xoves, 28 de xuño de 2012

Festaaaaaa

Como mañá e festivo local en Sobrado con motivo do San Pedro esta será a última entrada desta semana e por conseguinte de este mes de xuño. Deixo por eiquí o "Tacatá", un tema que identifico con festa, moita festa..., a que nos imos pegar desde hoxe ata o domingo (máis ben luns cediño). Pasade boa finde e xa sabedes... SEDE MAL@S!

mércores, 27 de xuño de 2012

San Peter 2012, faltan 2 días

Desexo incidir nas Festas do San Pedro de Sobrado pois teño amigos dentro da Comisión organizadora e sei que estés días están a traballar a reo para levar as festas do patrón de Sobrado a bo porto. Deixovos o igual que nun post anterior o cartel de actividades para os 3 días. Unha boa maneira de ir abrindo boca para as festas da Virxe dos Dolores (AS MELLORES DO MUNDO SEN LUGAR A DÚBIDA) que teremos en setembro.
VENRES 29 DE XUÑO Sesión vermú a cargo da Orquestra Bohemia Foliada Nocturna coas Orquestras BOHEMIA e RITMO JOVEN SÁBADO 30 DE XUÑO Actuación da Banda de Música de Negreira Sesión Vermú a cargo da Orquestra Fantasía Foliada Nocturna coas Orquestras FANTASÍA e RÍA DE VIGO DOMINGO 1 DE XULLO Sesión Vermú a cargo da Orquestra Anagrama Foliada Nocturna coa Orquestra ANAGRAMA

martes, 26 de xuño de 2012

Queres ser a nova "Chica Martini"?

Martini acaba de lanzar unha nova campaña publicitaria na que busca nova "Chica" para os seus spots. A gañadora levarase a nada desdeñable cifra de 150.000 EURAZOS ademáis de 12 pares de zapatos da firma Louboutin.
Se queredes presentarvos e participar tan so tedes que seguir en Twitter a seguinte dirección: @martinispain ou ben entrar na paxina de Facebook.
Deixovos o enlace da publicidade, ogallá este post sirva  para que algunha das mulleres que o lea lle sirva para presentarse e gañar o concurso. http://www.adm-landing.com/landing/es/martini/index.html



Saudos

P.D: co calor que vai esta tarde parece que da gañas de votarlle a man a unha destas copas da foto...

luns, 25 de xuño de 2012

Grande CD Lugo

A tempada 2011/2012 pasará a historia coma unha das máis profíficas en ascensos para o fútbol galego. Se unhas semanas atrás eran Deportivo e Celta quen conseguían volver a Liga BBVA, onte o CD Lugo, logo de uns agónicos penaltis en Cádiz e logo de 3 eliminatorias contra Eibar, Atl. Baleares e o equipo da Taciña de Prata foi quen de volver a Liga de Fútbol Profesional. Facía 20 anos que o equipo que adestra Quique Setién non xogaba na 2ª División Española e por fin o o volveu a acadar. Ademáis onte tamén ascendeu a SD Ponferradina a mesma división así que debido a cercanía que separa ambas cidades prevese que no dobre enfrontamento da vindeira tempada a hinchada branca e vermella ateigará a capital do Bierzo e a visita dos de Ponferrada tinguirá de azul e branco Lugo. Nin que decir ten a importancia que supón para a cidade e por rebote para Galicia a nivel económico o ascenso tanto de Deportivo, coma Celta ou Lugo. Volvendo a deterse no caso do CD Lugo se analizamos ademáis de que xogará fronte a Ponferradina outros equipos que visitarán o "Anfield Carro" serán o Sporting de Xixón (de todos é sabido a gran concentración de seguidores que aglutina nos seus desprazamentos) pódense preparar os locais de hostalería o os hoteis da cidade amurallada xa que ese fin de semana será unha auténtica festa. Pero non so virá o Sporting senón que tamén virá o Racing de Santander, outro equipo que está a unha distancia prudente e que tamén terá centos de seguidores que visitarán Lugo. Penso que o de onte foi unha magnífica noticia para Galicia a todos os niveis. Ademáis recordemos que o CD Ourense tamén acadou o ascenso esta mesma tempada a 2ª B e que un histórico coma a SD Compostela retornou á categoría nacional logo do seu ascenso á Terceira División. Ogallá a vindeira tempada non sexa peor e o fútbol galego siga celebrando éxitos.

