martes, 31 de marzo de 2009

O Test de Jaimito


Miguel, meu padriño de confirmación acabame de pasar ó meu correo electrónico un chiste que me fixo esbozar un prolongado sorriso e quero compartilo con todos vos.

A ver que vos parece:


La profesora interviene en una discusión entre dos alumnos:
Jaimito, ¿cuál es el problema?
Seño, es que yo soy demasiado listo para estar en primero.
Mi hermana está en tercero y yo soy más listo que ella.
¡Yo quiero ir a tercero también! La profesora ve que no puede resolver el problema y lo manda para la dirección.

mientras Jaimito espera en la antesala, la profesora le explica la situación al director.
El director promete a la profesora hacerle un test al niño, que seguro no conseguirá responder a todas las preguntas, y así accederá a continuar en primero. Ya de acuerdo ambos, hacen pasar al niño y le hacen la propuesta del test que él acepta.

Inicia entonces las preguntas el Director:


A ver Jaimito, ¿Cuánto son 3 por 3? "9“


¿Y cuánto son 6 veces 6? "36"

El director continúa casi una hora,con la batería de preguntas que sólo un excelente alumno de tercero debe conocer.


Y Jaimito… no comete ni un solo error. Ante la evidente inteligencia del menor, el Director dice a la profesora:


Creo que tendremos que pasarlo a tercero.


La profesora no muy segura, pregunta:


¿Puedo hacerle yo unas preguntas también?


El director y Jaimito asienten. Comienza entonces la profesora:


¿Qué tiene la vaca cuatro y yo sólo dos?
Las piernas,
responde Jaimito sin dudar...

¿Qué tienes en tus pantalones, que no hay en los míos?
El director se ajusta los lentes, y se prepara para interrumpir...
Los bolsillos, responde el niño.

¿Qué entra al centro de las mujeres y sólo detrás del hombre?
Estupefacto, el director contiene la respiración...
La letra "E", responde el alumno.

¿Y dónde tienen las mujeres el pelo más rizado?
El director hace una mueca de asombro.
En África, responde Jaimito sin pensarlo ni un instante.

¿Qué es blando, y en las manos de una mujer se pone duro?
Al director se le cruzan los ojos.
El esmalte de uñas, contesta Jaimito.

¿Qué tienen las mujeres en medio de las piernas?
El Director no lo puede creer... Las rodillas, responde Jaimito al instante.

¿Y qué tiene una mujer casada más ancha que una soltera?
El director mas rojo que una amapola…
La cama.

¿Qué palabra comienza con la letra C, termina con la letra O, es arrugado y todos lo tenemos atrás?
El director empieza a sudar frío...
El codo, seño.

¿Y qué empieza con C tiene un hueco y yo se lo di a varias personas para que lo disfrutaran?
El director se tapa la cara...
Un CD.

El director, ya mareado de la presión les interrumpe y le dice a la profesora... Mire, póngame al hijo de puta este en sexto...
¡¡¡Y yo me voy a primero, que acabo de fallar todas las respuestas!!

Unha carreira meteórica

Crea tus propias portadas en soyportada.com
A carreira de Pazitos coma pescador está a experimentar unha progresión meteórica; apenas hai dúas semanas quitou a licenza de pesca por primeira vez (as veces que se achegou o río ata o de agora fora para darse un baño estival) e logo dos dous primeiros días de pesca os resultados foron tan espectaculares (1 captura no primeiro día o outra no segundo -troita pillada por Lisardo pero que puxo como súa nun MMS-) que Repsol YPF o seleccionou para que representase a multinacional petroleira nun campeonato Interempresas que se disputou no río Anllons o pasado sábado.
De seguir así, o "Pescador dos Castros" como xa é alcumado axiña será seleccionado pola selección galega de pesca na modalidade de "saltón afogado".

Dende este blog queremoslle desexar boa sorte, e que o río vaia revolto...

luns, 30 de marzo de 2009

A pregunta da semana

Qué fenómeno logo de durmir hora e media foi o Gadis de Elviña a mercar unha pizza precociñada para facer no forno e un Minute Maid de litro de un sabor raro color xarope chungo, e case queima a cociña as 12 e media da maña do sábado?

venres, 27 de marzo de 2009

Arde o Orzán (parte II)


Non vos asustedes, seguro que mañá non sae nos periodicos locais e nacionais pero hoxe pola noite vai arder o Orzán.
Así é, 6 intrepidos homes sobradenses que formaron parte da Comisión de Festas Sobrado 2007 sairán hoxe de festa pola cidade herculina coa firme promesa de bailar ata ben entrado o día.
Debo confesar que os integrantes de Sobrado 2007 saimos moi bailaríns (ahí están os nosos títulos gañados a pulso logo de moitas noites de "claqué"), os nosos zapatos pódeno atestiguar pois temos gastado moitos pares nas noites sin fin...

