mércores, 31 de outubro de 2012

Charla de Sexo para xordos

As veces chéganme correos que me resulta imposible resistirme os encantos de colgalos neste, o voso blog. Este ven fresquiño pois recibino na tarde de hoxe, proven de un auténtico crack como é Rafael Murillo de Llerena (Badajoz) aínda que afincado en Córdoba. Trátase de un particular anuncio do canal Isat, non deixedes de ver a traductora de signos..., impresionante.

De novo un festivo

Apenas pasadas algo máis de dúas semanas do festivo do Pilar xa nos encontramos que mañá teremos outro: Todos os Santos. Aproveitando que é xoves seguro que moit@s de vos faredes Ponte e non volveredes "a carga" ata o luns. Desde aquí desexarvos que hoxe festexedes como se merece o "Samaín" e que non desperdiciedes estes días festivos que se achegan. Cita moi importante na que volvo a incidir será o Magosto que organiza a Comisión Sobrado 2013 o venres na Praza do Pobo a partires das 20.30 horas. NON PODEDES FALTAR. A nivel particular estes días pintan máis que ven: hoxe partido de fútbol sala do Pub Q+? na Coruña en prol de outra nova victoria que nos achegue os postos de ascenso, ó acabar o partido a quen somos igual incluso se nos ocurre ir tomar algo... Mañá visitaremos Riazor á noitiña para presenciar en directo o partido dos dezaseisavos da Copa do Rei entre o Depor e o Mallorca. Venres ademáis do adestramento do Atlético Sobrado, como xa dixen antes asistiremos ó Magosto para colaborar con esa Megacomisión e tomarlle algo para que vaian facendo cartiños. Sábado nin que decir ten que "la nuit es la nuit" e o domingo cita importantísima no Campo Municipal de Melide onde o Atlético Sobrado (4º clasificado) visita ó Cire Melide (2º clasificado) a partires das 16.15 horas. Entre ambos equipos so hai unha distancia de 3 puntos polo que o partido seguro que será apaixoante. Deixovos con Flo Rida e este "Whistle". SEDE MAL@S!!!

luns, 29 de outubro de 2012

A Porra: Xornada 6

O partido da xornada 6 da porra será o que disputen o Valencia CF e o colíder da Liga BBVA o Atlético de Madrid. Este será o partido onde o acerto valerá 8 puntos.

PARTIDOS:

VALENCIA - ATL. MADRID * Partido da Xornada
BARCELONA - CELTA
DEPORTIVO - MALLORCA
R. MADRID - ZARAGOZA
CIRE MELIDE - ATL. SOBRADO

A PORRA: Esteban novo líder

Cambio de líder na clasificación xeral de Porra. Esteban púxose en cabeza da mesma con 22 puntos logo de acertar o partido da xornada, o Celta 1 - Depor 1 e ademáis acertar o Atl. Sobrado 4 - Mesón do Bento 1 sumando así 11 novos puntos. Eses dous mesmos partidos acertounos Finito que o fai subir ata o segundo posto con 19 puntos.
Comentar que o ata a xornada pasada líder Josito non sumou desta volta polo que queda relegado a terceira praza con 16 puntos.
A cuarta praza ocupa en solitario Chany que esta xornada sumou 3 novos puntos logo de acertar o Atlético 3 - Osasuna 1.
Na quinta praza están Villallove e Maite empatados a 11 puntos, ningún dos dous puido puntuar nesta xornada.
Si puntou Petete que acertou o partido do Atlético Sobrado polo que empata a 6 puntos na xeral con Pitus, Ferreiro5 e Chino.
Estreáronse tamén nesta xornada José Antonio (Mallorca 0 - R. Madrid 5) e Villa con Atlético - Osasuna.

RESULTADOS

CELTA 1 - DEPORTIVO 1 * Partido da Xornada
MALLORCA 0 - R. MADRID 5
RAYO V. 0 - BARCELONA 5
ATLÉTICO 3 - OSASUNA 1
ATL. SOBRADO 4 - MESÓN DO BENTO CF 1

CLASIFICACIÓN

1. ESTEBAN 22
2. FINITO 19
3. JOSITO 16
4. CHANY 14
5. VILLALOVE / MAITE 11
6. PITUS / FERREIRO5/ CHINO / PETETE 6
7. SUSO / PIRULO / ALBERTO / JOSÉ ANTONIO / VILLA / LATO 3
8. EMILIO / PAZITOS / ISAK / MIGUEL COMBO 0




venres, 26 de outubro de 2012

O derbi non se xoga, o derbi gáñase!!!