PARABÉNS Ó CD LUGO

venres, 22 de xuño de 2012

CONECTA MELIDE



Tod@s aquelas persoas que estedes interesados no mundo do motor e nalgún tipo relacionado co sector mañá non podedes faltar en Melide. A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza o "Conecta Melide". Como veredes máis abaixo o programa de actividades é amplio. Se desexades participar no evento tan so tedes que cumprir o seguinte requisito: ir a web http://xuventude.xunta.e entrar no apartado "Conecta", alí buscades o evento de Melide do 23 de xuño e inscribidesvos. Para participar nos eventos e ter a comida gratis é obrigatorio inscribirse. O horario de recollida de acreditacións será no IES Melide de 9 a 10 da mañá.

ESTE É O PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
 PROGRAMA CONECTA MELIDE EMPRENDEMENTO SOCIAL NO MUNDO DO DEPORTE QUENTANDO MOTORES: O TEU KILÓMETRO 0 CARA O EMPRENDEMENTO.

Lugar e data de realización: IES Melide, sábado 23 de xuño de 2012. Presenta: Juán Carlos Varela, presentador do Programa Galicia Ras. 9.00- 10:00 Acreditacións BLOQUE 1: INICIATIVA E ÉXITO. 10:00 Javier Anido, do comité de organización do Rally de Históricos de Galicia e José Fernando Mouriño, presidente da escudaría Rías Baixas, falarán sobre diversas iniciativas empresariales exitosas. BLOQUE 2: EMPRENDER E INVENTAR. 10:15 Outeda Racing, prestixioso fabricante de barquetas de competición, centrará a súa ponencia na necesidade continua de innovar, de desenvolver novos e mellores produtos nun entorno cada vez máis competitivo. BLOQUE 3: EXPERIENCIAS EMPRENDEDORAS 10:30 Jesús Ferreiro e Javier García 10:45 Pedro Burgo e Alberto Otero 11:00 Sergio Vallejo Disertarán sobre emprendedurismo e éxito deportivo. 11:15 Fátima Ameneiro 11:30 Inauguración do acto, D. Ovidio Rodeiro Tato, Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Dna. Ánxeles Vázquez , Alcaldesa do Concello de Melide. 12:00 Pausa-café 12:30 As políticas de xuventude na actualidade. Dalia Couso, Concelleira de Xuventude do Concello de Melide.12:45 Aínda non tes carnet? Axudámosche BLOQUE 4: OS VALORES DO DEPORTE Á HORA DE EMPRENDER: SACRIFICIO E ÉXITO NO EMPRENDEMENTO 13:00 Dani Rivas e José Luis Abadín 13:15 Antonio Vázquez BLOQUE 5: EMPRÉGATE NO MOTOR 13:30 Delfino Ramos, Charlie Guerreiro, Leboreiro, José Manuel González, Fraga, Mario e Jony. 14:15- 16:00 Xantar 16:30 Simulacro dos Bombeiros de Arzúa e Protección Civil de Melide no caso dun accidente de circulación. 17:30 Exhibición – Tramo Espectáculo a cargo do piloto de Fórmula 2 José Luís Abadín e varios pilotos locais. 18:30 Clausura da actividade. Outras actividades: Simulador de Conducción Exposición de coches e barquetas de competición Zona de xogos con PS3 Exposición de coches de competición en miniatura

