luns, 31 de outubro de 2011

A Porra: xornada 4

A xornada 4 da porra gárdanos como partido da xornada un auténtico partidazo de fútbol afeccioado que non é outro que o Atl. Sobrado - Visantoña. O equipo líder de 3ª Autonómica Grupo III visita o Municipal de Sobrado no que será un apaixoante encontro no que tan so 6 puntos separan os dous equipos e de gañar os homes de Hassan meteríanse de cheo na loita polos postos de promoción de ascenso.

PARTIDOS:

Atl. Sobrado - Visantoña * PARTIDO DA XORNADA
Athletic - Barcelona
R.Madrid - Osasuna
Levante - Valencia
Murcia - Deportivo

Ide pronosticando con moito olliño!!!

A Porra: Villa empata coa cabeza da táboa

A 3ª xornada resultou ser a máis prolífica ata o de agora en acertos na Porra 2011/2012. Un total de 4 participantes sumaron nesta xornada. O gran beneficiado da semana foi Villa que acertou o partido da xornada e suma 6 valiosos puntos. Gran actuación tiveron Pitus e Alberto logo de acertar mbos o Barcelona - Mallorca e Osasuna - Levante sumando así 5 puntos. Tamén estreou o seu casilleiro Chino logo de acertar na tarde do sábado o Larín B - Atl. Sobrado.
Con estes resultados a clasificación sufre así unha auténtica revolución e comeza a haber seria competitividade entre todos os participantes para sustituir no trono o gañador da tempada pasada Esteban.

RESULTADOS:

R.Sociedad 0 - R.Madrid 1*PARTIDO DA XORNADA
Barcelona 5 - Mallorca 0
Osasuna 2 - Levante 0
Deportivo 3 - Girona 2
Larín B 1 - Atl. Sobrado 5

CLASIFICACIÓN:

1. Finito / Emilio / Villa: 6 puntos
2. Alberto / Pitus: 5 puntos
3. Ferreiro9 / Chino / Lato: 3 puntos
4. Petete / Esteban / Iago / Pazitos: 0 puntos

venres, 28 de outubro de 2011

Leo Harlem, un crack



Descoñecía a existencia de Leo Harlem, un monologuista que é un auténtico crack. Este figura é de Matarrosas del Sil, no Bierzo leonés e Hassan, Nando e Petete encargáronse o mércores de descubrirmo. Vin 3 mologos del (a cada cual mellor) aparte de este que vos deixo que fala do alcohol tamén vin un sobre o deporte e outro sobre os restaurantes...

Se vos queredes rir, pero rir de verdade, non podedes deixar de velo e escoitalo. Espectacular este tío.

Que teñades boa fin de semana e os que poidades desexovos unha boa ponte.

Olliño xa carretera, ok?

Bicos e abrazos

xoves, 27 de outubro de 2011

E a noticia BOMBA estalou...





Hai uns días deixaba no aire unha noticia bomba na que comentei que no momento en que se puideran dar máis datos informaría..., pois ben, chegou o momento:






como moit@s de vos xa sabedes a REAPERTURA da Discoteca de Sobrado farase realidade o vindeiro venres 16 de decembro. O Grupo PALLADIUM de Melide será o encargado da súa xestión e desde hai un par de días xa están a adecentar e arranxar o local para que todo esté en orde na citada data. Tamén vos poido adiantar que a inauguración será por todo o alto e contará coa presencia de unha das ORQUESTRAS máis importantes do panorama musical galego e tamén a actuación de un CANTANTE POP moi recoñecido a nivel nacional.






Está noticia é máis que positiva para o noso pobo e os seus negocios. Qué haxa sorte nesta nova andaina!!!

mércores, 26 de outubro de 2011

Erotismo sobre rodas


Poucos meses durou a nova fórmula de publicidade que alguns "clubes de alterne" e empresas de "contactos" buscaron en Valencia que non foi outra que a de poñer a publicidade das súas empresas na parte traseira dos buses urbanos.

A Generalitat Valenciana acaba de ordenar retirar os citados anuncios dos vehículos de maneira inmediata polo que estes tan só puideron ser publicitados durante 6 meses.

Vénseme a cabeza agora a Josu, gran amigo e conductor de buses urbáns en Bilbao e na súa periferia co seu bus todo engalanado de anuncios "hot", lucindo número de teléfono en grande e web da empresa con foto suxerente na mesma imaxe. Sen lugar a dúbidas que pagaría por velo. E por suposto non me quero olvidar de Esteban, tamén empresario do sector dos autocares, publicitando na súa parte de atrás teléfonos ardentes mentres leva alumnos o IES de Curtis (por poñer un exemplo)..., imaxinádelo? eu tampouco.

