mércores, 27 de marzo de 2013

"Bo Camiño"? Non, o seguinte!!!


Se entrades en foros relacionados co Camiño de Santiago algunha xente comparte experiencias de que facer o "Camiño" supón un reencontro contigo mesmo, que coñeces xente estupenda, que aínda que é duro ó chegar a Praza do Obradoiro cúranche todas as dores ó ver ese "precioso marco", ou que incluso lle axuda a sair de problemas a persoas que antes de emprender a ruta parecía que estabán nunha rúa sen saida.

Non sei as sensacións que levaba o protagonista de hoxe nesta zona do interior de Galicia, pero se iba fastidiado o home debido á quilometrada seguro que hoxe ó chegar a Arzúa pasáronlle todas as malas sensacións (se é que levaba algunha...).

E sí, falo evidentemente do afortunado peregrino que onte selou un boleto de Bonoloto na Administración de Melide e que hoxe ó chegar ó Estanco de Arzúa soubo que era o único acertante de máxima categoría de onte o que lle supón embolsarse... AGARRADEVOS: 2.912.425´98€

Supoño que o "viaxeiro" en cuestión tería que aprazar uns días a súa chegada á Capital de Galicia para facer diversas xestións. Ou quen sabe, igual leva o boleto xunto Santiago Apóstol, llo frega pola espalda e deixa unha boa propina para o cepillo da Catedral...

O caso é que estou seguro que este peregrino xamáis olvidará nin o Camiño de Santiago, nin Melide, nin Arzúa... abofé que ha de visitar a zona moi a menudo a partires de XA!

Déixovos o enlace da Edición Dixital de La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/03/27/peregrino-cordoba-ganador-bonoloto-sellada-melide/00031364385839650471734.htm

Tamén aproveitar para desexarvos unha feliz Semana Santa. Lémonos o luns.

Un saudiño

martes, 26 de marzo de 2013

Faltan 3 días


Xa non falta nada, tan so 3 días para que Sobrado sexa o Centro da movida en toda Galicia. Como falamos hai uns días, o VENRES 29 (Venres Santo) a Comisión de Festas Sobrado 2013 organiza unha macrofesta que fará as delicias das centas de persoas que xa teñen garantizada a súa asistencia.

Creo que xa está a funcionar a reventa de Entradas pois parece ser que Disco Plaza vai estar máis que "petada" pero queremos máis...e dicir, que as sardiñas en lata sexan unhas aficionadas ó lado do numeroso público que vai acudir ó evento.

O festón comeza as 23.00 horas e o horario de finalización será as... quen sabe????

Recórdovos que a entrada ó evento está numerada e que dito número sirve para o sorteo de unha CESTA ERÓTICA a que non lle falta de nada, e cando digo DE NADA é DE NADA.

Desde a Comisión Organizadora recálcanme que SE PERMITIRÁ O ACCESO Ó LOCAL INCLUSO EN BOTAS DE GOMA polo tanto xa sabedes: a lucir as vosas mellores galas!!!


EN CABINA:

DJ. MINAS


MAGICK DJ. 


DJ. LATO

CAMAREIR@S DE ALTO STANDING, AGRADABLES, TRABALLADOR@S, LIMP@S, EDUCAD@S, GUAP@S, SOLTEIR@S, SIMPÁTIC@S E SOBRETODO UNS SANT@S..., QUE MÁIS PODES PEDIR PARA UN VENRES TAN ESPECIAL???

VEN A TÚA PROCESIÓN PARTICULAR!!!

luns, 25 de marzo de 2013

A Porra: Xornada 25



Volve a Liga BBVA a vindeira fin de semana con apaixoantes partidos. Nesta xornada 25 o partido máis destacado será o Celta - Barcelona que se disputará en Balaidos o sábado 30 de marzo a partires das 18.00 horas.

Ide facendo os vosos pronósticos que esto vai collendo máis emoción cada xornada que pasa!!!

