xoves, 26 de febreiro de 2009

Discrepo abertamente


Onte en diversos medios de comunicación nacionais saiu unha curiosa enquisa que me chamou moito a atención. Nela, segundo reza o título "o 55% dos españois poñeríalle os cornos a súa parella se esta non se enterase nunca"...
Debo confesar que discrepo abertamente cos números de esta enquisa pois eu polo que vexo por ahí adiante, e polo que un pode escoitar eu penso que esta cifra é raquítica totalmente. Eu calculo que a cifra pode estar entorno a un 80% e o mellor incluso me quedo curto. Non sei que opinades vos..., deixade os vosos comentarios.
Deixovos a nova completa para que lle votedes unha ollada:
ENCUESTA
Un 55% de los españoles sería infiel a su pareja si ésta no se enterara nunca

Los resultados de este estudio, mayores de 18 años, apuntan además que tan sólo un 9,5%de los españoles «se negaría en rotundo» a aprovechar la posibilidad.

El 55% de los españoles sería infiel a su pareja si supiese que ésta nunca se enteraría, según una encuesta de la agencia de relaciones Parship, que apunta también que los hombres dudarían menos (64%) que la mujeres (46%) en engañar a su media naranja».

Los resultados de este estudio, realizado por medio de entrevistas en línea a 2.300 personas casadas o en pareja, mayores de 18 años, apuntan además que tan sólo un 9,5%de los españoles se negaría en rotundo» a aprovechar la posibilidad.

La agencia europea Parship, especializada en la búsqueda de parejas, planteó a los entrevistados una pregunta comprometida: ¿Si tuvieses la oportunidad de vivir una noche de amor o pasión con una persona con la que siempre has soñado (amor de la infancia o un actor o actriz), sabiendo que tu pareja jamás se enteraría, lo harías?».

El 55 del total contestaron que no se lo pensarían» y que no se quedarían con las ganas», aunque los hombres se mostraron más propensos a este engaño.

En cuanto a grupos de edad, mientras este deseo se reducía en los hombres más mayores, en el caso de las mujeres se observaba como aumenta ligeramente en el grupo de 36 a 45 años (43%), frente al grupo de 26 a 35 (39%), pero vuelve a caer al 39% en las mujeres de más de 45 años.
Aunque son muchos los españoles que, según la encuesta, dirían que sí a su amor platónico sin pensarlo, se suman al 35,5% de los entrevistados que son de la opinión de que estas cosas en frío se niegan, pero en caliente se hacen».

Los partidarios de la fidelidad absoluta» se alejan mucho de estas cifras, ya que tan sólo un 9,5% de los españoles se negaría en rotundo a aprovechar la oportunidad que la otra persona les brinda: un 15% de los hombres y un 4% de las mujeres.

mércores, 25 de febreiro de 2009

Xuntos podemos!!!


Mañán toca noite épica e histórica en Riazor. De novo toca remontada para seguir en Europa e o partido de mañán fronte o Aalborg de Dinamarca evocanos a partidos coma o recente do Brann, o do Milan, Olympiakos ou o do PSG. Decía o finado Juan Gómez "Juanito" a un xogador italiano do Inter de Milán que "90 minuti in il Bernabeu son molto longo" pero en Riazor moitos equipos europeos xa saben que as veces as meigas paran as agullas do reloxo ata que o Depor consegue o proposito de pasar rolda.
Mañán máis que nunca temos que estar todos co Depor, mañá temos que encher Riazor e alentar os branquiazuis.
Sabemos que está difícil, que o equipo ten bastantes lesionados e sancionados... pero non é imposible. O primeiro gol témolo que marcar nós, remontar un 3-0 non é nada doado e en Europa ninguén regala nada pero estou completamente seguro que se chegamos ó descanso gañando 1-0 imos pasar de rolda.
Confiemos nas meigas, na Torre de Hércules, no embruxo de Riazor e en Xerión se fai falta pero mañán clasificámonos!!!
FORZA DEPOR

A pregunta da semana

Moi boas a todos e a todas. Logo de este pequeno parón por motivos "carnavaleiros" voltamos a rede con unha nova cuestión da Pregunta da semana que como ben sabedes non ten resposta.
A de esta semana é por votación popular (3 persoas concretamente):

A que persoa que iba disfraza de muller o domingo lle quitaron unha foto en primeiro plano do seu "Paketamen"?

