mércores, 30 de novembro de 2011

Galicia ¿gárdasme o segredo?



Hoxe asistín a presentación dos 14 "Xeodestinos Turísticos" que conformarán Galicia a partires de agora e onde se dou o pistoletazo de saida para intentar darlle un impulso definitivo a marca "Galicia" como referente do turismo nacional, europeo e internacional.

Deixovos o spot enteiro de "Galicia ¿me guardas el secreto?" que se estreou no 2010 e que para min é un auténtico espectáculo. Dura pouco máis de 6 minutos pero merece a pena velo enteiro para admirar unha vez máis o moito e bo que temos na nosa terra.

Saúdos

martes, 29 de novembro de 2011

A Porra: Xornada 8

Tal como está de apretada a Porra esta tempada calqueira partido ten a máxima importancia pois as distancias son mínimas e semana tras semana sempre hai participantes que van sumando. Desta volta o partido da xornada será un apaixoante F.C. Barcelona - U.D. Levante (2º contra 4º clasificado) que se disputará o sábado 3 a partires das 20.00 horas.

PARTIDOS:

Barcelona - Levante * PARTIDO DA XORNADA
Sporting - R.Madrid
Valladolid - Deportivo
Atl.Sobrado - Curtis
Atl.Madrid - Rayo Vallecano



A Porra: Iago estréase como líder

Iago é o novo líder da porra logo de acertar o derbi madrileño que era o partido da xornada sumando así 6 puntos. Sumaron 3 puntos Emilio e Pitus o acertar o partido devanceiro da xornada que se xogou na noite de onte: Málaga - Villarreal. Polo que a min respecta por segunda xornada consecutiva volvín a sumar 5 puntos logo de acertar o R.Madrid - Atlético (aínda que era o partido da xornada xa sabedes que no caso atinar máis de un resultado compútase coma un partido normal) e o Deportivo - Almería.

PARTIDOS:

R.Madrid 4 - Atl. Madrid 1 * PARTIDO DA XORNADA
Getafe 1 - Barcelona 0
Deportivo 3 - Almería 1
Abellá B 5 - Atl. Sobrado 1
Málaga 2 - Villarreal 1

CLASIFICACIÓN:

1. Iago 15 puntos
2. Alberto 14 puntos
3. Lato 13 puntos
4. Chino 12 puntos
5. Finito, Emilio 9 puntos
6. Pitus 8 puntos
7. Villa, Ferreiro9, Petete 6 puntos
8. Esteban, Pazitos, Nuria, Pirulo, Moderador Interino 0 puntos

luns, 28 de novembro de 2011

Erros gráficos

Hai veces que os carteis que exhiben os negocios chámannos a atención ou ben non nos deixan indiferentes. Esta foto que vedes eiquí está feita por quen vos escribe antonte sábado pola tarde a escasos metros da rúa Van Dyck en Salamanca. Chamounos a atención ver unha "pechuga de pollo de cordero" (non sei se querían decir que había dos dous tipos ou ben é una nova modalidade que descoñezo e tamén "Buey ala pimienta" (será un boi que ten ás?)



xoves, 24 de novembro de 2011

Vémonos luns



Este fin de semana tócame currar nunha viaxe a Toro, Salamanca e Zamora polo que non estarei con vos ata o luns. Agardo que o finde vaia xenial e que o disfrutedes e poidades descansar para así coller forzas para o que se aproxima: a macroponte da Constitución e de seguido o Nadal, o intenso Nadal... comidas, compras, festa..., o corpo as fai, o corpo as paga!

Deixovos unha canción que me encanta "It Girl" de Jason Derulo

Sede mal@s!

martes, 22 de novembro de 2011

Maltrato Real

A Casa Real ven de facer un comunicado oficial logo de que o Rei D. Juan Carlos de "Bourbon" (GIN?) aparecese con un ollo a virulé nun acto oficial. Segundo se informa nese comunicado "Juancar" (que así é coñecido polos seus colegas) golpeouse "fortuitamente" co marco de unha porta no Palacio Real aínda que non se especifíca facendo "qué" actividade...
Como a xente é moi desconfiada xa sairon as malas línguas buscando un culpable e o dedo acusador sinala nunha mesma dirección: o adestrador do "Real" Madrid José Mourinho.