PARTIDOS:

CELTA - BARCELONA * Partido da Xornada
ZARAGOZA - R. MADRID
MALLORCA - DEPORTIVO
ATLÉTICO - VALENCIA
ESPANYOL - R. SOCIEDAD

A Porra: suman Suso, José Antonio e Isak


Tan so 3 foron os participantes que tiveron a oportunidade de sumar puntos nesta xornada onde a 2ª División era a gran protagonista. Ninguén foi capaz de acertar o partido da xornada, o Lugo 3 - Racing 2.
Suso acertou o Toques 1 - Atl. Sobrado 3, José Antonio dou no clavo co Elche 1 - Murcia 0 e Isak andivo fino no Almería 0 - Sporting 1.

Así pois a táboa siguea liderando Esteban con 54 puntos seguido de Josito con 47, Chany con 45 e Finito con 42.

RESULTADOS:

LUGO 3 - RACING 2 * Partido da Xornada
ESPAÑA 1 - FINLANDIA 1
ELCHE 1 - MURCIA 0
ALMERÍA 0 - SPORTING 1
TOQUES 1 - ATL. SOBRADO 3

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 54
2. JOSITO 47
3. CHANY 45
4. FINITO 42
5. ISAK 38
6. MAITE / SUSO 37
7. VILLA / JOSÉ ANTONIO 29
8. PAZITOS 25
9. PITUS / PETETE / LATO 23
10. EMILIO 22
11. VILLALOVE 20
12. FERREIRO5 15
13. RUBIO 12
14. CHINO / PIRU 9
15. ALBERTO 6
16. IVÁN COMBO 3

venres, 22 de marzo de 2013

REINCIDENTES e SÍNKOPE estarán nos Dolores 2013





Teño que quitarme o sombreiro ante a Comisión de Festas de Sobrado 2013. A semana pasada fixeron oficial no seu Facebook que dous grandes grupos do rock estatal como son REINCIDENTES e SÍNKOPE darán o pistoletazo de saida a Festa na Honra á Virxe dos Dolores.

O concerto terá lugar o VENRES 13 DE SETEMBRO e visto a que está a caer nestes tempos convulsos o esforzo feito por Ade, Alberto, Juan, Rubén e Sandra ten máis mérito se cabe. Non é doado poder ter este cartel así nun lugar tan pequeno coma Sobrado e est@s 5 fenómen@s conseguírono.

Agora queda por saber o elenco de orquestras que completarán o cartel dos 3 días de festa que seguro que non defraudarán. Sendo coñecedor de como as gastan as persoas que forman parte da Organización estou seguro que vai ser un auténtico festón.

Desde aquí póñome a enteira disposición da Comisión para axudarlles no que esté na miña man pois coa axuda de todos os Dolores 2013 deixarán un grato recordo no pobo e en toda a comarca.

PARABÉNS COMISIÓN!!!

Pasade boa finde

xoves, 21 de marzo de 2013

Maraton de Fútbol Sala en Curtis


Os Alumnos de 2º de Bacharelato da IES de Curtis (A Coruña) organizan para os días 28,29 e 30 de marzo un Maraton de Fútbol Sala no Pavillón Municipal da citada localidade.

Haberá importantes premios para os 3 primeiros equipos clasificados:

1º 1.100 €
2º 500 €
3º 100 €

Se vos gusta xogar ó fútbol sala e por riba queredes gañar uns cartiños este é o voso momento. Inscribídevos xa pois faltan poucos días. A organización do Maraton ten a súa web oficial http://maratoncurtis.wix.com/maraton aí poderedes ver con máis detalle os pormenores do Campionato.

Un saúdo


martes, 19 de marzo de 2013

Xoga a ser Bárcenas no teu smartphone ou tablet


Hoxe imos tomar a actualidade que nos ocupa dándolle unha nota humorística ó Caso Bárcenas. Aínda que o asunto en sí é peliagudo e sangrante a máis non poder a empresa canaria 4DS Animation Studio creou "Dársenas, el tesorero corrupto".

