xoves, 28 de febreiro de 2013

O Venres Santo ímola liar

Hoxe quero falarvos de un importante evento que vai ter lugar en Sobrado dos Monxes o Venres 29 de marzo (Venres Santo).

Trátase do "Guateque Party" que organiza a Comisión de Festas Sobrado 2013. Para a ocasión, abrirá as súas portas, logo de uns anos pechado, un dos locais históricos de copas de Sobrado, nin máis nin menos que Disco Plaza. A festa comeza as 23.00 horas e xa vos digo que tanto por parte dos que organizan coma dos que imos facer movervos garantizamos que a noite vai ser do máis animada e divertida.

Para min é un privilexio e un orgullo que a organización das festas do pobo se puxese en contacto conmigo para que sexa un dos que pinchando un pouquiño de música anime o cotarro. Será espectacular compartir cabina con un consagrado Deejay da zona como é Magick Dj e xunto a unha xove promesa como é Dj Minas. Seguro que o imos pasar tod@s en grande. Tantos os que vos fagamos bailar coma @s que asistades a este evento. 
Como vedes esta foto pertence a unha das entradas para o evento que xa están a venda e que podedes adquirir poñendovos en contacto con Sandra, Adelaida (as señoritas primeiro), Rubén, Alberto Pedino ou Juan Karnotxo polo irrisorio prezo de 3€. Ademáis esta entrada é válida para o sorteo de unha morbosa "Cesta Erótica" para aquel ou aquela que o seu número de entrada coincida co que saia no sorteo que se celebrará ó longo de esa espectacular noite.

Hai un evento creado en Facebook chamado "Guateque Party" o que vos podedes sumar. Ademáis podedes elexir as cancións que queredes que pinche MAGICK DJ na súa sesión. Xa está aberta a votación.

Animádevos a vir o VENRES SANTO a DISCO PLAZA de Sobrado dos Monxes.

DIVERSIÓN GARANTIZADA!!!

mércores, 27 de febreiro de 2013

O porqué de algunhas palabras ou verbos



Nunca vos preguntastes de onte proveñen algunhas palabras ou verbos que definen "actos" en sí? Pois a min hoxe picoume a curiosidade con unha palabra en cuestión e fun buscar de onde proviña o verbo "FOLLAR".

* Advertencia: todo aquel ou aquela que pense que o significado de este verbo poida ferir a súa sensibilidade abstéñase de seguir lendo. Se realmente queres saber de onde proven este verbo continúa sen ningún problema.

Logo de buscar en diversos lugares da rede encontreime con esto que nos explica Mariano Arnal e que me parece do máis convincente:

Hay palabras que nacieron inocentes, ésta es una de ellas, y luego las convertimos en malsonantes. En todas las lenguas necesitamos palabras gruesas para cuando sentimos la necesidad de ser groseros o hirientes (y ocurre esto con frecuencia) y sus equivalentes más finas para cuando queremos ser elegantes. La selección es bastante arbitraria (véase lo que ocurre con el verbo coger, de tan distinto uso en España y en Hispanoamérica). El caso es que tenemos documentado desde 1732 el uso de ****** con el significado de "soplar con fuelle"; un siglo más tarde se le ha dado la vuelta y en 1822 significa ya "soltar una ventosidad". Y a partir de 1905, no hace aún un siglo, tenemos documentado su uso con el significado de "practicar el coito". Obsérvese, por pura curiosidad, que la palabra "follón" si alguna relación tiene con ****** es a partir del significado que ésta tuvo antes de 1905. De hecho la Real Academia tuvo que recoger el significado que actualmente tiene, asignado también con bastante arbitrariedad por los hablantes.

