xoves, 31 de maio de 2012

O falso mito do "Doble Check"

Debo recoñecer que cando lin hoxe a nova fun un dos seguro que milleiros de persoas sorprendidas. A gran maioría dos que utilizamos Whatsapp pensabamos que o ver o Doble Check ou o que é o mesmo "a doble uve verde" logo de mandar unha mensaxe mediante esta aplicación pensabamos que a persoa destinataria recibía a mensaxe. Pois os mandamais de Whatsapp desmentiron onte esta información vía Twiter. Deixovos un corto relacionado co tema sobre o uso e as relacións de Whatsapp. Bicos e abrazos.

mércores, 30 de maio de 2012

Emilio Botín "alías" O Inglés de Santander

Nesta lamentable época onde os banqueiros dirixen os designios tanto do país coma do mundo en xeral (imos que cu e costa arriba), no que fan e desfán ó seu antollo e se aproveitan e rin de nós o que queren e máis. Hoxe, aínda que tan só sexa por algo menos de 3 minutos tócanos rirnos deles. Concretamente farémolo de un dos xefes supremos de este país de pandereta chamado España..., estou a falar do "mandamáis" do Banco Santander Emilio Botín. Como podedes ver e oir neste video promocional o señor Botín obsequianos con un logradísimo repertorio oral na língua de Shakespeare. Todo un regalo para os oidos vamos...

martes, 29 de maio de 2012

A Porra: ÚLTIMA XORNADA

Máxima emoción na última xornada da porra onde varios aspirantes pódense levar o título de gañador de esta primeira edición. O partido estrela será o Celta - Córdoba.

PARTIDOS:

Celta - Córdoba * PARTIDO DA XORNADA
Villarreal B - Deportivo
Valladolid - Guadalajara
Numancia - Alcorcón
Huesca - Hércules

A Porra: Alberto abre brecha

Alberto abriu brecha con respecto a José Antonio, segundo clasificado na penúltima xornada da porra. O líder acertou o Nástic 1 - Celta 2 polo que suma 3 novos puntos. Tamén sumou o 3º clasificado Iago logo de acertar o Córdoba - Murcia. Esteban, cuarto clasificado agora con 44 puntos tamén sumou 3 logo de acertar o mesmo partido que Iago.
Os grandes triunfadores da xornada foron Nuria que sumou 5 puntos ó acertar o Hércules - Xerez e o Córdoba - Murcia e Ferreiro9 que logo de dar no clavo no partido da xornada, o Alcorcón 2 - Valladolid 2 suma 6 puntos.

RESULTADOS:

Alcorcón 2 - Valladolid 2 * PARTIDO DA XORNADA
Deportivo 2 - Huesca 1
Nástic 1 - Celta 2
Hércules 2 - Xerez 2
Córdoba 2 - Murcia1

CLASIFICACIÓN:

1. Alberto 53
2. José Antonio 48
3. Iago 47
4. Esteban 44
5. Emilio /Petete 40
6. Chino 36
7. Lato 31
8. Finito 30
9. Pirulo 29
10. Pitus 28
11. Villa 27
12. Ferreiro9 25
13. Nuria 22
14. Pazitos 21

venres, 25 de maio de 2012

Gora Athletic Karajo

Como vedes no titular aquí quen vos escribe vai animar o Athletic Club na procura da súa 24 Copa do Rei. A espectacular tempada feita polos xogadores de Marcelo Bielsa merece premio e que mellor xeito de celebralo que conseguindo o título por antonomasia do equipo vasco.

GORA ATHLETIC!!!

xoves, 24 de maio de 2012

A última sensación

Chámanse Serebro, son rusas e participaron hai algún tempo no Festival de Eurovisión. Este tema é o hit que está pegando forte en toda Europa, chámase "Mama Lover" e non cabe dúbida que o estribillo é moi pegadizo. Que dicir do videoclip... a quen lle gusten as mulleres estou seguro que pagaría por viaxar nese "vehículo". Disfrutade de esta soleada tarde Saudos

mércores, 23 de maio de 2012

Esta festa non se pode perder!

Este venres hai festón en Melide, concretamente no Pub Quemáis? o local de Alberto Buján que celebra o seu 7º aniversario con esta impresionante festa (se queredes ver o cartel máis ampliado clicade enriba del) e onde destaca unha Macrofesta Beefeater 24, haberá degustación gratuito de gintonic con máquina de nitróxeno así como cócteles e mojiitos.
Compre destacar o sorteo de 1.000 EURAZOS entre tod@s @s asistentes.

