xoves, 29 de abril de 2010

A Salamanca

Grazas a Deus miña avoa experimentou nestes días unha melloría increible (agardemos que non se torza nada) . A viaxe que dende hai unhas semanas temos programada para este finde corría perigo para min polo grave estado da nai de meu pai. Como digo a cousa está indo a mellor a pasos axigantados así que mañá arrancaremos se Deus quere pola tardiña para Salamanca. Non podía faltar a viaxe a capital charra que facemos todos os anos. Desta volta imos nun número de 14 unidades e a cousa promete e bastante. Parece tamén que o tempo nos vai acompañar así que se nada se torce Sobrado fará patria en Salamanca un ano máis.

Veña coidadevos moito.

Saudos e que pasedes bo finde.

mércores, 28 de abril de 2010

Delafé y Las Flores Azules "Espíritu Santo"



Enganchoume o estribillo de esta canción e agora non podo deixar de cantala unha e outra vez. Canción fresca de Facto Delafé y Las Flores Azules para o verán que se aproxima. Por certo, unha matrícula de honra a letra pois está moi currada.

A disfrutar.

martes, 27 de abril de 2010

A PORRA: Xornada 27

Partidos en liza da xornada 26 da porra de latosobrado.blogspot.com:

Atl. Sobrado - Laracha "B"
Deportivo - Zaragoza
R. Madrid - Osasuna
Villarreal - Barcelona * (Partido estrela que puntúa doble)

A PORRA: sen acertantes

Ningún acerto nesta atípica xornada da Porra onde non andivemos nada finos, confiemos en ter máis acertos para a semana. Os resultados foron:

Oza dos Ríos B 4 - Atl. Sobrado 3 (aínda que o resultado final vai ser de 0-3 a favor do Sobrado por alineación indebida conservase o resultado orixinal do partido)
Valencia 1 - Deportivo 0 * (Partido estrela)
Barcelona 3 - Xerez 1
Zaragoza 1 - R. Madrid 2

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 13
2. Esteban 9
3. Pitus, Lato 6
4. Emilio 2
5. Ferreiro9, Antón 1
6. Alberto, Petete 0

Unha semana diferente

Por motivos familiares estes días non lle podo adicar ó blog o tempo que quixese, espero que todo volte a normalidade canto antes e poder estar coas seccións e paridas habituais de quen vos escribe. Estaremos como diría o "outro" en "servizos mínimos", eso non quita que de vez en cando me pase por eiquí.

Unha aperta.

venres, 23 de abril de 2010

Imaxes estivais para animar o comezo da fin de semana



De novo é venres, como pasan as semanas e os meses. Xa temos ahí a volta da esquina o verán, será nun abrir e pechar de ollos. Na tarde de hoxe querovos deixar por estes lares o video "Amazing" da guapa Inna, logo de romper esquemas o verán pasado con "Hot" ameaza outra vez con esta canción en convertirse en unha das raiñas do verán. Conseguirao?

P.D: de un tempo a esta parte non deixo de poñer temas dance que penso que van pegar forte no Summer 2010, a verdade é que xa hai gañas de que chegue.

Saudiños, e a pasar boa finde.

xoves, 22 de abril de 2010

3 anuncios que me marcaron

Os publicistas día tras día intentan superarse e non cabe ningunha dúbida que de vez en cando consiguen sorprendernos a todos os televidentes con anuncios do máis estrambólico que so cabezas pensantes coma eles poden ofrecer. Seguro que hai centos de anuncios que recordades aínda que pasaran varios anos, así como tamén hai moitos outros que pasaron inadevertidos e ninguén ou case ninguén recorda. Hoxe quixen rescatar 3 que persoalmente a min me marcaron pola súa significación:



MARTINI: quen non recorda a guapa sudafricana Charlize Theron e o home das gafas de sol que marcaron unha época así coma a "pasada de dedo" polos labios?