Esta semana creo que a puxen doada...

xoves, 19 de febreiro de 2009

As dobraxes na TVG


Quen non recorda este logotipo e quen non recorda as "peculiares" traduccións ó galego dalgunhas películas clásicas dos anos 80 e principios dos 90. A verdade é que na nosa pandilla recórdase moitas veces a traducción "Arre Demo, outra vaca no millo" que fixo célebre a TVG hai anos.
Pois ben, hoxe Vero86 pasoume un correo que teño por algures (sabe Deus onde) e creín convinte compartilo con todos vos.
Antes de nada quero pedir disculpas por se algún ou algunha lectores de este blog se sinte ferido nos seus sentimentos pois hai palabras mal soante pero simpáticas a vez. Eiquí volas deixo:
* Podo cheirar a tua crica dende eiqui Dice un preso guarrillo a Jodie Foster cuando entra por primera vez a ver al Haníbal Lecter en El silencio de los corderos.
* Luck, non poñas o carro diante dos bois Yoda a Luck Sky Walker en el imperio contraataca, al fracasar levantando el X-Wing
* Seica estás bébeda Su Elen? Frase para la posterioridad en Dallas.
* O Ultimo Grolo Xotaerre
Contestación de la Anterior Frase en Dallas.
* ¿Cómo?¿Fodiches nela? El coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.
* Ti ves unha perrecha e poste tolo El coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.
* Mete o facho no cú, mono da merda Charlton Heston se lo dice a un simio en el El planeta de los simios.
* Escomezamos a mañá cunha tonada de Ana Kiro Charlie Sheen en Hot Shots 2 a punto de caer inconsciente por un golpe en la cabeza.
* Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas Harvey Keitel a los matones de Pulp Fiction.
* ' A rañala, raparigo' El mítico 'Sayonara Baby' de Terminator, versión 'jalisia profunda'.
* Para vencer a Austin Powers temoslle que lle roubar o seu...mollo. El Doutor Maligno, junto con su Minieu, conspirando para robarle el mojo a Austin Powers.
* Vou facerme medieval co teu cú Frase inolvidable de Pulp Fiction.
* ¿Gustaríache comerme a perrecha? Juliette Lewis a Tarantino en una inolvidable escena de Abierto hasta el amanecer, en cojunto, una de las mejores adaptaciones del guión al gallego de todos los tiempos.
* És un pimpín Son Goku El super guerrero Vexeta a su super enemigo Son Goku.
* Voute esnaquizar verme noxento Los malos a Son Goku Bolas del dragón.
* Fillo do porco, marrán seguro. Sean Penn consigue un énfasis inédito en el equivalente de : 'de tal palo, tal astilla' en Mystic River.
* ¡¡Pensei que ía pras patacas!! Sylvester Stallone a Sandra Bullock en Demolition man (O demoledor) al tener un accidente en un coche y pensar que se mataba.
* Detesto a miña pixa. Un paciente de la serie Nip/tuck (traducida inteligentemente al gallego como Quita e Pon) se queja del tamaño de su pene.
* ¡Hey ti!, ¿estás a foder na miña irmá?: Pregunta que le hace el hermano de la novia de Rocky a Sylvester Stallone en Rocky 1. Sin comentarios.
* ¡Terma Chiwi, que escorregho!: Han Solo a Chewaka cuando el primero se resbala por el ala del Halcón Milenario.
* E ti ris. FURABOLOS!!: Han Solo a Chewaka cuando Leia le da calabazas.
* Isto non che é como peneirar, meu!!: Han Solo a Luke cuando éste le pregunta por qué tarda tanto en entrar en el hiperespacio.
* ¡¡Meu día, meu día!!: A un piloto americano le pegan un zambombazo en al avión en una película sobre la Segunda Guerra Mundial. La traducción literal/literaria de la señal de socorro Mayday al gallego no podía ser más acertada.
* Roncalle o carallo: Tony Montana a Many en 'El precio del poder'(quería decir 'hay que joderse')
* El é o MESIAS: Frase de un tal Morfeo refiriendose a Neo.
* Entras nun urinario público, poste a falar cun moscovita, e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade: Sean Connery en 'La casa Rusia' (cualquier comentario sobra)
* Francamente querida impórtacheme un carallo: Rhett Butler a Scarlett O'Hara, al despedirse de élla en 'Lo que el viento se llevó' traducción de 'Francamente querida eso no me importa'.
* Quero que protexas esa porta como se fose a perrecha da túa irmá: Steven Seagal dando instrucciones a un compañero de aventuras.
Como vedes calqueira comentario o respecto abonda.
Sede felices!