Mañá o fútbol galego logo de 5 anos a súa festa na Primeira División. Foron varias as tempadas que o Celta de Vigo pasou no "inferno" e na tempada 2010/2011 o Deportivo descendeu facéndolle así compañía ós celestes. Na anterior tempada volvimos a vivir toda a paixón dos "derbis" aínda que fose en Segunda División. Agora, e logo do ascenso de ambos equipos a élite vólvense a enfrontar, desta volta será primeiro en Balaidos e despois en Riazor. De ahí que decida colgar este video, que é o enfrontamento maís recente entre Celta e Depor na casa dos primeiros, concretamente data do 15/04/2012. Confío unha vez máis na victoria do Depor, o meu pronóstico (que xa incluín na porra) é de 0-2, un gol marcao Riki, o outro non o sei pero ogallá que Nelson. Boa fin de semana FORZA DEPOR

xoves, 25 de outubro de 2012

Se non o poño vaime mal

Todos coñecedes o modo de funcionar da MTV (Music Television) con seus videoclips. Mentres que van pasando esceas do video musical unhas letras describen datos personais do artista, falan de obxetos que saen nas imaxes ou contan diversas anécdotas. Case por accidente encontreime este videoclip dos anos 80 (aparentemente normal). Trátase da famosa canción "Kumbo" de Georgie Dann ese francés afincado en España, de idade descoñecida (dicen que tomou unha pócima máxica e que é inmorta) tamén coñecido como "o rei das cancións do verán" na citada década. O caso é que comecei a ver o video e observo que van facendo unha serie de descripcións "estilo MTV" pero moi irónicas e particulares da situación. Por momentos caíanme as bagoas da risa. Facía tempo que non me ría tanto con semellante chorrada. Parabéns o creador do video. Un consello: olladeo ata o final, merece a pena.

O arte andaluz

Quérolle dar unha nota humorística a tarde de este xoves con un video que vin onte por primeira vez a pesar de que ten data de 2011. Trátase do programa "Menuda Noche" que conduce Juan y Medio na Televisión Autonómica Andaluza "Canal Sur". O protagonista desta historia é un "xove artista" que canta con Pablo Alborán a guitarra o seu tema "Solamente tú" aínda que con unha letra un pouco especial. Un crack o cativo!!!

mércores, 24 de outubro de 2012

Día "Alternativo"

Hoxe levanteime "Alternativo", estiven escoitando música de este estilo en varias fases do día así que decidín que no post de hoxe a protagonista debería ser a música e concretamente un dos grupos "bandeira" de este estilo musical: MUSE. Tiven a fortuna de poder ver en directo a banda inglesa que lidera Matt Bellamy no ano 2010, nos Concertos do Xacobeo no Monte do Gozo onde eran cabeza de cartel xunto con Pet Shop Boys. Quedei abraiado de seu directo, tanto en son (a pesares de que o Monte do Gozo non é o mellor lugar debido a que cando tira o vento o son escóndese non sei onde...) coma en espectáculo visual. Un concertazo de dúas horas no que os milleiros de persoas que alí nos xuntamos non parou de saltar e cantar de principio a fin e que fixo que o prezo da entrada fora un auténtico regalo. Deixo por aquí unha das súas cancións máis coñecidas: "Hysteria". Espero que a disfrutedes tanto coma min. Saudiños xente.

martes, 23 de outubro de 2012

A Comisión Sobrado 2013 comeza a súa andadura

 Xa temos a relación de valentes que serán @s encargad@s de que Sobrado baile no ano 2013. A Comisión organizadora das festas de San Pedro e Dolores votou a andar oficialmente este domingo co sorteo da primeira cesta que lle tocou a María Tato.
Como decía hai un intre, son 5 @s valentes que afrontarán un ano especial, duro, apaixoante e por suposto divertido. Comezarei polas señoritas: Sandra e Adelaida, e seguirei polos cabaleiros: Rubén, Alberto e Juan.
Como vedes na foto superior a comisión xa ten organizado un MAGOSTO na Praza do Pobo que terá lugar o vindeiro venres día 2 de novembro coincidindo coa Ponte de "Todos os santos".
Non quero deixar sen comentar que a Comísión dispón de lotería de Nadal, polo que se desexades mercar o número "máxico" so tedes que achegarvos os locais hostaleiros de Sobrado e mercalo.
Tamén citar que a organización dispón de Facebook, buscade por "Comisión Sobrado 2013" e encontrarédelos. Alí obteredes información máis detallada do transcurrir da Comisión e os eventos que vaian xurdindo.
Desde aquí dar todo o meu apoio a esta xentiña que estou seguro que o vai facer de auténtico luxo e poño a man no lume a que as festas en Sobrado no ano 2013 serán por todo o alto.

