xoves, 31 de xaneiro de 2013

A nova bandeira


Visto o ben que vai o país, o ben que nos tratan os políticos de turno que mandan nel, os dous grandes partidos sumados a causa de facilitarnos a vida, a economía bollante que temos, o pleno emprego, a boa sanidade e educación, as melloras na xustiza, o ben que funcionan as leis anticorrupción, a legalidade suprema dos que nos dirixen etc etc etc. esta será a nova bandeira que identifique a España internacionalmente.

#señoresestoapesta

mércores, 30 de xaneiro de 2013

La "Releche"


Se teño que describir nunha soa palabra o que sentín onte cando lín esta noticia a palabra seria: FLIPO!!!

Non me colle na cabeza como pode haber xente que se poida crer as pantomimas de un tipo que dice ter poderes, estar glorificado e demáis..., paso a detallar:

O artista que vedes na foto é Valdeci Sobrino Picanto, ten 59 anos e foi detido en Goias (Brasil) por violar a distintas mulleres de diferentes idades que concurrían a súa igrexa.

Valdeci é pastor evanxélico e parece ser que para manter contactos sexuais coas fieis poñía coma pretexto que... ATENCIÓN: O SEU MEMBRO FORA CONSAGRADO CON "LEITE DIVINA DO ESPÍRITO SANTO"...

Case nada ó aparato (nunca mellor dito...), esto que vos deixo aquí a continuación é algunha das declaracións de mulleres que foron  "obsequiadas" coa leite sagrada de Valdeci.


“Él nos ha convencido de que sólo Dios podría entrar en nuestras vidas a través de la boca y por qué nos íba él a hacer lo que hizo”, señala la joven MR, de 23 años, que prefiere permanecer en el anonimato. “A menudo, después de los cultos, el pastor Valdecir llegó a llevarnos a la parte de los fondos de atrás de la iglesia y nos pidió que hiciéramos sexo oral con él hasta que el Espíritu Santo venga a través de la eyaculación”, añade la joven desolada.

Valdecir, que llegó a abusar de algunas ancianas, se defiende diciendo que él tuvo un encuentro con Jesús en un burdel y que le dio la misión de “difundir la leche sagrada” en todo el estado, comenzando con los fieles de la Asamblea de Aporé, de la que es responsable.

Tienen en sus manos a un siervo del Señor y no me arrepento de ello todavía. Espero continuar con mi trabajo maravilloso dentro de la prisión”, dijo el sacerdote renuente.


Read more: http://www.lafm.com.co/noticias/mundo/28-01-13/pastor-decia-que-tenia-un-pene-13028#ixzz2JTtxPf00


ILUMÍNALO SEÑOR...

martes, 29 de xaneiro de 2013

O Camiño Norte en apenas 40 minutos



 4 peregrinos granadinos puxéronse en contacto via email conmigo para amosarme esta maravilla. Trátase do percorrido do Camiño Norte de Santiago que os protagonistas do documental fixeron no ano 2011 e no que evidentemente pasaron por Sobrado.

 Se tedes 39 minutos e 24 segundos das vosas vidas para adicarlle a ver esta obra estou seguro que non vos defraudará. No documental apreciase a maxia, o intento de superación diaria e tamén a diversión que supón facer o Camiño de Santiago.

 Os que teñades redes sociais se facedes o favor difundideo por que así é o desexo dos 4 peregrinos protagonistas de este documental. Un documental no que compre decir por outra parte que está a ter moi boa acollida incluso de algún crítico de cine. Un periódico local granadino "Ideal" fíxose eco de este video o día seguinte a ser subido á rede.

 A historia arranca en terras Asturianas e remata na Praza do Obradoiro, a min encantoume. Ogallá que a vos tamén.

luns, 28 de xaneiro de 2013

A porra: Xornada 17


O Valencia volve a ser por segunda semana consecutiva un dos dous equipos protagonistas do PARTIDO DA XORNADA no encontrontro que xogarán os ches o domingo en Mestalla a partires das 19.00 horas fronte ó líder FC Barcelona.

Xa podedes ir poñendo os vosos pronósticos. SORTE!!!

