venres, 26 de febreiro de 2010

Remember: Bryan Adams & Chicane "Don´t Give It Up"



A ninguén se lle escapa que Bryan Adams é un pedazo de músico. No seu grandes éxitos (plagado de excelentes cancións que xa forman parte da historia da música) deixou ó mundo coa boca aberta xunto co grupo Chicane con esta pedazo de versión. A canción chámase "Don´t Give It Up". Seguro que a todos nos trae uns grandes recordos.

Disfrutadea!

Agardemos que desta vez "o vento" non se leve nada...

Esta fin de semana prevese marchosa, moi marchosa, pero non me refiro á "movida". "rumba" ou demáis senón pola ALERTA VERMELLA que está declarada en Galicia mañá a partires das 15 horas e que se supón que remitirá na mañá do domingo. Prevese que os ventos alcances velocidades de 150 kilómetros por hora, polo que este temporal xa bautizado coma Xinthia ten moitas probabilidades de que lle quiten puntos do carnet de conducir. Dende latosobrado.blogspot.com aconsellamos que extremedes as precaucións e fagades os mínimos desplazamentos posibles (non saiades do bar para afora), por suposto tedes que ter precaución con estar cerca de cornisas ou tellados perigosos, casas vellas, árbores, etc, etc, etc (o dito, non saiades dos bares agás sexa extrictamente necesario) se na casa vos votan en falta unha chamadiña a tempo para quitar preocupacións agradecerase de xeito satisfactorio.

Que teñades un finde o máis levadeiro posible..., nos bares.

xoves, 25 de febreiro de 2010

2 velas negras para Rosinha Díez

Dúas velas negras enormes para a política??? Rosa Díez de UPyD por ningunear nunha entrevista con Iñaki Gabilondo a Galicia e os Galegos.

TODOS OS GALEGOS E AQUELES QUE AMAN GALICIA RECLAMAMOS UNHA RODA DE PRENSA DE ROSINHA PEDINDO DISCULPAS E RECTIFICANDO OS SEUS NEFASTOS COMENTARIOS. AHH, UNHA COUSIÑA, POR FAVOR NON VEÑAS PEDIR VOTOS POR ESTAS TERRAS!!!

ADEUS ROSINHA, EN GALICIA XA NON ERES BENVIDA



mércores, 24 de febreiro de 2010

Importantísimo evento en Facebook






















Comezou a andar dende hai dous días por Facebook un evento que non quero pasar por alto. A idea de este evento saiu do Concello de Mesía, concretamente da población de Cabrui e a cabeza pensante desta xenial acción foi Patricia Miguez. O evento chámase: "Para que Pazitos se deje bigote a lo Pancho Villa".
Sen ningún tipo de dúbidas que vai a triunfar, de feito xa o está a facer, en dous días xa ten 31 persoas agregadas ó grupo e seguro que chegarán moitas máis. O que está moi claro e que o bigote co que nos sorprendeu Pazitos no Entroido que rematou hai hoxe unha semana non quedou no olvido do persoal senón que a xente pídelle que o volva a deixar, veremos se o personaxe en cuestión fai caso as peticións do respetable ou polo contrario pecha os ollos e tapa os oidos coma quen non quere a cousa.
Xa sabedes, se queredes unirvos a este evento non tedes máis que escribir na barra do buscador de Facebook a frase que escribín entrecomillada e resaltada en branco; alí poderedes acceder se desexades que Pazitos volva a amosar o mundo ese lustroso mostacho co que nos agasallou no Entroido.

Saúdos e mil grazas por estar ahí un día máis, sodes xeniais!!!

martes, 23 de febreiro de 2010

A pregunta da semana

A quen lle temblaban os pantalóns no pub Laicus de Melide coa música o pasado sábado noite?

A PORRA: xornada 17

Partidos en liza para a seguinte xornada de A PORRA:


Larín B - Atl. Sobrado


Villarreal - Deportivo


Tenerife - R. Madrid


Barcelona - Málaga



SORTE!!!

A PORRA: xornada productiva unha vez máis

A xornada 16 o igual que a anterior deparou moitos puntos nos que participamos desta xeira. Os 3 primeiros clasificados: Finito, Esteban e quen vos escribe puntuamos así como tamén Emilio que puntúa por segunda semana consecutiva. Finito e Emilio acertaron o resultado do Deportivo - Xerez, Esteban pola súa parte acertou o resultado na goleada do equipo dos seus amores: o F.C. Barcelona, mentres un servidor acertou o Valencia - Getafe.

