martes, 31 de agosto de 2010

Vacacións!!!



Hoxe a partires das 20.00 horas estou oficialmente de vacacións. Xa tiña gañas a decir verdade, logo do caluroso verán que nos está a vir (e que siga por moito tempo). So puiden disfrutar de un par de días de praia e outro par de piscina polo que o meu corpo pide sol para recargar as pilas. Será todo o mes de setembro, aínda non teño definido a onde será a viaxe ou as viaxes (dependendo dos días de duración). O que sí está claro é que "papo" festas importantes da zona (Boimorto, Teixeiro, Présaras e por supostísimo OS DOLORES DE SOBRADO).


Este blog a pesares da imaxe que vedes arriba non parará senón que seguira a ter actividade máis ou menos diaria.


Agardo que sigades pasando por eiquí sempre que o desexedes.


Bicos e apertas.

venres, 27 de agosto de 2010

De cabeza ó Festival Xacobeo 10

Unha boa representación de Sobrado estaremos hoxe no Monte do Gozo co agallo do Festival Xacobeo 10 que reune entre outros a Muse (un dos maiores espectaculos en directo que se pode ver a día de hoxe no mundo) e co engadido de Pet Shop Boys, un dos meus grupos referencia na música electrónica que para min, que xa tiña mercada a entrada antes da confirmación dos creadores do "It´s a sin", "Domino Dancing", "Always on my mind" ou "Being boring" entre outras foi unha máis que grata sorpresa.
O festival dura 10 horas entre grupos e djs, 25.000 persoas estaremos dándoo todo e 500 persoas máis velarán pola nosa seguridade. Se a climatoloxía respeta pode ser unha festa histórica para a Comunidade Autonóma de Galicia, unha data a ter marcada desde xa no calendario.

Contareivos as miñas vivencias en vindeiros capítulos.

Saudos.

mércores, 25 de agosto de 2010

Plenamente satisfeito

Xa recuperado de unha fin de semana onde o traballo e a satisfacción por ver que todo saiu ben chegou a partes iguais agora é momento de facer balance da XI Edición da Feira da Troita; unha edición na que se superou o record de xente. Máis de 3500 persoas segundo os datos de producción viron en directo na noite do sábado a Miguel Costas e Los Suaves que por certo, ámbalas formacións fixeron un máis que digno papel no VI Festival Musical e Intercultural da Xuventude. Nunha noite con unha magnífica temperatura tanto a banda do ex de Siniestro Total e Aerolineas Federales entre outros e os ourensáns que presentaron a un Yosi con unha voz máis que aceptable fixeron moverse ata o máis pintado. Entre os asistentes xente de pobos cercanos coma Arzúa, Boimorto, Curtis, Friol, Guitiriz, Melide, O Pino, Palas de Rei, Présaras, Teixeiro, Toques..., ademáis de moitos outros vidos dende diversas partes da xeografía galega así coma xente de outros puntos que estaban a pasar por estes lares as súas vacacións estivais. Non cabe dúbida que foi o ano máis exitoso dos concertos da "Troita". Los Suaves durante a súa actuación en Sobrado
Foron moitos os que se achegaron a Sobrado ó longo do domingo para pasar un día festivo

Na xornada do domingo o tema non lle foi "á xaga" a noite anterior e entorno a 2000 persoas agrupáronse en Sobrado para poder degustar "troita á montañesa" que un ano máis foi cociñada polos integrantes do Club Atlético Sobrado Xuventude e alguns/as axudantes/as a quen dende eiquí quérolles dar a maior das grazas e "polbo á feira" así coma disfrutar de todas as actividades ó longo do día. Boa xornada para os artesáns que exhibiron e venderon os seus productos de xeito satisfactorio, emotivo pregón do periodista nado en Sobrado Pepe Castro que exaltou as cualidades da nosa zona, coma sempre a Maristela doulle "o punto" animado cos seus bailes rexionais, a xa enigmática baixada de carrilanas foi unha das actividades principais da tarde xunto co rocódromo e tiro con arco (novidades este ano). Chegadas as 20.00 horas foron os Festicultores quen se encargaron de poñer patas arriba a festa e de facer bailar a tod@s os que ainda aguantaban o ritmo, a pesares de que a choiva fixo presencia ó longo da súa actuación pouco lles importou e logo de meterse no arco que da acceso a Vía Sacra estableceron alí unha improvisada sala de festas para asombro de propios e extranos, como punto e final os ourensáns Guezos amosaron o seu bo facer enriba do esceario para os que aguantabamos alí dende a mañá..., todo esto aderezado coa Radio Galega que estivo en directo de xeito ininterrumpido coa súa unidade móvil dende as 17 horas ate as 21 horas e o igual que o ano pasado entrevistaron a moita xente de Sobrado entre os que estivo quen vos escribe, eso sí, con un tono de voz rozando o silencio pola afonía que tiña nese momento.
Entre todos conseguimos que todo esto que algún día soñamos se fixese realidade. Grazas a todos por estar ahí, por apoiar, por festexar, por animar e por disfrutar da XI Feira da Troita.
Unha aperta
P.D: déixovos a nova do luns de La Voz de Galicia en relación a Feira da Troita