Este é un xogo gratuito dispoñible para smartphones e tablets onde o xogador terá a oportunidade de poñerse na pel de un tesoureiro de un partido político que debe repartir diñeiro entre militantes de ese partido e desviar fondos as súas contas privadas en Suiza antes de que Facende se dé de conta
.
O xogo remata cando o xogador non cumpla co obxectivo e un membro descontento do partido filtre os seus libros de contas á prensa.

Así pois, xa sabedes, se queredes entretervos un anaco xa podedes descargar a app, é gratuita.

Feliz martes.

luns, 18 de marzo de 2013

A Porra: Xornada 24


Como sabedes a vindeira fin de semana non hai liga en Primeira Divisións por mor dos compromisos oficiais que ten que afrontar a Selección Española de Fútbol valedeiros para a Clasificación do Mundial de Brasil 2014. Así pois, o groso da xornada 24 da porra centrarase na 2ª División onde o partido estrela será o que enfronte o sábado no "Anfield" Carro a Lugo e Real Racing Club de Santander.

Entra na porra o partido España - Finlandia que se disputará o venres a partires das 20, 45 horas. Así pois non vos despistedes en poñer os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

LUGO - RACING CLUB * Partido da Xornada
ESPAÑA - FINLANDIA
ELCHE - MURCIA
ALMERÍA - SPORTING
TOQUES - ATL. SOBRADO

A Porra: xornada expléndida para Emilio

Emilio foi o gran triunfador da xornada logo de sumar 11 puntos ó acertar o partido da xornada: Deportivo 3 - Celta 1 así como o FC Barcelona 3 - Rayo Vallecano 1. Uns puntos que lle permiten escalar posicións na táboa clasificatoria. O líder Esteban volveu a sumar, de esta volta 3 puntos logo de acertar o Barcelona 3 - Rayo Vallecano 1. Este mesmo partido acertouno Rubio, Maite, Chany e Piru, así pois todos eles incrementan en 3 os seus puntos na clasificación.

PARTIDOS:

DEPORTIVO 3 - CELTA 1 * Partido da Xornada
BARCELONA 3 - RAYO V. 1
R. MADRID 5 - MALLORCA 2
OSASUNA 0 - ATLÉTICO 2
ATL. SOBRADO 3 - PONTECARREIRA 3

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 54

2. JOSITO 47

3. CHANY 45

4. FINITO 42

5. MAITE 37

6. ISAK 35

7. SUSO 34

8. VILLA 29

9. JOSÉ ANTONIO 26

10. PAZITOS 25

11. PITUS / PETETE / LATO 23

12. EMILIO 22

13. VILLALOVE 20

14. FERREIRO5 15

15. RUBIO 12

16. CHINO / PIRU 9

17. ALBERTO 6

18. IVÁN COMBO 3

venres, 15 de marzo de 2013

Sucedeu a tempada pasada



Hoxe é un venres atípico. No lugar da música Dance que nos soe acompañar no blog adicamos o espazo ó resumo do Deportivo 2 - Celta 1 da tempada pasada. E digo atípico porque ademáis da primeira característica que comentei hoxe xógase o Derbi Galego por antonomasia en Riazor. Está claro que as televisións mandan e nin é o día apropiado nin a hora convinte para ningunha das dúas aficións mais é o que toca e non hai volta atrás.

O Depor xógase literalmente a vida, todo o que non sexa victoria será unha prematura despedida de 1ª División. Unha peregrinaxe que se podería facer eterna pero... hai que confiar na victoria para tomar un pouco de osíxeno.

Os siareiros non imos fallar.

FORZA DEPOR

Que teñades boa fin de semana

martes, 12 de marzo de 2013

Xa podo morrer tranquilo, estou na GLORIA!



Un dos soños da miña vida fíxose realidade o pasado domingo. O Club Atlético Sobrado Xuventude convertiuse por primeira vez na súa historia CAMPIÓN DE LIGA acadando o ascenso a 2ª Autonómica. Feito histórico en Sobrado dos Monxes pois nunca antes un equipo federado conseguira algo semellante. Non sabedes a emoción que me embarga  ver a tanta xente feliz, disfrutando de este momento, logo de moitos sin sabores, de molladuras, de pasar frío e calor, de desplantes, de oir parvadas e mentiras... e de traballo...moito traballo.