mércores, 20 de xuño de 2012

"Tal para Cual" Luz Casal

Levo uns días con este tema na cabeza logo de moito tempo sen escoitala. Así que aquí vola deixo para que disfrutedes coa letra e a voz de Luz Casal. Veciña de Andabao (Boimorto), xusto no mesmo lugar que naceu meu avó paterno. Bicos e abrazos

martes, 19 de xuño de 2012

Endomondo

Xa hai algún tempo que quería adicarlle un post a un programa tecnolóxico que para min xa se convertiu en indispensable..., estou a falar de Endomondo.
Para os que non o saibades, Endomondo é unha aplicación para móviles (ademáis de ter web) que grazas a un GPS que localiza en todo momento onde estamos nos permite os que facemos algún tipo de deporte relacionado con desplazamento, calcular a distancia recorrida, o tempo invertido, as calorias e a velocidade media entre outras cousas. Ademáis ten un programa de voz que cada kilómetro recorrido nos vai indicando datos sobre a etapa. Ten ademáis a función de poder subir o traxecto a Facebook ou Twitter e poder ver alí un mapa polos lugares onde nos movemos, e todo tipo de datos estadísticos. Sen lugar a dúbidas é unha aplicación moi completa e o mellor de todo é que a súa descarga é totalmente gratuita. No meu caso en particular que practico running sírveme de moita axuda para marcar e calcular mellor os ritmos de carreira, regular e tamén mellorar día a día.

Se facedes deporte de desplazamento e queredes ver os  vosos progresos recoméndovos esta aplicación. Acabaredesvos enganchando a ela e o deporte.

Saudos

venres, 15 de xuño de 2012

Xaneiro en Xuño

Visto o día chuvioso que temos hoxe calqueira diría que estamos a 15 de xuño. Choiva continua, frío..., máis parece o mes de xaneiro que outra cousa, pero temos que apechugar co que hai. Galicia ten moitas (moitísimas cousas boas) pero no que respecta a climatoloxía (falo do calor) é so a rachas e cando chega faino todo xunto. Veremos cando ocorre iso... Hoxe un venres máis a música ocupa un espazo primordial no blog e relacionado coa choiva deixo por eiquí o "Rain Over Me" de Pitbull & Marc Anthony. Que teñades boa fin de semana Sede mal@s

mércores, 13 de xuño de 2012

O valor dos bombeiros

Ben é certo que a laboura que fan os bombeiros non sempre é recoñecida a pesares de poñer moitas veces en risco a súa propia vida. Hoxe levantámonos con esta incrible nova ocurrida en Granada. Non ten desperdicio ningún...

 Los Bomberos le salvan el pene que había metido en un cilindro de acero

Ha ocurrido en Granada, donde los Bomberos han sido llamados por los médicos de Urgencias del Hospital General Virgen de las Nieves para que interviniesen en una operación de urgencia necesaria liberar el pene que un hombre había introducido, voluntariamente, en un cilindro de acero de dos centímetros de diámetro. Los doctores, que no disponían del instrumental adecuado para cortar el tubo, pidieron a los bomberos que trajesen las herramientas necesarias para evitar amputarle el miembro a este paciente, de 52 años, “preparamos el material que podía servir, las herramientas más pequeñas que teníamos, y nos fuimos para Urgencias. Allí nos encontramos con que la situación era peor de lo que nos imaginamos, por el aspecto que presentaba el pene, puesto que habían pasado varias horas desde el incidente”, ha declarado el sargento encargado del servicio de incendios de la capital andaluza. Al percatarse de que ninguna de las herramientas servían para cortar el objeto metálico sin dañar el órgano sexual, el sargento se acordó de que tenía en casa un pequeño taladro de bricolaje y fue a por él mientras el paciente seguía en quirófano. Una idea que este buen señor deberá agradecerle al sargento toda la vida, puesto que con el taladro los médicos consiguieron, tras dos horas de intervención, abrir el cilindro haciendo cortes milimétricos, muy lentamente, para evitar seccionar o quemar el pene que, finalmente, quedó liberado y, al parecer, perfectamente servible.