PARTIDOS:

VALENCIA - BARCELONA * Partido da Xornada
ATLÉTICO - BETIS
GRANADA - R. MADRID
GETAFE - DEPORTIVO
ATL. SOBRADO - MESÍA

A Porra: Pitus e Pazitos os únicos acertantes


Tan so Pitus e Pazitos foron quen de sumar puntos nesta xornada da Porra. Pitus  acertou na mañá de onte o R. Madrid 4 - Getafe 0, pola tarde foi Pazitos quen sumou 3 puntos logo de dar no clavo no Barcelona 5 - Osasuna 1. Con estes resultados non hai polo tanto variacións nos postos altos da táboa clasificatoria que sigue comandando Esteban con 37 puntos seguido con 36 por Josito e con 34 Finito.

RESULTADOS:

DEPORTIVO 2 - VALENCIA 3 * Partido da Xornada
BARCELONA 5 - OSASUNA 1
ATHLETIC 3 - ATLÉTICO 0
R. MADRID 4 - GETAFE 0
POULO 0 - ATL. SOBRADO 1

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 37
2. JOSITO 36
3. FINITO 34
4. CHANY 31
5. SUSO / VILLA 23
6. MAITE 22
7. ISAK 21
8. PETETE 20
9. VILLALOVE / PAZITOS 17
10. FERREIRO5 / PITUS / LATO 12
11. EMILIO 11
12. CHINO / JOSÉ ANTONIO 9
13. ALBERTO / RUBIO 6
14. PIRULO 3

venres, 25 de xaneiro de 2013

Fresquiño, fresquiño...



Un venres máis con todos vos e toca poñerlle un pouco de musiquiña ó blog. Desta volta chega algo realmente fresquiño xa que Armin Van Buuren o que para min sen lugar a dúbidas é o mellor dj do mundo colgou o luns este novo tema acompañado pola magnífica voz de Fiora. A canción en cuestión chámase "Waiting For The Night" e seguro que con escoitala un par de veces lle ides ir collendo o ritmiño a música e o estribiño.

Disfrutade da fin de semana, eu fareino se Deus quere!!!

Bicos e abrazos.

xoves, 24 de xaneiro de 2013

"Don Ereccións"


Cada día que pasa voulle collendo un pouco máis de "asquito" o país este no que vivimos chamado España. Máis que o país en sí, que ten moitas cousas e boas, a toda esa xente que ten o poder de mandar en nós, de putearnos, de quitarnos a vivenda, o traballo, todo, co agallo de eles facerse máis e máis ricos. Desde que teño uso de razón xamáis entendín o porqué da existencia da Realeza ou Monarquía nun determinado país. Xamáis respetei a Nobreza nin os seus títulos.

Visto os sucesos que veñen acaecendo nos últimos anos cos partidos políticos e moitos dos seus integrantes que dirixen as directrices de paises, autonomías e incluso concellos hai tempo que perdín toda fé en calqueira boa intención política polo menos nun 90% dos casos. Dame igual a cor política, ó final todo acaba sendo o mesmo, temos exemplos espallados por todos os rincóns da xeografía española.

De un tempo a esta parte, poñerte a ler un periódico, escoitar as novas pola radio, velas  por internet ou por televisión é un verdadeiro cadro de dor. Cada cousa que pasa con toda esta "mafia" que ten poder en "Ejpaña" parece que se están rindo de un na cara.

A nova que saiu hoxe de Urdangarín que vos poño a continuación é un exemplo máis da República Bananeira (eso sí, con Rei incluido - manda carallo-) que nos está tocando vivir. O señor Don Iñaki Urdangarín facendo burla (por riba) do título nobiliario que Duque de Palma que lle foi regalado, sí sí, regalado, por que non deixan de ser regalos estes asquerosos atributos... firmou un correo como "El Duque...em...Palma...do".

Rememorando o humorista galego Xosé Luís Bernal "Farruco", eu diría: moi bien, moi bien, moi bien..., Deus permita que toda esta pandilla de ladróns acaben no cárcere como acabaron os políticos e banqueiros en Islandia.

Qué asco!!!


