venres, 28 de xuño de 2013

BOAS FESTAS!!!


Como anunciabamos días atrás, mañá 29 de xuño comezan as FESTAS NA HONRA A SAN PEDRO, Patrón do pobo de Sobrado.
A festa comeza logo da misa das 13 horas coa Banda Municipal de As Pontes para que seguidamente sexa a Orquestra LOS PÉREZ os que terán o honor de facer a sesión vermouth do día do patrón. Xa pola noite chega o prato forte pois ademáis dos citados LOS PÉREZ un ano máis chegan as máquinas, unha das mellores formacións de Galicia: o grupo AMÉRICA.
Xa metidos no domingo tanto a sesión vermouth coma a foliada nocturna correrá a cargo da Orquestra ALIANZA.

Desde aquí darlle as grazas a Comisión polo seu traballo e avisar que será a propia comisión a que teña o bar dentro do campo da festa, así pois, xa sabedes: A CONSUMIR!!!

Se hoxe queredes ir abrindo boca no que a festas se refire, evidentemente téñovos que recomendar a festa na miña segunda terra: Présaras onde hoxe tamén arranca a festa na honra o mesmo santo.

A ver como se da o finde que se preve caluroso.

VÉMONOS NAS FESTAS!!!

xoves, 27 de xuño de 2013

Bloqueo

Estes días o blog non está tendo unha actividade normal. O certo é que a causa é o bloqueo mental que teño estes días debido a varios factores que fan sacarme de quicio e que nin prefiro comentar porque estes días non son eu. O humor brilla pola súa ausencia pero de momento é o que hai. Espero que en próximos días a cousa vaia a mellor e me volva a ver o 100% como me gusta estar cada vez que escribo aquí. Disculpade a pouca "miga" que ten o post de hoxe pero non estou para contar moita historia máis... de facelo igual estoupo coa mala ostia.

Un saúdo, que teñades boa tarde.

venres, 21 de xuño de 2013

Sobrado amplía a súa oferta de Aloxamento



Moi boa nova para o pobo de Sobrado. En escasos días terá lugar a apertura do Albergue Turístico "Lecer" que está situado na Rúa Casiñas (xusto a entrada do pobo se vides desde Teixeiro ou Friol). Este novo negocio servirá para que o pobo de Sobrado vexa así ampliada a súa oferta de aloxamento para visitantes algo que sen lugar a dúbidas daralle un gran impulso os negocios e a zona en xeral.

O Albergue Lecer é o segundo proxecto da familia Tato Souto, pois ademáis do novo albergue tamén dispoñen de un Café no centro do pobo, concretamente enfrente a parada de Taxi.

Desde aquí desexarlles toda a sorte do mundo nesta nova andaina da que estou seguro que será todo un éxito.

Sen máis desexarvos a tod@s unha boa ponte de San Xoán e ogallá se cumplan os vosos desexos ó saltar a Lumeirada.

Vémonos o martes.

mércores, 19 de xuño de 2013

Galicia a todo Tren

Turismo de Galicia e RENFE veñen de anunciar unha interesante proposta para este verán: descubrir novas paisaxes, paseando polas vilas e cidades galegas. A idea é poder recorrer os litorais das Rías Altas, da Mariña de Lugo, das Rías Baixas e asomarte a terras do Interior, surcadas polos ríos Miño e Sil, salpicadas de viñedos nas súas ladeiras.
Cidades históricas coma Lugo, Ourense, Pontevedra, ou Santiago, ideais para pasear; Vigo ou A Coruña, extraordinarias para gozas das súas praias; ou o Ferrol da Ilustración. So terás que baixar do tren e camiñar. Olvídate do coche e disfruta Galicia de unha maneira diferente a través do bono Galicia Rail Pass.

Máis info no enlace http://www.turgalicia.es/presentacion-trenes-turisticos-de-galicia?langId=gl_ES

luns, 17 de xuño de 2013

San Peter 2013... "que el ritmo no pare"


A Comisión de Festas de Sobrado 2013 fixo oficial o cartel anunciador das Festas na Honra ó Patrón do Pobo, San Pedro. Este será o "aperitivo" para o que serán as desexadas e ansiadas festas dos Dolores (Lola 2013) aló polo mes de setembro que un ano máis prometen e e estou máis que seguro que non defraudarán. De momento imos por partes: comezaremos este domingo 23 coa lumeirada de San Xoán e para a seguinte semana disfrutaremos de 2 días de festa da boa na que moit@s xa estamos desexando ver a América unha vez máis na Praza de Sobrado.

