luns, 30 de novembro de 2009

PORRA XORNADA 6

Segue a emoción e a igualdade na porra de latosobrado.blogspot.com, estes son os emparellamentos da vindeira xornada:

Atl. Sobrado - Oza dos Ríos "B"

Deportivo - Barcelona

R. Madrid - Almería

Athletic - Valencia

Sorte a todos

Ferreiro9 puntúa na primeira semana que participa na porra


O Valencia 1- Mallorca 1 doulle a Ferreiro9 o primeiro punto na porra na primeira xornada que participa. Mañá remata a votación para saber que premio se levará o gañador final da porra aló polo mes de maio. Facede as vosas últimas votacións.

Estes foron os resultados da porra de esta semana:

Cire Melide 6 - Atl. Sobrado 1

Racing 0 - Deportivo 1

Barcelona 1 - R. Madrid 0

Valencia 1 - Mallorca 1

CLASIFICACIÓN XERAL:

1. Lato: 2 puntos
2. Pitus, Finito, Ferreiro9: 1 punto
3. Esteban, Alberto, Petete: o puntos

* Entre esta semana e a que ven farase oficial o diseño da camiseta que poderán gañar todos aqueles que acerten os 4 resultados nunha soa semana.

Saudos e grazas por participar.

venres, 27 de novembro de 2009

Para esos amantes do SICAB



Estes días estase a celebrar na cidade andaluza de Sevilla o SICAB 2009, ou o que é o mesmo, o Salón Internacional do Cabalo, unha Feira de mastodónticas dimensións que dura 6 días, nas que os cabalos, as casetas, o baile e a manzanilla son protagonistas principais.
Miguel, Pichi, Alvaro e Borja non faltaron a cita anual e de seguro que a estas horas xa están a disfrutar da Feira.

Para eles vai adicado este video-clip desexando que disfruten a tope a fin de semana.

Saudos e bo fin de semana a tod@s.

xoves, 26 de novembro de 2009

Cola Cao podría patrocinar o piloto sobradés Fernando Garcia na vindeira tempada

Fontes cercanas a latosobrado.blogspot.com veñen de saber que Cola Cao podería patrocinar o piloto de Enduro sobradés Fernando García para o campionato galego ademáis de 3 probas do campionato de España no vindeiro 2010 o que supón un salto de calidade moi importante para este sobradés-salmantino.
Fernando García non quixo confirmar nin desmentir a este blog a veracidade da información pero certo é que de concretarse o acordo a nova vai ter máis repercusión mediática que a fichaxe de Fernando Alonso por Ferrari.
O que sí é certo é que Fernando anda na procura de patrocinadores para a vindeira tempada polo que todas aquelas empresas que desexen formar parte do patrocinio non teñen máis que poñerse en contacto co piloto que lles informará das condicións, sobra dicir que para calqueira empresa é un bo escaparate estar presente en todo o campionato galego ademáis de diversas probas do Campionato Nacional.
As mesmas fontes informan que o director de Recursos Humáns de Nutrexpa España, empresa á que pertence Cola Cao púxose en contacto vía telefónica con Fernando e logo de presentarse e expoñer as condicións a convir para o futuro acordo as súas palabras foron: "Fernando, que te parece si hacemos un acuerdo para la próxima temporada?", a contestación de piloto non puido ser máis galega: "como quieras..."

Seguiremos informando.