O luns detallareivos o que dou de sí a noite coruñesa na que esperemos que Pazitos siga tendo ese "feeling" habitual coa súa "Cazadora Máxica"..., ja ja ja.

Saudos

Pasade bo finde.

xoves, 26 de marzo de 2009

Una chispa me coma...





A raíz de extrano suceso "acaecido" en Iñás (Oleiros) esta fin de semana e do que xa se falou neste blog en anteriores entradas viñerónseme a cabeza estes dous videos quitados do "Tubo" relacionados con tema, seguro que moitos xa os vistes pero a verdade é que serven para votar unhas risas.
Visualizadeos por orde que mola moito máis, o final do segundo video daredesvos conta de que se trata...

Saudos

O deporte nacional de Galicia





Hoxe quero falar do deporte nacional en Galicia que a pesares do paso dos anos aínda perdura..., estoume a referir a mover os marcos das fincas!



Esta actividade ou "deporte" ten moitos anos de antigüidade e foi o motivo de miles de reñas, pelexas e incluso mortes entre veciños.




A escea é moi sinxela, un paisaniño (a partires de agora Ruralman1) ten unha finca que colinda con outro paisaniño (a partires de Ruralman2); aproveitando que Ruralman1 está na súa leira facendo as tarefas propias da época dase conta de que a súa propia parcela quédaselle pequena polo que logo de un análise exhaustivo de uns 2 segundos e mandando a facer gárgaras as teorías das coordenadas da finca decide mover o "marco" que separa a súa leira coa de Ruralman2. Logo de esta acción vaise a xantar a súa casa todo cheo de razón e sabedor de que a leira "agrandou".


Días despois Ruralman2 aproxímase a súa leira para votarlle unha ollada a ver como vai o crecemento do nabal pero sorprendentemente ve que alguén moveu o marco que divide a súa finca coa de Ruralman1 párase un intre e pensa para si mesmo "tivo que ser o fillo de puta este que xa a semana pasada tivo "jaleo" polo mesmo motivo con Pepe de Caña Estreita"...


De súpeto achégase o marco pero en vez de ubícalo no lugar onde estaba antes de que Ruralman1 actuase "sobre a zona" decídese a darlle 3 metros máis para aló de onde estaba inicialmente.


O día seguinte Ruralman1 da un paseo ata a leira para ver se o marco segue no lugar onde o colocou xornadas atrás pero aprecia que a súa finca lonxe de seguir coas mesmas dimensións que él estableceu ve como aminorou considerablemente collendo un enfado considerable con Ruralman2.


Aquí comeza o lío, Ruralman1 vai encentellado cara a casa de Ruralman2 a cantarlle as cuarenta por mover o marco da leira, a uns 800 metros do fogar de Ruralman2 oese achegarse un Super55 azul, é R2, polo que R1 agóchase detrás de un balado e cando o tractor pasa a súa altura tíralle un pedrusco que impacta na lúa lateral do tractor que fai que o cristal quede esnaquizado en mil pedazos.
R2 ve un sombreiro detras do balado e dase conta de que o causante do pedruscazo foi R1 da un chimpo do tractor e comeza unha persecución que pasados uns 700 metros fructifica, R1 e R2 comezan unha loita de puñetazos e insultos a partes iguais...
Os veciños que oen o barullo corren para separar, logo de separados os dous "galos" chámase a Garda Civil...
A escea é completa:
- Ruralman1 ten o ollo dereito hinchado, fáltalle un dente e sangra pola frente...
- Ruralman 2 coxea, ten o pantalon roto e tamén ten un ollo hinchado...
Os dous son apreixados e levados o cuarteliño a declarar, R1 culpa a R2 de mover o marco da finca e viceversa, logo de unha ampla declaración e ameazas verbais son postos en liberdade a espera do xuicio.
Pasados un mes celébrase un xuizo rápido onde se dictamina unha decisión salomónica: o marco voltará o seu lugar inicial polo que nin Ruralman1 nin Ruralman2 quedan satisfeitos.
Estes son os beneficios que lles aportou mover o marco:
1. Magulladuras por todo o corpo
2. Enfrontar a dúas familias
3. Perder de falarse con un veciño por uns miserables metros
4. Sair na prensa debido a "gran fazaña" dos dous individuos
e..........................................................................
5. (O MÁIS IMPORTANTE) POTENCIAR O DEPORTE NACIONAL GALEGO POR ANTONOMASIA: MOVER OS MARCOS DAS LEIRAS.
Saudos e sede vos.