MOITA SORTE!!!

luns, 22 de outubro de 2012

A Porra: Xornada 5

O partido da xornada nesta 5ª semana de competición non podía ser outro que o derbi galego Celta - Deportivo #onosoderbi que se disputará en Balaidos o sábado 27 as 20.00 horas (Marca TV). Afinade puntería que a competencia comeza a ser dura.

PARTIDOS:

CELTA - DEPORTIVO * Partido da Xornada
RAYO VALLECANO - BARCELONA
MALLORCA - R. MADRID
ATLÉTICO - OSASUNA
ATL. SOBRADO - MESÓN DO BENTO CF

A Porra: Ferreiro5 e Chino estréanse con un doblete

Os grandes beneficiados da xornada 4 da porra forono Ferreiro5 e Chino logo de acertar dous partidos. Ambos coincidiron no Mesía 0 - Atl. Sobrado 2. Ademáis Ferreiro5 acertou o R. Madrid 2 - Celta 0 mentres que Chino acertou o Valencia 3 - Athletic Club 2.
Tamén se estreou de bo xeito o campión do ano pasado Alberto que na primeira semana que participa logrou 3 valiosos puntos ó acertar o R. Sociedad 0 - Atlético 1. Ese mesmo partido acertouno Pitus que suma así outros 3 puntos os 3 que xa tiña de xornadas anteriores. Por último destacar tamén que quen vos escribe inaugurou o seu casilleiro de puntos ó acertar tamén o igual que Ferreiro5 e Chino o Mesía 0 - Atl. Sobrado 2.
Destacar que ninguén acertou o partido da xornada que ademáis destacou pola cantidade de goles e sorprendeu polo resultado final: Deportivo 4 - Barcelona 5.
Sigue líder unha semana máis Josito con 16 puntos.

* DESDE AQUÍ ANIMO A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE AÍNDA NON EMPEZARON A XOGAR A PORRA DE ESTE ANO QUE O FAGAN. CANTOS MÁIS SEXAMOS MÁIS COMPETENCIA E MÁIS AMENO. POÑEDE OS VOSOS RESULTADOS XA!!!

RESULTADOS:

DEPORTIVO 4 - BARCELONA 5 * Partido da Xornada
R. MADRID 2 - CELTA 0
R. SOCIEDAD 0 - ATLÉTICO 1
VALENCIA 3 - ATHLETIC CLUB 2
CD MESÍA 0 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. JOSITO 16
2. VILLALOVE / MAITE / CHANY / ESTEBAN 11
3. FINITO 8
4. PITUS / FERREIRO5 / CHINO 6
5. PETETE / SUSO / PIRU / ALBERTO / LATO 3
6. JOSÉ ANTONIO / EMILIO / VILLA / PAZITOS / ISAK 0



venres, 19 de outubro de 2012

Cancións que dan "bo rollo"



O ano pasado foi o "Todos los días sale el sol" de Bongo Botrako e este ano parece que a canción que ven a sustituila na clasificación dos temas que dan "bo rollo" é este "Pan y Mantequilla" dos canarios Efecto Pasillo. É escoitala e parece que o corpo se vai solo ó son da música. Tema alegre onde os haxa que sirve para ambientar esta fin de semana onde parece ser que haberá bo tempo ata o luns. Disfrutade destes días e coma sempre...

SEDE MALOS!!!

Galicia Bonita

As paisaxes que nos ofrece Galicia son puro espectáculo. Da igual que nos vaiamos a costa: Rías Altas e  Rías Baixas; zonas montañosas: Courel e Ancares ou ben que nos adentremos no interior desta nosa Rexión. Todos os lugares nos ofrecen sen lugar a dúbidas imaxes irrepetibles. Sen ir máis lonxe, esta fotografía que vedes aquí está tomada por min no mes de maio coa cámara de un teléfono móbil que tan so tiña 5 MP polo que seguramente a calidade é  moi mellorable pero eso non quita que non me canse de vela. Esta imaxe apórtame tranquilidade e relaxación, sírveme para desconectar. Irei un pouco máis aló e direi que para poder vivila en directo non fai falta ir moi lonxe de Sobrado... e non direi máis..., para quen non coñeza o lugar o busque. Seguro que encontrará, sen querer ou querendo outros lugares e outras imaxes máxicas.