NIKE FOOTBALL: logo do incrible anuncio de Eric Cantoná loitando contra o demo, Nike obsequiunos coa "Xaula" na que unha agrupación de estrelas do fútbol mundial de finais dos 90 e principios do século XXI xogan en 3 para 3 baixo a atenta mirada de L´Enfant Terrible Eric Cantona



HEINEKEN: diferencia entre mulleres e homes. Os publicistas de Heineken quixeron ir máis aló nas diferencias extremas entre o sexo feminino e masculino. Así mentres as mulleres emocionanse por ver o incrible armario-vestidor da nova casa da súa amiga os homes celebran por todo o alto a mastodóntica neveira do seu amigo no novo fogar; unha neveira na que por suposto a Heineken non pode faltar e está repleta de botellas.

Opinade sobre estes e outros anuncios que recordedes con cariño.

Grazas por estar ahí.

mércores, 21 de abril de 2010

O Clube da Comedia segundo Evo Morales

Evo Morales, presidente de Bolivia é un tipo peculiar..., as súas declaracións o igual que as do seu "colega" venezolano Hugo Chávez xamáis deixan indiferente a ninguén. Desta volta Evo non se quedou atrás na I Conferencia Mundial de Pobos sobre o Cambio Climático e a Nai Terra. Entre outras lindezas Evo "Piedrahíta" Morales dí que comer polo modificado xenéticamente é unha das causas da homosexualidade no mundo así coma dos problemas de calvicie en Europa.
* Un pensa como os líderes políticos mundiais poden escupir tantas tonterías cada vez que lles poñen un micrófono diante a aínda por riba ser recoñecidos e moitas veces bendecidos universalmente sen pararse a pensar na cafrada que están a dicir..." Veña Evo, para a vindeira tempada de "El Club de la Comedia" non o dubides e apuntate, gañas seguro, Quique San Francisco xa está a temblar...
Deixovos a nova de http://www.intereconomia.com/

La homosexualidad es por comer pollo, según Evo Morales
12:25 21 de abril, 2010 Agencias

El presidente boliviano afirma que la existencia de la calvicie en Europa y de la homosexualidad en todo el mundo es fruto de la ingesta de alimentos modificados genéticamente.


El presidente Bolivia, Evo Morales, pronunció un discurso en la I Conferencia Mundial de Pueblos sobre el Cambio Climático y la Madre Tierra, un encuentro alternativo promovido por el país andino, en el que hizo una defensa cerrada del ecologismo, hasta el punto en que planteó la disyuntiva entre la muerte del capitalismo o de la "Madre Tierra".

El presidente boliviano afirmó en su ponencia que la existencia de la calvicie en Europa y de la homosexualidad en todo el mundo es fruto de la ingesta de alimentos modificados genéticamente.

"La humanidad está ante la disyuntiva de continuar por el camino del capitalismo y la muerte o emprender el camino de la armonía con la naturaleza y el respeto a la vida para salvar a la humanidad", afirmó Morales, que resumió la actual situación en la elección excluyente entre "Pachamama" (término indígena boliviano utilizado para designar el concepto de Madre Tierra) o "muerte". "Muere el capitalismo o muere la Madre tierra", sentenció el mandatario boliviano.

Morales sostuvo que los países ricos tienen una deuda con el resto del planeta debido a que el "espacio atmosférico" ha sido "ocupado por sus emisiones de gases de efecto invernadero", y abogó por la creación de un tribunal internacional para juzgar delitos medioambientales en la próxima cumbre climática internacional que Naciones Unidas organizará previsiblemente a finales de 2010 en México.

El mandatario también defendió la constitución de una Declaración Universal de los Derechos de la Madre Tierra y la apertura de fronteras para las personas que se ven obligadas a emigrar por el cambio climático, que afirmó rondan los mil millones, informa la Agencia Boliviana de Noticias.

Alimentos ecológicos
Morales abogó también ante su auditorio por el consumo de "alimentos ecológicos", entre los que citó algunos de los alimentos ancestrales de la zona andina, a los que contrapuso los alimentos transgénicos y bebidas como la Coca Cola, a los que descalificó como emblemas del capitalismo.

"Hay que comer quinua (un tipo de grano que fructifica en la cordillera de los Andes, de alto valor proteínico y vitamínico)", afirmó el mandatario. "Las últimas semanas hemos escuchados decir a la FAO (Fondo de Naciones Unidas para la Alimentación) que la quinua es el mejor alimento del mundo", añadió el mandatario ante un auditorio compuesto por unos 20.000 representantes indígenas, ecologistas y de movimientos sociales que se dieron cita en la ciudad boliviana de Tiquipaya (centro).