mércores, 18 de febreiro de 2009

Área Recreativa "A Pontepedra"

Na saida de Sobrado en dirección á Santiago e bicando á par o Camiño Norte e o río Tambre encóntrase a área recreativa "A Pontevedra". Un precioso lugar que está pretiño da antiga muralla que dividía o Mosteiro de Santa María do pobo de Sobrado. Neste lugar é onde se celebra o "Día da Familia" e o ano pasado, quen máis e quen menos probou as frías augas do Tambre. Hoxe aproveitando o excelente día que fai quixen facer unhas instantaneas para compartir con todos vos, sobre todo esa xente que está lonxe do seu querido pobo e quérese sentir dentro del por uns momentos..., agardo que vos gusten: O enclave de A Pontepedra é maravilloso
Imaxe do trascurso do Tambre dende a balaustrada ó lado do Camiño Norte

Detalle da zona onde o Tambre anchea

Outra imaxe da zona onde o Tambre ocupa máis espazo en A Pontepedra

Imaxe das mesas e bancos




Este amigo noso non quixo perderse este magnífico día

Unha das pontes que ten a área

O Tambre transcorre calmo por estas paraxes

Zona de pouca profundidade do río

Outra panorámica da área recreativa
Mesas co río ó fondo, (que gañas de que chegue o día da Familia)

Unha ou máis árbores acompaña a cada mesa

Panorámica dende o lado inverso da área

O Tambre, o gran protagonista do entorno

A zona de sombras é bastante abundante

Augas tranquilas

Outra das pontes que atravesan a área

A herba ten un bo color, nótase que choveu dabondo

A zona é espectacular

Un dos regatos que dan vida "A Pontepedra"

Por zonas parece que o río se quere agochar

Detalle do caudal do río

A Pontepedra está pechada por unha balaustrada de madeira

Mostra clara de que a Vía Romana pasou por eiquí

A cuncha do Camiño de Santiago para guiar os peregrinos
AGARDO QUE VOS GUSTASEN AS FOTOS!!

























martes, 17 de febreiro de 2009

Unhas risas non veñen nada mal


Deixovos por este humilde espazo un chiste que me enviou meu primo Félix dende Ponferrada que me fixo rir bastante. A verdade é que como vedes son un fan cos chistes, e os que teñen "retranca" encántanme:
Un hombre pequeño va en el ascensor cuando se monta un negro tremendo a su lado.Este mira al hombrecillo y ofreciéndole la mano, le dice:

- 2,10 metros , 125 kilos, un pene de 30 cm , dos testículos de 200 gramos cada uno. Cubano. Mi nombre: Dante Lapuerta.

El hombrecillo se desmaya y el hombre negro, sorprendido, le levanta y le despierta abofeteándole. Entonces le pregunta:
- ¿Tienes algún problema?

A lo que el hombrecillo le contesta:
- ¿Podría repetir despacio lo que ha dicho?

El negro le mira desde arriba y le vuelve a decir:
- 2,10 metros , 125 kilos, un pene de 30 cm, dos testículos de 200 gramos cada uno. Cubano. Mi nombre: Dante Lapuerta.
- Gracias Dios Mío, pensé que habías dicho: "Date la Vuelta".