mércores, 25 de marzo de 2009

A pregunta da semana


Que fenómeno se casa o vindeiro 6 de xuño nunha cidade mediterranea e a celebración asistiremos bastantes persoas de Sobrado?

martes, 24 de marzo de 2009

"Space Invaders" en Iñás

Chama a atención na edición dixital de La Voz de Galicia a denuncia de unha veciña de Oleiros a cal di que o domingo pola noite viu un ovni de cor "alaranxado" en compañía do seu marido e a súa filla. A min sinceramente esta serie de "historias" sempre me resultaron graciosas e son un pouco incrédulo neste senso, non sei que opinades vos... esta é a nova completa:

Una vecina de Iñás denuncia ante la Guardia Civil que vio un ovni

La mujer fotografió un supuesto platillo volante, que describió como «anaranjado»

Mari Cruz Galego es una vecina de Iñás que está convencida de que el «objeto anaranjado» que divisó la noche del domingo es un ovni. Eso sí, también reconoce que espera el dictamen de las diferentes instituciones a las que ha llevado las fotografías del supuesto plantillo volante. Por ahora ha denunciado el caso ante la Guardia Civil de Oleiros y ha preguntado a una entidad experta en astronomía de A Coruña sobre el origen del fenómeno que presenció con su familia.

«Íbamos en el coche mi hija, mi marido y yo, cuando nos percatamos de que había en el cielo paramos», relata. Mari Cruz aclara que los tres miembros de su familia tienen claro que la única explicación posible a lo que vieron es extraña, aunque tampoco les asusta.

«Por suerte llevábamos una cámara y le hicimos dos fotos, el problema es que yo no manejo muy bien el zoom y tal vez no saqué todo el partido de la situación», asegura.

En cualquier caso, esta residente en Iñás considera que el mejor aval de que lo que vieron en el cielo se trataba de un ovni era el movimiento que realizaba y que descarta que se trate de cualquier tipo de aeronave.

«Infinito de las estrellas»

«No puede tratarse de un avión, porque no se movía por el cielo como si lo fuese, no se alejó hasta perderse en el infinito de las estrellas», detalla.

En ningún momento tuvieron miedo de la supuesta nave extraterrestre, pero tilda de «extraño» el encuentro. «Primero vimos una luz rara, que se iba tornando de un rojo anaranjado, al principio estaba casi cerca de los tejados de las casas», resume.

Tanto ella como su familia pasaron un buen rato en el arcén de la carretera contemplando lo que desde un primer momento bautizaron como un ovni y que se fue alejando hasta perderse en el cielo. «Estamos seguros, porque era una noche muy clara», precisa esta mujer, que espera que hoy alguien le aporte alguna explicación. Sea lo que sea advierte: «No voy a vender exclusivas».

mércores, 18 de marzo de 2009

A pregunta da semana

Qué dúas personas mantiveron esta corta pero curiosa conversa nun bar de Sobrado o pasado luns?:

- Personaxe 1: Para que fuche fresar a miña leira sen pedirlle permiso a ninguén?
- Personaxe 2: hoder, fun alí dápido pedo solo lle din unha "mallada"
- Personaxe 1: "unha mallada" habíacha que dar a ti. Ti non entendes o castellano?
- Personaxe 2: Yes, yes, yes.

Saudos

martes, 17 de marzo de 2009

Festas de San Xosé en Teixeiro

O veciño pobo de Teixeiro celebra os días 18 e 19 de marzo as festas na honra a San Xosé. Os encargados da organización do evento son a Comisión das Festas da Xuventude que terán lugar no mes de xullo.
O cartel merece moito a pena, así mañán mércores 18 de marzo estará o espectacular Grupo AMÉRICA que unha vez máis deleitaranos coa súa forma de entender e facer música, sen lugar a dúbidas unha formación que non deixa indiferente a ninguén e no que noite tras noite os seus 6 músicos amosan ser profesionais dos pes á cabeza.
Para o día propia de San Xosé, o xoves 19 de marzo participará nas festas outra gran e histórica formación, a orquestra TREBOL de Ferrol que o ano pasado cumpriu 60 anos de existencia. Unha gran orquestra na que debemos resaltar que o batería (un dos mellores de Galicia) é o noso veciño Pablo.