Estos 15 anos de historia do Clube vense compensados con esta PROEZA de uns heroes que teñen nome e apelidos, e non so falo dos 20 xogadores do primeiro equipo equipo, do míster Hassan e da Xunta Directiva. Senón tamén de todos e cada un dos que día a día están ahí. De xente maravillosa que nos rodea, que nos apoia e que nos axuda. Que tirou e tira por nós cando as cousas non van tan ben e que xamáis desfalecen. A todos el@s GRAZAS DE CORAZÓN.

Tamén quero agradecerlle a miña familia e a miña moza todo isto, pois o Club Atlético Sobrado Xuventude faime roubar tempo de estar con eles para aportar o meu humilde gran a este clube que o é todo para min. Eles saben que eu sen o C.A.S.X. non sabería vivir e que forma parte moi importante da miña vida. Por iso estes días están enormemente felices de verme con un sorriso de orella a orella.

Soñei moitas veces co logrado o domingo, pero un xamáis se pode imaxinar todo o que supón ser campión de Liga e formar parte de unha xesta tan importante para un pequeno pobo do interior de Galicia ata que o colexiado pita o final do encontro. O 10 de marzo de 2013 xa é un dos máis importantes da miña vida.
Costaríame moitísimo reproducir todos os sentimentos que tiven ó longo do día. So ver a cara de xogadores, directivos e seguidores, con ese ánimos, esa felicidade, os abrazos, a comida, as celebracións, os brindis, Sobrado tinguido de cor marela, o son do bombo, os cánticos, o paseo na furgoneta polo centro do pobo, o telefono literalmente colapsado de mensaxes de felicitación..., é algo que aínda hoxe me pon a pel de galiña ó pensalo.

Quero agradecer a todas aquelas persoas que por activa ou por pasiva formaron e forman parte de este clube polo seu graniño de area en todo isto. Sen tod@s el@s isto xamáis sería posible.

Tedes un miniresumo do ascenso no blog do equipo http://atleticosobrado.blogspot.com en próximos días iremos subindo fotos que nos irán proporcionando os nosos siareiros e siareiras.

O vindeiro sábado será outro día moi especial. Unha das autoridades da Federación Galega de Fútbol virá en persoa ó Municipal de Sobrado a entregarnos o Trofeo de Campións de Liga nos prolegómenos do C.A.S.X. - Pontecarreira que comezará as 17.00 horas. Desde o Clube estamos fomentando unha campaña no noso grupo de Facebook e no Twitter oficial para que os nosos seguidores e seguidoras veñan ataviados de cor marela a ver o partido nun día histórico para o Clube e para Sobrado.

AGARDÁMOSVOS!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

luns, 11 de marzo de 2013

A Porra: Xornada 23


O partido máis destacado da Xornada 23 da Porra será o que enfronte o venres a partires das 21,45 horas no Estadio Municipal de Riazor a Deportivo e Celta. O derbi galego proporcionará 8 puntos a quen acerte o resultado.

Estes son os PARTIDOS:

DEPORTIVO - CELTA * Partido da Xornada
BARCELONA - RAYO VALLECANO
R. MADRID - MALLORCA
OSASUNA - ATLÉTICO 
ATL. SOBRADO - PONTECARREIRA

A Porra: Esteban máis líder


Esteban é un pouco máis líder logo de sumar 3 importantes puntos no Athletic 1 - Valencia 0. Os seus máis inmediatos perseguidores non sumaron así que Esteban chega a 51 puntos.
O citado partido fixo sumar ademáis de o líder a Pitus, a José Antonio, a Isak e a Maite. Esta última tamén acertou o Carral B 1 - Atl. Sobrado 3 polo que suma 6 puntos.
O partido que lle dou o ascenso o Atlético Sobrado tamén foi acertado por Iván Combo, Villa e Petete sumando así 3 puntos cada un.