A pregunta da semana

Quen perdeu por un anaco un dos seus zapatos na noite do sábado en Disco Palladium de Melide?

venres, 13 de febreiro de 2009

"Single Ladies" Beyouncé



Chegou unha nova fin de semana e hoxe quérovos deixar un espectacular videoclip. Trátase do "Single Ladies" (Put A Ring On It) de Beyouncé. A canción é preciosa pero o baile non se queda atrás. Sen lugar a dúbidas hai que ter moitas "taboas" para bailar e moverse dese xeito.

Bueno pois ahí vos queda este clip adicado a todas as "Single Ladies" (Mulleres Solteiras) que len este blog.

Saudos, boa fin de semana.

xoves, 12 de febreiro de 2009

Cada día gústanme máis os deportes

Os que me coñecen saben que son un "deportemaníaco" empedernido, é máis, incluso penso que "o meu caso" debe ser enfermizo cos deportes pois gústanme todos ou case lque todos. Dame igual que sexan ligas extranxeiras ou nacionais, deportes de selección, individuais, de motor..., incluso a veces me paro en Eurosport a ver como hai campionatos de cortar troncos con motoserras ou "mastodontes" tirando por camións en punto morto. Pois ben, agora teño un motivo máis para que os deportes me gusten aínda máis se cabe porque dende que La Sexta cambiou o formato do espazo deportivo nos informativos e entrou o "peculiar" Patxi Alonso e esta princesiña chamada Sara Carbonero ademáis de informar ampliamente sobre os temas deportivos en xeral un pódese deleitar coa beleza desta guapa presentadora que un bo día cambio Radio Marca por La Sexta. Sen dúbida que se lle ve moi metida no seu papel de presentadora deportiva pero opino que se comezase unha carreira de modelo seguro que non pasaría fame (e non me refiro a "apetito sexual"). Ten uns ollos verdes espectaculares e uns beizos moi chamativos.
Non sei se non cambiarei a miña idolatrada Tyra Banks por este "producto nacional", unha xoia en bruto vamos...