Morales destacó además las propiedades curativas de los productos tradicionales andinos, que considera más efectivos que los remedios de la industria farmacéutica occidental, y cargó contra productos como la patata holandesa, "que sirve para comer y comer pero no para alimentarse", por la presencia en ella de hormonas. También criticó a la Coca Cola recordando sus propiedades para desatrancar desagües.

Calvicie y homosexualidad por la mala alimentación
Morales rechazó también el uso masivo de los envases de plástico para guardar alimentos, por lo mucho que tardan en biodegradarse, e incluso achacó la calvicie de los europeos a la supuesta mala alimentación que existe entre los habitantes del Viejo Continente. "La calvicie que parece normal es una enfermedad en Europa, casi todos son calvos, y esto es por las cosas que comen, mientras que en los pueblos indígenas no hay calvos, porque no comemos otras cosas", aseguró el dirigente, de 50 años y poblada cabellera.

"Los hombres cuando comen pollo tienen desviaciones en su ser como hombres"También situó la existencia de hombres homosexuales en todo el mundo como consecuencia de una alimentación deficiente. Según él, todo se debe a la ingesta de pollo criado en grandes explotaciones industriales, que estarían cargados con hormonas femeninas. "El pollo que comemos está cargado de hormonas femeninas. Por eso, cuando los hombres comen esos pollos, tienen desviaciones en su ser como hombres", aseguró Morales entre las risas de su auditorio.

Por otro lado, los asistentes al encuentro impidieron con una sonora pitada la lectura por parte de una representante de la Comisión Económica para América Latina y el Caribe (CEPAL) de un mensaje del secretario general de la ONU, Ban Ki Moon, en el que se pedía "respeto y diálogo" en la cuestión climática y se hacía un llamamiento para que ningún país olvide el papel central de Naciones Unidas en este asunto, informa Reuters.

La conferencia, cuyos 17 grupos de trabajo deliberan desde el pasado lunes, concluirá el jueves con la emisión de una serie de resoluciones que previsiblemente serán respaldadas por el llamado bloque bolivariano de América Latina (Venezuela, Bolivia, Nicaragua, Ecuador, Cuba y un conjunto de pequeñas naciones caribeñas), cientos de organizaciones sociales, grupos ecologistas y los representantes de pueblos indígenas que participan en este encuentro.

Adeus a un cabaleiro

Na mañá de hoxe falecía a idade de 89 anos nun hospital de Barcelona, a súa cidade natal, Juan Antonio Samarach, Presidente de Honor do Comité Olímpico Internacional e máximo protagonista de que o espíritu olímpico de un tempo a esta parte predominara no deporte. Cando Samaranch se puxo á fronte do COI os escandalos eran o pan noso de cada día. Conseguiu que as Olimpiadas foran recuperando o seu explendor e o Fair Play predominara por riba de todo e de todos. Home importante para que Barcelona fora o lugar de acollida das Olimpiadas de 1992 que tanta gloria deron o deporte español, nestes ultimos anos intentouno con Madrid pero de momento non foi posible, seguro que no ceo Samaranch terá a súa recompensa e a capital do estado acollerá unhas Olimpiadas en anos vindeiros.



D.E.P.



Grazas por facerlle tanto ben ó deporte mundial.

martes, 20 de abril de 2010

A solución para sair da crise



Cómo ninguén o pensou antes? cómo pode ser que un cidadán de "a pé" dé coa solución antes que as grandes cabezas pensantes europeas e mundiais? cómo algo tan sinxelo pasou inadvertido? Estas preguntas seguro que tod@s as estamos a facer neste momento. O programa Callejeros de Cuatro (canto xogo lle quita este blog ó programa) danos a solución coas verbas de este entrañable señor nas rúas de Madrid.

P.D: o saludo a un antigo dictador alemán sobra...