RESULTADOS:

BARCELONA 2 - DEPORTIVO 0 * Partido da Xornada
CELTA 1 - R. MADRID 2
ATLÉTICO 0 - R. SOCIEDAD 1
ATHLETIC 1 - VALENCIA 0
CARRAL B 1 - ATL. SOBRADO 3

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 51
2. JOSITO 47
3. CHANY /FINITO 42
4. ISAK 35
5. SUSO / MAITE 34
6. VILLA 29
7. JOSÉ ANTONIO 26
8. PAZITOS 25
9. PITUS / PETETE / LATO 23
10. VILLALOVE 20
11. FERREIRO5 15
12. EMILIO 11
13. CHINO / RUBIO 9
14. ALBERTO / PIRU 6
15. IVÁN COMBO 3

venres, 8 de marzo de 2013

Un "Jeffe"



Aproveitando que o señor JEFF MILES, un dos mellores deejays do mundo anda estes días por Galicia e máis aínda coincidindo en venres, que como sabedes, é o día destinado a música electrónica neste blog, tiña que haber un apartado especial para a "Máquina de Detroit".

Os que vos guste a música electrónica de verdade seguro que xa coñecedes isto, colgo "The Bells" para que vos refresque un pouco a memoria de tempos pasados.

Pasade boa finde.

mércores, 6 de marzo de 2013

IMBORRABLE e INOLVIDABLE



Os que seguides este blog desde hai bastante tempo sabedes que cada 6 de marzo o protagonista do post do día é o R.C. Deportivo e o famoso CENTENARIAZO do 6 de marzo de 2002 no Santiago Bernabeu (Final de Copa do Rei contra o Real Madrid para os máis despistados).

Cada ano, este 6 de marzo, fun citando algunhas cousas novas e repetíndome nalgunhas outras de todas as fazañas que ocorreron en tan lembrado día. Teño a fortuna que na miña vida ocorréronme moitísimas cousas boas e por sorte moi poucas malas, pero sempre o digo: o 6 de marzo de 2002 é un dos mellores días da miña vida. Xamáis o olvidarei e teño infinidade de recordos: tanto da noite anterior de farra que montamos en Sobrado, así coma na viaxe de ida, no prepartido xa nos aledaños do Bernabeu, no baño que lle dimos o Madrid Galáctico, no post partido e na viaxe de volta... todo esto forma parte da miña historia persoal e o  levarei con gran ledicia conmigo a tumba.

Hoxe entroume a nostalxia e fun ó fondo do baúl para recuperar unha boa cantidade de fotos que teño de aquel magnífico día. Fotos de moitas risas, moita diversión, de grandes recordos e de infinidade boísimos amigos, entre eles Bross, o que xamáis ningún de nos olvidaremos.

Este ano quixen poñer este video que xa anda pululando por Youtube. Un pequeno estracto de 3 minutos 30 segundos que sirven para resumir de xeito mioi breve o partido e o ambiente do CENTENARIAZO.

QUE NOS QUITEN O BAILADO

ORGULLOSO DE SER DEPORTIVISTA

FORZA DEPOR

martes, 5 de marzo de 2013

Recomendable


Sábado a noite tiven a oportunidade de compartir mesa e mantel con outras 5 persoas en Casa do Grande en Friol (Lugo). Está situado xusto ó lado da ponte do río Narla que atravesa o pobo lucense.

Debo decir que pasara máis veces por diante do local pero xamáis entrara. Aconsellados por un dos comensais decidimos pasar unha amena cea no citado local e a verdade é que me encantou.

Últimamente nesta zona foron pechando lugares onde comer "un pouco diferente", é dicir, pagar algo menos de 30 euros por cabeza (falo de entrantes, prato principal, postre, café e viño crianza) e comer con calidade.

Este lugar desde XA, é un dos que recomendarei a calqueira que me pregunte onde cear "á carta" polo interior de Galicia.