A noite promete, se Deus quere alí estaremos tomándolle algo e celebrando o 7º cumpleanos o PUB QUEMÁIS?

luns, 21 de maio de 2012

A Porra: Xornada 31 (penúltima)

A penúltima xornada da porra traenos coma Partido Estrela o Alcorcón - Valladolid, un enfrontamento directo entre 3º e 4º clasificacado da Liga Adelante onde seguro que saltarán chispas e onde o handicap de que o Alcorcón xogará como local no fortín de "Santo Domingo" pode dar moitas pistas sobre o resultado final.

PARTIDOS:


Alcorcón - Valladolid * PARTIDO DA XORNADA
Deportivo - Huesca
Nástic - Celta
Hércules - Xérez
Córdoba - Murcia

A Porra: dura pugna entre Alberto e José Antonio

Parece que Alberto e José Antonio (sen descuidar o resto de participantes que ocupan as primeiras posicións da táboa) están empeñados en ser os gañadores da porra de latosobrado.blogspot.com de este tempada 2011/2012.
Neste xornada foron os únicos capaces de sumar e de que xeito...,  nin máis nin menos que 5 puntos cada un deles.
Con estes puntos Alberto segue na cabeza da táboa con 50 puntos e José Antonio accede ó segundo lugar en detrimento de Iago con 48 puntos. O podium de cabeza segueo o propio Iago con 44 puntos.

Estes foron os RESULTADOS:

Xerez 3 - Deportivo 2 * PARTIDO DA XORNADA
Celta 4 - Alcoyano 0
Almería 2 - Alcorcón 0
Valladolid 2 - Sabadell 0
Las Palmas 2 - Hércules 0

CLASIFICACIÓN:

1. Alberto 50
2. José Antonio 48
3. Iago 44
4. Esteban 41
5. Emilio / Petete 40
6. Chino 36
7. Lato 31
8. Finito 30
9. Pirulo 29
10. Pitus 28
11. Villa 27
12. Pazitos 21
13. Ferreiro9 19
14. Nuria 17

RECORDADE QUE QUEDAN 40 PUNTOS EN XOGO (2 XORNADAS) POLO QUE MATEMÁTICAMENTE TOD@S @S CONCURSANTES TEMOS AÍNDA OPCIÓNS MATEMÁTICAS DE GAÑAR O TÍTULO. 

ÁNIMO E SORTE!!!


venres, 18 de maio de 2012

Onte festivo, hoxe finde

Semana diferente onde as haxa con festivo a golpe de xoves, hoxe volta ó tallo e mañá de novo fin de semana. O que se dice un día ahí clavado para romper a rutina. Variando un pouco o habitual na tarde dos venres hoxe vou deixar un video de un concerto dos mexicanos Maná interpretando "Ángel de amor" para irlle dando colorciño a fin de semana. Que disfrutes ó máximo e xa sabedes: sede mal@s!

mércores, 16 de maio de 2012

Tu Night en Melide

O programa de V Television "Tu Night" que presenta Raquel Atanes estivo hai uns sábados en Melide para amosarnos a festa que alí se monta. Moit@s amig@s coñecid@s entre el@s algunha xente de Sobrado dandoo todo (verdad Rubio?), jejeje. Votadelle un ollo, merece a pena. Saudos e feliz ponte (a quen a poida disfrutar) Sede mal@s! Bicos e abrazos

luns, 14 de maio de 2012

A Porra: xornada 30 (antepenúltima)

Na seguinte xornada da porra o partido estrela será o Xerez - Deportivo. Un partido que se se dan unha serie de resultados sumados os partidos que haberá este mércores pode ser o que lle proporcione o retorno a Primeira División ó Deportivo un ano despois. Afinade!!!