Xa sabedes, os días 18 e 19 de marzo non vos olvidedes que tedes en Teixeiro unha cita ineludible.
Saudos

luns, 16 de marzo de 2009

Unha gran elección



Pasoume Nishita por email hai uns días este maravilloso video titulado "El señor de los anillos". Unha cea romántica na que o noivo obsequia a moza con un anel..., veremos que pasa...

É moi bo!

As drogas son malas...



Atención a este video!!!, non vos perdades os efectos secundarios que produce a anestesia de un dentista neste neno chamado David. Está subtitulado en español, a ver se vos gusta.

xoves, 12 de marzo de 2009

Un novo amigo




Presentovos o que dende hoxe será o voso amigo. Este osiño panda virtual é dende xa a mascota de este blog e agardo que fagades boas migas con él, acaba de chegar e é un pouco tímido, xa veredes como en breves lle colledes cariño. Se clickades enriba do oso panda este moverase ou pararase segundo vos queirades. Probade a balancealo e divertídevos con él. Agradecerávolo.
Ahh, por certo, responde o nome de Rocco.

Miniviaxe a Allariz

Hai moito tempo que teño gañas de coñecer Allariz. Teño oido maravillas de este vila ourensá pero por unha cousa ou por outra o tempo foi pasando e como decía Ángel o meu profesor de Historia no instituto de Curtis (un auténtico fenómeno): "case sempre coñecemos antes o de fora que o que temos na casa, e así nos vai". Pois ben de esta volta apliqueime o conto e pensando nas verbas do gran Ángel entre Noe e eu planificamos esta mini excursión de fin de semana a vila alariquense. Din que o enclave é espectacular e o coidado das construccións e a similitude das mesmas deixa pasmados a quen o visita. Ademáis o entorno natural que rodea Allariz parece ser que é digno de ser admirado..., xa vos comentarei a ver cales son as miñas percepcións a volta da fin de semana pero estou completamente seguro que han de ser boas (ogalla non me equivoque).
Veremos que nos depara o fin de semana as ribeiras do Arnoia..., levarei a cámara para inmortalizar o momento e seguramente que veña para Sobrado algún recordo da provincia de Ourense. Ponte da Vilanova (non, non é Sobrado, é Allariz)
Estatuas de homes e o famoso Boi, homenaxeando a festa na súa honra

A Praza do Concello

Casco antigo

Outra zona do casco antigo

Detalle de fonte tamén no casco antigo





mércores, 11 de marzo de 2009

34ª Festa do Queixo de Arzúa

Os días 13,14 e 15 de marzo celebrarase en Arzúa a 34ª Edición da Festa do Queixo. Esta festa catalogada de Interese turistico terá un sinfín de actividades nos 3 días que durará o evento. Anímovos a que visitedes o "Fídago de Galicia" como foi chamado no seu momento, seguro que disfrutaredes dabondo. Tedes máis info en www.concellodearzua.org

Este é o programa de actos:

Venres 13 de marzo

Noite de rondalla nas rúas e locais de hostalería a cargo da rondalla Moraima e Grupo de Gaitas Os Marteiros

Sábado 14 de marzo

10:00h Intervención Artística "Taller de arte e natureza: O Queixo" Grupo Arou (ó longo do día)
lugar: carballos do campo da feira

10:00h Apertura de Portas do Recinto Feiral, mostra e venda de queixos

Exposición "Concurso Cartaz Anunciador 34ª Festa do Queixo"
Recinto feiral (1º andar)

Exposición do concurso de debuxo infantil "O meu debuxo da festa do queixo" pezas presentadas por nenos e mozos desde os 3 ata os 14 anos
Recinto feiral (1º andar)

11:00 - 13:00h Pasarrúas de Música Tradicional: ASOCIACIÓN A MARISTELA- SOBRADO DOS MONXES (Ahí estamos!!!!)
Prazas e rúas de Arzúa

10:00 - 13:00 h e 16:00 - 20:00 h Obradoiro de Graffiti para maiores de 14 anos
Campo de fútbol