Caso Nóos

Urdangarin firma un correo como ´duque em...Palma...do´

El esposo de la infanta relata a un íntimo amigo su deseo de montar una empresa propia con Diego Torres 24.01.2013 | 17:41 Iñaki Urdangarin. EFE FELIPE ARMENDÁRIZ / PALMA Iñaki Urdangarin remitió el 7 de julio del 2003 un correo electrónico a Carlos García Revenga, secretario de las infantas Cristina, su esposa, y Elena, su cuñada. Urdangarin comenta a Revenga, cuya dirección de correo forma parte del servidor de la Casa Real y que fue tesorero de , cuáles eran los primeros pasos del Instituto Nóos, el buque insignia de sus negocios. Urdangarin hace un chiste sobre su título y firma: "El duque...em...Palma...do", rúbrica que contrasta con el tono serio que el duque mantenía en otros correos aportados al sumario del caso Palma Arena. Por otra parte, el 11 de diciembre de 2002 Iñaki Urdangarin remitió una larga carta (cuatro folios) por internet a un íntimo amigo, Iñaki Mújika. El receptor, experto en filosofía griega, fue quien facilitó al duque de Palma el nombre de Nóos para su nuevo proyecto. Urdangarin usó dos de los términos pensados por su amigo para sus supuestas tapaderas de negocios: Nóos, "la mente como pensamiento" o Areté; "el valor o virtud que posee un hombre cualquiera". En su misiva el yerno del rey explica a Mújika que quiere dar un cambio de rumbo a su vida. En la consultoría Octagon Express gana 35 millones de pesetas al año, pero no está cómodo al depender de otros jefes: piensan que "soy el abrepuertas de la compañía". Urdangarin se declara desmotivado por su situación en la empresa y el poco futuro que le ve. Por el contrario, el esposo de la infanta Cristina alaba a sus antiguos profesores de Esade, que compaginan la docencia con la consultoría.Urdangarin reconoce tener miedo al cambio, pero añade que su esposa le apoya: "Cristina vive como yo mi frustración. Una vez más se pone mi camiseta y me anima. Dios mío qué suerte tengo".

Fonte: La Opinión de A Coruña (Edición Dixital)

mércores, 23 de xaneiro de 2013

O recoñecemento a un traballo de moitos anos


O xornal Depor Sport publica na súa edición de hoxe unha entrevista co meu compañeiro de batallas deportivas-directivas e amigo José Antonio Vázquez "Hassan".

Por fin un medio de comunicación ten en conta o traballo que este home ven realizando en favor do deporte sobradés e do interior de Galicia logo de moitos anos.

Para moit@s "Hassan" empeza a ser coñecido agora cando por fin lle saen as cousas ó Atlético Sobrado senior (a mala sorte do ano pasado é imposible repetila), pero Hassan leva moitos anos dando o callo...

Fillo de pais sobradeses que emigraron a Euskadi para gañarse "os garbanzos"; Hassan retornou a Sobrado xunto cos seus pais e seu irmán no ano 1993 para establecer un negocio familiar.

En terras vascas Hassan defendeu a portería do Sestao River Xuvenil e quen sabe se non chega a ser polo seu retorno onde acabaría xogando, cualidades tiña de sobra para xogar moi arriba.

Xa establecido en Sobrado enrolouse nas filas da SDC Teixeiro xuvenil para matar o gusaniño do fútbol.

En 1997 co nacemento do Club Atlético Sobrado Xuventude (chamado nesa época Pymes Sobrado F.S.) pasa a defender a portería na categoría de Fútbol Sala. Logo de varios anos de éxitos baixo os paos as lesións retirárono antes de tempo pero o seu gusto polo fútbol e fútbol sala non acabaría máis que de empezar.

No ano 2003/2004 decide poñer en marcha as Escolas Deportivas do Club Atlético Sobrado Xuventude na modalidade de fútbol sala facéndose cargo da dirección técnica de todas as categorías e "pringando" ó longo de moitos anos fin de semana sí e fin de semana tamén sen percibir un so euro a cambio. Pero a fin de semana so é o reflexo do traballo semanal pois adica todos e cada un dos días que ten a semana a unha ou a varias categorías do clube.

Hassan segue cordinando todas as categorías base do clube e polas súas mans xa pasaron máis de un centenar de xogadores e xogadoras.

Na tempada 2006/2007 afrontou o reto de formar un equipo feminino de fútbol sala federado en Liga Provincial e en cuestión de dúas tempadas creou un conxunto temible aló por onde iba o C.A.S.X.; loitando polo ascenso varios anos a pesares do nivel (tanto económico como de infraestructuras) de outros conxuntos. Nesta época Hassan, xunto con Ángel Ares, técnico do Concello de Curtis, toman a dirección da Selección de Fútbol Sala da Comarca Lambre-Mandeo da que seguen formando parte.