Deixovos a nova da edición dixital de La Voz de Galicia

La Generalitat ordena retirar los anuncios eróticos en los autobuses de Valencia

La empresa operadora dice desconocer el contenido de los espacios pues el alquiler de los espacios lo hace a través de una empresa de medios.

La Generalitat ha solicitado a una de las empresas operadoras del servicio de transporte metropolitano de Valencia que en tres días suprima los carteles de la trasera de algunos autobuses con «anuncios de clubes de alterne» y de páginas de contactos eróticos, que pueden verse al menos desde abril.
La medida del Gobierno valenciano se acaba de conocer después de que el diario Público informara hoy de que varias líneas de la Empresa de Transporte Metropolitano (ETM), dependiente de la Agencia Valenciana de Movilidad (aVM) de la Generalitat, llevan en las traseras de sus autobuses anuncios de gran formato de webs eróticas y clubes.
Esos anuncios, según pudo comprobar EFE, pudieron verse ya el pasado mes de abril por las calles de Valencia pero hoy, la Generalitat ha decidido lanzar ese ultimátum tras las reacciones a la información periodística.
Según el Gobierno valenciano, la empresa operadora dice desconocer el contenido de esos anuncios pues el alquiler de los espacios lo hace a través de una empresa de medios, la que consigue los anunciantes y que, según el Ejecutivo autonómico, «va a cambiar los anuncios».
La Generalitat considera que las imágenes que actualmente ocupan toda la trasera de varias líneas de autobús «incumplen claramente los requisitos de imagen y de medidas de Metrobús», la marca comercial bajo la que opera las empresas de transporte de autobús en el área metropolitana de Valencia.
Asimismo, la aVM analiza si estos contenidos incumplen la Ley 34/1988 de publicidad por si adopta «las medidas pertinentes».
Esta mañana, la consellera de Infraestructuras, Isabel Bonig, defendía la legalidad de los contratos de publicidad que están detrás de estos anuncios aunque reconocía que le parecían «poco éticos» y anunciaba que el servicio jurídico de la Conselleria «está viendo la posibilidad de que, a través de la Ley General de Publicidad, se pueda establecer algún tipo de limitación, porque es una publicidad que puede atentar contra la dignidad».
En Málaga, la alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, ha sido preguntada por este asunto y ha afirmado que las líneas de transporte público donde se ha insertado esa publicidad «no son municipales», sino por concesión privada.
Tras negar que esa iniciativa publicitaria hubiera surgido en su Ayuntamiento, Barberá ha aclarado que por pertenecer «por familia y por profesión» al ámbito de los medios de comunicación, tiene «alguna capacidad» para señalar que la información publicada hoy «no es correcta» y por ello, el Ayuntamiento estudiará si adopta medidas legales contra el citado periódico.
Por su parte, fuentes de la Empresa Municipal de Transportes (EMT), dependiente del Ayuntamiento, han aseverado a EFE que «nunca» sus autobuses han incluido publicidad de negocios eróticos, y han defendido los mecanismos con que cuentan para filtrar el contenido de los anuncios exhibidos en los vehículos.
De hecho, han incidido en que hay una cláusula en el contrato de cada propuesta publicitaria para que la EMT conozca de antemano las campañas a realizar en sus autobuses, lo que les permite rechazar cualquiera que atente contra las creencias religiosas, los menores y la moral o fomente la violencia o el sexo.
El grupo parlamentario de Compromís ha presentado dos preguntas en Les Corts para que el Consell y la Conselleria de Justicia y Bienestar Social respondan sobre este asunto, concretamente sobre la publicidad de «negocios que se dedican a la explotación sexual de las mujeres».
Varios vecinos y usuarios han comentado hoy a EFE-TV que les parece mal que se anuncien esos servicios eróticos en el transporte público, al entender que esta publicidad perjudica a la imagen de la ciudad y puede ser vista por menores.

martes, 25 de outubro de 2011

A canción do momento



Sen lugar a dúbidas unha das cancións que xa está pegando neste principio de outono é o tema de Michel Teló "Ai Se eu te pego". Xa comezaba a soar con moita forza hai unhas semanas pero esta fin de semana os futbolistas do Real Madrid Marcelo e Cristiano Ronaldo encargáronse de publicitalo facendo o "baileciño" que acompaña a canción en cuestión.
Pensei que como xa chegou o frío que menos que poñer un tema movido para caldear un pouquiño o ambiente.

Saudiños

luns, 24 de outubro de 2011

A Porra: xornada 3

A pesares de que mañá xa comeza unha nova xornada ligueira (dispútase a 1ª xornada que fora aplazada con motivo da folga dos xogadores) a 3ª xornada da porra terá lugar o vindeira fin de semana para darlle máis marxe de tempo os participantes en pronosticar "con sentidiño".
O partido da xornada será un clásico: Real Sociedad - Real Madrid. Poñede os 5 sentidos e pronosticade como Deus manda...

