luns, 30 de abril de 2012

A Porra: Xornada 28

A nova xornada da porra que se disputará os días 5 e 6 de maio traenos coma partido estrela o Deportivo - Valladolid que se disputará o domingo a partires das 20.00 horas no Estadio Municipal de Riazor. Este encontro pode darlle unha marxe case definitiva ós de Oltra para acadar o ansiado ascenso a Liga BBVA e de paso poñer en franquicia o título de campións de Segunda División.

PARTIDOS


Deportivo - Valladolid * PARTIDO DA XORNADA
Granada - R. Madrid
Barcelona - Espanyol
Atlético - Málaga
Valencia - Villarreal


QUE HAXA SORTE!!!

A Porra: Iago recupera o liderato

Logo de sumar 3 importantes puntos ó acertar o Málaga 1 - Valencia 0 Iago recupera o liderato en detrimento de Alberto, con estes tres novos puntos o líder suma 44. O máis beneficiado da xornada foi Chino logo de acertar o partido estrela R. Madrid 3 - Sevilla 0, con estes 6 novos puntos Chino chega os 36 a xa tan so 8 da cabeza da clasificación:

RESULTADOS:

R. Madrid 3 - Sevilla 0 * PARTIDO DA XORNADA
Rayo Vallecano 0 - Barcelona 7
Almería 2 - Deportivo 0
Atl. Sobrado 6 - Vilamaior 2
Málaga 1 - Valencia 0

CLASIFICACIÓN

1. IAGO 44
2. ALBERTO 42
3. EMILIO 40
4. JOSÉ ANTONIO 38
5. PETETE 37
6. CHINO 36
7. ESTEBAN 33
8. FINITO 30
9. PIRULO 29
10. LATO 28
11. PITUS 25
12. VILLA 24
13. FERREIRO9 19
14. PAZITOS 15
15. NURIA 14



venres, 27 de abril de 2012

Chega outra ponte

Moi boas a tod@s, así como non quere a cousa os días seguen a pasar voando e xa chegamos a Ponte de Maio (para algúns) claro está. Hoxe deixo por eiquí un temazo para amenizar o evento, trátase de Laura Broad e Chris Brown, un temazo que coñecín grazas a Javi, dj Residente do Pub Q+? de Melide. Disfrutade da Ponte Sede mal@s

mércores, 25 de abril de 2012

Concerto de ITH en Cervexería Lodeiro

O Rock contundente de ITH (rock da montaña) volve ó igual que o ano pasado a Cervexería Lodeiro de Sobrado dos Monxes. Será o luns 30 de abril (véspera do festivo do 1 de maio) a partires das 23.30h.
Unha interesante proposta para amenizar a noite de un luns que se prevee especial con este auténtico grupazo.

martes, 24 de abril de 2012

A porra: xornada 27

A medida que a competición vai chegando as últimas xornadas a clasificación da porra está máis emocionante con un bo número de participantes que aínda teñen moito que decir de aquí o mes de xuño. Desta volta o partido máis destacado será o R.Madrid - Sevilla que se disputará o domingo as 12.00 horas.

PARTIDOS


R. Madrid - Sevilla * PARTIDO DA XORNADA
Rayo Vallecano - Barcelona
Almería .- Deportivo
Atl. Sobrado - Vilamaior
Málaga - Valencia

A Porra: José Antonio e Pirulo eríxense coma protagonistas da xornada

Nunha xornada marcada polo "enésimo" clásico do fútbol español José Antonio e Pirulo foron os protagonistas da xornada sumando 5 puntos cada un deles o acertar ademáis do partido da xornada o Osasuna - Málaga de onte. Con estes puntos José Antonio suma xa 38 nunha progresión colosal que o fai ubicarse a solo 4 do líder da competición Alberto. Pola súa banda Pirulo suma xa 29 puntos e colócase na 8ª posición. O outro participante da competición que sumou foi Pazitos que acertou o Atlético 3 - Espanyol 1 abandoando así a última posición da táboa en detrimento de Nuria.