Temos motivos para desconfiar???

Analizade a foto!

luns, 21 de novembro de 2011

A Porra: Xornada 7

Preséntase interesantísimo o partido da xornada na 7ª semana da Porra. O encontro en cuestión será o derbi madrileño entre Real e Atlético onde os de Mourinho queren consolidar a súa supremacía mentres os de Manzano (capaces do mellor e o peor) quérenlle mollar a orella o eterno rival en terreo hostil.

PARTIDOS:

R.Madrid - Atl. Madrid* PARTIDO DA XORNADA


Getafe - Barcelona


Deportivo - Almería


Abellá B - Atl. Sobrado


Málaga - Villarreal


NOTA: recordade que o partido Deportivo - Almería xógase o venres 25 as 21.00 horas polo tanto os pronósticos deberán estar insertados nos comentarios antes de esa hora.


Saúdos e sorte

A Porra: Alberto novo líder

Non hai dúbida de que esta terceira tempada da porra está a ser a máis discutida e máis igualada desde que comezou. Esta xornada volveu a haber cambio de líder logo de que Alberto acertara o Barcelona - Zaragoza e o ata o momento líder Chino non sumara. Con estes 3 novos puntos Alberto encarámase no alto da táboa con 14 puntos. Compre destacar a Petete esta xornada por doble motivo: 1º) foi o único dos participantes que acertou o Valencia 2 - R.Madrid 3, declarado partido da xornada e 2º) este acerto sérvelle para inaugurar marcador nesta tempada, polo tanto 6 puntos para él. Tamén hai que citar a Iago que o igual que Alberto acertou o Barcelona - Zaragoza e colócase con 9 puntos na clasificación xeral. A nivel particular non me poido queixar logo de acertar o Barcelona - Zaragoza na tarde do sábado e o Sevilla - Athletic na tarde do domingo..., 5 puntiños que veñen moi ben para ir subindo postos.

Estes foron os RESULTADOS:

Valencia 2 - R.Madrid 3 * PARTIDO DA XORNADA
Elche 3 - Deportivo 2
Barcelona 4 - Zaragoza 0
Sevilla 1 - Athletic 2
Atlético 3 - Levante 2

A CLASIFICACIÓN queda do seguinte xeito:

1.Alberto: 14 puntos
2.Chino: 12 puntos
3.Finito / Iago: 9 puntos
4.Lato: 8 puntos
5.Villa / Emilio / Ferreiro9 / Petete: 6 puntos
6.Pitus: 5 puntos
7.Esteban / Pazitos / Nuria / Pirulo: 0 puntos

venres, 18 de novembro de 2011

"Titanium" David Guetta feat. Sia



Viernes importante no que a deporte se refire o día de hoxe. A partires das 21.45 horas no Pavillón de Salesianos (A Coruña) xogámonos unha parte importante da tempada para engancharnos á Liga. Estamos pagando a novatada da División de Honra e debemos comezar a sumar de 3 en 3 puntos se queremos manter a categoría. O equipo leva un par de partidos mellorando a súa imaxe e quizais a sorte que tivemos nalgúns encontros a tempada pasada está a faltar nesta. Está claro que cando tes a rutina de gañar todo sae de cara e o esférico entra (disculpádeme pola frase) ata co cu. Sen embargo cando estás en racha perdedora todo se che volve na túa contra e precisamente é sobre iso no que debemos incidir e loitar a partires de hoxe. A sorte as veces, se pos algo da túa parte, tamén pode cambiar. Polo tanto estou seguro que os meus compañeiros de equipo o igual ca min sairemos enchufados desde que o colexiado pite o inicio do encontro en prol de unha victoria que se presenta coma fundamental contra outro recén ascendido como é T. Dicarpe F.S. que quedou empatado a puntos con nós, o Pub Q+? a tempada pasada.

Déixovos un tema que está a causar furor nestas últimas semanas a nivel mundial, é o "Titanium" da máquina francesa Guetta, acompañado para a ocasión do vozarrón de Sia.