PARTIDOS:


Xerez - Deportivo *PARTIDO DA XORNADA
Celta - Alcoyano
Almería - Alcorcón
Valladolid - Sabadell
Las Palmas - Hércules

A Porra: José Antonio mete presión á cabeza

Unha xornada máis José Antonio volve a ser o protagonista da mesma logo de acertar os partidos Numancia - Deportivo e Betis - Barcelona sumando así 5 novos puntos. Esto fai que se aupe na terceira praza da competición con 43 puntos a xa tan so 2 do líder Alberto.
Outro participante para o que foi unha gran xornada foi Esteban que acertou o R. Madrid 4 - Mallorca 1 e sitúase na 4ª praza con 41 puntos e por suposto con serias opcións de repetir o título de campión do ano pasado.
Tamén Petete anda na loita polo liderato e logo de unhas xornadas sen sumar nesta conseguiuno acertando o mesmo partido que Esteban.
O último participante que sumou foi Pazitos tamén acertando o partido do Bernabeu polo que con estes 3 novos puntos sube unha posición na taboa en detrimento de Ferreiro9 e suma xa 21 puntos.
Comentarvos tamén que tan so faltan 3 xornadas (a partires da agora serán partidos de 2ª división) para o remate da competición e un gran número de participantes teñen aínda as opcións intactas. Afinade nos vosos pronósticos...

RESULTADOS:


Villarreal 0 - Atlético 1 * PARTIDO DA XORNADA
R.Madrid 4 - Mallorca 1
Betis 2 - Barcelona 2
Numancia 0 - Deportivo 3
Málaga 1 - Sporting 0


CLASIFICACIÓN:


1. Alberto 45
2. Iago 44
3. José Antonio 43
4. Esteban 41
5. Emilio / Petete 40
6. Chino 36
7. Lato 31
8. Finito 30
9. Pirulo 29
10. Pitus 28
11. Villa 27
12. Pazitos 21
13. Ferreiro9 19
14. Nuria 17

xoves, 10 de maio de 2012

Salamanca prepárate...


Esta fin de semana toca viaxar como todos os anos á cidade de Salamanca. Como non pode ser de outro xeito, non faltamos á nosa cita anual de fin de semana na cidade charra e desta volta seremos 14 os elementazos que pasaremos alí o que se prevee un apaixoante finde. A nivel particular tamén supón algo especial pois mañá ademáis de ser o día de chegada e primeiro día de farra, coincide co meu 34 aniversario. Sí, o bebé aquel que naceu un xoves 11 de maio de 1978 cumpre anos e seguro que o celebrará por todo o alto, jejejejejeje.
Mañá non haberá post con música habitual dos venres, tan so desexarvos que pasedes unha boa fin de semana e disfrutedes do bo tempo que por fin chegou a visitarnos e agardo que se quede por moito tempo.

SEDE B@S!!!

BICOS E ABRAZOS

mércores, 9 de maio de 2012

Gora Athletic

Hoxe a partires das 20.45 horas celébrase a Final de UEFA Europa League en Bucarest entre dous equipos da Liga BBVA. O Atlético de Madrid (local) e o Athletic Club de Bilbao (visitante). Como podedes observar no título o meu apoio vai a estar a morte co equipo de Bielsa, sen lugar a dúbidas, a escadra que máis e mellor fútbol amosou en toda a Competición. Increible as fazañas dos "leóns" este ano por Europa adiante tumbando a colosos con moito máis presuposto como Manchester United, Schalke 04, Paris Saint Germain ou Sporting Clube de Portugal. Pero é que non so derrotou a estos equipos a nivel de marcador senón que futbolísticamente deron leccións de como se xoga o fútbol algo máis que meritorio se pensamos que estes xogadores comezaron este ano outra filosofía futbolística, Bielsa e Caparrós difiren bastante un do outro en ideas sobre o céspede. Todas as formas son válidas para gañar, Marcelo básese no xogo de toque e combinativo, Joaquín na practicidade e xogo máis directo pero se me dan a elexir quédome coas ideas do "Loco". Penso que vai ser un encontro bonito de ver para o espectador pois o Atlético é unha gran escadra e posee xogadores desequilibrantes que poden decidir un partido: Falcao, Adrián, Arda ou Diego son capaces de resolver un partido de esta índole máis estou ansioso por ver a Iraola levantar esa Copa e máis aínda ver a gabarra celebrando o título na Ría de Bilbao. A última vez que houbo celebración grande no "Botxo" eu era moi pequeno e apenas teño uns poucos recordos do festexo. Os meus ollos piden refrescar estas imaxes e ver a Llorente e Cía ofrecendo o seu título os milleiros de afecioados do Athletic Club que están espallados polo mundo adiante. GORA ATHLETIC!!!