* RESEÑA DO VIDEO XENTILEZA DE CARNICERÍA SAN-PEN (AS CRUCES-SOBRADO)

luns, 19 de abril de 2010

Annagrace "Love Keeps Calling"



Se vos falo de "AnnaGrace" quizais non vos diga moita cousa. Pero se vos falo de Ian Van Dahl, grupo de dance belga dos anos 90 con temazos como "Castles in the Sky", "Try" , "Reason", "I can´t let you go" ou "Will I" seguro que moitos e moitas de vos bailantes, tarareastes e saltastes coas súas cancións. Ian Van Dahl dou paso a Annagrace que así se chaman estes belgas dende o ano 2006. Deixovos este temazo "Love Keeps Calling". Se non me engano vai ser un dos temazos deste verán 2010 que xa estamos desexando que chegue para disfrutalo a tope.

Saudos

E ti, cantas horas lle adicas?


Votandolle un vistazo a http://www.20minutos.es/ descubro unha nova que me chama a atención xa que me sinto moi identificado con ela: "case a metade dos españois xa non poden vivir sen internet". A nivel persoal debo confesar que paso moitas horas na rede (así teño a vista ultimamente) e internet pasou na miña vida de ser algo puntual a pasar a ser necesario para traballar, para enredar, para acadar información, e por suposto para estar en contacto con moitos de vos, os que me ledes a través do blog. Certo é que estou máis horas conectado a internet que tempo vexo a televisión ou escoito a radio. Correos electrónicos, Facebook, Tuenti, Messenger, Youtube, Música e incluso algunha que outra compra..., a rede de redes utilizoa para case todo e sí, debo recoñecelo, son un deses españois que xa non pode vivir sen conectarse aínda que sexa un anaco.
Deixovos a nova completa:


Casi la mitad de los españoles dice que ya no puede vivir sin Internet

Dedicamos más horas a conectarnos a Internet que a ver la televisión.
Lo que más usamos es el correo electrónico, seguido de las redes sociales,la mensajería instanténea y las descargas de música.

EFE. 19.04.2010 - 15.31 hCasi la mitad de los españoles (el 47%) dice que ya no puede vivir sin Internet, según los datos publicados en el estudio Mediascope Europe 2010, que revela que ese porcentaje ha aumentado un 13% con respecto a los datos de 2008.

El informe, elaborado por la Asociación Europea de Publicidad Interactiva (EIAA), revela que 20 millones de españoles mayores de 16 años se conectan a internet semanalmente. Los españoles consumen más internet (13,6 horas semanales) que televisión (13 horas), lo que pone de manifiesto que, cada vez más, los consumidores españoles incorporan la red a sus vidas cotidianas.

Las actividades más populares son el uso del correo electrónico (el 86% de los españoles), de las redes sociales (65%) y de la mensajería instantánea (62%), las descargas de música (46%) y el visionado de vídeos, películas o televisión (46%).

El 77% de los usuarios de Internet realiza compras "online"Casi tres cuartas partes de la población (71%) visita páginas web de información general y más de la mitad (57%) entra en páginas que ofrecen información local.

Gracias a Internet, la gente ha cambiado la manera de efectuar algunas gestiones que antes requerían más tiempo, como la organización de viajes y vacaciones (el 53% de los españoles) o trámites con la administración pública (el 48%).

Otra de las consecuencias que ha supuesto el aumento del uso de Internet es el crecimiento del comercio electrónico; el 96% de los consumidores busca información de sus compras en Internet y el 77% compra "online".

En un periodo de seis meses los españoles realizan cuatro compras a través de la red, gastando una media de 538 euros, según muestra el estudio Mediascope.

A pregunta da semana

Quen caeu "espatalada" este sábado no partido de Copa Provincial de fútbol sala feminino do Atlético Sobrado logo de que recibira un balonazo e lle fallara o pé de apoio provocando as risas do respetable?

A PORRA: xornada 25

De seguido os partidos da vindeira xornada da Porra que está a piques de chegar o seu fin e con todo aínda por decidir. Desta volta o partido estrela será o para moitos considerado derbi Valencia C.F. - R.C. Deportivo que valerá dous puntos o acerto.
Estes son os encontros:

Oza dos Ríos B - Atl. Sobrado
Valencia - Deportivo * (Partido estrela)
Barcelona - Xerez
Zaragoza - R. Madrid

A PORRA: Pitus acerta o partido estrela

Pitus foi o único participante desta xornada da Porra que acertou algún resultado. Curiosamente foi acertar o partido estrela que había nesta xornada, o Atl. Sobrado - Cire Melide polo que suma dous puntos que lle permiten ubicarse na3ª posición empatado a puntos con quen vos escribe.