Hassan ademáis hai 4 tempadas rexeitou unha importante oferta de un clube de División de Honor feminina de fútbol sala para facerse cargo do primeiro equipo e levar a manixa de un proxecto a nivel Nacional. Está máis que claro que a fidelidade ós colores do C.A.S.X. están fora de toda dúbida.

O míster tamén estivo na creación do equipo xuvenil o primeiro ano de funcionamento de este, que tivo que deixar ó ano seguinte por incompatibilidade de horarios coas Escolas Deportivas e o equipo de Fútbol Sala Feminino.

Por fin, o ano pasado tomou as rendas do equipo senior de fútbol do Atlético Sobrado, nunha tempada onde a mala fortuna evitou (o dos tiros o pao foi digno de estudo) que o equipo quedase en postos máis altos. Por xogo e ocasións sí que o merecía.

Este ano, o fútbol está a ser xusto con Hassan e co equipo, que logo de anos de traballo, por fin saen as cousas a pesares "chorradas" que tivo que oir e aguantar o longo de anos por xente que nada tiña que ver co noso clube pero o míster está por riba de todo iso.

Hassan posee o título de adestrador de fútbol sala ademáis de ter o título Nivel 2 de adestrador de fútbol. Como compañeiro de directiva e banquiño é un verdadeiro orgullo compartir tempo deportivo con él, pois non hai día que non aprenda algo novo e positivo do deporte Rei grazas os seus coñecementos. Os xogadores están encantados cos seus métodos e pálpase nos adestramentos e partidos, xamáis vin o equipo tan enchufado e tan metido nos adestramentos como estas dúas últimas tempadas e por fin se fai xustiza en forma de resultados. A mensaxe de Hassan no vestiario é clara e concisa. Sábelle facer entender a cada xogador o que quere del estando sempre ó lado do xogador incluso en temas que nada teñan que ver co deporte, e o xogador polo visto ata o de agora entendeo e executao a perfección sabendo sacar o mellor de cada un no tempo que duran os adestramentos e os partidos.

Estou seguro que Hassan chegará lonxe nesto do fútbol e o día que así suceda será un motivo de orgullo para o noso Clube.

FELICIDADES MÍSTER!!!


martes, 22 de xaneiro de 2013

Coa boca aberta



 Descoñecía a existencia de este video ata que o vin onte no Facebook de Alex de Teixeiro.

Nada máis velo, volvin a repetir a acción dúas veces máis. Deixoume sen palabras...

 Este video realizado por Pablo Ledo esta feito na cidade da Coruña aproveitando as luces que estiveron engalanando a cidade no Nadal. É espectacular, de verdade.

As imaxes deixan ben as claras porqué a "Cidade Cristal" está catalogada coma unha das máis bonitas de España. Deixo este video para os que non o vístedes onte no meu Facebook.

Ademáis do bo gusto ó elexir os fotogramas a canción de Moby tamén lle pega as mil maravillas.

 Espero que o disfrutedes tanto coma min.

luns, 21 de xaneiro de 2013

A Porra: Xornada 16


Cada xornada que pasa a Porra vai adquirindo máis emoción e son máis os participantes que van asomando polas primeiras posicións da táboa clasificatoria. Para esta xornada o partido estrela será o que se dispute no Estadio Municipal de Riazor o sábado 26 de xaneiro a partires das 22.00 h entre o Real Club Deportivo que necesita imperiosamente a victoria para sair da queima do descenso e o Valencia CF que chegará a Coruña logo de afrontar 3 partidos consecutivos contra o Real Madrid.

SORTE!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - VALENCIA * Partido da Xornada
BARCELONA - OSASUNA
ATHLETIC - ATLÉTICO
R. MADRID - GETAFE
POULO - ATL. SOBRADO



A porra: Josito e Chany apretan a cabeza da clasificación


Josito e Chany encargáronse esta fin de semana de darlle emoción á loita polo título da IV Edición da Porra. O igual que a semana pasada Josito volveu a sumar, desta volta acertando o Atlético 2 - Levante 0 e ubicándose así na 2º posición con 36 puntos a un so do líder Esteban. Este mesmo partido tamén o acertaron Villalove, Isak, Villa e este que vos escribe - Lato -. Pola súa banda Chany acertou o Osasuna 2 - Deportivo 1 e con estes 3 novos puntos ponse 4º na táboa con 31 puntos a so 6 do líder.
Tamén Pazitos volveu a sumar nunha gloriosa semana para él ó acertar o Atl. Sobrado 1 - Sp. Bribes 0.