Disfrutadeo e que teñades unha boa fin de semana.

Sede mal@s

Bicos.

xoves, 17 de novembro de 2011

Chiste



Chiste andaluz adicado a Josu "2 Fast 2 Furious" Basauri & Sobrado Co. que foi a primeira persoa a quen llo escoitei. Vai escrito en "andaluz" pero seguro que o entenderedes perfectamente.



Una mué questaba comprando ner mercadona; Cohe una caha de leshe, un cartón de güevo, un bri de sumo de naraa y un paquete beicon. Mientra ponía loj artículo en la sinta de la caha, un borrasho cabía detrá della observaba con ditinimiento cada uno de lo artículo.

Ar terminá, er borrasho la mira y ledise: Tú ere sortera'.

La tía se quea to pillá po la sentensia, pero a la ve intrigá ya quella rearmente era sortera. Miró to losartículo que tenía sobre la sinta de la caha y no vio ná que pudiera habe hesho quer borrasho agquerozo eze deduhera quella era sortera.

Ar fina, ganó la curiocidá y le preguntó ar borrasho:

-'E verdá. zoy zortera. Pero.... ¿cómo la zabío?'

Er borrasho contestó:

-'Porque ere mú fea, ihaputa'

mércores, 16 de novembro de 2011

Rihanna non ten límite



Rihanna (Barbados 1988) é actualmente unha das voces femininas máis prestixiosas a nivel mundial no que a música pop se refire.
Todo o que toca convirteo en ouro puro e con este "We Found Love" entendo que vai romper esquemas en todas as pistas de baile.
Típico tema que se che pega desde a primeira vez que o escoitas, o videoclip comeza suave pero estala (literalmente) os 48".
Sen lugar a dúbidas un dos hits deste nadal e seguramente ó longo dos vindeiros meses.

Disfrutadeo!

martes, 15 de novembro de 2011

A Belén pastores

Era o que faltaba por ver: Pamela Anderson fará de Virxe María para un especial de Nadal na televisión canadense. Sóname a coña mariñeira que precisamente elixan o papel de "virxe" a ex-Vixiante da Praia de sobra coñecida polas súas "dotes" artísticas así coma a súa archicoñecida lúa de mel no Barco do Amor co rockeiro Tommy Lee. É máis, se hoxe fora 28 de decembro estaría a pensar que se trataba da inocentada anual da prensa. Está claro que moitos e moitas famosos e famosas non teñen vergonza, nin toureira nin sen tourear..., ten que haber de todo na viña do Señor...

Déixovos a nova da edición dixital de La Voz de Galicia:

TELEVISIÓN
Pamela Anderson será la Virgen María en un especial navideño de televisión
El programa de la CTV será emitido el 1 de diciembre.

La canadiense Pamela Anderson ha sido la asistente de Tim Allen en Home Improvement, socorrista en Los vigilantes de la playa, conejita de Playboy, la esposa del músico de rock Tommy Lee y ahora, la actriz y modelo será la Virgen María en un especial de Navidad de la televisión canadiense.
El canal privado de televisión CTV anunció hoy que Anderson, junto con Michael Bublé y otros destacados canadienses, aparecerá en el programa de televisión It's a Russell Peters Christmas el próximo 1 de diciembre dando vida a una muy particular Virgen María.
CTV distribuyó hoy imágenes del programa de televisión en las que Anderson, también conocida por la amplia distribución en internet de un vídeo casero pornográfico en el que aparece junto con su entonces esposo, el batería de Mötley Crüe, Tommy Lee, aparece vestida como la Virgen María sosteniendo en un pesebre un muñeco que representa a Jesús.
En la escena, Peters, un conocido cómico canadiense de origen indio que recientemente actuó como presentador en parte de la gira «My Violent Torpedo of Truth» de Charlie Sheen, aparece como José.
Además de Anderson y Peters, el especial navideño de CTV cuenta con el cantante canadiense Bublé, que a finales de marzo se casó en Buenos Aires con la modelo argentina Luisana Lopilato, y que no es extraño a la controversia.
Recientemente, Bublé llamó «zorra» a la estadounidense Kim Kardashian durante uno de sus conciertos en Nueva York.

luns, 14 de novembro de 2011

Real Club Deportivo da Coruña 2 - Celta Vigo 1



TODO PARA TI ASPAS!!!