Estivemos no comedor pequeno (parece ser que ten un moito máis grande), moi acolledor,  o trato da camareira foi estupendo, moi simpática e atenta, sempre pendente e moi profesional sabendo o que necesitabamos en cada momento. Destacar o Carpaccio e o Chuletón de Boi: ESPECTACULAR!!! e o prezo moi pero que moi razoable.

Agora que xa vin o funcionamento do local penso voltar máis a miudo, a min con so unha cea xa me gañaron como cliente.

Se tedes a oportunidade acudide alí, penso que non vos defraudará.





luns, 4 de marzo de 2013

A porra: Xornada 22

Outra xornada máis a Porra traerá auténticos partidazos a vindeira fin de semana. Como partido estrela destacamos o FC Barcelona - RC Deportivo que se xogará o sábado as 8. Líder vs Colista... haberá sorpresa??? Pero ademáis a xornada obséquianos con un emocioante Atlético - R. Sociedad loitando por postos europeos. Outro encontro destacado será o Celta - R. Madrid. Nesta semana 22 incluimos un clásico da Liga Española como é o Athletic - Valencia. Xa por último o partido Carral B - Atl. Sobrado que lle pode dar o ascenso ó noso querido clube no caso de que o conxunto marelo sexa quen de sumar a domicilio.

PARTIDOS:

BARCELONA - DEPORTIVO * Partido da Xornada
ATLÉTICO - R. SOCIEDAD
CELTA - R. MADRID
ATHLETIC - VALENCIA
CARRAL B - ATL. SOBRADO

A Porra: Finito entra na pelexa


Boa xornada da Porra para Finito que entrou de cheo na pelexa  polo título de esta 4ª Edición logo de acertar o partido da xornada. Con estes 8 puntos acada a cifra de 42 e ubícase entre os máximos candidatos a sair campión ó final de tempada.
Outra que sumou puntos foi Maite, de esta volta 3 logo de acertar o derbi valenciano que rematou en empate a 2 goles.
Polo que a min respecta, tiven a fortuna de sumar tamén 8 puntos logo de que, o igual que Finito acertase o R. Madrid 2 - Barcelona 1. Con estes puntos chego a cifra de 23.

RESULTADOS:

R. MADRID 2 - BARCELONA 1 * Partido da Xornada

MÁLAGA 0 - ATLÉTICO 0
VALENCIA 2 - LEVANTE 2
DEPORTIVO 0 - RAYO VALLECANO 0
ATL. SOBRADO 2 - ENCROBAS 2 

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 48 
2. JOSITO 47

3. CHANY / FINITO 42
4. SUSO 34
5. ISAK 32

6. MAITE 28
7. VILLA 26
8. PAZITOS 25

9. JOSÉ ANTONIO / LATO 23 
10. PETETE / VILLALOVE / PITUS 20
11. FERREIRO5 15
12. EMILIO 11
13. CHINO / RUBIO 9
14. ALBERTO / PIRULO 6

15. IVÁN COMBO 0

venres, 1 de marzo de 2013

Chegou marzo... alegría!!!



Como cada venres temos música dance no blog de Víctor Lato. Desta volta toca facer mención ó novo do Dj. Brian Cross acompañado pola "gaseosa revoltosa" Inna.

Chegou marzo e con él a alegría, en apenas 3 semanas comeza a primavera e con ela agardemos que a calor e o sol que tanto desexamos.

Este fin de semana temos un importante evento a tan so 22 quilómetros de Sobrado, concretamente en Arzúa. Unha nova edición da Feira do Queixo onde haberá música ademáis de diversas exaltacións culturais e gastronómicas. Unha cita moi aconsellable.

Para os que sodes seguidores do Atlético Sobrado, mañá a partires das 18.00 horas hai un partido moi importante para a escadra de Hassan fronte ó Encrobas CF. En caso de victoria marela o C.A.S.X. rozaría o Campionato e Ascenso coas mans. Así pois xa sabedes, a partires das 18.00 horas tod@s ó Municipal a animar á Maquina Amarilla.

Pasade boa finde e portádevos coma a xente trastiñ@s!!!