Un saúdo.

mércores, 17 de outubro de 2012

11 anos de unha xesta espectacular

O 17 de outubro de 2001 o Real Club Deportivo da Coruña escribiu con letras de ouro o seu nome na historia da máxima competición europea. A Uefa Champions League.
O equipo naquel momento dirixido por Javier Irureta conseguiu unha gloriosa victoria 2-3 en Old Trafford. O "Teatro dos sonos" de Manchester quedou coa boca aberta o ver a exhibición de fútbol que o equipo coruñés lle infrixiu ó Manchester United.
Con esta victoria os branquiazuis lograron ser o 6º equipos europeo que lograba gañar en Old Trafford en competición continental (algo o alcance de moi poucos).
Nese partido erixiuse a figura de Diego Tristán, autor de dous goles esa noite, o primeiro un golazo de cabeza gañándolle a partida a defensa dos Red Devils e o segundo logo de unha falta de entendemento entre o cancerbeiro francés Fabien Barthez e Wes Brown. O da Algaba andivo listo, recuperou o esférico no pico da área grande rival e logo de un sutil regate finalizou con un disparo que impactou na rede local.
O outro gol foi obra de Sergio González (curiosamente os dous mesmo goleadores que na final do Centenariazo en Madrid). Ruud Van Nistelrooy foi o autor dos dous goles red que de nada serviron pois os 3 valiosos puntos voaron a Coruña nunha tempada, a 2001-2002 que foi para enmarcar nas 3 competicións dando verdadeiras leccións de fútbol alá por onde iba.
Analizado esto un dase conta do rápido que pasa o tempo e dos bos e grandes momentos que nos ofreceu (e segue ofrecendo a outro nivel) o Real Club Deportivo, cada día que pasa estou máis orgulloso de ser Deportivista.

FORZA DEPOR

martes, 16 de outubro de 2012

Cofre VIP (desenlace)