13:00h INAUGURACIÓN OFICIAL E PREGÓN 34ª FESTA DO QUEIXO
Recinto feiral (1º andar)
Entrega de Premios "Concurso Cartaz Anunciador 34ª Festa do Queixo)
Pregón: MONTSE VARELA, etnógrafa e antropóloga
Espectáculo de circo-danza aéreas: compañía Duelirium

16:00 - 18:00h Pasarrúas de Música Tradicional: ASOCIACIÓN A MARISTELA - SOBRADO DOS MONXES- (De novo)
Prazas e rúas de Arzúa

18:00h FESTIVAL DO QUEIXO

Queixo Maquetón, Praza da Vila, 18:00h (grupos finalistas)

LE PUNK
Campo da Feira, 21:00h

VETUSTA MORLA
Campo da Feira, 23:00 h

Queixo Maquetón, Praza da Vila, 01:30 h (grupo gañador)

21:00h Peche Recinto Feiral

Domingo 15 de marzo

10:00 - 14:00 h Intervención Artística "Taller de arte e natureza: O Queixo", Grupo Arou
lugar: recinto feiral

10:00 h Apertura Recinto Feiral
Mostra e venda de queixos

10:00 - 12:30 h Música e danza tradicional na rúa: Os Santiaguiños
Prazas e rúas de Arzúa (As 12h danza tradicional na Praza da vila)

12:30h Obradoiro e exhibición de capoeira
Praza da vila

13:30 h Degustación popular de queixo
Recinto feiral (stand do concello)

16:30 h Proxección dos traballos artísticos do "Taller de arte e natureza: O Queixo"
Recinto feiral (1º andar)

17:00 h Festa e música na rúa: ALWAYS DRINKING MARCHING BAND
Prazas e rúas de Arzúa

19:00 h FESTIVAL DO QUEIXO

UXÍA, Campo da Feira, 19:00 h
VAAMONDE, LAMAS E ROMERO, Campo da Feira, 20:30 h

21:00 h Peche Recinto Feiral

E ademáis...

Venres 13 e sábado 14 de marzo 3º concurso de petiscos e tapas
Asociación de Hostaleiros de Arzúa e C.R.D.O. Arzúa-Ulloa
Establecementos de hostalaría

Sábado 14 e domingo 15 de marzo Exposición do queixo xigante
Organiza: Asociación Cultural Nosa Señora do Carme
Recinto Feiral
----------------------------------------------------------------------------------------------


Aínda non hai os accidentes que debería...



Quedei sorprendido con este video que está de actualidade e que nos mostra unha vez máis que hai moito impresentable o volante. Aínda que non o pareza conducir é unha cousa moi seria e que conleva moita responsabilidade aínda que algúns esto o pasen polo forro...
Esta grabación é de un camioneiro romanés nunha autopista entre Bélxica e Holanda preto de Amberes, deixa moi as claras que non lle importa por en perigo a vida de outras persoas que circulan pola vía. Por suposto o "chofer" en cuestión foi identificado e despedido pola empresa romanesa para a que traballaba. Logo de analizar as imaxes non consigo saber se este tío está mal da cabeza, vai borracho, enfarlopado, naceu tonto ou caeu da cuna.
O peor de todo é que esto non é un feito illado pois en todos os lugares hai idiotas e xente que por facerse notar o volante é capaz de facer as tonterías máis sublimes.
Creo que sobran as palabras ollade o video a ver que vos parece.

Saudos.

martes, 10 de marzo de 2009

Sobrado, no Campeonato Galego de Enduro

Sobrado conta este ano con representación no Campeonato Galego de Enduro que se disputa por diversas localidades da xeografía galega.
O representante sobradés é o piloto Fernando García, coñecido no círculo de amigos coma Nando, un apaixoado das dúas rodas dende ben pequeno e que agora con 30 anos da o salto a nivel federado.
Nando, compañeiro de xeración e gran amigo de toda a vida participa co dorsal 97 no Campionato Galego de este ano coa súa flamante KTM de cor laranxa. Dende eiquí quérolle dar moitos folgos para que os resultados sexan os mellores posibles nesta primeira tempada coma federado.

Dalle neno, ti podes! Nando por diante de un rival na etapa de Vilatuxe (Lalín)
O piloto sobradés apurando freada en Rois (Teo)


luns, 9 de marzo de 2009

A pregunta da semana

Qué estrela de Rock galego me acaba de chamar a Oficina de Turismo coa intención de poder vir o V Festival Musical Intercultural da Xuventude?