El verbo ****** tiene su origen en el sustantivo latino follis, que significa fuelle, del que procede el verbo follicare (la i átona no tardó en caer, con lo que se pasó a follcare, que se bifurcó en ****** y folgar). Follicare significa respirar como un fuelle, resollar, jadear. Es razonable creer que la utilización de este término para indicar el descanso, se debería justamente a la idea que la misma palabra des-canso encierra: sin cansancio, no puede haber descanso. Folgar sería detenerse a resollar, "tomarse un respiro" jadear, que además es una forma refleja de descanso (si hay cansancio, claro). Es posible que hayan influido en la asignación de esta palabra al acto del coito, tanto el significado de jadeo, como el de fuelle, por el movimiento de vaivén, especialmente convulsivo cuando se quiere avivar el fuego. Abona esta última hipótesis el hecho de que se use preferentemente este verbo considerando al hombre como agente gramatical y a la mujer como paciente, no siempre exclusivamente gramatical. Sea como fuere, ahí están las palabras y ahí las imágenes.

El hecho de que se use esta palabra como una grosería, posiblemente tiene un trasfondo digno de análisis. Si ponemos a un lado los términos ****** y joder, y al otro hacer el amor, observamos de inmediato que hemos colocado bien la barrera. La fórmula de hacer el amor, préstamo generoso de los franceses, implica respeto mutuo, implica absoluta igualdad de la pareja. En cambio en los términos ****** y joder van implícitos todos los usos que estas mismas palabras tienen fuera del ámbito sexual: agresividad, imposición, abuso... , con lo que cuando se emplean en el ámbito que supuestamente les es más propio, es inevitable que flote en ellas esta carga negativa, aunque no haya intención de aludir a ella, porque la llevan ya las palabras. Lo peor de todo, no es que sea el uso extrasexual el que contamina su valor sexual, sino bien al contrario. El hecho de que se haya practicado (y se siga practicando) el sexo de forma agresiva, es lo que ha permitido que estos términos hayan podido ser trasladados a otros ámbitos con el valor que tienen. 

Mariano Arnal 

Espero que a explicación vos servira de axuda.

Pasade boa tarde

luns, 25 de febreiro de 2013

A Porra: Xornada 21


O partido da xornada nesta semana 21 da porra será un descafeinado R. Madrid vs F.C. Barcelona pola distancia de puntos que os separa na Liga. De todos modos, estes partidos sempre son especiais e diferentes polo que calqueira resultado é posible.
Ademáis a xornada achéganos outros duelos interesantes como o Málaga - Atlético onde están en xogo as prazas de Champions. Un derbi valenciano máis igualado que nunca, o Deportivo xogándose a vida de novo en Riazor fronte o Rayo Vallecano e o partido do Atlético Sobrado fronte ó Encrobas que lle pode dar o título de Liga os homes de Hassan.

Estes son os encontros en liza da vindeira xornada:

PARTIDOS:

R. MADRID - BARCELONA * Partido da Xornada
MÁLAGA - ATLÉTICO
VALENCIA - LEVANTE
DEPORTIVO - RAYO VALLECANO
ATL. SOBRADO - ENCROBAS

A Porra: Esteban súbese de novo ó máis alto

Esteban volve a retomar o liderato que deixara semanas atrás logo de sumar 3 valiosos puntos no partido Barcelona 2 - Sevilla 1. O que ata esta xornada era líder, Josito non sumou de ahí que baixe á segunda posición.
Os grandes triunfadores da xornada foron Suso e Chany que sumaron 8 puntos logo de acertar o partido da xornada Deportivo 1 - R. Madrid 2. Suso e Chany métense de cheo na pelexa polo campionato da porra de este ano.
Outro que suma por segunda semana consecutiva é José Antonio que desta volta acertou o Atlético 1 - Espanyol 0 polo que incrementa a súa conta en 3 puntos.