mércores, 11 de febreiro de 2009

Moito se aprende nas tabernas

As tabernas ou bares sempre foron lugares onde a sabedoría popular permaneceu a pesares do paso do tempo. Hai moito tempo, a xente que frecuentaba os bares (sempre homes), aínda que non consumisen alcohol eran tildados de borrachos e ociosos.
Afortunadamente os tempos cambiaron e agora ademáis de clientela masculina nos bares tamén frecuenta a feminina. Antigamente a xente reuníase a saida da misa para comentar anécdotas, cotillear, vender fincas ou o que fixese falta, hoxe reúnense en locales hostaleiros, moito máis cómodos e confortables, onde non se pasa frío e cada un pode tomar o que lle apetece.
Cada taberna encerra unha historia, tanto en cidades coma pobos ou aldeas as tabernas están cheas de "lendas urbanas" ou anécdotas que ocorreron dentro do local; un local no que sen lugar a dúbidas os protagonistas principais son os clientes en maior medida.
Nun pobo pequeno coma Sobrado (ou coma calqueira dos que están ó redor) pódese apreciar como cada bar ten máis ou menos unha clientela fixa e outra variable (a que para en todos os negocios por igual como se soe dicir). Esta clientela máis habitual eu denominoa como "os sabios" pois coñecen todos os entresixos do local, contan anécdotas de antaño, preocúpanse se os donos do negocio teñen algún problema e son xente moi curtida na "cultura do bar". Como en todas as cousas, os bares tamén teñen as suas leis..., cantas veces escoitamos o de: "cóbrame a min que estou eu de volta" (nas cidades moi en deshuso), "ponlle un Rioja a este que outra cousa non che bebe" (en plan cachondeo)... e tamén cada cliente "da casa" ten o seu lugar habitual dentro do bar e se polo que sexa un día chega e o seu "habitat" natural está ocupado séntese incómodo e é moi probable que marche antes de tempo do local... para voltar un anaco despois logo de ir a outra taberna a ver se o seu sitio xa está libre.
A xente de bar por regla xeral sabe xogar moi ben as cartas e se ti eres inexperto/a e te animas a xogar unha partida eles que están como espectadores vanse encargar de dicirche o que fixeche mal, o naipe que deberías xogar e hasta discutir con algúns dos compoñentes da mesa pero hai que respetalos que para eso son "os sabios"; logo de unha agria discusión sempre chega a archiconocida frase de todo bar, taberna, tuburio, tasca ou chiringuito: "os de fora dan tabaco" que fai calar ó "sabio" en cuestión (agás os máis contestóns que replican calqueira protesta).
Os "sabios" saben xogar o "chinchimoni" ou "chinos" e se perdes contra eles chámanche burro con todas as da lei pois para eso son "os sabios" e eles sempre van a ter razón.
Ademáis moitos dos "sabios" sempre teñen a extrana habilidade de ser seres entrañables e destacados na vila ou aldea en cuestión que coas súas fazañas fan as delicias de moitos que contando as súas anécdotas rin que se parten.
Cóntanche como foi a súa vida de novos, a xente que había no médico, que o cura chegou 10 minutos tarde o que agora non temos espabilación ningunha coas mozas: "agora sodes tontos e elas lanzadas, se me volvo da vosa idade...". Tamén na taberna soe facer acto de presencia a típica frase: "hoxe a xuventude non se sabe divertir, antes si que se pasaba ben cando íbamos andando todos coas mozas para a festa..." saida como non da boca de algún "sabio".
Se queres un consello os "sabios" vancho dar, se non o queres tamén cho van dar, se queres que te critiquen emborrachate un día no bar que soen estar e dirán que a xuventude de hoxe en día é unha perdición, que eles cando eran novos non tiñan tanto vicio..., eso sí nin se che ocurra dicirlles o estado no que se atopan eles por que a eles xamáis lles afecta o alcohol! (ou eso creen).
Son os "sabios" e hai que tratalos como tal, forman parte dos establecementos e saben moito, podes estar ou non de acordo con eles, pero sen eles, o negocio non sería o mesmo...

Saudos

luns, 9 de febreiro de 2009

A pregunta da semana

Quen me acaba de pasar un "autorretrato" vestido de Garda Civil o meu móvil para que o poña en "Enterné"?

sábado, 7 de febreiro de 2009

Estación de Esquí XA!

O Mosteiro

A nevada fíxose notar en toda a zona

Vista da "Telleira" dende San Bernardo

A Praza de Sobrado a media mañán



Ollade a de neve que ten o chan

Outra fermosa foto do Mosteiro coas torres cubertas de branco


O parque o lado da piscina
Unha foto máis do Mosteiro

A piscina, o colexio e o pavillón polideportivo ó fondo

O paseo da entrada a Sobrado pola estrada de Santiago (Camiño Norte)

A Fachada do Mosteiro

O Pazo de Carrete


Alvariza City
Lista, Raysa e Toby disfrutando da neve
O Bocelo ó fondo

O tellado da Discoteca Supernova tampouco se librou

O Mosteiro pola parte posterior

A entrada o paseo da Lagoa

O Paseo da Lagoa

A ponte do Río Rudelo
Outra vista da ponte

A Lagoa o venres pola mañán

A neve cubría os pes a altura da Lagoa

Outra imaxe dun marco incomparable


Os patos proseguían coa súa vida normal como se non fose con eles a cousa

Imaxe do pobo de Sobrado

Vista parcial de Alvariza


Unha vez máis nun período de dous meses e medio a neve veu a visitarnos outra vez. Desta volta comezou a nevar as 7:30 da mañán copiosamente e acadouse a capa de neve máis gorda das 5 que caeron na Lagoa a neve cubría os pes, como vedes na foto que puxen arriba.
Parece ser que aínda quedan 2 nevadas por vir..., agardaremos pois!