venres, 28 de setembro de 2012

O último finde de setembro promete

Fin de semana difícil que catalogalo con unha soa palabra. Mañá hai unha cea de cuarenta e moit@s personaxes no Restaurante O Real aquí en Sobrado co agallo de disfrutar do bote da Cafetería Ramiro que a tempada pasada non tocou. Dos convidados a cea decir que está o mellorciño de casa..., polo tanto esa cea ten máis perigo que McGyver nunha ferretería... Máis tarde preséntasenos a opción de ir a disfrutar das festas de Présaras na Honra de San Miguel onde como xa falamos onte GRAN PARADA e TRIUNFO amenizarán unha noite colosal. Reseñar que antes da cea temos un bonito Atl. Sobrado - Vizoño B no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas. Domingo tamén se presenta apetecible: sesión vermouth con Panamá en Présaras, xa pola tardiña, concretamente as 19.50 horas PARTIDAZO: R. Madrid - DEPORTIVO e como colofón a fin de semana, pola noite festa de novo en Présaras con Panamá. Deixovos o ultimo hit de Juan Magán acompañado por Belinda. Que disfrutedes o máximo posible.

xoves, 27 de setembro de 2012

Festas de San Miguel 2012 en Présaras

Esta fin de semana está de festa a miña segunda terra, é dicir, o lugar onde naceu meu pai e que tanto adora: Présaras, no veciño Concello de Vilasantar. As festas de Présaras sempre tiveron gran repercursión na comarca e incluso en gran parte de Galicia, sobretodo o San Pedro que non hai moitos anos eran sen lugar a dúbidas un dos mellores carteis de orquestras de toda a Comunidade Autónoma.
San Miguel é a festa menos grande de Présaras pero non por elo menos divertida. Para este ano a comisión organizadora presenta un gran cartel que fará disfrutar a destallo: o sábado 29 estará enriba do esceario o grupo TRIUNFO e a orquestra GRAN PARADA, para o domingo 30 será a orquestra PANAMÁ quen fará bailar e disfrutar ó animoso público que sempre se congrega na cercana no campo da festa da localidade.

Sin máis anímovos a que veñades a disfrutar de unha das últimas foliadas da tempada antes de que o señor inverno faga presencia.

BOAS FESTAS!!!

Gil "Big Muzzy"

Logo de que hai uns meses colgara un post do presidente do Banco Santander Emilio Botín falando en inglés hoxe veume á cabeza un episodio parecido. Póñovos en antecendentes: na época onde Jesús Gil presidía o Atlético de Madrid pasou polo plantel do primeiro equipo un dianteiro internacional colombiano chamado Adolfo Valencia e alcumado "o tren". O rendemento de Valencia no Atlético estivo moi por abaixo do agardado cando foi fichado. O colombiano foi collendo fama de vivir máis de noite que de día e foi acusado de sobrepeso. Nun dos moitos ataques de cólera que lle daban o dono de "Imperioso" chegou a proferir esto: “Al negro le corto el cuello. Me cago en la puta madre que parió al negro. Ya estoy harto de aguantar. Cuando no veo actitud me cargo a mi padre”. Nunha posterior rolda de prensa un periodista preguntoulle en idioma inglés pola polémica declaración e o ex-alcalde de Marbella contestou no mesmo idioma da lingua de Shakespeare. O resultado foi este...

mércores, 26 de setembro de 2012

Imaxes que valen máis que mil palabras

Decían en Land Rober, e con razón, que a cabeza non para..., e así é! como vedes, esta foi unha mensaxe que lle adicaron a Diego Tristán no programa deportivo nocturno de Intereconomía TV, Punto Pelota. Nel faise referencia a un coñecido local de hostelería nocturno preto da N-VI a altura de Guísamo onde habitan mulleres de moral distraida.
Desde que chegou á Coruña, Diego Tristán sempre estivo acompañado de ter fama de "juerguista" e polo que se ve o individuo que mandou a sms en cuestión non perdeu comba para lanzar esta (para min) simpática frase.

Vitamina Q+

Mañá comeza a tempada 2012/2013 para o Pub Q+? F.S. na Liga de Salesianos de A Coruña. O inicio non vai ser doado, diante teremos enfrente a un dos máximos favoritos para ascender a División de Honra (na cal nos estivemos o ano pasado pero por desgraza non puidemos salvar a estancia na máxima categoría do fútbol sala coruñés), trátase de Mirador San Pedro F.S. onde un dos seus baluartes é Iker Sertucha, ex-xogador do Egasa Coruña F.S. A cita será as 22.45 horas no novo pavillón de Os Rosales.
Curiosamente navegando pola rede encontreime con "esto" que vedes na imaxe: a vitamina Q+, parece ser que serve para o desarrollo físico e sexual e o seu prezo ten tela: 385$.
Quen sabe se próximamente vemos a Alberto vendendo estos botes no seu pub-local de referencia en Melide.

