos a parroquia de Nogueira, pero este faino con Melide e tamén con Boimorto.

Resumindo: o concello de Sobrado limita con 2 concellos da provincia de Lugo: Guitiriz e Friol e 5 da provincia de A Coruña: Curtis, Vilasantar, Boimorto, Melide e Toques. Polo tanto Sobrado encontrase no medio de varios municipios con unha poboación superior a súa. Así Curtis ten máis do dobre, Melide multiplica por 4 a poboación sobradense, Guitiriz case triplica a nosa poboación e Friol pasa do doble. O único concello parello ó noso en habitantes sería Boimorto e os únicos que se encadrarían por debaixo de Sobrado serían Vilasantar e Toques.

Todos estes datos as veces non se lle dan a importancia que merecen pero débense ter en conta moitas veces para estudiar diversos factores como a despoboación por decir un exemplo.

venres, 10 de outubro de 2008

Os programas para novos cantantes teñen tela



Esta fan de Shakira non ten desperdicio. Gracias a Sandra por informarme de este video.



"Ken Lee" impresionante, quedei tan fascinado da letra coma o xurado do programa.



Os Crazy Boys vs Eva Perales, este xa o coñece moita xente pero debido a que non soporto o Reggaeton quizais me fixo máis gracia. Toda a razón para "a Perales".

Festividade do Pilar= Festividade da Garda Civil





Inspirado nun correo que me mandou Yoly e pensando que pasado mañán e coincidindo coa festividade da Patria Española, a Virxe do Pilar (que magoa que este ano sexa domingo) quero adicar este post as Forzas de Seguridade do Estado. Concretamente a Garda Civil.
Venerados por uns o odiados por outros, uns quérenos ter cerca outros non os queren ver nin en pintura. O que está claro e que o tricornio é xa símbolo nacional tan coñecido coma o touro de Osborne ou a sevillana que se poñía enriba das televisións.
Dende eiquí quero felicitalos pola súa festividade e que disfruten o máis que poidan dando antes un consello: "se bebes non conduzas!"
Saudos

xoves, 9 de outubro de 2008

A Comisión Sobrado 2009 estrea blog

Sobrado conta dende hai uns días con un novo blog. Trátase do blog da comision de festas Sobrado 2009. A dirección é a seguinte:

comisionfestassobrado2009.blogspot.com

entrade para darlle folgos a estes rapaces e deixades suxerencias que seguro que eles terán en conta.
Eu pola miña parte engadirei un link dende este blog.

Saudos para a nova comisión.

mércores, 8 de outubro de 2008

Chegan máis fotos dos Dolores 2008

Grazas a Chus García Souto (gran amante da fotografía, non hai máis que ver o seu facebook) chéganme máis fotos do domingo dos Dolores de este ano. Esta é a recopilación de fotos: Blas da París acompañado por xente de Sobrado (Chus e seu cuñado Pazitos en primeiro termo)
Foto de grupo con Pedino celebrando a consecución de un gol
All the people
Petete´s Family
Di Chus que seica eu saio con cara de formal nesta foto...
Nishita e Chus, xeración do 75
Vivan os noivos!!!! coño! trabuqueime, eso foi o ano pasado por estas datas!

Esteban nesta foto saiu con ollos de "chino"
Vilanova On Tour 2008
Chus, Laura1, María, Laura2 e Pedino
Ángel de Tete: nos vamos a la izquierda... y a la derecha

Comisión 2009 (onde esta Antón?)

Teté con cara de boa
¿Como dis Calvete?
Laura escoltada polos Pablos
Compañeiros da comisión 2007 de dubidosa reputación...

Pazitos, queres gardar a língua?


Holaaaaaa
Rock The Night
Os vellos rockeiros nunca morren
Petete en estado de trance
Votastes todas as festas tiradas no chan!




Apareceu Antón! as novas xeracións pegan forte
Moita xente nova na noite do domingo
No peche da París
Salta Sobrado, salta
Baixadevos de ahí, ohhhhhh!