martes, 30 de agosto de 2011

Dolores 2011: CAR-TE-LA-ZO!

Fago un breve in-pass (ando ultimando as cousas e con un curso a vez antes de coller as miñas vacacións) para deixarvos por eiquí o cartel das Festas dos Dolores 2011. So podo decir unha cousa: BRAVO RAPACES! con un par de razóns facedes unha auténtica festaza comezando con so 2 meses de antelación e con moito traballo por diante. Seguro que grazas a Esteban, Nando e Chino imos disfrutar de algo que parecía que xa non ía ser posible. Mil grazas de verdade.

XA ME TARDA!!!

martes, 16 de agosto de 2011

Ultimos preparativos



Sei que teño o blog non abandonado senón abandonadísimo. O motivo principal é a cordinación da XII Feira da Troita que xa está ahí a 4 días vista e que como sabedes terá de cabeza de cartel a DEF CON DOS, teloneados por Riff Raff. Unha boa antesala ó día de degustación da TROITA Á MONTAÑESA.

Cando pase este fin de semana volverei a adicarlle máis tempo.

Sédeme vos

Bicos e abrazos

luns, 8 de agosto de 2011

A PREGUNTA DA SEMANA

Quen ideou onte na Festa de Pousada un sombreiro ó cal o rodeaban unhas 5 ou 6 bombillas, un anexo "modo palliña de beber" para fumar, outro anexo para soltar o fume do cigarro e outro anexo para beber?

venres, 5 de agosto de 2011

Primeiro finde de agosto..., a disfrutar!!!



Pásome por eiquí rapidiño pois o tempo non me chega a nada para desexarvos un magnífico fin de semana onde hai festas, festas e máis festas pola zona: Folgoso,Festival de Pardiñas,Pousada, Foxado..., agardo que coma sempre disfrutedes moito e aproveitedes o máximo cada minuto. Por suposto os que estades de vacacións nin que decir ten que seguro que non ides desperdiciar o tempo. Deixovos o video do suizo Remady coa colaboración de Manu L. e o seu "Give Me A Sign" (dame unha sinal). Un tema que empeza suave pero que logo é moi "bailongo".

Bicos e apertas

xoves, 4 de agosto de 2011

XII Feira da Troita en Sobrado dos Monxes

Xa é oficial o cartel da XII FEIRA DA TROITA de Sobrado dos Monxes que terá lugar os días 20 e 21 de agosto con DEF CON DOS como cabeceira de cartel do VII Festival Musical e Intercultural da Xuventude. Se desexades ver máis ampliada a foto para ver toda a programación clicade sobre da imaxe. Agora so toca rezar para que a climatoloxía acompañe...

luns, 1 de agosto de 2011

Sobrado terá festas

3 valentes, tal como soa, eses son Nando, Esteban e Chino que a vista de que un ano máis e van... Sobrado ameazaba a quedarse sen festas na honra a Virxe dos Dolores decidiron xuntarse e traballar para xuntar cartos e poder facer que a festividade máis importante do ano no noso pobo non quede coma un fin de semana máis. Digo valentes porque non faltan nin dous meses para a celebración das festas grandes de Sobrado que terán lugar os días 16,17 e 18 de setembro e todos sabemos o difícil que é ser da comisión de festas e menos con tan pouco marxe de maniobra. Desde aquí solicito para eles a máxima colaboración posible por parte de todos e cada un de nos co agallo de que os días que antes citaba sexan días de festividade e non de lamentacións.

Saudos