A Porra: xornada 6

Xornada 6 da porra onde o partidazo da xornada será o Valencia - R.Madrid. Destacar que o Atlético Sobrado ten xornada de descanso polo que no seu lugar engadirase un partido máis da liga BBVA.

PARTIDOS:

Valencia - R.Madrid* PARTIDO DA XORNADA
Elche - Deportivo
Barcelona - Zaragoza
Sevilla - Athletic
Atlético - Levante

A Porra: cambio de líder

Chino é o novo líder da Porra logo de acertar o superderbi Deportivo - Celta. Tamén Iago e Alberto acertaron o partido da xornada polo que este último colócase na segunda posición.

Os resultados foron os seguintes:

Deportivo 2 - Celta 1
Inglaterra 1 - España 0
Xerez 1 - Numancia 2
Hércules 0 - Murcia 1
Oza dos Ríos 4 - Atl. Sobrado 1

CLASIFICACIÓN:

1. Chino 12 puntos
2. Alberto 11 puntos
3. Finito 9 puntos
4. Villa, Emilio, Ferreiro9, Iago 6 puntos
5. Pitus 5 puntos
6. Lato 3 puntos
7. Petete, Esteban, Pazitos, Nuria, Pirulo 0 puntos



venres, 11 de novembro de 2011

Hoxe non é un venres calqueira



Así é amig@s, non é un venres calqueira pois este finde é moi especial para min. Para comezar mañá a miña querida nai estará de cumple (55 caracois...) e o domingo como ben sabedes chega o apaixoante Depor-Celta, algo que xa desde hai uns días me quita o sono, xa teño gañas de que chegue o momento de entrar no estadio, vibrar co partido (con moita deportividade) e por suposto que gañemos, se é de penalti inxusto moito mellor porque esas derrotas escocen máis..., fora bromas, ogallá predomine a cordura tanto dentro coma fora de Riazor e disfrutemos de unha maravillosa festa do Fútbol Galego. Afronto o partido con cea apostada, polo tanto hoxe e con doble motivo digo máis que nunca: FORZA DEPOR!!!

O igual que o anterior venres repito artista con Juan Magán (que me dixo un paxariño que en algo máis de un mes vai estar moi cerca de aquí actuando xunto con 3 orquestas "top"). "King-Size Heart" xa é número 1 en varias listas das radios musicais.

Que disfrutedes da finde.

xoves, 10 de novembro de 2011

Riki dispara

Iván Sánchez Rico "Riki", dianteiro do Depor disparou con bala sobre as declaracións de Iago Aspas con respecto o Deportivo. O dianteiro madrileño non se cortou un pelo a hora de replicar o de Moaña.

Deixovos a nova de http://www.eldepor.com/

El delantero del Deportivo de La Coruña no se ha mordido la lengua después de leer las últimas palabras de Iago Aspas. Asegura que "ni conocía" al futbolista de Moaña "hasta esta temporada", y apostilla que "hay gente más inteligente en el Vigo para que le hayan explicado cómo va el tema".

Iago Aspas encendió la mecha, Djalminha se coló en la fiesta, Aranzubia templó los ánimos... y el último en hablar ha sido Riki, tercer capitán del Dépor, reavivando el fuego del derbi del próximo domingo. Lo ha hecho en Radio Marca, donde ha dejado varias 'perlas' para el atacante celeste, aún insistiendo en que lo que diga Aspas "no es de nuestra incumbencia y no nos quita el sueño ni mucho menos".

El atacante blanquiazul ha mostrado su respeto por el Celta, "por el equipo que es y la trayectoria que lleva"; aunque espera que con el apoyo de la afición, el Deportivo pueda quedarse con los tres puntos.

Entretanto, desde Vigo, el técnico celeste ha querido disculparse por las altisonantes declaraciones de su futbolista. "No voy a castigar a Iago Aspas con no jugar, yo lo lamento, pido disculpas en su nombre y seguro que él lo hará", ha explicado en Radio Marca, desvelando que el de Moaña tendrá que pagar un aperitivo a sus compañeros como 'castigo' por sus palabras en AS. Defiende que "para nada" tiene mal fondo "pero a veces, uno siendo joven se equivoca", algo que espera que no vuelva a suceder.