Desexarlle toda a sorte posible á Comisión e pedir coma sempre que a climatoloxía respete.

Vémonos no Campo da Festa!!!

venres, 14 de xuño de 2013

Unha vez máis volve a pasar





De tod@s é sabido que normalmente as versións de temas orixinais non son nin por asomo do nivel desexado. Unha vez máis volve a pasar, desta volta da man de David Guetta (o cal respeto moitisimo), Akon e Ne-yo que osaron facer este "Play Hard" (videoclip 1) que é unha copia bastante mala do Better Of Alone de Alice Deejay (videoclip 2), un tema que soou moito no verán do 2000.

Guetta é coñecido por versionear (polo xeral decentemente) cancións de outros artistas, pero desta volta a verdade é que non se luceu moito que digamos. Agardemos que en próximos "hits" lle volva a "inspiración".

Pasade boa fin de semana

Bicos

mércores, 12 de xuño de 2013

San Xoán 2013 en Sobrado



Un ano máis, como ven sendo tradición, a Comisión de Festas de Sobrado organiza a "Noite Meiga" de San Xoán o domingo 23 de xuño (recordemos que o día 24 é festivo en Galicia). A Organización está que non para e como vedes na foto do cartel ofrécenos a posibilidade de cear un bo churrasco polo módico prezo de 10€. Sinalar que o lugar de celebración cambia con respecto a outros anos e celebrarase no Recinto Feiral "As Casiñas" sustituindo a Área Recreativa de "Campo Francés" como viña sendo habitual nos últimos tempos.
O evento comeza as 21 horas e como ven sendo habitual nas actividades da Comisión Sobrado 2013 informan que ESTÁ PERMITIDO O ACCESO INCLUSO CON BOTAS DE GOMA.

Ogallá a festa sexa todo un éxito!!!

luns, 10 de xuño de 2013

A Porra: Esteban Campión da IV Edición



Non lle fixo falta sumar nesta derradeira xornada da Porra a Esteban,  o que era destacado líder para conseguir o título de Campión desta IV Edición. É a segunda vez que Esteban consigue o Campionato da Porra, a primeira ocasión foi na segunda edición na tempada 2010/2011. Parece que as edicións "pares" dánselle ben o capitán do Atlético Sobrado.

Nesta xornada sumaron 8 puntos José Antonio que lle sirve para quedar clasificado na 4ª posición dando un gran salto na xeral e Pitus que finalmente será 10º. Sumaron 3 puntos Villalove, clasificado na xeral no posto 11 empatado con Petete logo de acertar o Lugo 2 - Ponferradina 2 e Josito que será finalmente 5º ó acertar o Numancia 1 - Córdoba 0.

Desde aquí agradecer a tod@s a participación nesta IV EDICIÓN DA PORRA e desde XA estade atentos pois a pouco de que comece a tempada 2013/2014 tamén arrancará a V Edición.

PARTIDOS:

VILLARREAL 1 - ALMERÍA 0 * Partido da Xornada
LUGO 2 - PONFERRADINA 2
ALCORCÓN 4 - SABADELL 0
MURCIA 1 - LAS PALMAS 0
NUMANCIA 1 - CÓRDOBA 0

CLASIFICACIÓN XERAL FINAL:

1. ESTEBAN 76
2. CHANY 59
3. SUSO 53
4. JOSÉ ANTONIO 51
5. JOSITO 50
6. ISAK 49
7. FINITO 48
8. EMILIO 45
9. MAITE 43
10. PITUS 42
11. PETETE / VILLALOVE 34
12. VILLA / LATO 29
13. PAZITOS 25
14. FERREIRO5 / RUBIO 15
15. PIRU 12
16. IVÁN COMBO 11
17. CHINO 9
18. ALBERTO 6


venres, 7 de xuño de 2013

Luns vémonos



De novo e como cada venres, música fresquiña para ir abrindo boca para a fin de semana. Mañá toca cea con outr@s 53 fenómenos. Peligro, peligro, peligro.

Deixovos con Timati e Craig David, dous dos "artistas" que están rachando coa pana actualmente no que a música se refire.