RESULTADOS:

VALENCIA 0 - R.MADRID 5 * Partido da Xornada
R.SOCIEDAD 3 -  BARCELONA 2
ATLÉTICO 2 - LEVANTE 0
OSASUNA 2 - DEPORTIVO 1
ATL.SOBRADO 1 - SP. BRIBES 0


CLASIFICACIÓN: 

1. ESTEBAN 37
2. JOSITO 36
3. FINITO 34
4. CHANY 31
5. SUSO / VILLA 23
6. MAITE 22
7. ISAK 21
8. PETETE 20
9. VILLALOVE 17
10. PAZITOS 14
11. FERREIRO5 / LATO 12
12. EMILIO 11
13. CHINO / JOSÉ ANTONIO / PITUS 9
14. ALBERTO / RUBIO 6
15. PIRULO 3




venres, 18 de xaneiro de 2013

Chove que te chovan os demos



Increible o que está caendo ó longo de todo o día de hoxe: cantidade e calidade de auga... sí señor...

Parece ser que o finde non vai mellorar moito o asunto, para algo a auga pero chega o alumno avantaxado do Deus Eolo: o vento.

Así pois, toca non andar moito por fora (dos bares e dos pubs digo) para non mollarse. Pasade o finde o mellor que poidades, déixovos con Taylo Swift e este "We are never ever getting back together".

P.D: moito olliño na estrada que non está para bromas.

Bicos e abrazos.

xoves, 17 de xaneiro de 2013

Pipiqué???

Pipipop, este é o novo invento que vai dar que falar. O dito de "mulleres que mexan de pé" xa é unha realidade co Pipipop.

Parece ser que está pensado para a muller deportista (sobretodo en alta competición) para non ter que quitar a roupa e competir en igualdade de condicións cos homes.

Pódese lavar a man ou en lavadora e existen 4 tallas (non as quero nin saber...).

A súa inventora chámase Carolina Cochs e pensou este artiluxio para poder facer deportes coma o alpinismo coa mesma liberdade que os seus compañeiros varóns.

Déixovos o enlace de La Voz de Galicia onde aparece un video explicativo


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/01/17/nuevo-invento-femenino-permite-orinar-quitarse-ropa/00031358414355603544535.htm#

mércores, 16 de xaneiro de 2013

122.000 visitas

Hoxe este blog alcanzou a nada desprezable cifra de 122.000 visitas desde que está habilitado o contador para tal efecto.

http://latosobrado.blogspot.com naceu en xuño de 2007 e foi un ano e un mes despois cando se incorporou este elemento.

Desde aquí so vos podo dar as GRAZAS a tod@s os que entrades aquí a ler as cousas e tolerías que vou contando. Sigo tendo a faceta pendente de facervos comentar máis e terei que seguir loitando para  que esto acabe sucedendo.

De todos modos gústame entrar nas estadísticas e ver as visitas que se reciben cada día e os lugares de onde proceden. As veces quedo alucinado...

Para min é un auténtico honor que pasedes a visitar a miña bitácora ben cando vos apetece ou ben encontrándome por accidente e sen querer.

Se cando comecei a escribir, alguén me di que ía ter esta cifra a estas alturas sinceramente pareceríame unha "coña marinera" pero sorprendentemente isto é así e as cifras están ahí.

Unha vez máis GRAZAS e vémonos por aquí ou en vivo e en directo.

Bicos e abrazos.

martes, 15 de xaneiro de 2013

E o Tramposo por fin "cantou"



 Unha gran parte da xente que nos gusta o ciclismo sabemos desde hai moitos anos que o de LANCE ARMSTRONG non era trigo limpo... 

Anos antes de que apareceran os primeiros rumores de que Lance e o seu equipo se dopaban para competir, en moitas conversas de bar ten aparecido a palabra "doping" relacionada co ciclista estadounidense.
A carreira de Lance é curiosa, un corredor máis do pelotón vencedor de algunha que outra clásica e un Campionato do Mundo en ruta que comezou a destacar sobremaneira unha vez pasado unha dura enfermidade como é un cáncer de testículos. Desde a súa volta á bicicleta Armstrong parecía outro ciclista, avasallando os seus rivais e daba igual cal fora o terreo: llano, subida ou baixada.