Estes foron os resultados:

Atl. Sobrado 1 - Cire Melide 2
Deportivo 0 - Almería 0
Espanyol 0 - Barcelona 0
R. Madrid 2 - Valencia 0

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 13 puntos

2. Esteban 9 puntos

3. Pitus, Lato 6 puntos

4. Emilio 2 puntos

5. Ferreiro9, Antón 1 punto

6. Alberto, Petete 0 puntos

Grazas a todos por participar

venres, 16 de abril de 2010

E este é o futuro do país?



O pim, pam, toma lacasitos é unha frase que estamos a oir día sí e día tamén nas últimas datas. Esta frase proven da reportaxe do programa de Cuatro "Callejeros" sobre a alcoholemia. A verdade é que o panorama é desolador e o "artista" que protagoniza a frase ademáis de levar un pasadón do 15 parece que lle importa ben pouco que o multen así como poñer en perigo a vida dos demáis ó coller o volante nesas condicións. A verdade é que ver a "personaxes" así dache que pensar, se esta xente ten que levantar o país fastidiados imos...

O final do video é dramático pero tamén un aviso a todos os que nos poñemos ó volante logo de unha noite de marcha.

Saudos

xoves, 15 de abril de 2010

E pensar que o principio tomámolo a broma...

Todo comezou un sábado 14 de novembro de 2009; eran as 7.30 horas e dispoñíamonos a iniciar a viaxe as bodegas de Ribera do Duero nunha excursión organizada polo Concello.
Logo de revisar a "board list" e ver que estabamos todos iniciamos a viaxe a terras de Castela. Nada máis arrancar Jacobo inicia un diálogo que será o núcleo de todo esto que vos vou contar:

Jacobo: levades medicinas para o dolor de cabeza (risas)?
Eu: a min non me pilla unha viaxe desprevenido, eu sempre levo Aspirina C e Almax
Jacobo: pois hai un medicamento nas Farmacias que cura a resaca...
Todos: risas a carcaxadas...
Jacobo: (en plan serio) tomádelo a coña pero sí que o hai e cura as resacas...
Todos: máis risas...
Eu: sí o "Resacosil"
Todos: risas
Cardesín: (completando a miña frase) sí, "Resacosil 500 mg", risazas...

O caso é que estivemos coa coña do "Resacosil" toda a fin de semana en Aranda, cando estabamos nas bodegas, cando fumos cear, cando estivemos de copas, o domingo pola mañá almorzando, de viños antes de comer, na volta do bus..., a broma do "Resacosil" perduraba entre todos os que fumos participes desa viaxe.

Pois ben, o martes xa de madrugada Esteban, Isaac e eu volvíamos de xogar ó fútbol sala da Coruña e no meu coche traía a radio posta en "Ponte a prueba" de Europa FM, hasta ahí todo ben..., cando de repente un anuncio nos chama a atención: para empezar é Francisco Rivera "Paquirrín" o speaker do producto, o producto en cuestión chámase "Recuperal" e polo que di serve para o día despois de unha noite de farra dura..., a verdade é que non puiden conter a risa: 1º por que xa se me veu a cabeza o "Resacosil 500 mg" famoso e 2º que por riba este anuncio de tal calibre o anuncie "Paquirrín", a verdade é que foi xenial.

A coña é que agora haberalle que decir a Jacobo que tiña razón, que existía tal medicamento..., creo que na cercana viaxe a Salamanca vou abandoar a Aspirina C e o Almax e mercar Recuperal a ver que tal vai a cousa...

P.D: 15 de abril..., como me gusta este día!