venres, 8 de xuño de 2012

Turno do pop

Un venres máis a música é a protagonista no post do día. Desta volta ímonos quedar con dous referentes do pop español. Por un lado Los Secretos, mítica banda da "Movida Madrileña" dos 80 acompañados por David Summers, o cantante de Hombres G no concerto que a banda que fixo grande o finado Enrique Urquijo celebrou na Praza do Touros de Las Ventas de Madrid no ano 2008. Considéronme gran fan de Los Secretos e "Ojos de Perdida" sen lugar a dúbidas que é unha das miñas favoritas. Que teñades un grandioso fin de semana. Xa sabedes: SEDE MAL@S!!! Bicos e apertas

xoves, 7 de xuño de 2012

Manolo Preciado, un grande entre os grandes

O día amaneceu coa fatal e sorpresiva nova da repentina morte do adestrador de fútbol Manolo Preciado que curiosamente mañá iba ser presentado como novo manager do Villarreal CF.
Manolo déixanos con tan só 54 anos e deixa orfo a todo o país de un personaxe peculiar, moi querido, natural, que sempre foi de fronte e o que a vida como él dícía "golpeuno varias veces".
Como seguramente a maioría de vos sabedes con 42 enviudou logo de que a súa muller non superase un cancro de pel, dous anos despois o seu fillo Raul falecía con tan so 15 anos nun fatal accidente de moto. O ano pasado Preciado sufriu outro revés como foi a morte do seu pai logo de ser atropelado polo coche que empurraba.
A pesares de todo, Manolo sempre foi un tío positivo que nos deixou frases que forman xa parte do fútbol e da vida cotidiana, un tío humilde, traballador, honrado e que se xa antes a xente o valoraba agora que xa non está entre nós valorarase moito máis. Hai 3 meses Canal + emitiu unha magnífica entrevista que Mónica Marchante lle fixo ó adestrado en Gijón, se tedes a oportunidade de poder vela non vola perdades, merece moito a pena e resume ben as claras o tipo de persoa que era Manolo, un tío auténtico (como se definía él).

Deixovos un enlace de El País de hoxe que me encantou para que os que o desexedes o poidades ler. Quédame pena non poder velo como adestrador do Depor (sonou no seu momento), quizais o corazón de Preciado sufriu demasiados golpes e esta madrugada xa non puido resistir máis... DEP

http://deportes.elpais.com/deportes/2012/06/07/actualidad/1339068459_989922.html

martes, 5 de xuño de 2012

Festas de San Pedro 2012 SOBRADO DOS MONXES

A Comisión de Festas SOBRADO 2012 acaba de facer oficial o cartel de festexos na honra o patrón do pobo de Sobrado, San Pedro. Estas festas serán o aperitivo das Festas na Honra a Virxe dos Dolores, as festas grandes de Sobrado que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de setembro.

Este é o cartel completo de actuacións das Festas de San Pedro que se celebrarán os días 29 e 30 de xuño así coma o 1 de xullo

VENRES 29 DE XUÑO

Sesión vermú a cargo da Orquestra Bohemia
Foliada Nocturna coas Orquestras BOHEMIA e RITMO JOVEN

SÁBADO 30 DE XUÑO

Actuación da Banda de Música de Negreira
Sesión Vermú a cargo da Orquestra Fantasía
Foliada Nocturna coas Orquestras FANTASÍA e RÍA DE VIGO

DOMINGO 1 DE XULLO

Sesión Vermú a cargo da Orquestra Anagrama
Foliada Nocturna coa Orquestra ANAGRAMA