mércores, 25 de novembro de 2009

Aranda de Duero: a galería... parte 1

Os pasados 14 e 15 de novembro unha expedición de 33 persoas puñemos rumbo cara a Aranda de Duero para pasar alí a fin de semana, aprender un pouco da cultura do viño daquela zona, degustar os seus productos e compartir un fin de semana que foi de verdade espectacularmente divertido.
A saida produciuse as 8.2o horas da mañanciña do sábado (tocou madrugar) e chegamos a Aranda de Duero as 14.00 horas, alí agardábanos Nuria (unha simpática rapaza que nos conseguiu o contacto para poder ver as bodegas de Prado de Olmedo). Con Nuria e duas persoas máis dirixímonos a Quintana del Pidio (a uns 20 kilómetros de Aranda) a ver as citadas bodegas . Logo da visita comimos no Asador José María (sen lugar a dúbidas que volo recomendo), tras o repouso da comida, rexistro no hotel Julia (recomendado tamén pola miña parte, está no centro, a uns escasos 100 metros do Asador José María e a relación calidade precio é sobresainte). Pasado o rexistro de habitacións houbo tempo libre para que cada un disfrutase do lugar a súa maneira, catando os seus prezados viños, ceando, paseando pola zona antiga, de copas...). A xente coa que tiven o privilexio de compartir a tarde-noite do sábado e a súa madrugada (Cardesín, Marisa, Gonzalo, Ana, María José, Mingos e Alberto) poden dar fé de que as risas foron continuadas e pasámolo en grande, foron moitas as anécdotas e as batallas, imposible poñelas todas neste simple post; pois todas as frases que eu poida escribir e contar quedaríanse curtas para explicar a magnitude de tan divertida noite (de vez en cando vótase de menos o video para recordar momentos puntuais). Xa na mañá do domingo tocou desaiuno no hotel, logo levamos as equipaxes o bus, as 12 visita o "Centro de Interpretación da Arquitectura do Viño" na Oficina de Turismo de Aranda e posterior visita a unhas bodegas históricas subterraneas, neste caso a bodega a visitar foi "La Navarra" rematado o percorrido subterraneo tivemos hora e media libre para "alternar" por Aranda (por certo moi bo ambiente) e as 14.30 comida de novo no Asador José María que nos preparou outro sabroso manxar. Logo do café mercamos os décimos de Nadal de rigor, (se toca facemos rico a medio Sobrado pois uns 60 décimos do mesmo número viñeron para aquí) e emprendimos viaxe as 16.30 rumbo á casiña con caras de cansanzo e felicidade a partes iguais. Houbo a mítica parada no "Valcarcel" onde algúns aproveitamos para cear un tremendo bocata e de novo ruta ata chegar a Sobrado as 23.00 horas escoitando un apaixoante partido de segunda división Betis-Celta..., por certo, vaia tempada a dos vigueses...
Dende eiquí quero agradecer a todos a participación nesta viaxe que xa forma parte da miña historia persoal polo magnífico ambiente vivido e porque todo o mundo se portou de cine. Grazas!!!


Explicación por parte do guía do proceso de elaboración do viño nas bodegas "Prado de Olmedo"

A hora da comida...

...degustando o típico lechazo que por certo esta boísimo

máis comensales
como é de supoñer todos probamos os excelentes "caldos" da zona
unha das mesas máis animadas na comida do sábado

vista parcial da parte superior do comedor do Asador

Os máis xoves brindando polo cumpleanos de Alberto

O cumpleañeiro "feliz de la vida"
Alberto facendo trampas..., ou eran 34?

Detalle da vidrieira adornada con botellas no "Lagar de Isilla"

Preciosa fachada da igrexa principal de Aranda de Duero

Alberto pedindo vez para a ITV de Lugo

Blas mira para a súa dona con tranquilidade...

Unha bruxa enfeitizounos nos locais de copas
Cardesín en animada charla con Pío Baroja preguntándolle se coñecía algún karaoke que estivese preto.

martes, 24 de novembro de 2009

A crise azota a todos os sectores...

Verídico, a crise xa é unha realidade e non deixa títere con cabeza... e como mostra un botón, senón mirade a foto quitada por un servidor o pasado martes no Centro Comercial As Termas de Lugo. A instantanea non deixa lugar as dúbidas que ata o clero se ten que buscar a vida para poder manter a cabeza a flote..., máis competencia para o sector da construcción.

luns, 23 de novembro de 2009

Pulp Fiction e o xabarín...



Se a de Trainspotting é boa esta é sublime..., deleitádevos de novo cos Pichel Brothers.

Trainspotting segundo Pichel Brothers



Extraido do Facebook do gran Riki de Melide déixovos esta particular dobraxe ó galego de Trainspotting, made in Pichel Brothers que me ten morto de risa. Ademáis os diálogos fanme lebrar experiencias pasadas.

Sinceramente moi bo.

PORRA XORNADA 5

Na semana do Gran Clásico (un novo partido do século como se di nos medios de comunicación), aquí vai outra apaixoante porra na que pola miña parte intentarei defender con uñas e dentes o liderazgo da clasificación xeral.

PARTIDOS:

Cire Melide - Atl. Sobrado

Racing - Deportivo

Barcelona - R. Madrid

Valencia - Mallorca

O Athletic 1 - Barça 1 ponme de novo como líder

O empate a 1 gol entre o Athletic Club de Bilbao e o F.C. Barcelona ponme de novo á cabeza da porra na 4ª xornada.