Heartbeatz - Styles & Breeze



Os luns nunca poden ser un mal día, todo o contrario, para min son sinónimo de optimismo pois o comezar unha nova semana comezan tamén novas oportunidades. Para aqueles que a semana anterior non foi o boa que quixeran, ábrese a posibilidade de que esta sexa moito máis optima. Para aqueles que a semana anterior foi boa debe haber o obxectivo de que esta mellore aínda os resultados anteriores ou polo menos que non sexa menos boa.
Logo de este "rollo mentalizador" direivos que aínda que o video que vos deixo procede moito máis poñelo cerca da fin de semana non me resistín máis e decidín subilo. Trátase do Hearthbeatz dos djs Styles & Breeze, esta canción xa ten 3 anos pero levaba dende o venres co pegadizo estribillo na cabeza polo que busquei na discografía da miña habitación e "recuperei" o cd onde teño este tema que me encanta porque ten moitísima forza e potencia. Ademáis cárgame positivamente de boas sensacións.

Disfrutadeo e deséxovos un bo comezo de semana.

venres, 6 de marzo de 2009

Feira de Saúde

07:30 AM, soa o despertador, Ramón é o encargado de apagalo mentres Pepa rosma coma se o estrondoso son do vello reloxo de campaiñas non fose con ela.

Hoxe é día 2 e como cada primeiros de mes hai que ir o banco quitar os cartos para logo volver a ingresar unha gran parte na mesma conta asegurándose así de que a paga foi ingresada integramente e ninguén se quedou con ningún céntimo polo camiño.

Logo dun rápido aseo a parella chama a un taxi para que os transporte na distancia de 8 kilómetros que separa a aldea onde viven da capital municipal onde se concentra o centro de negocios da vila.

As 8:17 minutos o taxista xa agarda diante do corral pola parella que animosa entra no vehículo, logo da típica conversa de cando non se sabe que dicir: "virouse frío outra vez, este inverno veu doente..." chegan a praza do pobo onde o taxista "descarga a mercancía".
Son as 8:33 minutos e Pepa xa quere entrar no banco pero Ramón avisa de que aínda é moi cedo e ata as 9:00 non abren polo que é ir mellor tomar un café. A muller non está conforme polo sinalado polo seu marido pero en vista do mal día que está non lle queda outra que dar o brazo a torcer e entrar no bar de turno.

Logo de apurar o seu marido para que tome axiña o café xa que hai moito que facer: ir o banco e despois as recetas o centro de saúde e segundo a muller non lles vai dar tempo a todo.
O home que xa coñece a súa parella logo de 39 anos casado miraa con cara de indiferencia e sen decir nada pero ela segue nas "súas 13" de que como non se apure o tempo baiselles botar enriba.

Un pouco agobiado pola presión de Pepa e xa un pouco de mal xenio Ramón acaba o café de un trago e dille con cara de poucos amigos: "vamos oh!".

A parella chegan o banco 5 minutos antes da hora de apertura e xa teñen outras 6 persoas a porta, un dos traballadores do banco percátase e ante a cola que se está a formar decide abrir as portas o público antes de tempo (son primeiros de mes e é o que toca).

Logo de agardar do redor de uns 18 minutos a parella achégase o mostrador para cobrar toda a paga de xubilación que perciben voltar a ingresar todo o diñeiro agás 300€ que utilizarán para gastos. Ó banqueiro que a estas alturas xa non lle sorprende nada mira con cara de incredulidade a nosa parella pois non logra entender como aínda pode haber xente que non se crea que lle ingresan toda a paga..., en fin...

No intre en que saen da entidade bancaria Pepa (rosmona toda a mañán) apura a Ramón para que se de prisa o andar pois teñen que ir o centro de saude por recetas e seguro que vai haber moita xente pois son primeiros de mes...

As 9:33 minutos chegan o centro de saude que xa está mediado de xente, nada máis pisar a sala de espera Pepa usa a frase de rigor: "xa empezou a recoller as recetas?", "aínda non" (contesta Maruca do Incio) "pero non creo que o médico tarde moito..."