O soño acabouse

Non puido ser, a clasificación para o Teresa Herrera terá que agardar a vindeira tempada. Fixemos probablemente o peor partido da tempada (todos estivemos fatal) e o Iceacsa pasounos por riba. Estivemos máis pendentes do colexiado que influiu en 2 goles, que de xogar o partido e non o afrontamos coa tensión suficiente, quizais porque eramos sabedores de que o empate nos metía no "soño" de xogar o torneo máis prestixioso cos mellores equipos da Coruña, unha das cidades de España onde máis nivel hai de fútbol sala.
O partido perdímolo no descanso pois con 4-0 por debaixo imaxinádevos como estaba a moral..., tivemos un atisvo de remontada logo de comezar a mover rápido o balón marcamos o 4-1 cando ían 3 minutos da segunda metade pero 5 minutos despois o Iceacsa marcaría o 5-1 final o rematar un córner que tampouco foi...
De todos os xeitos hai que catalogar a tempada de "moi boa" pois acadamos un ascenso impensable cando comezamos todo esto "para botar unhas pachangas pola semana e de paso tomar unha cervexa pola Coru", as cousas foron saindo e o ascenso foi posible. A tempada 09/10 rematou para o Pub Kemais F.S., ou non..., pois aínda hai que poñer a data para a cea de fin de tempada e "degustar" uns "misturados" polo Orzán.

Bufffff

P.D: relacionado con "soños que se acaban" déixovos o "Wide Awake" do inconmensurable grupo belga "Milk Incorporate"

martes, 13 de abril de 2010

A polo Teresa Herrera

Sen lugar a dúbidas para todos os integrantes do equipo de Fútbol Sala Pub Kemais esta tempada será imborrable. Na tempada do debut na Liga de Salesianos de A Coruña acadamos o ascenso a 1º división, algo increible pero a tempada aínda pode ser máis completa. Estamos a piques de clasificarnos para disputar o torneo de fútbol sala máis prestixioso da cidade de A Coruña, o Teresa Herrera.
Estamos ubicados na 1ª posición con dous puntos de diferencia sobre o 2º clasificado, o Iceacsa F.S. e curiosamente hoxe que é a derradeira xornada de grupo enfrontámonos e eles no Pavillón de Cocheras (Os Rosales) a partires das 22.25 horas, se empatamos ou gañamos clasificámonos, de perder os clasificados serán eles. Intentaremos que ó celebrado ascenso lle engadamos a participación no Teresa Herrera.

Xa sería a repera!!!

Saudos

luns, 12 de abril de 2010

A pregunta da semana... que estaba cantada!

Quen estreou camisa o pasado sábado e grazas a Pedino douse conta no Pub Kemais que levaba a etiqueta de compra rozando na espalda con bolsa do botón de reposto e todo?

A PORRA: xornada 24

Nova xornada de porra onde tamén teremos un derbi moi especial, será o que dispute na tarde do domingo o Atl. Sobrado e o Cire Melide, polo tanto e para conmemorar este evento o igual que o R. Madrid - Barcelona da semana pasada, tamén valerá doble. Xa sabedes, a afinar puntería...

Atl. Sobrado - Cire Melide * Doble puntuación
Deportivo - Almería
Espanyol - Barcelona
R. Madrid - Valencia

A PORRA: Esteban recurta diferencias có líder

Esteban foi o único que puntuou nesta 23ª xornada da Porra na que o partido R. Madrid - Barcelona valía doble pero ninguén foi quen de atinar co resultado final. O segundo clasificado acertou o partido Deportivo - Racing.

Estes foron os resultados:

S.E. Abellá 3 - Atl. Sobrado 1
Deportivo 1 - Racing 1
R. Madrid 0 - Barcelona 2
Mallorca 3 - Valencia 2

Así queda a clasificación:

1. Finito 13 puntos
2. Esteban 9 puntos
3. Lato 6 puntos
4. Pitus 4 puntos
5. Emilio 2 puntos
6. Ferreiro9, Antón 1 punto
7. Alberto, Petete 0 puntos

venres, 9 de abril de 2010

ULTIMA HORA: a Federación Española de Fútbol varía o regulamento con motivo do partido de mañá R. Madrid - F.C. Barcelona

Meu primo Félix de Ponferrada, crack onde os haxa dos correos electrónicos acabame de mandar de xeito urxente esta iniciativa de ultimísima hora que acaba de poñer en coñecemento a Federación Española de Fútbol con motivo do partido que paralizará mañá ó mundo (o enésimo partido do século), o correo reza así:
"Co fin de evitar outra cómoda victoria do F.C. Barcelona e igualar a contenda no vindeiro partido R. Madrid - F.C. Barcelona, a F.E.F. decidiu facer unha pequena modificación no céspede do Estadio Santiago Bernabeu así coma no regulamento.
O R. Madrid xogará a esquerda e non haberá cambio de campo logo do descanso".