Estes son os resultados que se deron nesta xornada:

Atl. Sobrado 2 - S.E. Abellá S.D.C. 3

Deportivo 2 - Atlético 1

R. Madrid 1 - Racing 0

Athletic 1 - F.C. Barcelona 1

ASÍ ESTÁ A CLASIFICACIÓN XERAL:

1º LATO: 2 puntos
2º PITUS, FINITO: 1 punto
3º ESTEBAN, PEDINO: 0 puntos

De seguido a nova porra, os que aínda non comezastes a participar animádevos, hai estupendos regalos agardando polos gañadores, tanto da semana coma da clasificación xeral. Agardo as vosas apostas.

Saudos.

A pregunta da semana

Quen dixo onte a "regañadentes" que casaba para o 2010 pero non concretou a data exacta? Veña, a contestar..., jajaja.

xoves, 19 de novembro de 2009

Tanto custa pasarlle o parte ó seguro?

Hai cousas que non entendo, nin entran na miña cabeza. Por máis que un lle dé voltas e pense na bondade da xente hai accións ou formas de ser dalgúns "individuos" por chamalos de algún xeito que son totalmente repudiables, o peor de todo é que o que vos vou contar non é a primeira vez que me sucede, parece que me mirou unha meiga.

Onte comecei un curso de turismo no EGAP en Compostela, debido as obras que están a facer na zona e que recurtaron bastante o aparcamento decidín meter o coche no parking de Área Central, deixei o coche aparcado as 8.47 e volvino a coller as 14.22 horas, cando fun a pagar, para miña sorpresa encontrome con que debo aboar 8.50€, quedei frío...

Hoxe logo de comentalo onte coa miña compañeira Raquel, técnica de Turismo do Concello de O Pino decidín que era mellor andar un cachiño máis pero deixar o coche aparcado o aire libre e así non ter que pagar polo tanto aparqueino enfrente as piscinas do Sar.
A miña sorpresa foi maiuscula cando sain da clase e logo de abrir a porta traseira dereita para meter no asento de atrás a cazadora vexo como unha mixtura de rozadura e mancha de pintura granate con unha lonxitude de 1 metro decora o costado dereito do meu plateado coche. Acordeime de todo o malo que un se poida acordar..., por suposto, nin papeliño con número de teléfono, nin datos do "executor" nin nada de nada. Xa me vin de mala hostia (con perdón) para a casa...

O peor de todo é que non é a primeira vez que me pasa, hai dous anos no Parking da Praza de Pontevedra de A Coruña apareceume precisamente esa mesma porta metida para adentro de un golpe, e xamáis souben quen fora o "artista" da "obra", o que sei é que tiven que abonar do meu bolsillo se quixen arreglala.

Para máis cruz, é que se me remonto máis atrás, penso que en Melide xa tiven dous percances de este tipo. O primeiro un coche moito máis alto que o meu esmagoume a parte superior do capó que cubre o motor, co mesmo resultado, nin papel de aviso, nin perdón, nin nada de nada. E o segundo, un coche azul marino que se achegou demasiado e deixoume toda a pintura no meu frontal... en fin, que cada día teño máis claro que o meu coche mirouno unha meiga senón esto non é normal. De todos modos esta actitude de dar golpes ou raiar outros vehículos e non deixar aviso pareceme indignante, de verdade, é máis, pareceme absurda, pois en caso de dar parte pagaría o seguro e "sanseacabó", que tampouco sobe tanto o prezo para o seguinte ano... RATAS!

mércores, 18 de novembro de 2009

Dato revelador

Nun estudio feito pola rede de blogs Ocio Networks, sae un dato moi concluinte do cal estou o 100% de acordo, e refirese a cal é a percepción que en España hai de algúns entes, entre eles a SGAE. Tal enquisa revela que os españois odian máis a SGAE que a propia Hacienda, o terceiro ente máis odiado en cuestión é Telefónica.
Coidadín con proferir malas palabras contra algún "ex-cantante" e o ente en cuestión non vaia a ser que vos denuncien os seus servizos xurídicos por non ter dereitos de autor nas vosas palabras...