RESULTADOS:

DEPORTIVO 1 - R. MADRID 2 * Partido da Xornada
BARCELONA 2 - SEVILLA 1
ATLÉTICO 1 - ESPANYOL 0
ATHLETIC 1 - R. SOCIEDAD 3
TAMBRE 2 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 48 

2. JOSITO 47

3. CHANY 42
4. FINITO / SUSO 34
5. ISAK 32
6. VILLA 26
7. MAITE / PAZITOS 25

8. JOSÉ ANTONIO 23 
9. PETETE / VILLALOVE / PITUS 20
10. FERREIRO5 / LATO 15
11. EMILIO 11
12. CHINO / RUBIO 9
13. ALBERTO / PIRULO 6

14. IVÁN COMBO 0

venres, 22 de febreiro de 2013

Vamos que nos vamos...



Venres = música electrónica neste blog. @s que sodes asiduos lector@s xa o sabedes que o último post de cada semana está adicado a facer un repaso de temas actuales e bos "remembers" da música electrónica internacional.

Desta volta deixo un dos mellores temas que sairon nos últimos e que non necesita nin presentación... temazo sen lugar a dúbidas!!!

Pasade boa finde (parece que volve a neve). Un finde especial, con partido do Depor contra o R. Madrid en Riazor e co derbi de Sobrado contra o Tambre. O C.A.S.X. por primeira vez na súa historia podería ascender de xeito automático o vindeiro domingo e proclamarse campión aínda que tería 1º que gañar e logo depender de unha derrota do Sp. Bribes.

VAMOS CRACKS!!!

#FORZACASX

xoves, 21 de febreiro de 2013

Marchando unha de chistes...




Hoxe levanteime coa vena simpática así que o post de hoxe non podía ser outra cousa que un chiste que a min paréceme especialmente bo: o do "Cristasol", que por riba trae premio engadido..., con acento asturiano.

Que vos sexa leve!!!

mércores, 20 de febreiro de 2013

A remontada é posible



Onte vin este novedoso video motivacional sobre o Depor e púxoseme a pel de galiña. Quizais os sentimentos de unha persoa afloran máis cando as cousas non van o ben que quixésemos e de ahí que estemos moito máis susceptibles.

Vivo e sufro cada victoria, cada empate e cada derrota do Depor como se fose o último. Ademáis é "Vox Populi" que con todo o Proceso da Lei Concursal as cousas están "malitas". Un descenso de categoría faría que seguramente tiveramos que baixar algún peldaño máis con todo o que suporía.

Por eso máis que nunca, hai que crer... Son 14 finais, 42 puntos en xogo, temos soamente 16 e hai que lograr unhas 9 victorias..., a fazaña é moi difícil pero non imposible. Ó Depor xa o vimos ser capaz de cousas incriblemente máxicas que non me vou poñer a enumerar porque non remataría en 3 días.

Así pois, o sábado, o deportivismo ten que estar máis unido que nunca para vencer a un xigante mundial como é o R. Madrid. E quen sabe se ese día comeza o resurxir dos herculinos...

Garantízovos que o tipo que está sentado no asento 27 da fila 24 de Pabellón Superior de Riazor alentará e animará máis que nunca ó noso Depor para aportar o seu graniño de area. Palabrita do Neno Xesús!!! Chamádeme iluso, pero eu creo na victoria do sábado.

 #FORZADEPOR

martes, 19 de febreiro de 2013

Xuntanza dos "López"


Informan desde a Xerencia do Centro de Actividades "Casa do Queixo" de Grixalba (Sobrado dos Monxes) de unha bonita iniciativa que terá lugar no citado Complexo Turístico o Domingo 30 de marzo.

Trátase da 1ª Xuntanza Xenealóxica dos López, todos aqueles que teñades ese apelido e queirades disfrutar de un día especial non podedes faltar á cita.

Tedes toda a información no cartel que deixo aquí e que podedes ampliar con un clic.

Noraboa a "Casa do Queixo" por tan brilante idea.

luns, 18 de febreiro de 2013

A porra: Xornada 20


Son varios os partidazos que nos presenta a Xornada 20 da Porra. Desta volta decidímonos como partido estrela o Deportivo - R. Madrid que se xogará o sábado 23 a partires das 20.00 horas en Riazor.