PARTIDOS:

Real Sociedad - Real Madrid * PARTIDO DA XORNADA
Barcelona - Mallorca
Osasuna - Levante
Deportivo - Girona
Larín B - Atl. Sobrado

A Porra: Emilio presenta a súa candidatura ó título

2 xornadas e 2 partidos acertados, este é o bagaxe de Emilio (na foto coa súa preciosa Vera) neste inicio da porra. O sobradés afincado en Viladecans atinou o Córdoba - Deportivo igual que Lato que suma os seus 3 primeiros puntos.
Con este resultado Emilio empata con Finito no máis alto da clasificación da porra nunha xornada onde temos a agradable noticia de que xa somos 12 participantes da porra. Agardo que vos vaiades sumando ó xogo.

RESULTADOS:

Barcelona 0 - Sevilla 0 * PARTIDO DA XORNADA
Málaga 0 - R.Madrid 4
Córdoba 0 - Deportivo 2
Atl. Sobrado 0 - Sp. Bergondo 2
Villarreal 0 - Levante 3

CLASIFICACIÓN:

1. Finito / Emilio: 6 puntos
2. Ferreiro9 / Lato: 3 puntos
3. Pitus / Pazitos / Alberto / Esteban / Iago / Chino / Villa / Petete: 0 puntos

venres, 21 de outubro de 2011

EXCLUSIVA!!!

En breves días podería haber unha auténtica noticia BOMBA que seguro que agradecerán moitos e moitas..., ata aquí podo escribir... SEGUIREI INFORMANDO en canto a cousa avance.

Boa fin de semana

xoves, 20 de outubro de 2011

Sala Seiscentos: a música non pode parar





A Sala Seiscentos de Melide é unha histórica da Movida Melidense. Seguramente moitos de vos (eu incluido) a recoñeceredes como A1 (que así era como se chamaba ata hai uns anos). A Sala baixo a xerencia de Miguel leva uns anos facendo concertos e monólogos de un nivel moi alto que non sempre son recoñecidos como debería ser. Certo é que moitas das bandas que por alí pasan non son "comerciais" de ahí o descoñecemento do gran público.
Desta volta Miguel prepáranos unhas vindeiras semanas de auténtico luxo musical. Comezando polo concerto de ITH (actuaron en Sobrado no 2009), a banda de rock de Toxo & CIA para o vindeiro luns 31 de outubro (véspera de todos os Santos).
O sábado 5 de novembro un concerto bomba: os barceloneses La Kinky Beat, unha formación que tivestes a oportunidade de ver na Feira da Troita de Sobrado no ano 2006 e que non permiten que pares de bailar cos seus animados ritmos.
Pero o prato forte e que seguro que moitos de vos coñeceredes... non o mellor ó grupo BONGO BOTRAKO senón a canción que hai uns meses os lanzou a fama "Todos los días sale el sol". Un tema que puxeron de moda os integrantes da Selección Española de Baloncesto que disputou o Europeo de Lituania e do cal sairon campións. Este concertazo será o sábado 19 de novembro e non volo podedes perder.

Xa están habilitadas as entradas para quen as queira mercar, son económicas:6€ anticipadas e 8€ en taquilla. Por este prezo non merece a pena quedar sen disfrutar de este concertazo. Achegadevos, vaivos encantar!

Desde aquí dar a miña noraboa a Miguel porque unha vez máis amosa o seu compromiso co funcionamento da cultura na comarca. QUE HAXA SORTE!!!

mércores, 19 de outubro de 2011

Unha "voda" moi especial



Meu primo Villa fíxome descubrir onte "As pelis coma na casa". Non tedes máis que entrar en youtube e escribir o título, alí abrirase un sinfín de películas e historias dobradas o galego de un xeito moi pero que moi particular.
Deixovos por aquí unha versión da archicoñecida voda de Kate e Guillermo.

Agardo que vos riades tanto como o fixen eu.

martes, 18 de outubro de 2011

A Porra: Xornada 2

A segunda xornada da Porra tráenos apaixoantes partidos nos postos altos da táboa na Liga BBVA. Un deles será o partido da xornada, trátase do F.C. Barcelona - Sevilla F.C., un superpartidazo no que tan so separan 2 puntos entre as dúas escadras.

