xoves, 31 de marzo de 2011

Control de Alcoholemia



Unha vez máis volvo a tirar do gran programa da Televisión Autónoma Vasca "Vaya Semanita" para alegrar un pouco esta soleada tarde de xoves.
O tema central do sketch é un control de alcoholemia con uns personaxes moi particulares.
O de este programa é de auténtica traca. Son moi grandes!

mércores, 30 de marzo de 2011

A Porra: xornada 23... HABERÁ LIGA!

Finalmente e logo de idas e vidas haberá xornada ligueira nas ligas BBVA e Adelante polo tanto e como é tónica habitual na porra os partidos en disputa serán os do Deportivo, R.Madrid, Barcelona e Atl. Sobrado. O partido da xornada será o que disputen no Madrigal o Villarreal C.F. e o F.C. Barcelona. Dous equipos amantes do fútbol espectáculo fronte a fronte. PARTIDOS: Villarreal - Barcelona * PARTIDO DA XORNADA R. Madrid - Sporting Deportivo - Mallorca Oza dos Ríos - Atl. Sobrado

martes, 29 de marzo de 2011

A pregunta da semana

Quen foi víctima de unha gran broma telefónica o sábado durante o transcurso do xantar en Gijón?

luns, 28 de marzo de 2011

Fin de semana "a destajo"


Como cada vez que organizamos "excursión" a fin de semana danos para moito, moitísimo..., a despedida foi un auténtico éxito e se algún "pero" lle hai que poñer é a choiva que nos acompañou desde o sábado a eso das 20 horas ata a mañá do domingo.

A aventura comezou o venres en Gijón, paso previo por Vilalba para tomar unha cervexiña e facer tempo para que chegara Petete, logo de malos entendidos por fin nos encontramos todos preto de Abadín e chegamos en torno as 23 horas á capital da Costa Verde.

Alí o noivo Javi presentounos a 3 verdadeiros cracks extremeños: Fernando 1º, Fernando 2º e o irmán de este último e a súa vez irmán tamén da noiva da voda, Rafael. Sen lugar a dúbidas a voda de maio en terras do sur promete por que simpáticos son un rato largo.

As 23.30 quedamos con outro grande: Óscar Amil, que subiu desde Portugal para ser o noso anfitrión na súa segunda terra.

Como dixen a fin de semana dounos para moito: encontrarse con xente coñecida a centos de kilómetros de distancia (o mundo é un auténtico pano...), falar e quitar fotos con un coñecido xogador do Deportivo (un chaval atento e humilde onde os haxa), sentar cátedra no mundo dos ditos populares como Pedino que este finde estivo verdadeiramente sembrado e deixou perlas que para sí quixera Camilo José Cela, deitarnos ben entrado o día non sen antes elexir un bar de referencia (coma cada vez que viaxamos) e onde fixemos amizade, durmir poucas horas o sábado de mañá e desaiunar con cervexa e pinchos para pasar a comer con sidra ("non hai sidra en Asturias ou qué?"), ir os karts, volver feito polvo o hotel (algúns máis que outros), volver a alternar antes de cear un excelente manxar noutra sidrería, liarnos falando de fútbol co camarero de rigor e tomando copazos, volver a visitar algún que outro pub e por suposto de novo ir o bar de referencia (Cambalache para máis sinais), durmir outro pouco, volver de novo o bar de referencia parar facer boca antes de xantar e comer antes de emprender rumbo de volta sempre coas bágoas nos ollos da risas que nos votamos (non me chegarían 3 posts para comentar anécdotas), parada obrigada no Rei das Tartas en Mondoñedo, antes de chegar a casa un refrixerio no Mandala en Teixeiro e por fin fogar dulce fogar onde agardaba miña nai con un sorriso irónico en plan "este trae unha cara de cansancio que non pode con ela...".


Andamos a recuperar aínda, o alongar a fin de semana pasou factura e algúns dos participantes na despedida aínda hoxe temos cara de cansos..., mañá será outro día.


Desexo que Javi disfrutase da súa despedida, nos pasámolo en grande, e desde aquí mandarlle tamén un abrazo moi forte a José Luis.