Dame a min que o domingo van saltar chispas...

mércores, 9 de novembro de 2011

Defineo

Estamos a vivir a semana da gran festa do fútbol galego que terá como punto central o domingo a partires das 20.00 horas Canal + 1 no Estadio de Riazor o partido probablemente de máis caché desta liga adelante 2011/2012. Evidentemente falo do Deportivo - Celta. Como xa todos sabedes Iago Aspas encargouse cunhas declaracións que apareceron no día de onte no Diario As de quentar o ambiente metendo a pata ata o fondo con unhas palabras que poden xerar moita controversia e nas que o dianteiro do equipo do Sur de Galicia (do Norte de Portugal) para moit@s queda en moi mal lugar.

Hoxe imos a facer un xogo polo que tedes que definir nunha palabra que sensación vos produce este futbolista.


martes, 8 de novembro de 2011

A Porra: Xornada 5

Logo de 4 tempadas sen Derbi Galego xa que o Celta de Vigo estaba na Segunda División tivo que producirse o descenso do Depor para que se volva a ver un partido de máxima rivalidade entre o Norte e o Sur de Galicia. Sen lugar a dúbidas este será o partido estrela da xornada que terá lugar o domingo 13 as 20.00 horas no Estadio Municipal de Riazor. Destacar támén que esta xornada non hai liga na primeira división.

PARTIDOS:

Deportivo - Celta * PARTIDO DA XORNADA
Inglaterra - España
Oza dos Ríos - Atl. Sobrado
Hercules - Murcia
Xerez - Numancia

A Porra: Finito volve a liderar en solitario

Finito volve a destacarse na cabeza da clasificación da Porra logo de acertar o Levante - Valencia co cal sumou 3 novos puntos. Tamén Chino dou no clavo neste partido e encarámase na segunda posición empatado a 6 puntos con Emilio, Villa e Ferreiro9, este último acertou o Athletic - Barcelona.

Os RESULTADOS foron os seguintes:

Atl.Sobrado 1 - Visantoña 3* PARTIDO DA XORNADA
R.Madrid 7 - Osasuna 1
Athletic 2 - Barcelona 2
Levante 0 - Valencia 2
Murcia 0 - Deportivo 0




CLASIFICACIÓN:



1.Finito: 9 puntos



2.Emilio, Villa, Chino, Ferreiro9: 6 puntos


3. Alberto, Pitus: 5 puntos


4.Lato: 3 puntos


5.Petete, Esteban, Iago, Pazitos, Nuria, Pirulo: 0 puntos



venres, 4 de novembro de 2011

Weekend



Esta semana foi máis curta do normal para alguns/algunhas dos/das que habitualmente entrades aquí. Nun abrir e pechar de ollos xa volve a ser venres e aínda que parece ser que teremos frío e choiva non deixa de ser fin de semana e seguro que as condicións climatolóxicas non van a ser impedimento para que saiades a divertirvos do xeito que máis vos guste.

Hoxe déixovos "Ella no sigue modas" de Juan Magán un tema que me produce moi pero que moi bo rollo.

A disfrutar e sede bos... ou malos, como máis vos guste.

xoves, 3 de novembro de 2011

mércores, 2 de novembro de 2011

Telecinco FORA XA!

Hoxe apenas quero comentar nada, tan so quero que leades o letreiro que deixo posteado, pareceme indignante, vergonzoso, patético e demencial o de esta cadena.





Que será o próximo???





TELECINCO FORA XA!

martes, 1 de novembro de 2011

Duck Sauce "Big Bad Wolf"



Hai cousa de un ano Duck Sauce fíxose coñecido no panorama musical internacional polo seu tema "Barbra Streisand", pois ben agora salta a palestra por este videoclip canto menos "diferente". A verdade é que ademáis de extraño a min resultame simpático e non podo facer máis que alabar "o que discurreu" toda a secuencia do video. Está claro: "a cabeza non para..."