Esta é a nova completa extraida de www.lasprovincias.es

según un estudio

Los españoles odian más a la SGAE que a Hacienda

El 47,8% de los internautas descarga música de la Red pero también la adquiere de forma reglamentaria

La red de blogs Ocio Networks, que cuenta con más de cinco millones de usuarios, ha elaborado un Estudio de Hábitos de Internet, para el cual se ha entrevistado a 2.075 españoles. Entre las cuestiones analizadas, se encuentra la percepción de los usuarios sobre la Sociedad General de Autores y Editores (SGAE), que se alza como la entidad con peor imagen, y el canon digital, considerado injusto por la mayoría de los encuestados. Otro de los apartados de la encuesta se centra en la actitud de los usuarios ante las descargas de música y cine en Internet y la propiedad intelectual.
Un 60% de los encuestados considera que la SGAE es la entidad peor vista en la Red, seguida, aunque con porcentajes bastante inferiores, por Hacienda y Telefónica. Entre los internautas de 21 a 40 años es donde más extendida se encuentra la mala imagen de la SGAE. En cambio, llama la atención el bajo porcentaje de jóvenes menores de 16 años que la ven SGAE como la empresa peor vista, entre quienes apenas llega al 25%.
Un 86,1% de los internautas ha contestado que considera que el canon digital es injusto. Menor penetración alcanza la idea de “ilegalizar la actividad de la SGAE”, con lo que estarían de acuerdo un 38,7% de los internautas. En lo que sí parece haber casi unanimidad (95%) es en rechazar el aumento de los ingresos de la entidad.
El consumo exclusivo a través de descargas es significativamente mayor en música que en cine. Casi una tercera parte de los internautas consumen música exclusivamente a través de descargas (un 32,3%), mientras que sólo un 20% adquiere música sólo de forma legal. En cambio, en el consumo de cine, la exclusividad de las descargas apenas la realiza el 15% de los internautas, mientras que un 30% únicamente va al cine, sin realizar ningún tipo de descarga.

martes, 17 de novembro de 2009

O novo anunzo de Gadis, "malo será" que non triunfe...



A empresa encargada de facer os anunzos da empresa alimenticia Gadis supéranse día sí e día tamén. O pasado sábado estrearon novo spot, titulado "malo será, vivamos coma galegos".
Encántame o anunzo, comeza con melancolía recordando os nosos antepasados emigrantes e de golpe e porrazo pasa a actualidade con unha frase moi utilizada polos galegos: (entre os que me incluo) "malo será". Dame a min que o spot vai marcar unha época.

Disfrutadeo os que non o vistes, e os que xa o vistes "malo será" que non vos volvades a deleitar con él.

luns, 16 de novembro de 2009

A pregunta da semana

Quen se encontrou na Praza Maior de Aranda de Duero un can igualiño ó que ten na casa mentres falaba por teléfono?

Porra: XORNADA 4

Déixovos os partidos da 4ª xornada da porra:

- Atl. Sobrado Xuventude - S.E. Abellá S.D.C.

- Real Club Deportivo - Atlético de Madrid

- R. Madrid C.F. - Real Racing Club de Santander

- Athletic Club de Bilbao . F.C. Barcelona

O España vs Arxentina dalle a Finito e a Pitus o primeiro punto da porra

Finito e Pitus empataron ó frente da clasificación da porra con un servidor logo de que ambos acertasen o España 2 - Arxentina 1 xogado o sábado no Vicente Calderón.

Os resultados foron:

Toques CF 2 - Atl. Sobrado 0
España 2 - Arxentina 1
Brasil 1 - Inglaterra 0
Italia 0 - Holanda 0

CLASIFICACIÓN XERAL:

1. Finito, Pitus, Lato: 1 punto
2. Esteban, Alberto: 0 puntos

Grazas por participar e a firmar a vosa porra xa na seguinte. Recordar unha vez máis que nesta porra pode participar todo o mundo, cantos máis sexamos máis entretenido estará o asunto. Recordade tamén que hai premio semanal (unha camiseta en exclusiva de latosobrado.blogspot.com para os acertantes dos 4 resultados) e un gran premio final para o gañador da clasificación final.

venres, 13 de novembro de 2009

Proseguimos coas viaxes, este finde: Aranda de Duero

En xuño foi Cartaxena, en setembro tocoulle o turno a Portugal, en outubro viaxe a bela Italia e agora en novembro toca ir a Aranda de Duero (Burgos).

Mañá cediño, as 7.00 AM partiremos rumbo á cuna de Ribeira do Douro cunha viaxe organizada que durará toda a fin de semana.