Saudos

A Porra: xornada sen acertantes


Non foi a xornada desexada para os participantes da porra. Quizais os partidos de segunda división despitaron algo ó persoal. Sorprendeu por riba de todo a goleada que endousou a domicilio un dos equipos que está loitando por non descender a 2ª B, o Recreativo de Huelva a un Celta de Vigo que parece que se desinfla (0-3).


Os RESULTADOS foron os seguintes:


Rayo Vallecano 1 - Betis 0

Celta 0 - Recreativo 3

Xerez 1 - Granada 1

Atl. Sobrado 4 - Vizoño B 1


CLASIFICACIÓN:


1. Finito 31 puntos

2. Lato 23 puntos

3. Esteban 20 puntos

4. Alberto 18 puntos

5. Pitus 14 puntos

6. Emilio 9 puntos

7. Ferreiro9 3 puntos

8. Gadel 0 puntos


*NOTA: mañá saberase se hai xornada ligueira en 1ª e 2ª División ou ben hai folga este fin de semana. No caso de que se dera esta última opción completariamos a xornada con partidos de 2ª División B Grupo I.

xoves, 24 de marzo de 2011

Mañá e o día!

Mañá emprendemos rumbo a unha trepidante e intensa fin de semana. Falo nin máis nin menos que da despedida de solteiro de Javi. Foi Xixón o destino elexido, un lugar no que xa participamos noutra despedida, a de Pirulo (intercalandoa con Oviedo). Alí agárdanos un anfitrión de luxo: Óscar Amil, que unha vez máis será o noso anfitrión en terras astures.
Emprenderemos rumbo a aventura a media tarde, para aloxarnos no Hotel Gijón, en plena Praia de Poniente o lado do clube naútico, xa instalados na cidade cearemos na Sidrería Tierra Astur, xa coñecemos as dúas de Oviedo e agora toca descubrir a de Xixón, as impresións das outras veces foi espectacular. Logo da cea (que se prevee "movidita") sairemos a tomar uns "cafés" pola capital da Costa Verde.

Xa metidos no sábado a tarde prevese competitiva pois teremos competicións de Karts no circuito de Pola, os Vettel, Alonso, Raikonnen, Hamilton e demáis estarán alí (Schumacher causou baixa) para dar boa conta do circuito e da sidra no local que está pegado o circuito.


A partires de aquí comezarán unha serie de actos "delictivos" co noivo que poden ser a repera..., JAVI, a temblar!!!
Saudos que pasedes bo finde.



mércores, 23 de marzo de 2011

O plan "B"



O productor e cantante Carlos Jean está a traballar da man coa marca de bebidas alcohólicas Ballantines. O mercado musical acaba de coñecer hai un par de meses o "Plan B", así se chama este proxecto onde Carlos Jean vai poñendo música os temas en cuestión e cantantes anónimos vanlle poñendo letras as cancións. Carlos Jean selecciona a versión que máis lle gusta e estes hits saen a luz.

Deixovos o "Lead the Way" que é o tema que encabeza este proxecto coa voz de "Electric Nana".

Saudos

martes, 22 de marzo de 2011

A pregunta da semana

Qué personaxe sobradés dixo no transcurso de unha animada charla na madrugada do domingo para o luns que seu pai traballou en certa empresa "34 anos, 29 meses e 24 días"?

luns, 21 de marzo de 2011

Imaxina unha vida así...



Os avances tecnolóxicos que o planeta Terra experimentou nos últimos anos non me deixan de fascinar. Hai uns anos a moi poucos se lles pasaba pola cabeza unha forma de vida rodeada de ipads, netbooks, teléfonos móbiles táctiles, televisión á carta, pantallas planas que ocupan o mesmo que un folio posto de pe, coches intelixentes...

Vero86 mandoume este video, amante das novas tecnoloxías como son creín oportuno compartilo con tod@s vos...

Imaxinades unha vida así? eu sí e penso que non tardaremos moitos anos en tela.