La Festa da Troita de Sobrado dos Monxes distribuyó más de dos mil raciones y recibió 5.000 visitantes


Localidad:
Sobrado/la voz.
Fecha de publicación:
23/8/2010


La trucha ha encontrado su particular santuario culinario en el corazón de la provincia coruñesa. En Sobrado dos Monxes, donde se originan los caudales que alimentan a ríos como el Mandeo o el Tambre, este pez se ha convertido en una referencia que se honra cada mes de agosto de dos formas: por un lado, mediante la repoblación de los ríos, con la suelta de miles de alevines, y, por otro, a través de unas jornadas de exaltación del producto alimenticio en sí.
Para ello, en la jornada de ayer, en la plaza principal de Sobrado se dieron cita miles de personas que degustaron las más de cinco mil raciones preparadas por la organización del evento para saciar el hambre de los visitantes. «Aquí non val vir a mirar. O que non proba a troita, non sabe o que é bo», anunciaban algunos de los cocineros que se afanaban en asar de la mejor forma posible los cientos de piezas que se iban a degustar luego.
Hubo la ocasión de probar la trucha de muchas formas diferentes. Pero la gran novedad de la edición de este año en cuanto a platos elaborados fue la empanada de «troita montañesa», que suscitó numerosos comentarios positivos entre todos los que acudieron a participar en el evento gastronómico de Sobrado dos Monxes.
Muchos de ellos no podían ocultar las ojeras de la larga noche del día anterior, en la que se registró una masiva asistencia al concierto de rock que protagonizó el grupo ourensano Los Suaves, junto con los ritmos de Miguel Costas, uno de los históricos componentes de Siniestro Total, grupo emblemático de la movida gallega.

venres, 20 de agosto de 2010

Mañá cúmpreseme un soño





Así é, en Sobrado xa contamos as horas que faltan para que dous dos nomes máis importantes do panorama Rock nacional: Miguel Costas e Los Suaves / Los Suaves e Miguel Costas suban enriba do esceario na VI Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude.

De novo un par de videos para ir facendo paladar: "Dulce Castigo" de Los Suaves e "Bailaré sobre tu tumba" de Miguel Costas acompañado de Germán Coppini.

Que o disfrutedes!!!

mércores, 18 de agosto de 2010

Pídemo o corpo



Mércores, día de relax dentro de unha semana cargada de actividades e traballo a partes iguais. Hoxe é o día de calma, mañá comeza todo o marrón. Desperteime na cabeza con esta canción That´s the way it is da (para o meu gusto) a mellor voz feminina da historia, a canadiense Cèline Dion.

Un tema sublime.

Saudos

martes, 17 de agosto de 2010

Cea anual



Hoxe coma todos os anos por estas datas e aproveitando que temos amigos que están de vacacións por estas terras temos a cea anual de agosto que sempre facemos coincidir co San Roque de Melide. Faltarán ilustres personaxes sobradenses pero os outros 15 "figuras" que asistimos ó evento tentaremos que o pavillón quede o máis alto posible na noite melidense.

Intentarase acadar o "Cum Laude"...


Deixovos o "When love takes over" de David Guetta feat. Kelly Rowland, un temazo.

Saudos

luns, 16 de agosto de 2010

Onde están os "Wallies"?