Segue a chegar máis xente e comezan a chegar coñecidos:

- Home José, ti tamén por aquí?
- Qué tal Ramón, xa facía ben tempo que non te vía carallo!!!
- Andiven algo escarallado e tiven que facer unhas placas, eche a vellez
- Bueno carallo bueno, que vas estar vello, se estás coma un rapaz de quince.
- Si home si, que máis quixera..., pois nos viñemosche o "pienso" que seica dixo Pepa que se estaba acabando, eu agora non teño acordo ningún e tomo as pastillas sen traza nin xeito, as veces as 4 as veces as 5, cando me acordo e namáis...
- Bueno oh bueno, e fuche o mes pasado á Feira á Montrelos?
- Fun oh! non valían nada os becerros, me falte tal se non é mellor darlles con un sacho na cabeza e metelos no conxelador, a miña filla xa me dixo: eu non sei para que queres andar peleando agora coas vacas a túa idade se dan máis traballo que valen!
- Cala oh! que aínda te distrás un pouco, e ademáis, a túa filla non está cotizando pola Agraria?
- Está!
- Pois logho que? fas ben mentres poidas, que mira, ninguén regala nada...
- Aiiii non oh! mira algo que entre a maiores benvido sexa...

Pola súa banda Pepa está de conversa con Maruca do Incio:

- E oiche algho de que Pilita enfermara?
- Non, non oira nada...
- Din que é do estómago pero está ingresada na "Residencia" e a min non che me cheira nada ben?
- Jesús!!!!
- Non, non che me cheira ben, porque o outro día pregunteille os fillos e dixéronme que iba tirando, pero non me dixeron máis, e cando non contan nada é que algo ten...
- Vaia por Dios, a esa muller tamén lle tocan todas...
- Si muller, parece que a veu o demo..., o home seica cando se emborracha "alúmbralle"
- Eu tamén o oín muller, vaia por Dios, un día tívolle que valer Carmen de Amancio e Manolo do Xis que senón mandaba para o outro mundo...
.Vaia por Dios muller, e os fillos non lle din nada a seu pai?
- E que lle han decir, os fillos aínda volven polo pai..., a quen un cría...

O doutor pide as recetas e entón faise un pequeno silencio que corta arredor de unhas quince conversas diferentes, nada máis entrar o doutor de novo no seu despacho, un gran barullo comeza de novo a brotar..., segue entrando máis xente e como non preguntando se xa pediu as recetas, a pouca xente que lles fai caso asinten coa cabeza e chaman a porta para darlle os papeis que aseguran que o doutor recetará máis "pienso" para o mes.

A eso das 10:20 horas, o ruido dentro da sala de espera é ensordecedor, unha mixtura de risas, berros, ruidos de sillas e discusións invaden o lugar. Alí fálase de todo, dos falecidos nos últimos días, do prezo dos productos agrarios, cotilleos dos veciños, e o pouco que suben as pensións...

Son as 10:56 e por fin o médico acaba de facer a tonelada de recetas que tiña para esa maña.
O médico disponse a dar as recetas e nada máis abrir a porta a actitude da multitude cambia por completo e faise o silencio.
O doutor comeza a recitar nomes e apelidos e comeza a desfilar algunha xente, os máis remolos nada máis recibir as súas recetas seguen a falar non respetando que hai xente que non oe o doutor e os nomes que está a decir pero dalles igual pois as recetas xa están no seu poder...

Logo da retahila de nomes o doutor pecha a porta e o minuto abrea comezando a consultar a xente enferma.
Non pasaron máis de 5 minutos e o galeno xa de mal humor abre bruscamente a porta con un "por favor, queren baixar o tono de voz, non logro escoitar o enfermo (sinalando o aparato electrónico que rodea o seu cuello). Faise o silencio, pecha a porta e os 3 segundos comezan os murmullos que se acrecentan ata chegar a ser conversacións e risas en alto non chegado aínda o minuto dende a bronca. De vez en cando oese algún "schhhhhhhhhhhhhhhhhh" en sinal de que falen máis baixo pero este aviso cae en saco roto.
Ramón e Pepa seguen coas suas conversacións banais ata que as 11:30 o médico moi enfadado abre a porta e di: "como sigan berrando así voto a todo o mundo fora e non consulto máis!".

A advertencia da o seu resultado e Pepa dille a Ramón: "veña vámonos que aínda temos que ir o Supermercado, ti nunca tes prisa ningunha". Ramón encolle os hombros cara a José e dille "non hai quen poida con elas e o carallo". José rise mentres a parella se despide para dirixirse a mercar productos de primeira necesidade.