Saúdos

A Porra: xornada 22

Debido a que a vindeira fin de semana haberá parón ligueiro na Liga BBVA por mor dos partidos de seleccións a porra de esta xornada estará composta por tres partidos da Liga Adelante onde o partido estrela será o Rayo Vallecano - Betis que loitan codo con codo por acadar o liderato da competición. Ademáis tamén estará incluido o partido do Atlético Sobrado.

PARTIDOS:

Rayo Vallecano - Betis * PARTIDO DA XORNADA
Celta - Recreativo
Xerez - Granada
Atl. Sobrado - Vizoño B

A Porra: Esteban sitúase 3º

Esteban foi o único participante que sumou nesta xornada da Porra atinando o Barcelona - Getafe. Estes tres puntos permítenlle escalar unha posición para poñerse no terceiro lugar con 20 puntos a 11 do líder da competición Finito.

Estes foron os resultados:

Atlético 1 - R. Madrid 2 * PARTIDO DA XORNADA
Barcelona 2 - Getafe 1
Deportivo 0 - Levante 1
Atl. Sobrado 1 - Visantoña 3

A clasificación queda do seguinte xeito:

1. Finito 31 puntos
2. Lato 23 puntos
3. Esteban 20 puntos
4. Alberto 18 puntos
5. Pitus 14 puntos
6. Emilio 9 puntos
7. Ferreiro9 3 puntos
8. Gadel 0 puntos

venres, 18 de marzo de 2011

Hoxe comezan as Festas de San Xosé en Teixeiro

Na tarde-noite de hoxe comeza unha das primeiras festas populares galegas do ano na nosa zona; antesala do que será o "On Tour 2011" que nos permite disfrutar de diversos e variopintos lugares dunha ampla zona que sobresae pola súa gran calidade no que a festas e orquestras se refire.
Para ir abrindo boca as 20.00 horas haberá unha churrascada popular para de seguido dar paso á verbena coa orquestra SAMBA. Unha vez rematada a actución desta formación tomará o esceario DJ GUELEZ para amenizarlle a noite a tod@s aqueles que aínda non se queiran ir para a casa.
Xa no metidos no mediodía de mañá DÍA DE SAN XOSÉ logo da misa solemne haberá sesión vermouth a cargo da orquestra MARFIL. Pola noite de novo a orquestra MARFIL será a formación encargada de facer bailar os asistentes á festa. Como broche de ouro a 2 días de música será MAGICK DJ o encargado de pechar as festas de San Xosé 2011.

A organización encargada da elaboración destas festas é a Comisión de Festas Xuventude 2011 os cales informan que o campo estará cuberto con carpa para evitar posibles adversidades meteorolóxicas.

Boa fin de semana e se vos apetece pasádevos por Teixeiro.

xoves, 17 de marzo de 2011

Dámoslle a benvida a Primavera



Achégase o cambio de estación e parece que ven acompañada de sol e altas temperaturas (polo menos iso é o que din diversas webs de contido meteorolóxico). Voulle dar unha especial benvida a estación do ano que máis me gusta (igual é porque foi na que nacín) con un tema fresquiño fresquiño que ten uns pequenos "samplers" da mítica lambada pero con un toque actual da man da incombustible Jennifer López e de Pitbull (que ultimamente está nunha parte importante de colaboracións musicais).

En 4 días estreamos estación e seguro que tamén tremendas e positivas sensacións, que vos divirtades.

Sede bos!

mércores, 16 de marzo de 2011

Voda con polígrafo



Sen lugar a dúbidas para o meu gusto o programa humorístico da ETB "Vaya Semanita" é do mellorciño que actualmente se pode visionar na "caixa tonta". Posee uns "gags" incribles;un humor intelixente e sarcástico coa sociedade. Déixovos a secuencia da "Voda con Polígrafo", ese aparato que se puxo de moda na década dos 90 no programa de Telecinco "La Máquina de la Verdad".