Nada máis chegar, antes de comer iremos ver as bodegas de Prado de Olmedo, no Mosteiro de San Miguel en Quintana del Pidio. Logo de esta visita a comida será no Asador José María, xa en Aranda de Duero, onde faremos noite no Hotel Julia e poderemos disfrutar da beleza do casco antigo e o ambiente de viños desta cidade castelá.

Xa o domingo as 12 da mañá temos concertada coa Oficina de Turismo de Aranda unha visita a unhas bodegas subterraneas primeiro e o Centro de Interpretación do viño despois. Logo da visita voltaremos a comer no Asador José María para despois emprender rumbo de regreso a Sobrado.

Sobra dicir que traerei unhas botelliñas para catar coas amistades, xa que ninguén se dignou a vir a pesar do asequible prezo da viaxe polo menos que proben un bo "Ribera del Duero". Pero que sexa a última vez..., jajaja.

En seguintes días teredes imaxes.

Guti, concursante en "Marcapalabra"



José María Gutierrez "Guti" é protagonista dos Marcatoons participando en "Marcapalabra", a verdade é que aínda me rin un bo anaco. Fenomenal Florentino ó final.

xoves, 12 de novembro de 2009

Atención: TIMO A VISTA!!!

Pasaronme por correo electrónico un aviso de un número de teléfono que se vedes que vos chama non o descolguedes, pois de facelo, collenvos a vosa liña facendo uns gastos moi elevados. Non estaría demáis grabar o número e poñerlle como cita o aviso que vou pegar a continuación "NON DESCOLGAR" así lembrarémonos de que o numerito de marras non nos xoga unha mala pasada.

Noutra orde de cousas, tamén anda a circular pola rede un virus chamado CONVITE VIP, baixo ningún concepto o abrades, é un archivo zip que vos mete un virus no voso correo electrónico que fai que cada vez que vos abrades o correo persoal o virus é redireccionado a todos os contactos que teñades. Quen vos escribe xa caeu dentro da trampa e agora ando investigando a ver como diantres quitalo.

Este é o aviso do teléfono que xamáis debedes descolgar:

Otro aviso importante sobre telefonía.Saludos

AVISAR A LA GENTE


6701139900
: No descolgar.Pásalo.

Este correo lo ha pasado un inspector de la policía.

MÓVIL 670 113 99 00 IMPORTANTE

!!!!!!NO CONTESTAR A ESTE TELEFONO!!!!!!!!!!!!


Yo me lo he grabado en la agenda del móvil con el nombre 'NO DESCOLGAR'.


Así, seguro que cuando me suene y mire la pantalla me acordaré.
Me ha llegado información de toda confianza que se están efectuando llamadas a móviles desde el número

670 113 99 00.


Como veréis el número no es habitual ya que tiene 10 dígitos en vez de 9 que es lo normal.
Si recibís alguna llamada desde este número


NO LO COJAIS!!!!


Si descolgáis el teléfono, automáticamente os cogen vuestra línea y se utiliza para todo tipo de consumo, llegando a pasar facturas
astronómicas, y las compañías de telefonía no pueden detectar que es una trampa por lo que a ún reclamando, es muy difícil que no os pasen la factura a vosotros. Al descolgar, no contesta nadie, parece ser que las llamadas se efectúan desde algún equipo informático o similar y solo necesita que se descuelgue en el número al que está llamando para hacer la 'trampa'.

No es un bulo, está ocurriendo efectivamente.


Pasad este mensaje a vuestros conocidos para intentar evitar que ocurra
PASALO




Por supostisimo, quero felicitar a miña querida nai que hoxe cumple 53 aniños, agardo que os disfrute como se merece (ten gañado o ceo por ter un fillo tan personaxe)

FELICIDADES!!!

mércores, 11 de novembro de 2009

O "Toi" e o "Botiboing"

Hai xa dúas décadas, nun mundo onde os nenos conviviamos sen "playstations" nin "wiis", nin ordenadores portatiles, nin "tuentis" nin nada que se lle parecera tiñamos uns "amigos" inseparables que se chamaban "tois" e "botiboings".

Estos amiguiños imaxinarios proporcionabanolos as "dulcicalladas" que nesa época devorábamos axiña para saber que premio traian os Bollycaos e os Phoskitos.