Unha vez chegado hai un par de días de regreso da Ponte do Pilar e da "anormal" programación da viaxe que sufrín dispóñome a contar con pelos e sinais como foi todo "o trato" que vos fun anticipando a anterior semana. Antes de nada decir que acertei coa idea de non emitir un xuizo de valor ata ver o desenlace final da estancia e tamén da viaxe a pesar dos trastornos que me causou todo isto.
Volvemos o principio, había un Cofre VIP para gastar, concretamente este era do modelo "Gourmet" que inclue unha noite de estancia nun hotel "con encanto" de varios lugares de España, unha cea "gourmet" e un desaiuno.
Aproveitando que caducaba o 31 de marzo decídimos que visto o ben que caia este festivo igual era boa idea viaxar ata a Toledo e gastar alí o Cofre VIP. Ata ahí todo ben. Unha vez visto o catálogo de hoteis de Toledo que inclúe este Cofre resulta que había dúas opcións de hoteis: o Layos Golf, un hotel de 4 estrelas con campo de golf pero que dista da cidade toledana uns 10 kilómetros ou ben o Hotel Medina de Toledo que está dentro da cidade. Elixo este último, chamo alí e dígolle que necesito unha habitación para un día, que me da igual se é a noite do venres ou a noite do sábado..., o outro lado do teléfono unha amable voz masculina dime que para venres ten todo completo pero para sábado dispón aínda de unha habitación libre.
Dígolle que perfecto, que me reserve para sábado, de seguido explícolle que dispoño de un Cofre Vip e o que inclúe..., o tío quedou igual de sorprendido ca se lle falo en arameo. Dime que él non sabe nada de iso..., que non ten convenios con ningunha empresa e que hai 3 meses que ten o hotel e que os convenios que tiña o anterior dueño dounos todos de baixa. Eu quédome a cuadros...
Inmediatamente chamo o teléfono de Cofre Vip e aténdeme unha moza chamada Yolanda, explícolle o que sucede e ela dime que non pode ser porque aínda que sexa un novo dono ten que respetar os contratos firmados. Pídeme que lle mande un correo electrónico cos meus datos e o número do Bono e que o día seguinte me diría algo (esto era luns). Eu coméntolle que me urxe porque teño que programar a viaxe e se non podo usar o hotel vou a ir a outro destino.
Pasou a mañá do martes e non tiven ningún tipo de noticias así que volvo a chamar a Cofre Vip pola tarde, aténdeme outra moza chamada Cristina e comenta que están negociando co dono do hotel porque que non quere respetar o contrato pero que o ten que facer..., eu replícolle que o entendo que estén en negociacións pero que eu preciso sabelo pois úrxeme xa que o venres quería emprender a viaxe e so faltaban 3 días...
Ela dime que de momento non me pode asegurar nada así que lle comento que non se preocupe que vou buscar outro destino e no que haxa hoteles de Cofre Vip. Busco Valladolid, vexo un 4 estrelas con moi boa pinta Meliá Recoletos Boutique Hotel, situado no centro da cidade, a escasos metros da Praza Maior (Foto) e polo visto en comentarios da rede, que o seu funcionamento é de 10.
Chamo alí e aténdeme Víctor, o recepcionista, explícolle que quero reservar habitación para unha noite, dame igual venres ou sábado..., dime que venres imposible pois xa ten repleto, pero para sábado ten sitio. Dígolle que perfecto, que me reserve e explícolle tamén o de que dispoño un Bono de Cofre Vip..., retenme entorno a 30 segundos a chamada e dime que non se pode efectuar esta fin de semana pois que teño a obligación de pernoctar dúas noites...
Entonces eu (que é moi raro que me enfade) encendín ó revés..., e dígolle que se se están a rir de min ou qué? que onde pon eso nas cláusulas de Cofre Vip? que onde obligan a pasar outra noite aparte da que xa tiña pagada? entón él dime que se quere que chame a Cofre Vip... e así o fixen.
Chamo moi encendido e a pobre Cristina tivo que aguantar o sermón (é unha putada currar atendendo o teléfono pois moitas veces cómeste marróns sin que ti teñas parte algunha de culpa, seino en primeira persoa...), dígolle que se se están rindo de min, que onde estaban as cláusulas que me obligaban a min a pernoctar unha noite máis no hotel, que me parece un timo, e que teño a fortuna de coñecer moita xente e que me ía encargar personalmente de que todo o mundo soubese a maneira de proceder de este (en teoría) bono de clase alta...
Non sei se foron as miñas palabras ou o que foi pero a partir de ahí todo cambiou...
A moza dime que entende o meu enfado, que é o máis normal do mundo, logo da experiencia de Toledo dous días antes, agora esto... e díxome que non me preocupara que iban negociar co hotel. Eu dinlles un ultimatum, se o xoves as 11 da mañá non tiña confirmación por correo electrónico, que se olvidara, que xa me buscaría eu a vida para denunciar...
En cuestión de dúas horas chamoume Cristina decindome que xa estaba todo arranxado, que non había problema e que houbera un molentendido co hotel, e que me pedía disculpas...
Acepteinas evidentemente e repetinlle que necesitaba confirmación oficial, que non ía emprender unha viaxe sen antes ter todo ben amarrado.