O seu equipo non lle andaba a zaga e era curioso ver como os seus integrantes subían coma  auténticas motos nas etapas de dura montaña deixando atrás a calqueira rival que se lles puxera por diante. O resultado foi que Lance Armstrong acadou a frioleira de 7 Tours de Francia, a carreira máis prestixiosa de 3 semanas a nivel mundial, sendo o ciclista que máis veces conseguiu acabar no máis alto do podio de París.

Pero o mito Armstrong foise desmoronando pouco a pouco, desde o momento en que os propios ex-compañeiros de equipo de Lance confesaron haberse dopado. Esas acusacións tamén salpicaron ó estadounidense... o gran heroe americano íbase convertindo co paso dos tempo e das confesións de outros ciclistas en terrenal...

Hoxe saiu a luz pública que Armstrong nunha entrevista grabada onte coa presentadora Oprah Winfrey confesa ante as cámaras que se dopou. Hai pouco tempo foi desposeido dos 7 tours de Francia por ter mostras claras de que usara sustancias dopantes (aínda que oficialmente xamáis dou positivo).

Fálase de que Lance fai agora a confesión como estratexia para poder competir en Mountain Bike... aínda así, a sombra da dopaxe que sempre o perseguiu acompañarao sempre compita no que compita.

* No video vemos unha subida do ano 2000 a Mont Ventoux onde deixa ben as claras a superioridade que amosaba Lance incluso con escaladores natos como era o caso do falecido Marco Pantani. A cara de un e do outro ó chegar a meta é significativa...

luns, 14 de xaneiro de 2013

A Porra: Xornada 15

A xornada 15 da porra terá como partido máis destacado o Valencia - Real Madrid que se disputará na casa do equipo "Ché".

Que haxa sorte!!!

PARTIDOS:

VALENCIA - R. MADRID * Partido da Xornada
R. SOCIEDAD - BARCELONA
ATLÉTICO - LEVANTE
OSASUNA - DEPORTIVO
ATL. SOBRADO - BRIBES CF


A Porra: Josito presiona

Josito saiu coma gran triunfador na xornada de onte na Porra. O adestrados do Atlético Sobrado sumou un total de 14 puntos logo de acertar o partido da xornada, o do Deportivo e o do propio Sobrado. Outro participante que tivo unha gran puntuación foi Chany que sumou 11 puntos grazas o partido da xornada e o R. Sociedad - Deportivo.
Pazitos foi o 3º participante que máis puntos sumou logo de acertar tamén o partido da xornada da Rosaleda o que lle supuxo un total de 8 puntos.
O líder Esteban  e Villa sumaron 6 puntos cada un logo de acertar ambos os partidos de Deportivo e Atl. Sobrado. Tamén Isak sumou 6 puntos o acertar o Atlético - Zaragoza e o Vizoño B - Atl. Sobrado.
Ademáis sumaron 3 puntos nesta xornada José Antonio (Atlético - Zaragoza), Suso (Atlético - Zaragoza), Pitus (Atlético Zaragoza), e Finito (R. Sociedad - Deportivo).

RESULTADOS:

MÁLAGA 1 - BARCELONA 3 *Partido da Xornada
ATLÉTICO 2 - ZARAGOZA 0
OSASUNA 0 - R. MADRID 0
R. SOCIEDAD 1 - DEPORTIVO 1
VIZOÑO B 1 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 37
2. FINITO 34
3. JOSITO 33
4. CHANY 28
5. SUSO 23
6. MAITE 22
7. PETETE / VILLA 20
8. ISAK 18
9. VILLALOVE 14
10. FERREIRO5 12
11. EMILIO / PAZITOS 11
12. CHINO / JOSÉ ANTONIO / PITUS / LATO 9
13. ALBERTO / RUBIO 6
14. PIRULO 3


venres, 11 de xaneiro de 2013

Suede retorna á escea musical



Gran noticia para o mundo da música. Unha das mellores bandas británicas de todos os tempos, Suede, volve con novo disco logo de 10 anos sen editar.

 O grupo que comanda Brett Anderson terá á luz no mes de febreiro o seu primeiro single do novo disco.

 Así pois,como cada venres, toca espazo adicado a música e síntome na obriga de que sexa Suede quen lle dé cor e son ó día de hoxe.

 Esto é "Animal Nitrate", un dos temas máis recoñecibles de estes fenómenos. Boa fin de semana e a disfrutar. Bicos e abrazos

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Casa do Queixo cumple 10 anos

Para @s pouc@s que non o coñezades, Casa do Queixo é un Centro de Actividades (Zoo de Animais Domésticos, Restaurante, Museo, Albergue...) que se atopa na parroquia de Grixalba, aquí en Sobrado dos Monxes.

