venres, 30 de decembro de 2011

Feliz 2012



Último post deste ano 2011, un ano remata e outro comeza. O meu desexo é que para o vindeiro ano tod@s teñamos moita saude, que rematen as guerras e disputas (sempre estúpidas), que a xente encontre traballo e que sexamos moi felices.

Quero insertar o que para min foi o temazo de este 2011, un tema que está de rabiosa actualidade "We Found Love" de Rihanna coa colaboración de Calvin Harris.

O dito, FELIZ 2012, disfrutadeo e saboreadeo. Toca celebralo por todo o alto.

Bicos e abrazos

xoves, 29 de decembro de 2011

Fin de Ano

A Sala Supernova acaba de facer oficial no seu Facebook o cartel para a noite de Fin de Ano. Esto é o que nos propoñen desde a dirección da sala para unha velada especial.

Haberá que seguir esperando

Como ben sabedes onte 28 de decembro foi o día dos Santos Inocentes e como tamén supoñeredes o post que argumentaba que Estrella Galicia podería abrir unha cervexería en Sobrado era totalmente falso xa que se trataba da Inocentada de este ano.

Aclarado esto despídome desexando que teñades un bo día.

mércores, 28 de decembro de 2011

Feliz cumpleanos



A banda viguesa Siniestro Total celebrou onte o seu 30 aniversario enriba dos escearios no mítico Iguana Club da cidade olívica. Tan so queda Julián Hernández da formación orixinal pero moitos dos seus temas son himnos da música nacional. Podería poñer moitos temas aquí pero elexín este por dous motivos: 1. Canta Miguel Costas (que xamáis se debeu ir da banda, ogallá algún día amañe as súas diferencias con Julián e regrese) e 2. Porque so cantar o título xa me emociono.

Que disfrutedes deste día tan...distraido.

Estrella Galicia pode abrir unha nova cervexería en Sobrado



Víñase rumoreando desde hai algún tempo debido a que novamente a noite Sobradesa volve a ter un importante influxo de xente e a primeira hora de esta mañá saltaron as alarmas logo de ver a varios homes vestidos de traxe con coches de publicidade da firma cervexeira medindo unha finca que se atopa no centro do pobo.


Agardamos boas novas!

luns, 26 de decembro de 2011

Camarón da Zarzuela



Qué tal a Noiteboa e o Nadal? ben? agardo que así fora. Hoxe quero abrir a semana con un artísta moi especial, él é nin máis nin menos que "Camarón da Zarzuela".

Disfrutade do temazo

xoves, 22 de decembro de 2011

Comezamos o Nadal con "marcha"



Tocouvos a lotería? agardo que sí, ou polo menos coller un "piquiño" que se soe decir. Informar os 30 que estiveron conmigo en Toro que temos 120€ en cada décimo que mercamos alí (menos da unha pedra).

Póñovos este temazo dance de Tom Boxter & Morena feat J. Warner chamado "Deep In Love" para darlle a benvida oficial desde este blog as festas de Nadal.

Mañá non estarei con vos polo tanto deséxovos unha feliz noiteboa e un Bo Nadal, que Papa Noel vos traiga moitas cousas (se o merecedes claro está) e que compartades momentos felices coa xente que máis queredes.

Bicos!!!

mércores, 21 de decembro de 2011

Felices Festas!!!



O 21 de decembro sempre foi a data sinalada na miña cabeza como inicio do Nadal. Quizais porque habitualmente era nesa data, cando eu aínda estaba en idade escolar, o día d e a hora h do pistoletazo de saida as vacacións do Nadal.

Sendo así e como quen vos escribe aínda segue tendo mentalidade "escolar" en moitos aspectos quero desexarvos bo nadal a tod@s os que habitualmente ou ocasionalmente ledes este blog e para aquel@s que teñan a sorte de ter vacacións agardo que as disfruten da mellor maneira posible.


Eu pido saude para os meus e tamén para min e que o Nadal e o que veña detrás nos faga a tod@s un pouco máis felices.


Unha aperta moi forte


BO NADAL!

martes, 20 de decembro de 2011

Supernova día II

Logo do exitazo no seu estreo o pasado día 16 a Sala Supernova de Sobrado dos Monxes obsequianos o vindeiro venres 23 con dúas actuacións estelares. Soraya Arnelas, ex-O.T. e BrianCross, deejay residente da discoteca Amnesia de Ibiza, un dos discjockeys españois máis internacionais neste momento. Ademáis para a xente que lle gustan as boas orquestras galegas esta semana estará Palladium. Por suposto estarán os djs residentes Marcos Magán e Dj. Kike xunto a un exército de gogo´s, zancudos, performance...

Vémonos alí!!!

luns, 19 de decembro de 2011

A Porra: Esteban acerta o derbi e Iago sitúase 2º

O gran triunfador da porra desta derradeira xornada do anos 2011 foi Esteban que atinou o resultado do derbi e partido da xornada Atl. Sobrado - Toques sumando así 6 valiosos puntos. Pola súa banda Iago acertou o Valencia - Málaga e suma 3 puntos máis que o situan segundo na xeral a tan so 3 puntos de Alberto. Este mesmo partido acertouno Finito que fai que tamén escale postos e sume 15 no total da clasificación. Por outro lado Villa acertou o Atlético - Betis o que fai que empate na cuarta posición da táboa co citado Finito e Chino.

RESULTADOS:

Atl. Sobrado 3 - Toques 2 * PARTIDO DA XORNADA
Las Palmas 0 - Deportivo 1
Sevilla 2 - R. Madrid 6
Valencia 2 - Málaga 0
Atlético 0 - Betis 2

CLASIFICACIÓN:

1. ALBERTO 21 p.
2. IAGO 18 p.
3. PETETE 16 p.
4. CHINO, FINITO, VILLA 15 p.
5. LATO 13 p.
6. EMILIO, ESTEBAN 12 p.
7. PITUS 8 p.
8. FERREIRO9 6 p.
9. PAZITOS 3 p.
10. NURIA, PIRULO, JOSÉ ANTONIO 0 p.

venres, 16 de decembro de 2011

Sobrado está de festa



Día moi especial este 16 de decembro para o pobo de Sobrado. Logo de 16 anos parada a Discoteca Supernova, agora Sala Supernova reabrirá as súas portas ó público algo que fai que desde hai uns días todo o pobo ande revolucionado, cos "dimes e diretes" de haberá, non haberá..., costará, non costará..., o caso é que o que parecía unha utopía hoxe faise realidade a partires das 23.30 horas. E onde David Civera será o invitado de excepción neste día 1 na nova vida de Supernova. Ademáis a orquestra Gran Parada poñerá o acento "orquesteiro" á festa que se prevee para esta noite onde tamén haberá gogo´s, performance, drag queens, etc, etc, etc.
Como ben sabedes e se puxo por eiquí no día de onte haberá 4 liñas de autobuses desde diversos pobos cercanos a Sobrado (tedes as liñas no anterior post). Os autobuses sairan do punto inicial as 00.00 horas e regresarán o seu orixe as 05.30 horas.

No que respecta ó video hoxe tócalle o turno ó mellor, a Armin Van Buuren, desta volta coa colaboración de unha voz auténticamente espectacular, a de Jennifer Rene. Esto é "Fine Without You".

Longa vida a Supernova e vémonos alí en escasas 5 horiñas.

Que teñades boa fin de semana.

Bicos e abrazos.

xoves, 15 de decembro de 2011

Un traballo feito



Hoxe é un gran día, non sei se é debido a que por fin rematei o Proxecto Final do Curso de Especialización logo de 5 longos meses ou porque a emoción me embarga a un día de que a reapertura de Supernova sexa unha realidade e nun regreso ó pasado volvamos 16 anos atrás (cando un aínda era un pipiolo) e onde seguro que a máis de un/unha que le isto mañá o verse alí dentro lle viran á cabeza infinidade de gratos recordos e porqué non decilo..., alguns e algunhas encontraron alí o amor da súa vida polo tanto, para toda esa xente será un día do máis especial.

O caso é que a pesares do mal tempo que está hoxe levanteime de moi bo humor e polo tanto toca música da que fai mover a un..., deixovos colgado "Deep In Love". Un tema que se sae do mapa e que agardemos que mañá se escoite na nova Discoteca Supernova.

Saudiños

martes, 13 de decembro de 2011

Inauguración Discoteca Supernova





Aquí o tedes, é o cartel oficial da Discoteca Supernova de Sobrado dos Monxes que abrirá as súas portas este venres 16 de decembro a partires das 22.30 horas. O prezo da entrada será de 6€.



Para empezar teremos a DAVID CIVERA e a unha das orquestras grandes da escea musical galega, GRAN PARADA. Ademáis en cabina dous deejays consagrados MARCOS MAGÁN E DJ, KIKE. Nesta "reinauguración" logo de 16 anos pechada haberá Festa Laser Angels, ademáis de Gogo,s, Drag Queens, Performance...






Todo aderezado con 25000 watios de son e iluminación dixital un local para dar acollida a máis de 3500 persoas.






QUE COMECE O SHOW!!!



ANEXO IMPORTANTE:

Enrique posteou esta info adiccional que paso a transcribir nesta entrada para tod@s aqueles que non desexedes coller o coche:

Para facilitaros acudir este viernes a la discoteca sin arriesgarse a cojer el coche y demás contaremos con 4 LINEAS DE AUTOBUSES que detallamos a continuación:
LINEA 1 (VAZQUEZ): BETANZOS - OZA - CURTIS - VILASANTAR - PRESARAS
LINEA 2 (RAMOS): BAAMONDE - PARGA - GUITIRIZ - TEIXEIRO - AS CRUCES
LINEA 3 (COTA): FRIOL - MESON
LINEA 4 (SUAREZ): VISANTOÑA - SANTISO - MELIDE - ARZUA - BOIMORTO

además Cafetería,100.000 Watios de iluminación, 2000m2 de sala y 25.000watios de sonido

luns, 12 de decembro de 2011

A Porra: xornada 10

O partido da xornada nesta 10ª semana da Porra non pode ser outro que o derbi que se xogará no Municipal de Sobrado o vindeiro domingo 17 as 17.00 horas entre o Club Atlético Sobrado Xuventude e o C.F. Toques. Que haxa sorte.

PARTIDOS:

Atl.Sobrado - Toques * PARTIDO DA XORNADA
Las Palmas - Deportivo
Sevilla - R.Madrid
Valencia - Málaga
Atl.Madrid - Betis

A Porra: Petete sube ata a segunda posición

Petete saiu moi reforzado na xornada de porra de esta fin de semana logo de sumar 5 valiosos puntos o acertar o Deportivo - Numancia e o Betis - Valencia. Con estes dous acertos suma 16 puntos que lle valen para acadar a segunda posición na táboa clasificatoria a tan so 5 do líder Alberto. O participante que máis puntos sumou foi Villa con 6 logo de acertar o partido da xornada R.Madrid 1 - Barcelona 3. De novo volveu a sumar Esteban outros 3 puntos logo de acertar o Betis - Valencia, este partido tamén o acertou Pazitos, que se estrea deste xeito na puntuación.

RESULTADOS:

R.Madrid 1 - Barcelona 3 * PARTIDO DA XORNADA
Deportivo 3 - Numancia 1
Pontecarreira 2 - Atl.Sobrado 2
Betis 2 - Valencia 1
Espanyol 4 - Atl. Madrid 2

CLASIFICACIÓN:

1. ALBERTO 21 p.
2. PETETE 16 p.
3. IAGO / CHINO 15 p.
4. LATO 13 p.
5. FINITO / EMILIO / VILLA 12 p.
6. PITUS 8 p.
7. FERREIRO9 / ESTEBAN 6 p.
8. PAZITOS 3 p.
9. NURIA / PIRULO / JOSÉ ANTONIO 0 p.

venres, 9 de decembro de 2011

A pregunta da semana

Quen dixo logo de unha longa noite na Coruña de cea e copas que rematou as 11.00 da mañan: "pois non nos fixo moito mal o alcohol?"

luns, 5 de decembro de 2011

Dúbida sen resolver



Saiu onte nunha animada conversa e é unha dúbida sen resolver que teño que me gustaría que alguén que soubera o motivo mo explicara... ¿ de onde ven a frase "iba borracho coma unha estrepia?".


Eu por máis que lle miro e lle busco sentido a este instrumento non lle vexo a boca por ningún lado para inxerir etílico...


A ver se entre todos solventamos esta dúbida "existencial"

A Porra: xornada 9

Chega o clásico por excelencia da liga BBVA polo tanto non podía deixar de ser o partido da xornada de esta semana. Sorte a todos!!!