RESULTADOS:


Barcelona 1 - R.Madrid 2 * PARTIDO DA XORNADA
Deportivo 4 - Elche 3
Toques 2 - Atl.Sobrado 0
Atlético 3 - Espanyol 1
Osasuna 1 - Málaga 1


CLASIFICACIÓN:


1. ALBERTO 42
2. IAGO 41
3. EMILIO 40
4. JOSÉ ANTONIO 38
5. PETETE 37
6. ESTEBAN 33
7. FINITO / CHINO 30
8. PIRULO 29
9. LATO 28
10. PITUS 25
11. VILLA 24
12. FERREIRO9 19
13. PAZITOS 15
14. NURIA 14



luns, 23 de abril de 2012

Como se está poñendo esto...



Indudablemente xa hai tempo que a gran maioría nos demos conta que o mundo está tolo de remate. Como mostra un botón: 3 boxeadores profesionais rusos que non teñen outra cousa mellor que facer que probar a súa pericia con un Canguro de un circo de Moscú. O resultado xa se sabe: gañou Charlie que así se chama o animal aínda que analizando a situación por un intre fágome unha pregunta: Quen é máis animal, o canguro ou os boxeadores?

venres, 20 de abril de 2012

Finde de frío e choiva

Os especialistas na materia din que a fin de semana que comeza hoxe estará acompañada de moito frío e choiva polo que mellor nos será a tod@s meternos o quentiño se non queremos coller un gripón do 15. Para ir quentando o ambiente deixovos por aquí o gran David Guetta acompañado de User. Disfrutade moito Sede mal@s!

xoves, 19 de abril de 2012

Galicia Caníbal



Descubrín hai cuestión de un par de semanas este vídeo pola rede. Vaia por diante que a linguaxe que utiliza "o protágonista" en cuestión é bastante grotesca e non axeitada para todos os públicos.

Non saio do meu asombro da "fauna" que pulula por ahí.

martes, 17 de abril de 2012

8 Foliada de Melide

A veciña vila de Melide celebrará os vindeiros días 28 e 29 de abril a 8ª Edición da súa Foliada. Unha festa que de ano para ano está a medrar tanto en cantidade coma en calidade. Este é o cartaz deste ano 2012, se desexades amplialo non tedes máis que clicar enriba del.
Xa sabedes, se vos gusta a troula non podedes fallar en Melide o 28 e 29 de abril.

luns, 16 de abril de 2012

A Porra: xornada 26

Non hai dúbida de que o partido estrela da xornada 26 será o Barcelona - R. Madrid. Un importante partido que pode decidir ou apretar máis a Liga e tamén a porra onde varios aspirantes están nun puño para suceder no trono a Esteban, gañador da tempada pasada.

PARTIDOS:

Barcelona - R. Madrid * PARTIDO DA XORNADA


Deportivo - Elche


Toques - Atl. Sobrado


Atlético - Espanyol


Osasuna - Málaga

A Porra: Alberto novo líder

Alberto é o novo líder da porra logo de varias semanas de liderato de Iago. O novo líder sumou 3 puntos no partido Levante - Barcelona polo que se encarama na primeira posición con 42 puntos. Esteban tamén sumou 3 puntos no mesmo partido polo que accede a 5ª posición empatado con José Antonio a 33 puntos. O outro participante que sumou nesta xornada foi Villa que acertou o R. Madrid 3 - Sporting 1.

RESULTADOS:

CELTA 2 - DEPORTIVO 3* PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid 3 - Sporting 1
Levante 1 - Barcelona 2
Atl. Sobrado 0 - Pontecarreira 2
Rayo Vallecano 0 - Atlético 1

CLASIFICACIÓN:

1. ALBERTO 42
2. IAGO 41
3. EMILIO 40
4. PETETE 37
5. JOSÉ ANTONIO / ESTEBAN 33
6. FINITO / CHINO 30
7. LATO 28
8. PITUS 25
9. PIRULO / VILLA 24
10 FERREIRO9 19
11. NURIA 14
12. PAZITOS 12

venres, 13 de abril de 2012

Temazo dance para comezar o finde



Rio de Janeiro de Michael Mind Project será a canción protagonista que este venres amenizará a fin de semana. Unha fin de semana onde se prevee abundante choiva e agardo de corazón que parte de esa choiva sexa en forma de goles na portería do Celta e que o Depor se leve a victoria na festa do fútbol galego. Se gañamos xa tocamos coas mans o ascenso a Liga BBVA.