Saudos

martes, 15 de marzo de 2011

"Éste" non aprende

Hai cousa de algo menos de un mes comentabamos o desafortunado que estivera David Bisbal no seu twitter con un comentario sobre Exipto.
Non contento con todo o que lle caeu enriba desta volta decidiu utilizar unha etiqueta de apoio o desastre de Xapón para promocionar un concerto seu. Evidentemente, os "twitteiros" adicáronlle a "David Berenjenal" todo tipo de calificativos.
Algún famoso parece que ten a sana habilidade para meter a pata unha vez sí e outra tamén, agardaremos a terceira entrega a ver con que nos sorprende...

País!

David Bisbal vuelve a liarla gorda en Twitter



El cantante vuelve a meter la pata por segunda vez en un mes, utilizando la crisis de Japón para promocionar un concierto.
Hace un mes David Bisbal tuvo un resbalón en Twitter, al poner que era una pena todo lo que estaba pasando en Egipto "y lo vacías que estaban las pirámides".

La comunidad de Twitter se lanzó contra él, y enseguida recibió miles de insultos y críticas, acusándole de ignorante. Pero parece ser que el cantante no escarmentó y ha vuelto a meter la pata.

En esta ocasión Bisbal usó una etiqueta de apoyo a Japón para así promocionar un concierto suyo. El cantante envió varios mensajes en Twitter poniendo al final #PrayForJapan, por lo que sus tweets podían ser leídos por todas aquellas personas que estaban enviando mensajes de apoyo a Japón.

De nuevo, la comunidad de Twitter se ha lanzado al ataque de Bisbal, que no parece darse cuenta de la relevancia que un sólo mensaje de 140 caracteres puede tener en la red. Ahora, más que nunca, su reputación está en juego.

A pregunta da semana

Qué bar de Sobrado se volveu en improvisada discoteca o domingo de noite?

luns, 14 de marzo de 2011

A Porra: xornada 21

De novo a Liga BBVA volve a coller emoción logo de que o R. Madrid conseguise esta xornada recurtarlle 2 puntos na clasificación xeral ó F.C. Barcelona. O tramo final do campionato presentase apaixoante entre os dous "titáns".
Polo que respecta á porra o "partido estrela" será o derbi madrileño que medirá o sábado as 22.00 horas no Vicente Calderón a "colchoeiros" e "merengues".

Estes son os partidos que puntuan:

Atlético - R. Madrid * PARTIDO DA XORNADA
Barcelona - Getafe
Deportivo - Levante
Atl. Sobrado - Visantoña

A Porra: Finito máis líder

Incrible a tempada que leva o líder Finito na porra de latosobrado.blogspot.com. Unha xornada máis volveu a andar atinado, desta volta por partida dobre. Foi nos partidos Espanyol - Deportivo e Atl. Sobrado - San Martiño onde o líder reafirmou a súa fortaleza sumando 5 importantes puntos na clasificación xeral cando faltan algo máis de dous meses para que a tempada remate.

Estes foron os resultados:

Sevilla 1 - Barcelona 1 * PARTIDO DA XORNADA
R.Madrid 2 - Hércules 0
Espanyol 2 - Deportivo 0
Atl. Sobrado 0 - San Martiño 3

A clasificación queda do seguinte xeito:

1. Finito 31 puntos
2. Lato 23 puntos
3. Alberto 18 puntos
4. Esteban 17 puntos
5. Pitus 14 puntos
6. Emilio 9 puntos
7. Ferreiro 3 puntos
8. Gadel 0 puntos

venres, 11 de marzo de 2011

Esta fin de semana tod@s a Arzúa

Hoxe comeza a 36 Edición da Festa do Queixo da veciña vila de Arzúa. O longo de hoxe, mañá e pasado haberá infinidade de actividades lúdico-gastronómico-culturais que teñen moi boa pinta. A ver se a climatoloxía acompaña para poder disfrutar do gran cartel no que a música se refire. A vilá referente do queixo Arzúa-Ulloa será un fervedoiro de xente nestes tres días, serán milleiros as persoas que ata Arzúa se achegarán. Ogallá todo saia segundo o agardado.

