Xa está, por fin, de unha vez por todas pódese dicir: son/somos CAMPIÓNS DO MUNDO DE FÚTBOL. Atrás quedan malas sensacións nos mundiais, derrotas inxustas, arbitraxes calamitosos (un deles foi o de onte da final, vergonzoso Howard Webb), a barreira dos cuartos de final que foi aniquilada de golpe e porrazo; primeira vez que España chega a final do mundial e título para a casa. O gol do home que non é mediático, o que non leva piercings, nin mechas, nin tatoos, o que leva o esférico pegado o pe e sufre mil e unha patadas sen rechistar e se levanta e segue xogando: o quixote da Mancha, Andrés Iniesta. Ese gol quedara grabado para sempre nas nosas retinas. Mención especial tamén para Iker Casillas, o mellor porteiro do mundo foi criticado inxustamente por novas que nada tiñan que ver co fútbol e conforme foi transcurrindo o Mundial deixou ben as claras que hai moitos "periolistos" que mellor era que se adicaran a outra cousa. Mereceo o igual que a súa moza, unha boa profesional que é críticada so por ser moza de..., unha inxustiza.Este é o Mundial de todos, dos 23 xogadores, do corpo técnico, de todos os afeccioados o bo fútbol que onte dou un paso adiante. Amosouselle o mundo que se pode ser campeón do mundo e campeón de Europa facendo fútbol bonito e de toque. Onte tod@s o celebramos, foi un festón e aínda hoxe o ver as imaxes en televisión emocionome e pónseme a pel de galiña. Estou sen voz, pero mereceu a pena, foi moita a tensión acumulada, moitos nervos, penso que dende a final do Centenariazo en Madrid xamáis estiven tan nervioso por conta do fútbol, agora toca disfrutar, hoxe máis que nunca a cor vermella é o símbolo identificativo do noso país.
GRAZAS POR ESTES MOMENTOS INESQUECIBLES CAMPIÓNS!!!
SI SIIIIIII...... HAY ESTA LA SELECCION, LA MEJOR DEL MUNDO!!!!!!!
ResponderEliminarSe lo han currado si senyor!!
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar