mércores, 22 de agosto de 2012

Festas dos Dolores 2012

Xa temos oficialmente o cartel das Festas dos Dolores 2012 de Sobrado dos Monxes. Como vedes hai moitas e agradables sorpresas. A comisión organizadora quíxolle dar unha volta de rosca o habitual de "todo orquestras" e non rendirse os encantos repetidos e tripitidos de Panorama, París, Olympus, Panorama, París, Olympus..., visto en tantos e tantos carteis das festas galegas.
Sen lugar a dúbida a actuación estrela das festas terá lugar o domingo 16 co concerto de LA GUARDIA. Sábado tamén será un día importante para rememorar tempos pasados con LA DÉCADA PRODIGIOSA. Ademáis este día a festa prolongarase ata entrado o día como é tradición en Sobrado desde tempos dos nosos avos.
O venres reseñar que nos visitarán dous orquestróns, igual moit@s de vos non os coñecedes porque non son formacións galegas, eu teño o privilexio de coñecer a Hollywood de Santander e poño a man no lume a que vai deixar coa boca aberta ó persoal, un auténtico espectáculo. De Estrella del Norte teño moi boas referencias e polo visto vai na liña de Hollywood, así que a noite será espectacular.
Sinalar as dúas formacións que darán "caña", para pechar o sábado e domingo, algo que a xente de Sobrado lle encanta. O sábado será Kosmos, quen faga saltar e berrar e o domingo será Canadá. Recordade ben este cartel e estas formacións, de momento son novidades en Galicia en vindeiros veráns verédelas anunciadas en moitas festas da zona, ó tempo...

NORABOA A COMISIÓN DE FESTAS, FESTAZAS!!!

xoves, 16 de agosto de 2012

Non metamos patadas ó diccionario

As redes sociais contribuiron de xeito moi importante nos últimos anos a que cada vez poidamos chegar a máis información da que hai tempo tiñamos acceso e a "interactuar" con outras persoas a quilómetros de distancia. Non dubido en ningún momento en que estes avances foron moi positivos para a humanidade e para as relacións persoais. Pola contra, e sempre desde o meu punto de vista, un dos puntos máis débiles das redes sociais é que moitos dos usuarios non se preocupan o máis mínimo polas faltas de ortografía e a escritura en moitas ocasións é máis que deficiente. Opino que debemos cuidar o que aprendemos na escola e non olvidalo, senón en pouco tempo non saberemos diferenciar un verbo de un tellado. Non falo de broma, as veces vexo palabras escritas que dan verdadeira dor de ollos. Se entre todos contribuimos a correxir eses erros seguro que a lectura será moito máis agradable.

luns, 6 de agosto de 2012

O Atlético Sobrado está de cumpleanos

Pasaron xa 15 anos desde que un grupo de rapaces de Sobrado tiveramos a ilusión de montar un equipo de fútbol sala federado. A hazaña era difícil pois tan só 3 de nos apenas acadabamos a maioría de idade, coa axuda de Gerardo de Cafetería Plaza conseguimos que ese soño se fixese realidade. Pasadas 3 tempadas e coa disolución do Sobrado F.S. que tamén estaba federado en liga provincial nese momento fusionamos ambos planteis e foi cando naceu o Club Atlético Sobrado Xuventude. Na tempada 2003/2004 decidimos medrar a facer así tamén sección de fútbol afecioado, na tempada 2005/2006 incluimos un equipo feminino de fútbol sala tamén en liga provincial e desde o ano 2010 tamén temos a Fernando García como piloto federado na modalidade de Enduro pertencente ó noso clube. Ademáis dispoñemos de Escolas Deportivas de fútbol sala que dirixe desde os seus inicios José Antonio Vázquez "Hassan".
Foron moitas e bonitas historias nestes 15 anos, coñecendo a moita xente e facendo moitos amigos polos lugares por onde pasamos. Agora queremos celebrar este cumpleanos con tod@s vos e por iso vos convidamos a festa que imos facer este VENRES 10 de AGOSTO na PRAZA DE SOBRADO a partires das 22H, con unha GRAN CHURRASCADA e a ACTUACIÓN DO DÚO LA HORA BRUJA que seguro que fará as delicias de todos os asistentes.
VIDE A FESTA, MERECERÁ A PENA!!!


FELICIDADES A GRAN FAMILIA MARELA DO ATL. SOBRADO

venres, 3 de agosto de 2012

O verán debería durar sempre

Gústame moito o verán e todo o que o rodea: calor, praia, a xente está de moito mellor humor, máis movemento, festas, música a todas horas..., son dos que opina que o verán xamáis debería acabar, debería durar todo o ano. Estou seguro que sendo así moita xente gozaría de mellor saude. Un dos puntos "guapos" para o meu gusto do verán é que sempre nos trae temas dance fresquiños e "este" é un deles. Non merece nin presentación..., disfrutade da fin de semana e xa sabedes: SEDE MAL@S!!!

xoves, 2 de agosto de 2012

Trío LOS REPUBLICANOS (Aberta Contratación)

Onte presentouse en sociedade o Trío LOS REPUBLICANOS en Sobrado dos Monxes. Este trío que promete dar moito que falar fórmano os artistas: Kevinhazo, O Negro e Señor Freeman. Anuncian que amenizarán Bautizos, Comunións, Bodas, Despedidas de SOLTEIRA, Confirmacións e calqueira tipo de evento erótico-festivo. Tamén informan que se deben abster Cabos de Ano e outros malos rollos. Para solicitar contratación poñerse en contacto no correo electrónico de este blog. Sorte para os artistas.