Estes foron os resultados:

Deportivo 2 - Xerez 1

Barcelona 4 - Racing 0

R. Madrid 6 - Villarreal 2

Valencia 2 - Getafe 1

CLASIFICACIÓN XERAL:

1. FINITO:8

2. ESTEBAN:6

3. LATO:5

4. PITUS, EMILIO:2

5. FERREIRO9:1

6. ALBERTO, PETETE, ANTÓN:0

animádevos a participar pois aínda queda moita liga, un circuito termal para dúas persoas e unha camiseta exclusiva de latosobrado.blogspot.com pode ser vosa

luns, 22 de febreiro de 2010

Circo Sobrado: actuación do sábado de Entroido


A culebra, Charlie River e a encantadora

Tigresa e presentador

Domadora1, tigresa, leon e gorila refrixerandose na carpa do Circo

Domadora e tigresa en plena accion


A tigresa de novo

O Circo nunha rua de Teixeiro en plena accion

Os paiasos patas para arriba

O gran Pazowsky nunha exhibicion no Restaurante O Real

Paiaso Fino dandose unha volta nun vehiculo especial

Duas majorettes acompañadas de unha das domadoras

Paiaso triste rindose

O Circo Sobrado invadiu as ruas e bares de Teixeiro de festa e alegria

Charlie River e paiaso Fino utilizando o seu bipatin especial

O leon do Circo colouse nalguns coches dos automovilistas que circulaban pola carretera principal de Teixeiro

O Circo bailando o Chuchuwa

A rua foi do Circo Sobrado

Majorettes bailando o son da musica

Os paiasos liarona moi gorda

O gran Pazowsky noutra exhición de excelente equilibrio acompañado polo home forzudo
Paiaso alegre e paiaso triste antes de comezar a expedicion a Teixeiro

Chegaron mais fotos dos carnavais, dende eiqui querolle dar as grazas a Chus Garcia Souto que foi a artifice destas maravillosas instantaneas na tarde/noite do sabado.

MIL GRAZAS

venres, 19 de febreiro de 2010

Chegan as primeiras fotos do Entroido de Sobrado 2010


O vehículo do Circo Sobrado coa súa carpa

Como vemos a carpa do Circo Sobrado tiña gran aforo

O Circo Sobrado publicitándose en plena Vía Sacra

Detalle do cartel do Circo Sobrado

O home forzudo e un mimo posando para a posteridade

Paiaso Fino, Equilibrista Pazowsky, Majorette Cesaresca co Mimo recollendo moedas

Paiaso Fino e Equilibrista Pazowsky, dúas das estrelas do Circo Sobrado

Trancas e Barrancas tamén quixeron estar en Sobrado

Charlie River amosando as súas dotes con un curioso bipatín

De novo os persoaxes de Cuatro subidos no esceario

O Circo Sobrado no seu, é dicir: facendo espectáculo a raudais

O paiaso boxeador facendo participe a todo o público do show

Charlie River dialogando sobre o tempo con un primo seu

A encantadora de culebras foi un dos espectáculos da tarde máis apaixoantes

O león do Circo Sobrado sostido sobre unha soa pata

Paiaso Boxeador buscando xente para un combate

Cando saiu a culebra as majorettes puñeronse a bailar

O home forzudo en pleno esforzo

Un preso do cárcere que pasaba por alí...

Agradecer a Juan González Ares a súa xentileza para con este blog por deixarnos utilizar as fotos do seu Facebook, agora agarderemos que Chus nos envíe algunhas do sábado tarde-noite que foi algo sublime.

Saudos

xoves, 18 de febreiro de 2010

O número que catapultou a unha estrela

O Circo Sobrado deixou moi bos recordos durante os días que actuou no noso pobo. Seguro que a moitos de nos quedaranos no noso maxín historias que recordaremos por sempre. Un dos números máis espectaculares viuse pola tarde na Praza do Concello onde o equilibrista Pazitos o home que vedes con bigote, barra en man e suadoiro azul amosou do que é capaz enriba dun esceario e ante a presión de numeroso público..., un resbalón, un mal paso... e adiós (imaxe 1)
Como vemos na (imaxe 2) o equilibrista tiña que sortear primeiro a paiaso Charly River e despois a un león adestrado para a ocasión co público expentante e mudo...
Peeeeeeeeero, pasou o que non tiña que pasar e o pé dereito do artista non foi quen de soportar a presión e foise de cheo o vacío (eso sí sen soltar a barra de equilibrio) (imaxe 3), mais...
cando parecía que todo estaba perdido, un Pazitos áinda aturdido pola caida oiu o sonoro e unánime aplauso de todo o respetable. Un público que o gañou logo de esa impresionante caida acompañada do tembleque previo. (Imaxe 4)

Dende eiquí so me queda dicir:

BRAVO MAESTRO!