Que teñades unha gran fin de semana

Bicos e abrazos.

mércores, 9 de marzo de 2011

Pelexa memorable



Onte cumplíronse 15 anos de unha das pelexas máis famosas da historia do fútbol español. Por suposto estou a falar da archicoñecida reña entre o daquela presidente do Atlético de Madrid Jesús Gil e a cabeza visible da S.D. Compostela, José María Caneda.
A disputa ocurreu na sede la Liga de Fútbol Profesional en Madrid onde a mañá dos feitos había reunión dos clubes.
Días atrás, José María Caneda declara que había que ser tonto para votarlle a Jesús Gil (alcalde de Marbella). As palabras non sentaron ben a Jesús Gil que acudiu a cita con dous gardaespaldas sabedor de que iba a haber "movida". Logo de que Gil recrimanara as súas palabras a Caneda comezou unha discusión que se foi acalorando. Fidalgo, xerente do Compostela "mediou" no conflicto e o que se levou de premio foi un soberano "trastazo" por parte do dono do mítico cabalo Imperioso.
A calidade do vídeo é regular pois daquela o que imperaba era o VHS.
Quédome con unha palabra que profire Caneda diversas veces nesta reportaxe que me fai moita gracia: "calamidá!"

martes, 8 de marzo de 2011

A Porra: xornada 20

Unha nova e apaixoante xornada da porra agárdanos para a vindeira fin de semana onde destaca sobremaneira o partido Sevilla - Barcelona que será o partido estrela.

Deixovos por aquí os PARTIDOS en cuestión:

Sevilla - Barcelona * PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid - Hércules
Espanyol - Deportivo
Atl. Sobrado - San Martiño

A Porra:a xornada saiume redonda

Non me podo queixar da xornada da Porra de esta semana. Os partidos Racing - R. Madrid e Deportivo - R. Sociedad aportáronme 5 puntos polo que me achego o líder Finito que tamén acertou o partido disputado onte en Riazor.

Os RESULTADOS foron:

Racing 1 - R. Madrid 3 * PARTIDO DA XORNADA
Barcelona 1 - Zaragoza 0
Deportivo 2 - R. Sociedad 1
Cerceda B 7 - Atl. Sobrado 0

Polo tanto a CLASIFICACIÓN queda así:

1. Finito: 26 puntos
2. Lato: 23 puntos
3. Alberto: 18 puntos
4. Esteban: 17 puntos
5. Pitus: 14 puntos
6. Emilio: 9 puntos
7. Ferreiro9: 3 puntos
8. Gadel: 0 puntos

luns, 7 de marzo de 2011

Pasaron 9 anos de un día inolvidable



Coma xa é tradición neste blog desde a súa existencia sabedes que o día 6 de marzo (DESTA VOLTA FOI ONTE POLO QUE CELEBRÁMOLO HOXE) é unha data moi especial pois sempre comento algo relacionado coa final do Centenariazo... sí, sí, o día que gañamos a Copa do Rei en Madrid, o día en que fora de Galicia nos trataron fatal (votádelle un vistazo o arquivo de anos anteriores), o día que íbamos o Bernabeu coma "sparrings", convitados de pedra o cumpleanos do R. Madrid, onde todos ibamos a pasalo ben como víctimas e se caia a Copa xa sería a repera..., unha vez comezado o partido vimos un recital de fútbol por parte dos branco e azuis, un señor D.O.N. MAURO SILVA que dou unha auténtica clase maestra de como se xoga o fútbol fronte a Zinedine Zidane, Luis Figo, Roberto Carlos, Raul,Fernando Hierro e compañía... (aínda me acordo da cara de fastidiado de Míchel Salgado o saberse perdedor...e a Lionel Scaloni subido no pao longueiro do fondo norte do Bernábeu en roupa interior cantando co brazo en alto), finalmente os 25.000 que estabamos en Madrid ese mércores (moitos de nos sen durmir a noite anterior) e todos os que estaban nas súas casas animando o Deportivo vivisemos un soño, algo inolvidable, para min por todo o vivido a semana previa, o día anterior o partido, o día do partido e o post partido, con toda a xente apoiando, in situ e por teléfono, por todas aquelas alegrías é ata o de agora, o mellor día da miña vida. Aquelas bagoas de ledicia irán conmigo a onde queira que vaia.