A elección foi difícil pois había outros partidos relevantes como o derbi de Sobrado: Tambre - CASX, o Barcelona - Sevilla ou o derbi vasco Athletic - R. Sociedad. Finalmente optamos por que fora o partido que supón o debut de Fernando Vázquez en Riazor ante a súa afección.

PARTIDOS:

DEPORTIVO - R. MADRID * Partido da Xornada
BARCELONA - SEVILLA
ATLÉTICO - ESPANYOL
ATHLETIC - R. SOCIEDAD
TAMBRE - ATL. SOBRADO

A Porra: Dura pugna na cabeza


Encarnizada loita nas posicións altas da táboa a que estamos a ver esta tempada na porra de este, o voso blog. Tanto o líder Josito coma o segundo clasificado Esteban acertaron o partido da xornada, o Atl. Sobrado 1 - Cire Melide 0 que deixa os homes de amarillo a tan so dúas victorias do campionato ligueiro e o conseguinte ascenso de categoría. Ademáis este partido tamén foi acertado por Pitus e José Antonio.

Foi unha xornada profíca en acertos logo de que tamén sumaran 3 puntos Suso, Isak e Ferreiro5 no R. Madrid 2- Rayo Vallecano 0, Rubio no Valladolid 0 - Atlético 3 e Chany no Granada 1 - Barcelona 2.

RESULTADOS:

ATL. SOBRADO 1 - CIRE MELIDE 0 * Partido da Xornada
GRANADA 1 - BARCELONA 2
VALLADOLID 0 - ATLÉTICO 3
R. MADRID 2 - RAYO V. 0
SEVILLA 3 - DEPORTIVO 1

CLASIFICACIÓN:

1. JOSITO 47

2. ESTEBAN 45
3. FINITO / CHANY 34
4. ISAK 32
5. VILLA / SUSO 26
6. MAITE / PAZITOS 25
7. PETETE / VILLALOVE / PITUS / JOSÉ ANTONIO 20
8. FERREIRO5 / LATO 15
9. EMILIO 11
10. CHINO / RUBIO 9
11. ALBERTO / PIRULO 6

xoves, 14 de febreiro de 2013

Callos, Ron y Rock & Roll



Pode que vos sone raro o título do post de hoxe pero non toleei (de momento). Quérovos falar de un bo disco que chegou ó meu poder. Trátase efectivamente de "Callos, Ron y Rock&Roll" o novo traballo grabado en directo de La Banda del Camión.

Esta banda coruñesa que ten como cabeza visible ó polifacético Francisco Seijo máis coñecido como "Gandy", estivo na última edición da feira da Troita de Sobrado dos Monxes facendo de teloneira de Burning. Gandy, que dou un salto definitivo a fama cando interpretou e compuxo o archicoñecido Rock do Deportivo que tantas veces temos escoitado ten unha dilatada traxectoria profesional no mundo da música.

Parece que esta formula de himnos a clubes de fútbol gustou máis aló da Coruña, pois Gandy tamén lle compuxo nos últimos tempos o himno a SD Ponferradina que milita na Liga Adelante.

"Callos, Ron y Rock&Roll" foi grabado o pasado 19 de outubro de 2012 na sala "O Tunel" da cidade herculina e consta de CD e DVD. Música alegre e imaxes divertidas. Cada canción do DVD vai presentada por artistas consagrados do panorama nacional como: Luz Casal, Loquillo, Carlos Tarque, Burning, Barón Rojo, Pablo Carbonell, Miguel Costas, Sergio Dalma, O´Funk´illo, Los Suaves, Carlos Goñi e un largo, etc.

Desde aquí a miña recomendación para que merquedes o disco, merece a pena e seguro que vos fará pasar un bo rato entretidos. Ademáis de cancións orixinais de La Banda del Camión, tamén hai versións de Kiss, Luz Casal,. Fito y Los Fitipaldis ou Van Halen entre outros.