Neste mes de xaneiro o Centro cumple 10 anos e para celebrar unha data tan especial organiza dous domingos do presente mes de xaneiro pensado para os seus clientes (nen@s e maiores).

Casa do Queixo é obra de un gran emprededor como é Ángel e a súa familia. O seu incombustible traballo foi dando pouco a pouco os seus froitos sabéndose rodear de un equipo de traballo fantástico.

Casa do Queixo é hoxe en día lugar de visita obrigada para tod@s aquel@s que pasan a coñecer as terras de Sobrado e arredores.

Desde aquí quero felicitar a todo o "staff" de Casa do Queixo e en especial a Ángel, co cal me une unha boa amizade, polo décimo aniversario do Centro. Un Centro que medra día a día e que ampliou territorio hai algún tempo con unha tenda de venda e degustación en pleno casco antigo de Betanzos.

Casa do Queixo leva con orgullo o nome de Sobrado por rincóns de Galicia, de España e do mundo enteiro.

Tedes máis información en www.casadoqueixo.tk  www.casadoqueixo/blog e www.casadoqueixo.com

mércores, 9 de xaneiro de 2013

E vos, canto ides gastar nas rebaixas?

Como ben sabedes, o luns comezaron "oficialmente" as rebaixas de inverno. Aínda que por mor da acuciante crise que nos rodea moitas tendas decidiron comezar a rebaixar os prezos dos seus productos con antelación a data do 7 de xaneiro.

Chámame a atención que tirando de hemeroteca leo unha nova de El Correo Gallego do 3 de xaneiro de 2008 onde o títular é o seguinte: "cada gallego se gastará en las Rebajas en torno a 200€".

Xa máis cerca de estes días, e ollando o mesmo xornal con data 1 de xaneiro de este mesmo ano o titulo da noticia é o seguinte: "cada gallego gastará unos 75€ en las Rebajas".

Non sei canto de certo hai en todo esto, sinceramente pareceme moi alto o promedio de 2008 (aínda que eran tempos mellores) e pareceme moi baixo o promedio de este 2013.

Eu particularmente estableceríao nuns 150 ou 160€...

Os que vaiades, canto pensades gastar?

martes, 8 de xaneiro de 2013

O uso das novas tecnoloxías do Club Atlético Sobrado Xuventude protagonista hoxe en Depor Sport

O xornal deportivo Depor Sport adica integramente a páxina 23 na súa tirada de hoxe ó uso das novas tecnoloxías que o Club Atlético Sobrado Xuventude ven facendo desde hai anos.

O Club Atlético Sobrado Xuventude comezou hai 9 anos tendo unha web gratuita con dominio "tk". Posteriormente no ano 2007 creouse o blog http://atleticosobrado.blogspot.com que facía máis sinxelo poder subir crónicas, fotos, novas e datos relevantes do Clube. No ano 2011 crease en Facebook o grupo do Club Atlético Sobrado Xuventude. Finalmente este verán tamén se creou o Twitter Oficial do Clube @AtleticoSobrado.

A publicación de hoxe de Depor Sport faime sentir moi ledo por ter implicación directa no funcionamento de estes medios e polas palabras que nos adican desde a redacción do xornal explicando que fumos pioneiros nestas modalidades no fútbol modesto e que estamos a utilizar ferramentas que incluso algúns equipos de 3ª División Nacional de Fútbol non poseen.

Desde aquí agradecerlle a Depor Sport a publicación e en especial a súa xornalista Laura Queijeiro que onte  me entrevistou e se preocupou de saber todos os entresixos do funcionamento que temos na rede.

Se aínda non nos coñecedes pasade a visitarnos a agregarnos e a seguirnos, podedes atoparnos na rede en:

BLOG: http://atleticosobrado.blogspot.com

FACEBOOK (Grupo): Club Atlético Sobrado Xuventude

TWITTER: @AtleticoSobrado

luns, 7 de xaneiro de 2013

A Porra: Xornada 14

Partidazo o que se nos presenta a vindeira xornada na Rosaleda: Málaga CF - FC Barcelona, este será o partido que valerá 8 puntos para quen o acerte.
Toca agardar a ver se a xornada é tan fructifera como foi esta primeira do ano 2013. HAGAN SUS APUESTAS!!!