Xa no supermercado e logo de unha compra onde non falta de nada "pois veñen os rapaces de fin de semana cos nenos e non che comen do que hai" con uns 180€ gastados fronte a brilante sonrisa da caixeira Pepa dille a Ramón que vaia avisar o taxi para que os recolla na porta do Super para cargar as cousas.
En menos de 3 minutos o taxi está alí instalado e a parella logo de despedirse na acera de uns cantos coñecidos entra no taxi e 15 minutos máis tarde xa están na aldea de volta.

Son as 12:23 e xa teñen todo o traballo feito. Ramón sentase nunha silla e Pepa mirando con mal humor dille "hai estás moi cansado, vai mirar as vacas anda que han de estar morrendo de fame...". Ramón que a ignora coméntalle "estache ben José pa idade que ten..." o que Pepa responde "como non vai estar ben, non ten nada que facer namáis que comer, durmir e poñerse de zapato novo..., vai mirar as vacas".

Esta é a maña de primeiros de mes de Ramón e Pepa que coma tanta outra xente xubilada que segue a vivir na Galicia rural fai da monotonía unha forma de vida e para eles o día 2 é un día especial pois achéganse o pobo e ven e falan con xente que non adoitan a ver todos os días.

*Os nosos maiores son entrañables e por eso os queremos tanto, son seres excepcionais e sen maldade que disfrutan con algo tan simple coma unha conversa ou indo o médico, moitas veces non valoramos cousas que facemos e que nos parecen rutina, incluso nos chegan a aburrir. Hai que valorar todas as cousas que facemos que poden parecer cansinas e repetitivas porque as persoas tenden a aburrirse axiña de todo. Como di miña avoa "todo vos cansa" e non lle falta razón.

"O día 2" é unha forma de vida... valoremolo como tal.

Saudos

xoves, 5 de marzo de 2009

Non nos olvidamos!!!!!

Así é, mañá é o séptimo aniversario do Centenariazo e un ano máis teño o orgullo de recordalo con moito cariño e ledicia. O ano pasado xa fixen un resumo de como foi o pre-partido, o partido e o post-partido polo que sobran as palabras e afloran os sentimentos. Onte o ver o Athletic clasificado para a final e ver a festa que se montou na "Catedral" véuseme o maxín moitas imaxes que nos vivimos 7 anos atrás; con todos os elementos en contra, 25.000 almas branquiazuis loitando contra todo un Imperio, David contra Goliat, o final gañou o pequeno, que cantou, bailou e asubiou coma nunca.
Mentres este blog perdure recordarei ano tras ano este día memorable, imposible de borrar para todos os que amamos o Real Club Deportivo e soñamos con que algún día non moi lonxano academos outra final que xa vai tocando...

Agora máis que nunca

DEPOR CAMPEÓN!!!!

mércores, 4 de marzo de 2009

Volvo a normalidade

Hoxe reincorporeime o traballo logo de día e medio de hospitais xa que meu pai tivo que facer unha pequena operación cirurxica da que saiu con éxito. Ese é o motivo polo que o blog estivo pouco activo estes días.

Grazas por estar ahí día si e día tamén.

Un abrazo.

O 31% dos lectores non se disfrazaron no Entroido

Un 31% dos lectores de este blog non se disfrazaron no Entroido que hai pouco rematou. Así o desvela a enquisa do mes de febreiro.
Entre os que se disfrazaron un 26% decidiuse polo mítico José Tojeiro (o home de "Me echaron droja en el Cola Cao"), un 15 % decidiuse polo monxe cistercense (entre os que me incluo, aínda que o meu disfraz non era cistercense senón máis ben parecía o cantante de Enigma).
Outros disfraces coma Butanero, Pornochacha, Superman, Astronauta ou Dinio acadaron por último un 5%.
Grazas unha vez máis por participar na enquisa.
Para o mes de marzo e por petición de algún ou algunha lectora poño a enquisa que tanta controversia xerou en días pasados sobre a oportunidade de enganar a respectiva parella no caso de que esta non se esterase xamáis. Xa está activa polo tanto a resposta está clara: SI ou NON... vos decidides...

Saudos

luns, 2 de marzo de 2009

Cáese un tópico

Hai un tópico moi expandido en todo o país de que os habitantes de Euskadi tenden a esaxerar nas súas afirmacións pero esta imaxe do entroido de Bilbo xentileza do meu amigo Jose Tarrío de Barakaldo amosa ben as claras que o vasco non esaxera, tan so se limita a decir única e exclusivamente a verdade.