Xa sabedes: "CALLOS, RON Y ROCK&ROLL" de LA BANDA DEL CAMIÓN

RECOMENDADO!!!


mércores, 13 de febreiro de 2013

Pura delincuencia

Este cuadrilla de delincuentes estivo antonte, luns de Entroido, visitando varios locais hostaleiros de Sobrado e de Melide. Rumoréase que comezaron a delinquir nada máis entrar a noite e que o seguiron facendo por un amplo espazo de horas, concretamente ata que se fixo ben de día. Desde latosobrado.blogspot.com fixémonos con varias instantáneas dos actos delictivos pillando "in fraganti" a este cuarteto.

Aquí tedes as imaxes:


luns, 11 de febreiro de 2013

A Porra: Xornada 19


O partido da estrela da xornada 19 da porra será un derbi moi especial: trátase do Atlético Sobrado - Cire Melide un partido que en caso de victoria marela pode deixar case sentenciado o Campionato ligueiro e o conseguinte ascenso de categoría en favor do conxunto de Sobrado. O partido disputarase o sábado 16 de febreiro no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas.

Recordar tamén que un dos partidos que entra en xogo, o Sevilla - Deportivo xógase o venres 15 as 21.30 horas así pois tan so serán válidos os resultados postos antes desa hora.

PARTIDOS:

ATL. SOBRADO - CIRE MELIDE * Partido da Xornada
GRANADA - BARCELONA
VALLADOLID - ATLÉTICO
R. MADRID - RAYO V.
SEVILLA - DEPORTIVO

A Porra: Josito volve ó máis alto


Josito retoma o liderato en detrimento de Esteban logo de sumar 3 puntos nesta xornada logo de acertar o Mesón do Bento 0 - Atl. Sobrado 2. Con este acerto o novo líder chega os 39 puntos. Este mesmo partido tamén o acertou Villa, seu irmán Villalove, Piru e este que vos escribe.

O gran triunfador da xornada foi Pazitos que foi o único que acertou o partido estrela R. Madrid 4 - Sevilla 1 sumando así 8 novos puntos que fan un total de 25 e pechando unhas últimas xornadas colosais.

RESULTADOS:

R. MADRID 4 - SEVILLA 1 * Partido da Xornada
BARCELONA 6 - GETAFE 1
RAYO V. 2 - ATLÉTICO 1
DEPORTIVO 0 - GRANADA 3
MESÓN DO BENTO 0 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. JOSITO 39
2. ESTEBAN 37
3. FINITO 34
4. CHANY 31
5. ISAK 29
6. VILLA 26
7. MAITE / PAZITOS 25
8. SUSO 23
9. PETETE / VILLALOVE 20
10. LATO 15
11. FERREIRO5 / PITUS / JOSÉ ANTONIO 12
12. EMILIO 11
13. CHINO 9
14. ALBERTO / RUBIO / PIRULO 6




venres, 8 de febreiro de 2013

Carnaval, Carnaval...



Hoxe comeza para moit@s oficialmente o Entroido 2013. Xa tedes rematado o voso disfraz? Seguro que algo faltará por ahí e quedarán algúns flecos para última hora... soe pasar!

Chegan días onde Don Carnal adquire protagonismo (en todos os sentidos) así que desde aquí animámosvos a que disfrutedes o mellor que poidades estes días de festa tolos, uns días totalmente diferentes ó resto do ano... pero eso sí, sempre con un chisquiño (xa non pido moito) de cabeza.

Por ser venres e  por ser Entroido, dúas razóns máis que de peso, déixovos un tema do ano pasado pero moi relacionado coas datas que estamos a vivir. Vémonos luns! que vos sexa leve...

P.D: DÁDELLE SEN MEDO!

mércores, 6 de febreiro de 2013

Festival de Entroido 2013 en Sobrado


Informa a web do Concello www.sobrado.es que para este vindeiro domingo 10 (domingo de Entroido) terá lugar o tradicional festival de Entroido.