Disfrutade do tema que vai pegar moi forte!

Boa fin de semana

Sede mal@s!

A onde chegamos...



Abraiado non é a palabra..., é máis non daría encontrado a palabra axeitada para decir o que sentín cando vin este video. Unha mistura de sorpresa, interrogación, alucinamento que finalmente rematou con unha risa bestial onde as bagoas tamén apareceron.
Non é de extrañar, senón non se explica como unha procesión de Semana Santa (a relixión e os seus tabues) pode ir amenizada por unha banda que interpreta de xeito instrumental nin máis nin menos que o "Ai se eu te pego" de Michel Teló, de sobra coñecido polas connotacións sexuais que ten a súa letra.

Outro dato a ter en conta é como os costeleiros "menéan" o pobre do santo a ritmo da melodía.

VER PARA CRER!

xoves, 12 de abril de 2012

Casa Encarna, un lugar de parada obrigada

Os locais hosteiros da cidade da Coruña a diferencia de Santiago ou Lugo non destacan pola abundancia a hora de poñer tapas cando vas tomar algo. Pero hoxe propóñovos un lugar onde esto si que ocorre. Trátase de Casa Encarna, está ubicado a escasos metros do Mercado de Elviña e alí e o lugar de encontro dos compañeiros de equipo do Pub Q+? F.S. logo dos partidos.
A verdade é que o trato é exquisito e se queredes comer xamón sen pagar un céntimo ese o lugar, chegará un momento en que lle teredes que decir o camarero que non traia máis porque queda sobro. Pero é que non é so xamón, chourizo ó viño ou queixo son outros dos manxares cos que a xerencia de Casa Encarna se encarga de que toda persoa que visite o local non saia de alí con fame.

Ademáis se desexades comer de prato tamén teñen racións diversas a un módico prezo.

SEN LUGAR A DÚBIDAS MOI RECOMENDABLE!!!

mércores, 11 de abril de 2012

Os "Frikis" da semana

En épocas de crise onde quen máis e quen menos estase a apretar o cinto convive na Capital do Reino unha familia sostida por 44.000.000 de españois que sempre que é noticia por desgraza xamáis é por boa cousa: corrupción, alcoholismo, drogas, lios de faldas, intelixencia pouco probada...

TÍTULO HONORIFICO DE FRIKIS DA SEMANA outorgado por http://latosobrado.blogspot.com á FAMILIA REAL ESPAÑOLA POLAS SÚAS AVENTURAS QUE PARECEN DE TEBEO.

martes, 10 de abril de 2012

Pode ser a canción do verán



Levo un día do máis positivo, sen lugar a dúbidas dos mellores das últimas semanas e quero pasarvos un pouco do meu positivismo poñendo o Tacatá, que na miña opinión vai a ser unha das cancións do verán. Este house latino pegadizo ameaza con meterse nas cabezas de aquelas persoas que escoiten o tema un par de veces.

A bailar!

luns, 9 de abril de 2012

A Porra: xornada 25

Espectacular o derbi galego que se presenta o vindeiro domingo 15 de abril en Balaidos a partires das 12.00 horas onde o Celta recibe o flamante líder da Liga Adelante o Real Club Deportivo de A Coruña. Ese será o partido da xornada na 25º xornada da porra.