PARTIDOS:

Barcelona - Sevilla* PARTIDO DA XORNADA


Málaga - R. Madrid


Córdoba - Deportivo


Atl. Sobrado - Sp. Bergondo


Villarreal - Levante


SORTE!!!

luns, 17 de outubro de 2011

A Porra: Finito comeza moi forte

Finito, campión e subcampión das dúas primeiras edicións da Porra comeza un ano máis moi forte situándose como primeiro líder da competición logo de atinar o partido da xornada que correspondía o encontro R. Madrid - Betis.
Tamén andiveron con bo ollo Ferreiro9 e Emilio que deron no cravo cos resultados do Poulo - Atl. Sobrado o primeiro e Athletic - Osasuna o segundo sumando así 3 valiosos puntos.

RESULTADOS:

R.Madrid 4 - Betis 1
Barcelona 3 - Racing 0
Deportivo 2 - Nàstic 2
Poulo 0 - Atl. Sobrado 2
Athletic 3 - Osasuna 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito= 6 puntos
2. Ferreiro9 / Emilio= 3 puntos
3. Pitus / Pazitos / Esteban / Iago / Alberto / Lato= 0 puntos

* ANIMAR DESDE AQUÍ A TODO O MUNDO QUE LLE APETEZA PARTICIPAR NESTE ENTRETIDO XOGO QUE NON O DUBIDE NIN UN INTRE MÁIS, A COMPETICIÓN ESTÁ XA EN FUNCIONAMENTO.

Sen auga non hai rafting

Sirva este post como AVISO a tod@s @s numeros@s expedicionari@s que íbamos formar parte da viaxe que estaba preparada para o vindeiro sábado co agallo de practicar rafting preto de Padrón.
O caso é que debido a notoria sequía que está a afectar o total de Galicia o río non dispón da auga suficiente para unha práctica adecuada deste apaixoante deporte polo que queda aprazado este evento ata nova data da que debidamente seredes informados.

Saudiños e que teñades bo comezo de semana.

venres, 14 de outubro de 2011

A pregunta da semana



A quen se lle ocurreu onte facer no Txoko de Nando unha tortilla de 30 ovos para cear?

xoves, 13 de outubro de 2011

ATB "Could You Believe"



Ando a "saco Pako" con un Curso que Deus mediante rematarei o 15 de decembro polo que non teño moito tempo para outro mesteres.
Fago un breve descanso para deixarvos este tema do dj alemán ATB, chámase "Could You Believe" e logo de uns meses sen escoitalo onte ó mediodía véuseme a cabeza e desde ese momento ata agora somos compañeiros inseparables. Ademáis o videoclip serve para darlle entrada a fin de semana que preve calurosa neste máis que nunca outubro veraniego.

Disfrutade e sede felices

martes, 11 de outubro de 2011

Naya, ese speaker...



A raiz do vídeo que deixei por eiquí a semana pasada con Rafa Guerrero e Mejuto González coma protagonistas onte veume a cabeza aquela incrible historia no partido Deportivo - Getafe que eu mesmo vivín no propio recinto, do sinigual speaker de Riazor, o Señor Naya, que é puro espectáculo cada vez que se pon diante do micro e que fai vibrar todo o Estadio día sí e día tamén. Os que me tedes agregado no Facebook seguro que xa onte a noite o puidestes ver. A historia comeza por un lío que se fai cos nomes dos xogadores que entran e saen no Getafe, finalmente a ovación do respetable foi atronadora.

O video non ten desperdicio, é colosal.

Saudiños e que disfrutedes do festivo de mañá.

luns, 10 de outubro de 2011

A PORRA 3ª Edición


Moi boas a todos e a todas, por fin chega unha nova Edición da porra que esta tempada sumara a terceira consecutiva neste blog.
Como novidades máis importantes destacar que se engadira un partido máis a cada xornada, polo tanto pasara de 4 a 5 partidos. As puntuacións serán similares as do ano pasado: 1 acerto 3 puntos, 2 acertos 5 puntos, 3 acertos 7 puntos, 4 acertos 10 puntos e o premio gordo: pleno de acertos 20 puntos. Ademáis premiarase o bo ollo a atinar o partido da xornada, 6 puntos se é o único resultado acertado por cada participante, se houbese máis de un acerto computarase coa puntuación antes mencionada.

Arrincamos pois a Porra para intentar relevar o campión da pasada edición: ESTEBAN.

PARTIDOS:

R.Madrid - Betis PARTIDO DA XORNADA
Barcelona - Racing
Deportivo - Nastic
Poulo - Atl. Sobrado
Athletic - Osasuna

SORTE A TOD@S!!!

martes, 4 de outubro de 2011

Mini Parón

Surxiume unha inesperada viaxe de ultimísima hora a Madrid polo que a partires de mañá o blog non estará actualizado ata o vindeiro luns (agás sorpresa).

Seguiremos informando...


luns, 3 de outubro de 2011

100.000 visitas

Non teño palabras para describir o orgulloso que me sinto de que este blog xa supere as 100.000 visitas.
Grazas a todos por estar ahí!!!