Chega o xoves pola mañá e o correo de confirmación non aparece, Cofre Vip non me chama..., empezo a andar coa mosca detrás da orella (despois de tantas desventuras non podes pensar en nada bo). As 10 AM chamo de novo a Cofre Vip e dígolle a Cristina se non sabe nada da confirmación. Ela dime que estaba intentando por activa e por pasiva que lle mandasen o correo para reenviarmo..., dinlle unha hora...
Cando xa tiña a esperanza perdida e un cabreo monumental, as 11.05 AM chámame Cristina e dime que acaba de recibir o correo de confirmación e que mo reenvía de xeito urxente. Dígolle que grazas por todo (sei que se esforzou en que todo saise ben) e que agardo polo correo.
Os 5 minutos xa teño o correo de confirmación do hotel..., xa tiña asegurada a noite do sábado peeeero, faltaba a noite do venres, e xa era xoves. Era unha cousa demencial, pois tras varias intentonas chamando a hoteis de Toledo e posteriormente de León había ocupación hoteleira do 100%. Analizo e vexo que en Valladolid con estar día e medio chega así que busco a opción B, Zamora para venres. A todo esto a contrareloxo pois non quedaban nin 24 horas para a priori emprender a viaxe...
Comezo a chamar a hoteis e nada, xa non é que foran caros nin baratos, é que non había..., picando as 19 horas tiven a fortuna de que encontrei un hostal de nova creación (2008) chamado Bajo la Muralla que me recomendaron desde a oficina de Turismo de Zamora. Tiven a fortuna de poder reservar a última habitación que quedaba no Hostal para venres, o prezo 50€. Na súa web tiña moi boa pinta e a verdade é que dubidei un pouco o ver o prezo pois pareceume barato para o que ofrecían...
Sentín un alivio moi grande o ver que tiña pechada a fin de semana aínda que como dixen neste blog o xoves non as tiña todas conmigo por ver o que nos ibamos encontrar en Valladolid...
A viaxe comezou o venres as 10.00 horas e a 13.15 xa estabamos en Zamora, pensei na opción de ir comer as Bodegas subterráneas de El Perdigón como outras veces, e por suposto a Casa Eduardo. Logo de unha magnífica comida dirixímonos de novo a Zamora para buscar o Hostal e poder aparcar. A situación mellor imposible, a uns 300 metros do casco antigo de Zamora e con todos os negocios de hostelería diurna e nocturna a un pasiño. Nada máis chegar o Hostal, sorpresa grata, un local novísimo, limpio e unha recepcionista moi amable que nos impartiu unha explicación turística da cidade de xeito veloz sen pedirlla. A habitación era coma a que saia na web, incluso mellor, wifi en todo o local, unha cafetería ben chula, cama ampla, os baños xenial..., ahí foi onde me saiu da alma o "dame a min que vainos ir mellor neste hostal que mañá no 4 estrelas de Valladolid..."
Logo de pasar o día e a noite en Zamora emprendemos rumbo a Pucela. Na escasa hora que dura a viaxe funme rompendo a cabeza pois non quería reñer nin enfadarme con nadie e levaba a sensación no corpo que me ía ter que poñer borde e non me apeteceía nada a verdade...
AFORTUNADAMENTE, todo o que se me pasou pola cabeza non ocorreu, todo o contrario. Encontrámonos un hotel sencillamente espectacular, ben situado, sitio cercano para aparcar, desde que chegamos alí o trato foi sensacional. Non tivemos nin que subir as equipaxes pois encargáronse eles directamente de deixarnolas na nosa habitación, a 305 que tiña vistas para o paseo da acera de Recoletos e para o paseo de Zorrilla, con unhas magníficas terrazas, a oficina de Turismo e un belo xardín.
Dixeronnos que tiñamos que agardar uns 5 minutos logo de facer o check in e eu creo que non agardamos nin 2. Preguntáronnos a que hora queríamos a cea "gourmet" e acordamos as 22 horas.
A habitación xenial, agora faltaba saber como era o tema da cea o desaiuno do día seguinte. Logo de pasar unha agradable tarde visitando a cidade e varios locais bodegas-restaurantes, que  a verdade é que me deixaron maravillado, chegou o momento da cea "gourmet". Unha vez máis coa incertidume de que nos ofrecerían: e de novo sorpresa agradable: para comezar unha ensalada de champiñóns deliciosa, para seguir unha torta de mexilón quente que estaba exquisita, proseguiuno un bacallao que quitaba o sentido e para finalizar un solomillo que a única pena é que non trouxera un pelín máis de temperatura pois a carne estaba exquisita. Do postre xa pasamos pois era unha animalada de comida. Decir que nas cea "goourmet" non entra a bebida, pero esto xa o levaba sabido e tamén se encargaron de recordarmo en recepción.
Pasada a noite do sábado tocou a última fase, o desaiuno do domingo..., e de novo grato sorpresón. Estou acostumado a ir a hoteis no que o café non se trague, o zume está para escupilo, os embutidos non sexan frescos, e que haxa pouca variedade de doces...
Pois este o revés, cando vin a carta de referencias quedei a cadros: 72 referencias para o desaiuno..., todo o que vos poidades imaxinar: tortilla española, tortilla francesa, beicon, lomo, ovos revoltos, napolitanas, croissants..., de todo, o zume exquisito, e o café perfecto, o prezo do desaiuno segundo poñía a carta era de 24 euros por habitación pero nós co bono evidentemente non tivemos que pagar.