PARTIDOS:

CELTA - DEPORTIVO * PARTIDO DA XORNADA


R. Madrid - Sporting


Levante - Barcelona


Atl. Sobrado - Pontecarreira


Rayo Vallecano - Atlético

A Porra: "Huracán" José Antonio

Unha xornada máis compre destacar de novo a José Antonio que se erixiu protagonista da xornada pois co seu acerto no Athletic - Sevilla achégase máis ainda a cabeza da táboa comandada unha semana máis por Iago. José Antonio con este acerto suma 33 puntos e xa está a tan so 8 do líder da competición.
Tamén debemos destacar a Esteban que sumou 3 importantes puntos e que empata a 30 puntos con Chino e Pichi logo de acertar o Deportivo 3 - Murcia 1.
Nuria que ata esta semana era colista abandoou esa posición logo de acertar o Zaragoza - Barcelona. A única muller que está a competir este ano xa leva 14 puntos e subindo.

RESULTADOS:

R. Madrid 0 - Valencia 0 * PARTIDO DA XORNADA


Zaragoza 1 - Barcelona 4


Deportivo 3 - Murcia 1


Levante 2 - Atlético 0


Athletic 1 - Sevilla 0


CLASIFICACIÓN:


1. IAGO 41


2. EMILIO 40


3. ALBERTO 39


4. PETETE 37


5. JOSÉ ANTONIO 33


6. FINITO / CHINO / ESTEBAN 30


7. LATO 28


8. PITUS 25


9. PIRULO 24


10. VILLA 21


11. FERREIRO9 19


12. NURIA 14


13. PAZITOS 12

mércores, 4 de abril de 2012

King África visita Supernova

O arxentino King África actuará pasado mañá venres na Discoteca Supernova de Sobrado. A xerencia da sala acaba de facer oficial o cartel publicitario. Ademáis tamén se anuncia unha festa "Flower Power" con gogo´s, animación e sorpresas.
@s que desexedes bailar a archinocida "Bomba", "El camaléon" ou "Paquito el Chocolatero" tedes unha cita ineludible.

Saudos e que teñades unha grandiosa Semana Santa.

martes, 3 de abril de 2012

Pelotazo



Hoxe, penúltimo día da semana para moitos a pesares de que sexa martes déixovos un auténtico rompepistas. Trátase de Azuro feat. Elly e o seu "Ti Amo".

Saudiños e a coidarse

luns, 2 de abril de 2012

A Porra: xornada 24

O partido da xornada 24 da porra será o R. Madrid - Valencia, un difícil partido para os de Mourinho fronte a un rival que quererá resarcirse dos últimos tropezos ligueiros. Destacar tamén que o Atlético Sobrado terá xornada de descanso debido as vacacións de Semana Santa polo que o sustituirá un partido da Liga BBVA.

PARTIDOS:

R.Madrid - Valencia * PARTIDO DA XORNADA
Zaragoza - Barcelona
Deportivo - Murcia
Levante - Atlético
Athletic Club - Sevilla

A Porra: José Antonio chega con forza

Increible a progresión de José Antonio nas máis recentes xornadas da porra. O incombustible J.A. acertou o partido da xornada e cando hai unhas semanas parecía condenado a combatir polos postos baixos da clasificación resulta que ocorre todo o contrario e xa está a tan so 11 do líder Iago.



A outra persoa que sumou puntos nesta xornada foi o menda logo de acertar o Atlético 3 - Getafe 0. Non hai cambios nos postos altos da clasificación.














RESULTADOS:









Barcelona 2 - Athletic Club 0 * PARTIDO DA XORNADA




Osasuna 1 - R.Madrid 5




Girona 1 - Deportivo 0




Curtis 3 - Atl. Sobrado 0




Atlético 3 - Getafe 0









CLASIFICACIÓN:









1. IAGO 41




2. EMILIO 40




3. ALBERTO 39




4. PETETE 37




5. FINITO / CHINO / JOSÉ ANTONIO 30




6. LATO 28




7. ESTEBAN 27




8. PITUS 25




9. PIRU 24




10. VILLA 21




11. FERREIRO9 19




12. PAZITOS 12




13. NURIA 11