martes, 8 de maio de 2012

Venres hai festa na zona dos viños de Melide

A Boa Viña A Boa Vida local hostaleiro ubicado na zona dos viños en Melide celebra o vindeiro venres 11 de maio o seu primeiro ano de existencia. O local que está baixo a xerencia de Alberto Buján (dono tamén do Pub Q+? na zona dos pubs melidenses) será unha auténtica festa a partires das 21.00 horas onde nos ofrecerá unha nova imaxe. Ademáis como podemos ver no cartel non faltará detalle (degustación de viños de diferentes Denominacións de Orixe, Cerveza de Bodega Estrella Galicia, Barman Acróbatico que convidará a un Gin Tonic,  ademáis de agasallos e sorpresas).

Xa sabedes, non vos podedes perder este festón na zona dos viños de Melide o vindeiro venres 11 de maio (para máis sinais, o día do meu cumpreanos...,  jujuju).

luns, 7 de maio de 2012

A Porra: xornada 29

O partido que desperta o máximo interese na xornada 29 da porra será o Villarreal - Atlético, o submarino marelo buscando non afundirse no pozo da Segunda e os colchoneiros apurando as posibilidades remotas de poder entrar en postos de Champions League nunha xornada que se prevee trepidante e a coas pulsacións a mil por minuto.

PARTIDOS


Villarreal - Atlético * PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid - Mallorca
Betis - Barcelona
Numancia - Deportivo
Málaga - Sporting

A Porra: Alberto recupera o liderato

Alberto volve de novo a ocupar a praza de honor da Porra de latosobrado.blogspot.com nesta tempada 2011/2012. O líder sumou 3 valiosos puntos logo de acertar o Barça 4 - Espanyol 0 e que Iago, que ata onte era o líder non lograse puntuar nesta semana.
Avanzou tamén varias posicións Esteban que acertou o partido da xornada ademáis do Granada - R. Madrid polo que suma 5 valiosos puntos que o fai empatar na clasificación con José Antonio a 38 puntos a 7 do líder.
Ademáis sumaron Pitus (Atlético - Málaga), Villa (Granada - R. Madrid), Pazitos (Atlético - Málaga), Nuria (Atlético - Málaga) e quen vos escribe (Barcelona - Espanyol).

Recordade que o porra rematara cando acabe a Liga na Segunda División na primeira semana de xuño polo que aínda hai posibilidades para todos os participantes.

RESULTADOS

Deportivo 1 - Valladolid 1 * PARTIDO DA XORNADA
Granada 1 - R. Madrid 2
Barcelona 4 - Espanyol 0
Atlético 2 - Málaga 1
Valencia 1 - Villarreal 0

CLASIFICACIÓN

1. Alberto 45
2. Iago 44
3. Emilio 40
4. José Antonio / Esteban 38
5. Petete 37
6. Chino 36
7. Lato 31
8. Finito 30
9. Pirulo 29
10. Pitus 28
11. Villa 27
12. Ferreiro9 19
13. Pazitos 18
14. Nuria 17

venres, 4 de maio de 2012

De rachí

Logo de unha magnífica noite de xoves de festa pola Capital de Galicia con 3 cracks hoxe o corpo pide máis, e quere festa de novo. Haberá que cumplirlle o gusto. Deixovos "Show me love" para amenizar o finde, un tema que xamáis deixará de gustarme por moito que pasen os anos por el. Sedes mal@s que a ser vos chega o tempo, jejeje. Bicos e abrazos.

xoves, 3 de maio de 2012

Da cantidade de videos que circulan pola rede en homenaxe ó Depor, as súas aventuras (as máis) e as súas desventuras (as menos) quédome con éste que vin onte por primeira vez. Ponme os pelos coma escarpias, entre a literatura, a música e o que amosan as imaxes fanme aflorar o sentimento branco e azul queira ou non. Merece a pena velo un par de veces, acabarédesvos emocionando. FORZA DEPOR VOLTAREMOS!!!

mércores, 2 de maio de 2012

Musicota

Logo de uns días de repouso retomamos a actividade con este tema movidiño de DJ. Antoine feat. The Beat Shakers que ten por título "Ma Cherie". A ver se cambia o tempo de unha vez que esto comeza a asquear bastante, agardemos que invoquemos os espíritus do bo tempo con este tipo de música. Saudiños.