PARTIDOS:

R.Madrid - Barcelona * PARTIDO DA XORNADA
Deportivo - Numancia
Pontecarreira - Atl. Sobrado
Betis - Valencia
Espanyol - Atl. Madrid

A Porra: Alberto bate un record

Nas 3 tempadas que leva en funcionamento a porra de este blog xamáis ninguén conseguira acertar 3 resultados na mesma xornada ata que Alberto o conseguiu. Logo de acertar o Barcelona - Levante, Sporting - R.Madrid e Atlético - Rayo suma 7 puntos que lle sirven para colocarse líder da clasificación xeral.
Tamén tivo unha boa xornada Petete logo de acertar os partidos nos que estaban involucrados Real Madrid e Atlético de Madrid.
Ademáis Chino, Emilio e Finito tamén sumaron 3 puntos cadanseu o acertar o Sporting 0 - R.Madrid 3.
Destacar por último que o campión do ano pasado Esteban por fin se estreu logo de acertar o Atlético 3 - Rayo 1.

Estes foron os resultados:

Barcelona 5 - Levante 0 * PARTIDO DA XORNADA
Sporting 0 - R.Madrid 3
Valladolid 0 - Deportivo 0
Atl. Sobrado 0 - Curtis 0
Atlético 3 - Rayo Vallecano 1

CLASIFICACIÓN:

1. ALBERTO 21 puntos
2. IAGO / CHINO 15 puntos
3. LATO 13 puntos
4. FINITO / EMILIO 12 puntos
5. PETETE 11 puntos
6. PITUS 8 puntos
7. VILLA / FERREIRO9 6 puntos
8. ESTEBAN 3 puntos
9. PAZITOS / NURIA / PIRULO / JOSÉ ANTONIO 0 puntos


venres, 2 de decembro de 2011

En 2 semanas...

Eiquí tedes o anuncio da inauguración da Discoteca Supernova de Sobrado dos Monxes que terá lugar o venres 16 de decembro aparecido no xornal Cerne que pertence o Asetem (Asociación de Empresarios Terra de Melide). O artista que terá o honor de "reinaugurar" será o tur0lense David Civera aínda que non se descarta que aparezca "in extremis" outro artista de sona.
A partires de xa, os venres haberá un punto moi importante de encontro no que a marcha se refire no interior de Galicia. Se vos gustan as grandes orquestras galegas e queredes ver artistas consagrados no panorama nacional e internacional terédesvos que pasar por Supernova. Haberá moitas sorpresas.

Que haxa sorte!!!

xoves, 1 de decembro de 2011

Outro tema dance que vai pegar moi duro



Fresquiño nos chega o novo proxecto de Ethernity chamado "Amore". No Nadal cansáremonos de escoitalo, estou completamente seguro. Se buscades algún disco para regalar este Nadal de música electrónica recoméndovos o "Europa Baila Vol.2" da cadea de radio Europa FM onde entre outros auténticos temazos de baile inclúese este que estades a escoitar.

Tira cómica

Hai días que o abrir o xornal dache a impresión que no lugar de estar a informarte sobre as novas de actualidade estás a ler a tira cómica da semana. Máis ou menos iso é o que lle pasa no día de hoxe a La Voz de Galicia. A verdade é que os encargados de difundir as novas que vou mencionar a continuación lucíronse:

1º) Una rubia gana el concurso al mejor trasero de Brasil (mediada a mañá deberonse dar conta da metedura de pata e cambiaron a nova na súa web titulando "El mejor trasero de Brasil")

http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2011/12/01/00031322726183641350275.htm

2ª Cerré los ojos y dije: vaya leche que me voy a pegar (fala o coruñés que caeu a semana pasada desde un quinto piso)

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/12/01/0003_201112G1P6994.htm

3ª Las acusaciones creen que el sospechoso de envenenar a un vecino obró con mucho odio (unha persoa faleceu na provincia de Ourense logo de tomar viño envelenado onde o acusado é o seu veciño)

E é que antes estes tres titulares un non pode facer máis que amosar unha profunda incredulidade sobre o periodismo que se está a facer desde este xornal.

A cidade máis bonita do mundo



Encontrei no Facebook este video e quedei "flipado". Non hai dúbidas de que é única, é a máis fermosa é sinxelamente sublime.