Este será o aspecto que presentará o Estadio Santiago Bernabeu mañá:


P.D.: que non se me enfaden os amigos e as amigas madridistas.
Unha aperta e que gañe o mellor.

David Guetta feat Akon "Sexy Chick"



Que David Guetta é un dos mellores djs que temos na actualidade penso que xa non se lle escapa a ninguén dos que amamos a música electrónica.
De un tempo a esta parte todo o que toca "este tío" faino ouro, ou o que é o mesmo traducido a música, exitazos e temazos. Ademáis soe ter unha boa elección a hora de seleccionar os seus colaboradores nos seus traballos. Este tema xa leva uns meses pegando moi duro e máis que vai pegar. Ademáis o videoclip non lle vai "a zaga" e penso que non deixa indiferente a ninguén..., tordos espidos, moitas curvas, auga a borbotons, baile..., UN AVISO, ESTE VIDEOCLIP PODE DAÑAR A SENSIBILIDADE DOS "YOUTUBEVIDENTES", POLO TANTO, NON DIGADES QUE NON VOS ADVIRTO.

QUE DISFRUTEDES DA FIN DE SEMANA, POR FIN CHEGOU O BO TEMPO!!!

xoves, 8 de abril de 2010

Unha ollada a O Grove

Rememorando unha pequena visita de fin de semana o pasado verán, concretamente no mes de xullo a O Grove "o paraiso do marisco" quixen poñer estas imaxes que pertencen a web oficial do Consorcio de Turismo de O Grove. Recoméndovos esta zona: fermosas praias destacando a de Area Grande en San Vicente do Mar e a coñecida da Lanzada polas "9 olas", bo ambiente na rúa, a Toxa, as illas Sálvora e Ons moi cerquiña, paseos en barco, marisco de calidade a un prezo asequible, lugares para tomar copas, infinidade de restaurantes..., vamos que por haber hai de todo. Visita obrigada este verán, xa me contaredes, de momento a disfrutar das fotografías.












































mércores, 7 de abril de 2010

"Messihibición"



Tituladeo como queirades, "Messihibición", "Inmessionante", "De outra dimessión"..., o nome de Leo da moito xogo, e xogo é o que ten nas súas botas e na súa cabeza. Impresionante o que o mellor xogador do mundo na actualidade nos ofreceu a todos os que amamos este belo deporte que é o fútbol. Xa non son os 4 goles nuns cuartos de final de Champions League fronte a todo un Arsenal; senón que esa maneira de "gambetear", de esquivar rivais, de recibir patadas sen protestar..., fano o mellor xogador do mundo. Penso que xa non se lle pode chamar "Messidona" porque Diego é Diego e Leo é Leo. Diego foi o máis grande pero Leo vai camiño de superalo, ollo, é moi xove e xa gañou moitas cousas.
Eu non son do Barcelona, pero a día de hoxe esta claro que se queres disfrutar do fútbol tes que ver o Barcelona ou no seu defecto a Selección Española (que é o máis parecido ó fútbol blaugrana).
Atisbase xa a semifinal Inter - Barça, todo un partido e xa no horizonte asoma a idea da final no Bernabeu onde os culés estarían presentes, imaxinadesvos un Bernabeu vestido de azul e grana, e por riba con unha final contra o Olympique de Lyon...? podería ser demasiado forte para Florentino.

Teremos que estar atentos.