Non houbo neno nin nena da miña época que non tivese pegado algún "Toi" na libreta, carpeta ou estuche, incluso algun/algunha na espalda (quizais víctima do bromista de turno). O "Toi" foi unha febre o igual que no seu momento foron os cromos de fútbol, e todo o mundo coleccionaba e cambiaba os "repes", teño lenes recordos de que o "Toi pescao" era moi difícil de conseguir, digamos que rareaba, e todo aquel que conseguia o prezado adhesivo recibía aquela cariñosa frase de: "jo, que chorraaaaaaaaaaaaa". A febre do "toi" chegou a ser tal que incluso se chegaron a facer camisetas e suadoiros co lema de "toi", sen duda que foi un bichiño emblemático.
Os botiboings formaron parte importante tamén dos nenos daquela época era o producto regalo de Phoskitos, tratabase dunhas gomiñas de material flexible que se doblaban, poñíanse sobre unha superficie dura e nuns poucos segundos saltaban. Eran tamén estrelas nas clases, e máis de un profesor nos ten restrinxido a entrada destes elementos voadores ou ben confiscárnolos directamente. Recordo facer competicións de a ver que botiboing saltaba máis entre os compañeiros. Os botiboings, o igual que os aparellos que van moi usados, conforme ía pasando o tempo ían perdendo forza e había que facer "plan renove" para poder seguir competindo dignamente sen ser o neno ó que o seu botiboing quedaba de último naquelas apaixoantes competicións. Logo outros tipos de productos quitaron imitación dos botiboings pero nada coma os orixinais de Phoskitos.

Se a maioría dos que ledes esto buscades no baul dos recordos das vosas casas seguro que aínda atopariades un adhesivo de "toi" ou un "botiboing" metido no seu peche de plástico listo para usar. Son obxetos que por insignificativos que parezan, marcaron unha parte importante da nosa infancia.

martes, 10 de novembro de 2009

A pregunta da semana

Qué parella de Sobrado que participou no campionato de tute de Visantoña (Mesía) o pasado sábado perdeu as 4 partidas que disputou quedando última clasificada do campionato sendo o único equipo que non gañou ningunha partida?

luns, 9 de novembro de 2009

PORRA: XORNADA 3

Dado que a vindeira fin de semana non haberá partidos da Liga das Estrelas pois as diferentes seleccións nacionais disputarán partidos amistosos estes son os 4 partidos polos que se apostará na porra:

Toques C.F. - Atlético Sobrado

España - Argentina

Brasil - Inglaterra

Italia - Holanda

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, HABÉRÁ PREMIO!!!

Móvese a clasificación da porra


Esta segunda xornada da porra de latosobrado.blogspot.com non trouxo ningún acertante dos 4 resultados dos partidos que se poñían en xogo pero xa houbo alguén que desfixo o empate a 0 puntos que había entre os participantes. E ese "alguén" foi quen vos escribe que acertou o Atlético 2 - Real Madrid 3.
Estes son os resultados dos partidos:
Atlético Sobrado 3 - A.D. Vilamaior 2
Getafe 0 - Deportivo 2
Atlético 2 - Real Madrid 3
F.C. Barcelona 4 - Mallorca 2
A clasificación queda do seguinte xeito:
1. Lato 1 punto
2. Josu 0 puntos
Esteban 0 puntos
Finito 0 puntos
Animádevos a participar que aínda estamos comezando.

venres, 6 de novembro de 2009

Estanse a cargar o belo deporte do ciclismo

Se leistes onte algunha prensa, na súa sección de deportes seguro que vos chamou a atención a nova de que ó ciclista galego Óscar Pereiro lle fixeron pasar un control antidopaxe nunha cervexería do Franco de Santiago, a situación foi esperpéntica. Non sei cómo nin porqué pero dende hai uns anos están a facer unha persecución ó ciclismo fora do normal, quizais porque é un deporte que a pesares de ter moitos seguidores non move as cifras de outros deportes. Imaxinádesvos a CR9 ou a Messi orinando nunha cervexería para pasar un control rutinario ante o estupor do resto da clientela? eu tampouco..., esta é a nova que quitou onte La Voz de Galicia.

Pereiro pasó un control antidopaje en los servicios de una cervecería

Fue sometido a una extracción de sangre y a un test de orina ante el desconcierto de la clientela del local

Autor:
Fernando Hidalgo
Fecha de publicación:
5/11/2009

Fue en Santiago, en la rúa do Franco. Y Pereiro, el protagonista de una situación esperpéntica que describe cómo anda el patio en el mundo del ciclismo. El corredor gallego fue sometido a un control antidopaje en el interior de una cervecería ante el desconcierto de los incrédulos clientes.