*DESDE AQUÍ APROVEITO PARA DESEXARLLE TODA A SORTE DO MUNDO Á COMISIÓN ORGANIZADORA ASÍ COMO DARLLES ÁNIMOS PARA QUE SIGAN TRABALLANDO PARA LEVAR O BARCO A BO PORTO.

luns, 4 de xuño de 2012

Alberto flamante Campión da 3ª Edición da Porra

Alberto toma o relevo de Esteban coma campión da 3ª edición da porra de http://latosobrado.blogspot.com/
O campión estivo a proba ata o final e tivo que acertar o Numancia - Alcorcón para proclamarse gañador. Con este novo acerto sumou un total de 56 puntos.
Segundo na táboa quedou José Antonio que nunha segunda volta de liga sinxelamente espectacular escalou postos ata chegar ós 53 puntos. José Antonio acertou o partido da xornada así como tamén o Numancia Alcorcón polo que sumou 5 puntos.
A terceira posición foi parar as mans de Iago, que foi líder durante un bo número de xornadas. Contabilizou un total de 52 puntos logo de atinar o Numancia - Alcorcón e o Huesca - Hércules.
Cuarto clasificado queda Petete logo de acertar o máis que probable Celta 0 - Córdoba 0 con un total de 46 puntos.
A quinta posición é para o gañador do ano pasado, Esteban que non sumou nesta xornada e que polo tanto quédase con 44 puntos.
Emilio será o sexto clasificado logo de sumar 3 puntos no partido Numancia - Alcorcón, o sobradés afincado en Cataluña adquiriu un total de 43 puntos.
Séptimo clasificado será Chino con 36 puntos, bos números para ser a primeira edición na que participa.
Quen vos escribe, ou sexa, Lato ocuparei o oitavo lugar con 34 puntos logo de sumar no partido Huesca - Hércules.
Pitus será noveno logo de sumar 5 novos puntos no Celta - Córdoba e no Villarreal B - Deportivo. O vasco-sobradense sumou 33 puntos.
Finito gañador da primeira edición da porra será finalmente décimo con 30 puntos.
Na posición número 11 atópase Pirulo con 29 puntos.
Posición número 12 para meu primo Villa con 27 puntos.
Ferreiro9 ocupará a posición número 13 con 25 puntos.
A posición número 14 será para a única muller que participo ata o de agora na porra (agardo que para a vindeira tempada vos vaiades animando máis), trátase de Nuria  que sumou un total de 22 puntos.
E finalmente na posición 15 aparece Pazitos con 21 puntos.


CLASIFICACIÓN FINAL


Campión: ALBERTO 56
2º JOSÉ ANTONIO 53
3º IAGO 52
4º PETETE 46
5º ESTEBAN 44
6º EMILIO 43
7º CHINO 36
8º LATO 34
9º PITUS 33
10º FINITO 30
11º PIRULO 29
12º VILLA 27
13º FERREIRO9 25
14º NURIA 22
15º PAZITOS 21

NORABOA A ALBERTO POLO TÍTULO CONSEGUIDO (HABERÁ OBSEQUIO..., TEMBLA!!! E NON É UNHA MUÑECA HINCHABLE... JEJEJE) E UNHA VEZ MÁIS DARVOS AS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR. A PORRA VOLVE NUNS MESES CO INICIO DA NOVA TEMPADA.

Saudos

venres, 1 de xuño de 2012

Un dos temas do verán

Un venres máis a música adquire gran protagonismo neste blog. Desta volta tócalle a quenda a unhas das que seguro que serán cancións do verán. De un tempo a esta parte o "electro-latino" está pegando moi forte e adquirindo gran protagonismo. Un dos abandeirados neste estilo musical é Dj. Buxxi o colombiano colabora con Tinto neste "Como ella ninguna" que seguro xa escoitastes máis de unha vez, e se aínda non é o caso seguro que non tardaredes en facelo. Que teñades unha boa fin de semana e como vos digo sempre: SEDE MAL@S!!! Bicos!