É ben certa a frase que di que as persoas estamos vixiladas 24 horas ó días 365 días a semana..., e coma mostra un botón: nesta foto saen tres integrantes do "Sobrado On Tour 2010" cazados por unha web de unha famosa orquestra galega nun pobo que está ubicado a pouca distancia de Sobrado. Polo que respecta os "persoeiros" en cuestión parece que a festa non vai con eles senón que se adican a mirar cada un para o seu lado sen ter comunicación entre sí...,

QUÉ ESTARÍAN A MIRAR???

venres, 13 de agosto de 2010

Xa é oficial

A Comisión de Festas Sobrado dos Monxes 2010 acaba de facer oficial no seu Facebook o cartel das festas grandes do pobo.
Sérán os días 17, 18 e 19 de setembro cando Sobrado se encherá de animación para honrar a Virxe dos Dolores. COSTA OESTE, LA OCA, ABANICO, XENTE NOVA, FANIA BLANCO SHOW e PANORAMA serán as formación encargadas de poñerlle música as festas de este ano 2010.

Xa temos gañas de que cheguen!

Saudos e bo fin de semana

xoves, 12 de agosto de 2010

Faltan 9 días..., xa nos tarda!!!



9 días, tan so 9 días para que Los Suaves e Miguel Costas suban ó esceario na XI Edición da Feira da Troita. Sobrado xa vai collendo cor festivaleira e os carteis comezan a dominar ó pobo. O "gato" domina todo o pobo a día de hoxe, comeza a ferver a sangue.

Longa vida ó Rock and Roll

luns, 9 de agosto de 2010

Otra Historia "Efecto Mariposa"



Principio de unha semana logo de un finde que veu cargado de bombo: eu a antibióticos dende venres (ando a ver se recupero a voz que hai 3 semanas que perdín, o proceso vai lento pero parece que vai por bo camiño), festas en Pousada, en Foxado, os Botes de Arzúa, Pardiñas, a Carballeira de Zas..., moitas actividades...

Onte en Pousada por fin puiden ver a Orquestra Marbella por primeira vez neste ano logo da súa gran "restructuración" e so poido darlle un calificativo: ORQUESTÓN.

Impresionante Irene, moi ben Kristie, o novo vocalista masculino moi dinámico, os metais do mellorciño de Galicia..., de impresión. Parrafeando un pouco co seu director e cantante Víctor confesoume estar moi entusiasmado nesta tempada e a verdade é que non é para menos pois vaia "Dream Team" que montou, moitos dos mellores músicos e cantantes de Galicia agrúpanse en Marbella nesta tempada. Alégrome un montonazo por Víctor xa que sei que o currou moito e o ano pasado tivo moitos atrancos para seguir co proxecto Marbella adiante. A solvencia e as gañas de agradar deste orquestón sen lugar a dúbidas que agradarán a milleiros de afeccioados as verbenas galegas. Darlle a noraboa a Comisión de Festas de Pousada por permitirnos disfrutar de Marbella pois sabemos que as festas non son baratas e ogallá todo vos saise fructiferamente.

Deixovos un videoclipo de Efecto Mariposa, "Otra Historia", unha das miñas favoritas do grupo malagueño.

Saudos

venres, 6 de agosto de 2010

Atareado

Boa tarde, paso por eiquí para saudarvos e decir que segundo se vai acercando a Feira da Troita o traballo vaise acumulando a pasos axigantados. Non dispoño de moito tempo para adicarlle ó blog pero sí polo menos para entrar e desexarvos que teñades unha boa fin de semana.

Unha aperta moi forte, en breves tornaremos a normalidade.

Saudos

martes, 3 de agosto de 2010

Non podía de ser de outro xeito





Para amenizar estes días "pre-troita" que mellor que poñer música dos artistas que nos acompañaran na XI Edición da Feira da Troita.

Hoxe deixovos doble ración de cancións: "Palabras para Julia" do disco Víspera de Todos los Santos (2000) e "Dulce Castigo" de Los Suaves do disco Santa Compaña (1994), unha das miñas cancións favoritas de grupo do "gato".

"Perdóname por no dejarte, por quererte y haberte querido, amor invento del diablo, querer burla del destino, DULCE CASTIGO".

P.D: faltan 18 días...

luns, 2 de agosto de 2010

Enquisa moi igualada

Moi igualada resultou a enquisa do mes de xullo onde se preguntaba se Rafa Nadal era o mellor deportista español de todos os tempos. O resultado: votos a favor 11 (un 52%) e votos en contra 10 (47%). Coma sempre esta enquisa ten un marxe de erro de un 1%.

Grazas a tod@s por participar.