La situación se produjo la pasada semana. Óscar Pereiro, en compañía de unos amigos, entre ellos el ex atleta Alejandro Gómez, hacía tiempo en la barra de un local en la popular calle santiaguesa mientras esperaban por otro compañero. Entonces, sonó el teléfono móvil del ciclista.

-Hola, Óscar. Te llamo de la UCI. Llevamos un rato al lado de tu casa. Queremos hacerte un control de orina y otro de sangre. ¿Dónde estás?

-No estoy en Vigo ni tengo pensado ir en horas. Estoy en Santiago pasando el día.

-Pues tenemos que hacerte un control.

-Pues venid aquí.

Y eso hicieron. Alrededor de una hora después, los dos enviados de la UCI se presentaron en el lugar cuando Pereiro y sus amigos estaban dando cuenta de las viandas. Invitaron a Pereiro a acercarse a un hotel y proceder a las extracciones, abandonando la amistosa reunión. El gallego dijo que no: «Estaba con unos amigos y no quería dejar la comida. Y no tenía obligación de hacerlo. Yo tengo que estar disponible para cualquier control durante una hora al día en un sitio concreto que está prefijado. En este caso, en mi casa, de siete a ocho de la mañana. Les dije que o procedíamos allí mismo o que esperaran lo que hubiera que esperar».

Los enviados de la UCI decidieron hacerlo en el restaurante. Al no haber espacio suficiente en el servicio, lo hicieron justo al lado, en el pasillo de los baños, detrás de unas puertas tipo oeste americano, que permiten ver las piernas y la cabeza. Allí, en un lugar accesible para cualquier otro cliente, Pereiro se bajó los pantalones y los calzoncillos hasta la altura de los tobillos, como mandan las normas; se subió la camiseta, se lavó las manos delante del vampiro para que pudiera dar fe de que no se producían manipulaciones y orinó con luz y taquígrafos.

Igualmente, los vampiros sacaron el material para realizar la extracción de sangre. Y allí, por donde la gente pasa camino de los baños, se tomaron las muestras, que se depositaron después en una nevera portátil. La imagen de Pereiro entrando a los aseos acompañado de un hombre y una mujer con una nevera llamó la atención de la clientela y de los camareros. Según Alejandro Gómez: «La gente alucinaba. Estaba lleno de extranjeros que miraban a tres personas meterse en la zona de baños, que tardaron en volver y que hacían movimientos extraños tras las puertas. ¿No quieren limpieza en el deporte? Entonces, ¿por qué se hace una extracción de sangre en un lugar tan poco higiénico? Desde el punto de vista de un deportista, nos tratan como a delincuentes. Tenía que haber ido a la Catedral a hacerse el control».

«La verdad -dijo Pereiro- es que ahora me lo tomo a broma, pero es para estar quemado. ¿Por qué se gastan el dinero en mí que hace meses que no compito? Ya me han hecho controles en bares, aeropuertos, nada más acabar un partido de fútbol... en fin. La gente que estaba en el local comprobó a qué situaciones se puede llegar».

A pregunta da semana

Qué personaxes, asiduos bebedores de Estrella Galicia, deixaron onte á noite a cervexa para cambiala por viño (supoño que en Matogrande) e non contentos con eso enviaban mensaxes a quen vos escribe?

xoves, 5 de novembro de 2009

Novo disco de Barricada con temática da Guerra Civil

Un dos grupos máis grandes de rock que deu este país, Barricada, ven de quitar novo disco que se titula "La Tierra está Sorda" e que basa a súa temática na Guerra Civil Española. Entrei en www.barricada.com.es e traducín ó galego o resumo que na propia web se fai do novo álbume.