Pasade unha boa finde

Bicos e apertas

xoves, 6 de xuño de 2013

I CAMPUS DE FÚTBOL "ALEX BERGANTIÑOS"



O xogador do Real Club Deportivo da Coruña Alex Bergantiños dará nome o I Campus de Fútbol que se celebrará no mes de Xullo en Vilasantar.

Organizado polos Concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar e coa inestimable colaboración do mediocentro Deportivista este "I Campus de Fútbol Alex Bergantiños" comezará o 1 de xullo e rematará o 27 do mesmo més.

Haberá 4 quendas repartidas en semanas de luns a venres:

Benxamín (nados no 2003 e 2004): 1ª quenda do 1 de xullo ó 5 de xullo
Alevíns (nados no 2001 e 2002): 2ª quenda do 8 ó 12 de xullo
Infantil (nados no 1999 e 2000): 3ª quenda do 15 ó 19 de xullo
Cadete (nados no 1997 e 1998): 4ª quenda do 22 ó 27 de xullo

A Cota de Inscrición é de 50€ para os Veciños dos Concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar.
Para veciños de outros Concellos a cota acada os 90€.

Data límite de inscrición o 21 de xuño.

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR COS CONCELLOS DE CURTIS, SOBRADO OU VILASANTAR.

mércores, 5 de xuño de 2013

Grupo América en Sobrado de novo



Un dos grupos máis polifacéticos e de máis calidade do panorama musical galego estará nas Festas na Honra de San Pedro en Sobrado. Segundo confirmou a Comisión de Festas de Sobrado 2013 o grupo vigués estará o día grande da festa, o sábado 29 de xuño na Praza do pobo ofrecendo unha vez máis o seu inigualable espectáculo. Sen lugar a dúbidas, que a xente encargada da organizar as festas de Sobrado 2013 está a poñer toda a carne no asador. Todos sabemos que a recaudación para elaborar o San Pedro é moi reducida polo que poder ofrecer un grupazo como América nas festas pequenas do pobo merece que o seu traballo sexa máis que recoñecido por apostar tan forte.

Deixovos precisamente co Grupo América deleitándonos co "The Final Countdown" de Europe

Un saúdo e non olvidedes a cita!!!

luns, 3 de xuño de 2013

A Porra: Xornada 35 (Última)


Última xornada desta 4ª edición da porra onde o partido da xornada será o que decidirá unha praza de ascenso directo a Liga BBVA. Partidazo no Madrigal, Villarreal - Almería, dous equipos descendidos a tempada pasada que optan por volver a máxima categoría so un ano despois.

PARTIDOS:

VILLARREAL - ALMERÍA * Partido da Xornada
LUGO - PONFERRADINA
ALCORCÓN - SABADELL
MURCIA - LAS PALMAS
NUMANCIA - CÓRDOBA

Moita sorte!!!

A Porra: Esteban moi preto de acadar o seu segundo título


O líder Esteban dou un pasiño máis nesta penúltima xornada da porra para acadar o seu segundo título persoal nas 4 Edicións que van celebradas da Porra de este blog.

Esteban, o igual que Emilio, José Antonio e Pitus acertaron o Celta 1 - Espanyol 0 que a postre dou a permanencia na 1ª División ós olívicos. Así pois, todos e cada un deles sumaron 3 importantes puntos, moi especialmente do líder que aumenta así a distancia con Chany, o segundo clasificado ata os 17 puntos con tan so os últimos 30 en xogo.

Matemáticamente aínda que está moi difícil poden gañar a porra Chany, Suso, Isak, Finito e Josito se ven a tarefa antóxase complicada co azar e o deporte nunca se sabe. Saberémolo de hoxe nunha semana.

PARTIDOS:

DEPORTIVO 0 - R. SOCIEDAD 1 * Partido da Xornada
CELTA 1 - ESPANYOL 0
ZARAGOZA 1 - ATLÉTICO 3
MALLORCA 4 - VALLADOLID 2
SEVILLA 4 - VALENCIA 3

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 76
2. CHANY 59
3. SUSO 53
4. ISAK 49
5. FINITO 48
6. JOSITO 47
7. EMILIO 45
8. MAITE / JOSÉ ANTONIO 43
9. PETETE / PITUS 34
10. VILLALOVE 31
11. VILLA / LATO 29
12. PAZITOS 25
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. PIRU 12
15. IVÁN COMBO 11
16. CHINO 9
17. ALBERTO 6