GRANDE DEPOR, HOXE HAI QUE CELEBRALO CON UNHA VICTORIA Á REAL!

Despídese un grande



Phil Collins anunciou que deixaba o mundo da música por motivos de saúde. O británico segundo as súas propias verbas pasará a ter "unha vida máis tranquila e mellor" preto da súa familia no pequeno pobo suizo onde vive. Phil Collins foi o batería do mítico grupo Genesis para despois pasar a formar carreira en solitario con gran éxito dentro da música pop mundial. Deixovos o que para moit@s é o seu tema máis coñecido: "Another day in Paradise".

Grazas Phil pola túa aportación á música.

venres, 4 de marzo de 2011

Unha canción que levanta unha afección



O pasado sábado antes de comezar o partido Deportivo - R. Madrid comezou a soar pola megafonía do Estadio de Riazor este tema de Italobrothers e os 35.000 que alí estabamos puxémonos a saltar e aplaudir, era todo un espectáculo, digno das mellores discotecas do mundo. Resulta imposible estar parado con esta canción.

Que teñades bo Entroido e portádevos ben... ou mal..., cada un como lle conveña.

A Porra: xornada 19

De xeito apurado inserto a nova porra para a xornada que comeza mañá pola tarde. O partido estrela será o Racing - R. Madrid que se disputará o domingo as 21.00 horas e será televisado por Canal +.



PARTIDOS:



Racing - R. Madrid * PARTIDO DA XORNADA

Barcelona - Zaragoza

Deportivo - R. Sociedad

Cerceda B - Atl. Sobrado

A Porra: sen acertantes

Mala xornada a disputada entre semana logo de que ningún participante lograse puntuar. Os RESULTADOS foron os seguintes:

Valencia 0 - Barcelona 1 * PARTIDO DA XORNADA
Osasuna 0 - Deportivo 0
R. Madrid 7 - Málaga 0
Getafe 1 - Atlético 1

De igual xeito, a CLASIFICACIÓN non sufre variacións:

1. Finito 23
2. Alberto, Lato 18
3. Esteban 17
4. Pitus 14
5. Emilio 9
6. Ferreiro9 3
7. Gadel 0

xoves, 3 de marzo de 2011

Título Honorífico "Gilipollas do ano", campeón: José Mourinho

Por prepotente, por cínico, por mal perdedor, por infravalorar a moita xente, por chulo, por poñer a imaxe de un club coma o Real Madrid polo chan, por xerar odio aló por onde pasa, por intentar pisotear os equipos pequenos e non respetalos, por provocador, por non respetar os profesionais da información e por mil cousas máis, sen lugar a dúbidas o campeón desta primeira edición de GILIPOLLAS DO ANO neste blog correspóndelle a este "señor"?

mércores, 2 de marzo de 2011

O hit de moda



Sen lugar a dúbidas a música electrónica está a vivir a súa época máis gloriosa en moito tempo e comeza a ser recoñecida incluso por apaixoad@s que non tiñan esta forma de entender a música nas súas preferencias.
Moit@s artistas de diversos estilos musicais están comezando a misturar temas dance ou electrónicos co seu propio estilo e en moitos casos a cousa non está a sair nada mal. O último en "subirse o carro" é o rapeiro 50 Cents que segundo confesou hai pouco quedou prendado polos ritmos dance e no seu último éxito o son electrónico vai incorporado.
Hoxe déixovos un tema que está pegando moi forte e que promete ser unha das sensacións da primaveira-verán, trátase de "Mr. Saxobeat" de Alexandra Stan.

Vamossss, que xa é mércoresssss!

martes, 1 de marzo de 2011

Pasados os 20 anos calqueira idade é boa para encontrar o amor da túa vida

Así se desprende da enquisa do mes de febreiro. Hai empate en 4 franxas de idade (21-25, 26-30, 31-35 e máis de 35) con un 22% cada resposta. A única franxa que quedou por debaixo foi a de 15 a 20 anos con un 11% dos votos totais.

Grazas a tod@s por participar unha vez máis.