La Tierra está Sorda
Tras case tres anos de xestación, La Tierra está Sorda (Warner Music 2009), ve por fin a luz logo de un apaixoante percorrido que levou a Enrique Villarreal "O Drogas", a sumerxirse nas entranas da historia, ler decenas de libros e visioar outros tantos documentais, recabar numerosas testumuñas vitais e empaparse ademáis das ruinas aínda visibles de aqueles lugares onde un día a dor fixo da senrazón humana a súa máis clarividente extensión. La Tierra está Sorda, moito máis que un traballo discográfico, é a exploración de un pasado enterrado e desterrado, unha viaxe conmovedora alentada nunha constante alfombra de vágoas e rabia.
Macerado e condensado en 67 entrelazados minutos, para entender este disco o traballado libreto supón o punto de partida desde o que explicar e introducir cada composición, que entre historias persoais, "Hasta siempre, Tensi" ou "Es una carta", e denuncias xerais, "Sotanas" ou "Los Maestros", alberga a súa pedra angular na triloxía Ezkaba e a doble semente recollida de La Voz Dormida, de Dulce Chacón. Referencias históricas e emocións persoais, desvestidas na crudeza de unha realidade tallada no sufrimento, conciben na súa conxunción un álbume de longo percorrido, de tensión interpretativa e envolvente emotividade, que nos levan dende a acústica ata o ritmo salvaxe, unha nova dimensión a que Alfredo, Boni, Ibi e Drogas son capaces de transportarennos a través de unha obra conmovedora desde a primeira ata a última nota, desde o primeiro ata o último renglón de unha torta historia que xamáis debiu existir, pero, sobre todo, que xamáis deberá olvidarse.
Ten moi boa pinta este novo álbume, en breves tereino no meu poder. Saudos musicais.

martes, 3 de novembro de 2009

Premio de 500 € para o gañador do campionato de tute que organiza o Club Atlético Sobrado Xuventude


O Club Atlético Sobrado Xuventude organiza un campionato de tute para o venres 20 de novembro no Edificio de Usos Múltiplos (Casa da Irmandade) con suculentos premios. En total repártense 1120 € en metálico ademáis de trofeos.
Animádevos e inscribídevos.
Saudos

luns, 2 de novembro de 2009

A palabra máis polisémica do galego

Efectivamente, estou a falar da palabra "carallo" (con perdón), sorprende a cantidade de uso que lle damos no galego a esta palabra con diversos significados.

Vexamos algúns exemplos coa explicación en castelán e a frase en galego:

Resignación: ¡ay que carallo!

Indignación: ¡que carallo!

Cachondeo: ¡bueno, carallo, bueno!

Desplante: vai ó carallo

Inquisitivo : ¡que carallo é!

Contrariedad: tócate o carallo

Cansancio: deixate de caralladas

Ofensa: Este carallo é parvo!

Templanza: ¡cálmate, carallo!

Amenaza : ven, carallo, ven

Negación : non, carallo, non

Negacion rotunda: nin carallo nin nada

Juramento: ¡me cago no carallo!

Ira: me cago no carallo, ¡carallo!

Alabanza: é un home de carallo

Duda: o carallo vintenove

Extrañeza: pero ¿que carallo pasa?

Desprecio: pásamo por debaixo do carallo

Animoso : dalle, carallo, dalle

Caprichoso: saíume do carallo

Cualitativo: non vale un carallo

Valorativo: róncalle o carallo

Fatalidad: ten carallo a cousa...!

Agotamiento: xa estou ata o carallo

Picardia: o caralliño

Metereologia: fai un tempo do carallo

Lejania: no quinto carallo


Probablemente, si no eres gallego no lo entiendas

Porra: Xornada 2

Ningún dos 3 participantes nesta primeira xornada da porra tivemos sorte e non conseguimos acertar resultado algún. Polo tanto Pitus, Esteban e eu seguimos empatados a "0 puntos".
Confío en que vos vaiades animando a participar neste xogo que ten premio repito e cada semana haxa máis participantes así será máis emocionante o tema. Recordade que hai premio semanal para o acertante dos 4 resultados e GRAN PREMIO FINAL para o gañador total da clasificación aló polo mes de maio.

So é pensar o resultado e poñelo, sen máis complicación. ANIMADEVOS!!!

Estes son os partidos de esta xornada:

Atlético Sobrado Xuventude - Vilamaior C.F.

Getafe C.F. - Real Club Deportivo

Atlético Madrid - Real Madrid C.F.

F.C. Barcelona - Real Mallorca

NOTA IMPORTANTE: non serán válidos os resultados postos máis tarde das 15.00 horas do sábado 7 de novembro.

O mes de outono veu como a xente desexou

Os resultados da enquisa do mes que acaba de rematar deixou ben as claras que os lectores de este blog estiberon de noraboa pois a climatoloxía respondeu con altas temperaturas, impropias da época e o sol foi o protagonista.
Un 80% dos enquisados votaron a favor do sol e a calor. A segunda opción votada foi que a un 19% da xente dalle igual que chova ou que faga sol, o que lles importa é que chega a época dos ansiados magostos.

Grazas a todos por participar.