Fangoria: "No sé que me das"



Fangoria é un dos grupos de música españois que máis me gusta, quizais polo "toque" electrónico da súa música. O caso é que hoxe dende que me levantei non me quito da cabeza esta canción que xa ten 8 anos, efectivamente, data do ano 2002, aiiii, como pasa o tempo...
A decir verdade é que a Alaska ou Olvido Gara como vos prefirades chamarlle, acompañana sempre boas críticas musicais coas que habitualmente estou de acordo pero sí debo confesar que en persoa pareceume bastante borde e chula. Foi durante a grabación de unha das series de "Os Tonechos" da TVG, nese programa as actuacións eran El Fary (D.E.P), Xil Ríos e Fangoria; pois ben, durante o playback que estaban a facer falloulles a música e Alaska colleu un rebote do quince, mirando de brazos cruzados para o rexidor do programa con cara de desafío e golpeando constantemente con un pe no esceario, pola contra Nacho Canut estaba calado e a súa faciana parecía querer dicir que tampouco era para tanto. Arranxado o problema seguiu a música e a actuación pero a cara de Alaska era de unha desgana total en plan que estaba desexando acabar, cobrar e pirarse. A miña opinión de Alaska é: como artista excepcional, como persoa teño as miñas dúbidas..., ogalla me equivoque.

A disfrutar con este pedazo tema!

martes, 6 de abril de 2010

Unha ferramenta moi útil

Hoxe quérevos falar de unha ferramenta online moi útil. Trátase de tradukka.com, un tradutor de textos online en tempo real que é moi doado de usar e que seguro que todos e todas teremos que votar man del algunha vez. Ademáis ten a particularidade de que traduce en 52 idiomas entre os que se incluen o galego e o catalán, non así o euskera (unha mágoa) pero confiemos que segundo vaia pasando o tempo se vaian incluindo neste cómodo tradutor outras novas linguas.
Pasadevos por tradukka.com e votadelle unha ollada e direivos que como "a curiosidade matou ó gato" tamén traduce tacos, e senón me credes, sede gatos e comprobadeo.

Saudiños.

A pregunta da semana

Quen levantou o pasado venres de madrugada a máquina expendedora de froitos secos da Cervexería Lodeiro de Sobrado igualiño que se fora a copa da Champions League mentres o resto do público cantabamos "campeones, campeones, oe, oe, oe"?

luns, 5 de abril de 2010

Xa saimos ata nas viñetas do periódico

Este é a viñeta de "Thom" de Andrés Meixide que saiu hoxe en La Voz de Galicia, como vedes o tema de "Desván de los Monjes" segue a dar moito xogo.

En fin...

Facebook, a rede social máis usada polos lectores

Maioría absoluta da rede social Facebook na enquisa do mes de marzo. Esta rede acadou 21 votos de 35 totais ou o que é o mesmo, o 60% dos votos.
En segundo lugar quedou Tuenti con un 25% e terceira Twitter con un 2%.
Un 11% dos enquisados opina que non lle gusta ningunha rede social. Grazas a todos por participar, en breves estará a enquisa do mes de abril.

A PORRA: xornada 23

Nova xornada da porra na que destaca por riba de todo o partido do ano, que trae sorpresa: o acertante deste resultado sumará 2 puntos no lugar de 1 que é a puntuación habitual, polo tanto, desta volta si que pode decidir a Liga BBVA o Real Madrid - F.C. Barcelona pero tamén pode sentenciar a porra de latosobrado.blogspot.com ou ben apretar máis a clasificación.

Estes son os encontros:

S.E. Abellá - Atl. Sobrado
Deportivo - Racing
R. Madrid - Barcelona *recordade que vale 2 puntos o acerto deste encontro
Mallorca - Valencia

A PORRA: o líder, imparable!

De novo Finito, líder indiscutible da porra de latosobrado.blogspot.com dalle un mordisquiño máis a mazá de esta competición sendo o único participante en puntuar nesta semana. O líder acertou desta volta o resultado do Atl. Sobrado - Toques e xa distancia en 5 puntos a Esteban, o seu máis inmediato perseguidor.

Estes foron os resultados:

Atl. Sobrado 2 - Toques 2
Atlético 3 - Deportivo 0
Barcelona 4 - Athletic 1
Racing 0 - R. Madrid 2

A CLASIFICACIÓN queda da seguinte maneira:

1. Finito 13 puntos
2. Esteban 8 puntos
3. Lato 6 puntos
4. Pitus 4 puntos
5. Emilio 2 puntos
6. Ferreiro9, Antón 1 punto
7. Alberto, Petete 0 puntos