PARTIDOS:

MÁLAGA - BARCELONA * Partido da Xornada
ATLÉTICO - ZARAGOZA
OSASUNA - R. MADRID
R. SOCIEDAD - DEPORTIVO
VIZOÑO B - ATL. SOBRADO

A Porra: o 2013 comeza con forza

Comezou o ano 2013 na porra con moita forza debido a gran e importante cantidade de acertos que houbo. Comezamos pola cabeza: o líder Esteban sumou 3 importantes puntos logo de acertar o Mallorca - Atlético. O que ata a pasada xornada pasada era segundo: Finito igualou a puntos na cabeza da táboa ó sumar 6 puntos froito do Mallorca - Atlético e Barcelona - Espanyol. Maite ubicouse na segunda posición da táboa logo de acertar o partido da xornada Deportivo - Málaga. Suso tamén acertou este partido así que suma tamén 8 puntos que o poñen na terceira posición da táboa empatado con Petete a 20 puntos.
Rubio sumou 3 puntos o acertar o Barcelona - Espanyol e por último Pazitos inaugurou o seu casilleiro ó acertar o mesmo partido.

PARTIDOS:

DEPORTIVO 1 - MÁLAGA O * Partido da Xornada
BARCELONA 4 - ESPANYOL 0
R. MADRID 4 - R. SOCIEDAD 3
MALLORCA 1 - ATLÉTICO 1
VILAMAIOR 1 - ATL. SOBRADO 1

CLASIFICACIÓN:


1. ESTEBAN / FINITO 31
2. MAITE 22
3. PETETE / SUSO 20
4. JOSITO 19
5. CHANY 17
6. VILLALOVE / VILLA 14
7. ISAK / FERREIRO5 12
8. EMILIO 11
9. CHINO / LATO 9
10. PITUS / ALBERTO / JOSÉ ANTONIO / RUBIO 6
11. PIRULO / PAZITOS 3

venres, 4 de xaneiro de 2013

Unha suxerencia para o regalo de Reis



 Se aínda non tedes decidido o que lle ides pedir ós Reis Magos e vos gusta a música, concretamente o pop-rock con toques surfeiros e que recorde as bandas británicas dos 80 estades de noraboa.

 Desde o blog de Víctor Lato queremos facervos unha recomendación: pedirlle as súas Maxestades de Oriente o disco "Sights and Sounds" dos australianos Made In Japan.

 O disco do que vos falo é o máis recente (2012) de un grupo formado aló polo 2008 en Sydney. Esto que sona é "Definitive Pulse", un auténtico temazo.

 Todo o disco é moi recomendable, así que xa sabedes, a pedirlle o último de Made In Japan ós Reis a ver se fustes bos e se portan. Eso sí, non olvidedes poñerlle comida e bebida os camellos...

FELICES REIS E QUE O CARBÓN SE É QUE VOLO TRAEN QUE SEXA DE CALIDADE, O DE VERDADE E NON ESA TRAPALLADA DOCE QUE DEIXAN ULTIMAMENTE...

xoves, 3 de xaneiro de 2013

Figuras non, o seguinte

Espectacular o especial que Mucha e Nucha ou o que é o mesmo "As Cantareiras de Ardebullo" nos obsequiaron a noite de Noiteboa na Televisión de Galicia. Está na conversa de todo o mundo dúas cancións: a que deixo aquí arriba "Raios de Sol" e a que vedes abaixo "Non temos pai". Vaia dous elementos, vaia interpretación, vaia letra e vaia todo... CRACKS!!!

mércores, 2 de xaneiro de 2013

A Porra: xornada 13

Moi boas, qué tal? como rematou ó 2012? agardo que ben. Como decíamos hai uns días hoxe quedaba posta a xornada 13 da Porra que terá lugar esta fin de semana. O primeiro partido estrela do ano será o Deportivo - Málaga do vindeiro sábado a partires das 20.00 horas no Estadio Municipal de Riazor e onde haberá máxima expectación polo debut do novo técnico do Depor, o portugués Domingos Paciència. Veremos que novidades presenta o cadro herculino tanto a nivel de formación no seu esquema inicial coma de plantexamento sobre o rectángulo de xogo. Moita sorte a tod@s!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - MÁLAGA * Partido da Xornada
Barcelona - Espanyol
Mallorca - Atlético
R. Madrid - R. Sociedad
Vilamaior - Atl. Sobrado