FORZA Q+?

martes, 25 de setembro de 2012

Aparecen os causantes da "falcatruada" de Vallecas

Domingo unha vez máis fomos testigos de que vivimos nun país de auténtica pandereta. O que non suceda en España non ocorre en ningún outro lugar. Logo de aventuras fantásticas como o roubo do Códice Calixtino a cargo de un electricista, a trama Gürtel onde estan corruptos ata os traxes que visten certos personaxes, a "Princesa del Pueblo" aka Belén Esteban crendose a reina do mambo ou o tema dos ERE en Andalucía tocoulle o turno ó fútbol: o deporte rei, ese onde as palabras de un tal  JoséMourinho ou un tal Sandro Rosell poden ter máis relevancia que calqueira persona que aporte algo positivo a este país a deriva.
O caso foi que no Estadio de Vallecas íase disputar o derbi madrileño correspondente á 5ª xornada Liga BBVA entre o Raio Vallecano e o R. Madrid as 19.50 horas pero de golpe e porrazo surxe a noticia que roubaron parte da instalación electrica do Estadio Vallecano e o partido tivo que ser finalmente suspendido. Coma se de unha película do sagaz axente Manuel Torrente se tratase as forzas da orde do Estado puxéronse en busca e captura para dar conta dos causantes de semellante barbarie. Finalmente parece que a cousa chegou a bo porto e foron detidos dous individuos de nacionalidade portuguesa que atenden os nomes de Cris e Kepler. Ningún dos dous detidos chega a trintena de anos e negáronse a facer declaracións, o único que se sabe é que un deles non se cansaba de decir á Policia que estaba moi "trixxxxxte".

Seguiremos informando

luns, 24 de setembro de 2012

A PORRA: IV Edición

Moi boas tardes a tod@s. Día I despois do mes de vacacións e que mellor xeito de volver a rutina que dar a noticia que algúns agardabades: comeza a IV Edición da Porra de este o voso blog.
Como cada ano introducimos algunhas novidades co agallo de ser o máis xustos posible no reparto de puntos, espero que vos guste a nova modalidade de puntuación.

REGRAS:

1.Todas as fins de semana ata o remate da Liga na Segunda División da Liga Española poñeranse en xogo 5 partidos.
2. O sistema de puntuación da porra será o seguinte: 1 acerto 3 puntos, 2 acertos 6 puntos, 3 acertos 12 puntos, 4 acertos 18 puntos e pleno de acertos 30 puntos.
3. Designarase UN PARTIDO DA XORNADA, quen o acerte sumará 8 PUNTOS.
4. Os que ademáis do partido da xornada acerten outros partidos sumaran o total de puntos, é dicir, acertando 1 partido sumaranse 8+3, 2 partidos 8+6 e 3 partidos 8+12.
5. Non serán validos todos aqueles pronósticos que foran inseridos logo de comezar o primeiro dos 5 partidos en xogo.
6. O gañador final da porra será @ participante que máis puntos acade ó final do campionato. En caso de empate a puntos gañará o que máis acertos tivera nunha sola xornada. No caso de persistir o empate gañaría aquel que máis veces acertara o partido da xornada.
7. Este xogo é TOTALMENTE GRATUITO e pode participar xente de todas as idades.
8. O gañador final obterá un regalo de recompensa.
9. O webmaster de este blog reservase o dereito a elexir o regalo que estime oportuno para @ gañador/a.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Logo de ler as regras COMEZAMOS COA PORRA:

XORNADA 1

R. MADRID - DEPORTIVO * Partido da Xornada
SEVILLA - BARCELONA
R. SOCIEDAD - ATHLETIC CLUB
ESPANYOL - ATL. MADRID
ATL. SOBRADO - VIZOÑO B

venres, 14 de setembro de 2012

O Atlético Sobrado inicia a Liga

Domingo comeza a tempada 2012/2013 para o Club Atlético Sobrado Xuventude que precisamente este ano celebra o 15 aniversario da súa fundación.
O rival a ter en conta será o S.E. Abellá S.D.C. "B" que amablemente accedeu a cambiar a orde dos partidos para así poder xogar na casa o día das festas grandes de Sobrado na honra a Virxe dos Dolores.
Toda a sorte do mundo para Hassan e o seu plantel que seguro que farán unha tempada máis que boa.

FORZA C.A.S.X.

xoves, 13 de setembro de 2012

E chegou o día

Moi boas a tod@s, benvid@s logo de este intenso parón onde comezaron (e seguen) as miñas vacacións e onde houbo polo medio de este tempo unha magnífica viaxe a Figueira da Foz en Portugal. Chegou o día, e refiróme a víspera dos Dolores 2012. Sin máis dilación déixovos coa canción oficial das festas como cada ano que non é outra que DOLORES SE LLAMABA LOLA. Vémonos en Sobrado, os que non veñades poñémosvos falta e xa sabedes que o sábado a festa, coma sempre acaba xa de día..., entrada a mañá do domingo. VAMOOOOOOOOOOOOOOOS!!!!