RESUMINDO: que dentro do mal rato que pasei e dos quebradeiros de cabeza que me dou o longo da semana facendo balance afirmo que o funcionamento de Cofre Vip foi bastante bo. Falando coa chica comentoume que co hotel de Toledo tiñan problemas con outra persoa que tamén se quixo hospedar mediante un Cofre Vip e que o dono non entraba en razón. Co hotel de Valladolid non sei como amañaron o que sei é que con nós portáronse de 10 para arriba e que sen lugar a dúbidas cando volva a Pucela terei este hotel moi en conta para pernoctar.
Quizais se xuntaron unha serie de causas: o descoñecemento de un contrato por parte do dono do hotel de Toledo e a incomodidade que lle causaba a dirección do Hotel de Valladolid que gastáramos o Cofre Vip xusto nun fin de semana de ponte (aínda que despois entraron en razón).
O caso é que a principios de semana perxurei que xamáis volvería a comprar outro Cofre de estes pero agora a miña versión xa é distinta, e visto o trato que nos deron e o funcionamento das persoas que me atenderon na central de Madrid podo afirmar que sí que o volverei a utilizar.

Logo de este rollazo, desexarvos boa tarde e recomendarvos para os que non as coñezades ambas cidades, tanto Zamora coma Valladolid, estou seguro que vos gustarán.


luns, 15 de outubro de 2012

A porra: Xornada 4

O partido estrela da vindeira xornada da porra será o que disputén no Estadio Municipal de Riazor o vindeiro sábado 20 de outubro o Real Club Deportivo e o Fútbol Club Barcelona. O encontro comeza as 22.00 horas.
Ide completando a porra (para que non haxa olvidos de última hora) e sobretodo: bo ollo!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - BARCELONA * Partido da Xornada
R. MADRID - CELTA
R. SOCIEDAD - ATLÉTICO
VALENCIA - ATHLETIC CLUB
CD MESÍA - ATL. SOBRADO

SORTE!!!

A Porra: o partido da xornada deixa 6 acertantes

O partido estrela da 3ª xornada da porra deixa 6 acertantes: Villalove, Maite, Chany Finito, Esteban e como non o líder Josito. Curiosamente ninguén acertou ningún dos outros catro resultados en xogo.
É a segunda xornada consecutiva que o líder Josito acerta o partido da xornada sumando pois 16 puntos. Destacar a ponte do Pilar despistou a varios participantes e non cubriron a porra en cuestión.

RESULTADOS:

LUGO 2 - MURCIA 1 * Partido da xornada
ELCHE 4 - NUMANCIA 0
ALMERÍA 3 - CÓRDOBA 0
GUADALAJARA 2 - PONFERRADINA 0
ATL. SOBRADO 5 - POULO 1

CLASIFICACIÓN:

1. JOSITO 16 Puntos
2. VILLALOVE / MAITE / CHANY / ESTEBAN 11 Puntos
3. FINITO 8 Puntos
4. PETETE / PITUS / SUSO / PIRU 3 Puntos
5. JOSÉ ANTONIO / EMILIO / FERREIRO5 / VILLA / LATO 0 Puntos

xoves, 11 de outubro de 2012

Cofre VIP (Adianto II Parte)

Hoxe pola mañá (cando xa non contaba recibín) a confirmación do Hotel no que me hospedarei a noite do sábado (luns direi o nome). Parece ser que finalmente deron o brazo a torcer en algo que era máis que evidente e no que se lles veu o plumeiro. Afronto a viaxe con dúbidas e non as teño todas conmigo polo que me encontrarei o sábado ó facer o "check in" a pesares de ser un 4 estrelas. A ver a cea "gourmet" de que consta que me da a min que o único que ten de especial é o nome e como é o desaiuno do día seguinte. Por iso, ata que pase toda esta aventura non quero emitir un xuizo final de valor. Agardarei o acontecer e luns ou martes contareivos como se desenvolveu toda esta historia subrealista na que se baseaba a idea (como outras tantas veces culminada con éxito e sen sobresaltos) de viaxar aproveitando unha Ponte.

Que disfrutedes de estes días festivos, vémonos a volta.

Bicos!!!

mércores, 10 de outubro de 2012

Cofre VIP (adianto)

Lévome toda a semana pelexando tanto telefónicamente coma por correo electrónico con Cofre VIP e "algúns" dos seus (en teoría) asociados os paquetes que se poden adquirir en moitas grandes superficies. Neste caso trátase de unha "Estancia Gourmet" que inclue aloxamento, cea e desaiuno en (segundo din eles) máis de 90 hoteis con Encanto de toda España. Ata agardar as novas (que en teoría me debería chegar) mañá pola mañá deixo aquí ·"esto" un adianto para poñervos en situación e onde realmente EXISTE un problema. Mañá podereino desenrolar en condicións e espero que non me influa o cabreo que a esta hora teño o escribir.

CONTINUARÁ...

luns, 8 de outubro de 2012

A Porra: xornada 3

Como ben sabedes a Liga BBVA detense a vindeira fin de semana polos compromisos internacionales da "Roja". Pero a porra seguirá o seu curso pois na seguinte xornada baixaremos unha categoría e teremos en conta os partidos da Liga Adelante, ademáis do habitual do Atlético Sobrado.
Así pois o partido da xornada será o Lugo - Murcia que se disputará no "Anfield" Carro.

DEIXADE XA OS VOSOS RESULTADOS!!!

PARTIDOS

LUGO - MURCIA * Partido da xornada
ELCHE - NUMANCIA
ALMERÍA - CÓRDOBA
GUADALAJARA - PONFERRADINA
ATL. SOBRADO - POULO


Moita sorte a tod@s e @s que aínda non vos animastes a participar, non o dubidedes e apuntádevos!!!