A cita será a partires das 17.00 horas na Praza do Concello e en caso de condicións climatolóxicas adversas trasladaríase ó Pavillón Polideportivo Municipal.

Haberá dúas Categorías no Concurso cos seguintes premios :

- INDIVIDUAL: para nen@s ata 14 anos

1º Premio: Tablet 7"
2º Premio: MP4
3º Premio: Auriculares

- COMPARSAS: todas as idades, mínimo 4 persoas

1º Premio: 300€
2º Premio: 200€
3º Premio: 100€
4º Premio: 50€

Ademáis o Festival estará presentado polo grupo de Animación MARINEDA OCIO.


Agardemos que a climatoloxía respete un chisquiñoestes días de Entroido e se poida celebrar a Festa Pagá por excelencia en condicións.

FELICES FESTAS!!!






martes, 5 de febreiro de 2013

Foto adicada con todo o meu cariño


Hoxe quero adicar esta foto. Trátase de uns chourizos á parrilla. Este desexo, sae do fondo do meu corazón  e con moito cariño para uns "seres" que teñen máis cara que espalda: á gran maioría de políticos e banqueiros de este país.

A imaxe está clara: CHOURIZOS (políticos e banqueiros) Á PARRILLA (é donde deberían estar todos estes sinvergonzas).

Pasade boa tarde!!!


luns, 4 de febreiro de 2013

A Porra: Xornada 18

O partido estrela da Xornada 18 da porra será o que disputen o vindeiro sábado a partires das 22.00 horas no Santiago Bernabeu  o R. Madrid e o Sevilla FC. 8 puntos en  xogo para quen sexa capaz de acertar o resultado.

Fagan xogo señor@s!!!

PARTIDOS:

R. MADRID - SEVILLA * Partido da Xornada
BARCELONA - GETAFE
RAYO VALLECANO - ATLÉTICO
DEPORTIVO - GRANADA
MESÓN DO BENTO - ATL. SOBRADO

A Porra: Isak presenta a súa candidatura ó título


Isak saiu como o gran beneficiado da fin de semana na Porra logo de acertar o partido da xornada: Valencia 1 - Barcelona 1 e sumar así 8 importantes puntos que o poñen na 5ª praza da clasificación xeral con 29 puntos a tan so 8 do líder que unha semana máis sigue sendo Esteban.
Ademáis nesta xornada tamén sumou Maite 3 puntos o acertar o Granada 1 - R. Madrid 0 e José Antonio que acertou o Atlético 1 - Betis 0.

RESULTADOS:

VALENCIA 1 - BARCELONA 1 * Partido da Xornada
ATLÉTICO 1 -  BETIS 0
GRANADA 1 - R. MADRID 0
GETAFE 3- DEPORTIVO 1
ATL. SOBRADO 1 - MESÍA 1

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 37
2. JOSITO 36
3. FINITO 34
4. CHANY 31
5. ISAK 29
6. MAITE 25
7. SUSO / VILLA 23
8. PETETE 20
9. VILLALOVE / PAZITOS 17
10. FERREIRO5 / PITUS / JOSÉ ANTONIO / LATO 12
11. EMILIO 11
12. CHINO 9 
13. ALBERTO / RUBIO 6
14. PIRULO 3


venres, 1 de febreiro de 2013

O mal tempo... caña!



Increible o do tempo desde que comezou o 2013 aquí no interior de Galicia. Non vai parar de chover nunca ou qué???

Non queda outra que ter paciencia e agardar a que esto (como din os vellos) "compoña un pouco".

Deixovos esta maravilla de Dj. Assad que se xuntou a 3 cracks: Mohombi, Craig David e Greg Parys para facer este temón DANCE que está a ser a sensación nos últimos meses en radios, discotecas, antros, boutiques e demáis...

Teñan vostedes unha boa fin de semana.

Ahhh, SEDE MALOS!!!