Kylie Minogue é unha das deusas da música pop internacional. Seguen pasando os anos e as veces a vida tamén che pon atrancos no camiño, pero a rubia australiana parece ter o don da eterna xuventude. Ademáis cada novo traballo que quita a venta sorpréndenos coa vitalidade da súa obra. Hoxe déixovos "Get outta my way" (Sae do meu camiño), o segundo hit tras "All the lovers" do seu novo disco "Aphrodite".
Eu tiña unha profe na facultade que é clavada a Kylie!! Nin é australiana nin cantante (que se sepa), pero tamén é rubia, co pelo máis curto, pero igualiña!! E coma Kylie, tamén debe ter o elixir da eterna xuventude, cada ano parecía máis rexuvenecida...

ResponderEliminarLogo so lle falta Jason Donovan de parella..., jajaja.
ResponderEliminar