A porra: Josito novo líder

Josito é o novo líder da clasificación xeral da porra logo de acertar o resultado do partido da xornada entre o FC Barcelona e R. Madrid. Con este acerto suma 8 importantes puntos.
4 participantes que comezan este ano na porra estrearon o seu casilleiro de puntuación co mesmo partido, o Atlético - Málaga, trátase de Villalove, Maite, Suso e Chany.
Pola súa parte Esteban sumou 3 puntos logo de acertar o derbi valenciano entre Levante e Valencia. Finalmente tamén Pirulo inaugurou o seu casilleiro de puntos logo de acertar o partido que o Deportivo perdeu na tarde do sábado en Vallecas.

RESULTADOS

BARCELONA 2 - R. MADRID 2 * Partido da xornada
Rayo Vallecano 2 - Deportivo 1
Atlético 2 - Málaga 1
Levante 1 - Valencia 0
Bribes CF 1 - Atl. Sobrado 1

CLASIFICACIÓN

1. JOSITO 8 puntos
2. PETETE / PITUS / VILLALOVE / MAITE / SUSO / ESTEBAN / CHANY / PIRULO 3 puntos
3. FINITO / JOSÉ ANTONIO / EMILIO / FERREIRO5 / VILLA / LATO 0 puntos

venres, 5 de outubro de 2012

Fin de semana de vodorrio

Esta fin de semana plantéxase moi diferente e especial. Mañá terei o gusto de asistir a voda de un gran amigo da infancia (cantas horas de coches de choque compartidas...) como é Alberto que casa con outra boa amiga como é Vane. Coñecedor da relación de algúns/bastantes convidados ó evento tan so podo decir unha palabra relativa que se presenta a partires de mañá as 18.00 horas: "MIEDITO". A troula vai chegar ata altas horas da mañá (eu diría que primeiras do día). Desde eiquí felicitar a Alberto e Vane, desexarlles toda a sorte do mundo e agardo que sexan moi felices. Mañá toca festón!!! NORABOA RAPACES!!!

mércores, 3 de outubro de 2012

Deterse no habitual

Esta mañá, en pleno paseo polos xardíns dos Cantóns coruñeses unha imaxe chamou a miña atención. Non por novedosa, pois xa a vira máis veces, senón por un extraño impulso que me fixo determe a súa altura e fotografiala.
Falo da estatua de John Lennon, unha estatua por outro lado que lle da un toque musical á beleza dos citados xardíns. Non sei se vos ten ocurrido algunha vez a vos o de logo de estar acostumados a velo, deterse en algo ou alguén que habitualmente non lle prestamos máis atención que un pequeno contacto visual...
Non sei se sería a maxia de John Lennon, o tempo que tiña para pasear ou a miña aficción cada vez máis grande ó Instagram.

Boa tarde.

martes, 2 de outubro de 2012

Reflexión

Hoxe estou bastante espeso (creo que o día ten moito que ver en todo isto). Recibín este correo electrónico esta mañá e pareceume interesante compartilo con tod@s vos. Non vou comentar nada ó respecto. Tan so o deixo por eiquí para que cada persoa reflexione e saque as súas propias conclusións.

Apertas

luns, 1 de outubro de 2012

A Porra: Xornada 2

Habilitamos xa a xornada 2 da porra para que poidades ir facendo os vosos pronósticos. Esta semana o partido da xornada será o F.C. BARCELONA vs R. MADRID.
Non vos olvidedes que para que os pronósticos sexan válidos débense haber insertado no apartado de comentarios como moi tarde ata 5 minutos antes do comezo do primeiro encontro.

PARTIDOS

BARCELONA - R. MADRID * Partido da xornada
RAYO VALLECANO - DEPORTIVO
ATLÉTICO - MÁLAGA
LEVANTE - VALENCIA
BRIBES - ATL. SOBRADO

SORTE!!!

A Porra: Petete e Pitus primeiros líderes

Petete e Pitus son os primeiros líderes desta IV Edición da porra. Ambos conseguiron un acerto na 1ª xornada. Petete acertou o R. Sociedad 2 - Athletic Club 0. Pola súa parte Pitus dou no clavo no Espanyol 0 - Atlético 1.
 Animarvos a sumarse o xogo @s que aínda non o fixestes (anda a peña despistada con tanta festa e tanto evento..., jajajaja).

RESULTADOS

R. MADRID 5 - DEPORTIVO 1 * Partido da Xornada
SEVILLA 2 - BARCELONA 3
R. SOCIEDAD 2 - ATHLETIC CLUB 0
ESPANYOL 0 - ATLÉTICO 1
ATL. SOBRADO 0 - VIZOÑO B 0

CLASIFICACIÓN

1. Petete / Pitus = 3 puntos
2. Piru / Chany / Suso / Maite / José Antonio / Esteban / Emilio / Finito / Josito / Lato= 0 puntos