luns, 31 de marzo de 2014

A Porra: Xornada 24



Espectacular e aberto partido o que nos presenta o encontro Estrela da Xornada 24 da Porra. Nin máis nin menos que un Real Sociedad - Real Madrid. O choque disputarase o sábado 5 de abril a partires das 20,00 horas coas cámaras de Canal + 1 en directo.

Xa podedes facer os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

R. SOCIEDAD - R. MADRID *
ATLÉTICO - VILLARREAL
BARCELONA - BETIS
R. MADRID CASTILLA - DEPORTIVO
BREXO LEMA - ATL. SOBRADO

A Porra: Villa e Rubencillo escápanse


Villa e Rubencillo, 1º e 2º clasificado respectivamente puxeron terra de por medio os seus perseguidores nesta fin de semana. Ambos participantes acertaron o partido da xornada sumando 8 novos puntos.

O gañador da xornada foi Emilio Tato que ademáis de acertar o partido da xornada tamén acertou o R. Madrid 5 - Rayo Vallecano 0 sumando así 11 puntos.

Outro participante que sumou 8 puntos foi Petete e que o permite subir 2 postos de golpe na xeral.

Ademáis sumaron 3 puntos Iván Combo (Deportivo 1- Tenerife 1), José Antonio (Atl. Sobrado 4 - Pastoriza 0), Finito (R. Madrid 5 - Rayo V. 0) e Vigo (Deportivo 1 - Tenerife 1).

RESULTADOS:

ATHLETIC CLUB 1 - ATLÉTICO 2 *
R. MADRID 5 - RAYO VALLECANO 0
ESPANYOL 0 - BARCELONA 1
DEPORTIVO 1 - TENERIFE 1
ATL. SOBRADO 4 - PASTORIZA 0

CLASIFICACIÓN:

1. Villa 51
2. Rubencillo 50
3. Pitus 41
4. Iván Combo 39
5. Isak 36
6. José Antonio 34
7. Villalove 31
8. Emilio Tato 28
9. Chany / Finito / Josito 26
10. Lato 24
11. Esteban 23
12. Vigo 20
13. Petete 14
14. Rubio 11
15. Maite / Suso 6

venres, 28 de marzo de 2014

I Xornada da Tapa en Sobrado dos Monxes



A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais de Sobrado organiza, en colaboración co Concello de Sobrado a I XORNADA DA TAPA.

Será o DOMINGO 13 DE ABRIL a partires das 11,30 horas. As tapas serán de balde en todos os locais hostaleiros de Sobrado dos Monxes.

Para animar esta magnífica iniciativa haberá ademáis CANTOS DE TABERNA a cargo das seguintes formacións:

- Coro Galego de Sta. Comba de Veigue
- Herba Grileira
- Bico da Balouta
- Rondalla Moraima
- Lume na Lareira
- A Maristela

Desde aquí desexar a maior das sortes, estou completamente seguro que vai ser un auténtico éxito.

NON O PODEDES PERDER!!! O DOMINGO 13 ABRIL HAI QUE VIR A SOBRADO, MÚSICA & GASTRONOMÍA SERÁN @S PROTAGONISTAS.

mércores, 26 de marzo de 2014

Toca defender título



Será o VENRES 11 DE ABRIL..., falo do Campionato de Tute que organiza a Comisión de Festas de Sobrado 2014.

No Campionato do ano pasado Pazitos e un servidor saimos CAMPIÓNS, así pois toca defender título. A empresa non é doada pois seguro que o nivel será alto pero nós prometemos espectáculo e xogo a partes iguais (e algunha que outra "toma" tamén...)

Se queredes ver toda a info relativa ó Torneo clicade na foto.

NON VOLO PERDADES!!!

luns, 24 de marzo de 2014

A Porra: xornada 23


Un auténtico partidazo, iso é co que nos obsequia a xornada 23 da porra. Nin máis nin menos que un Athletic Club - Atlético de Madrid. Choque do novo líder contra un dos candidatos a disputar a vindeira tempada a Uefa Champions League. Recordade que esta semana hai liga entre semana na 1ª división pero que non é válida para a porra.

PARTIDOS:

ATHLETIC CLUB - ATLÉTICO *
R. MADRID - RAYO VALLECANO
ESPANYOL - BARCELONA
DEPORTIVO - TENERIFE
ATL. SOBRADO - PASTORIZA

A Porra: Villa novo líder



Villa é o novo líder da clasificación logo de sumar 3 importantes puntos no Betis 0 - Atlético 2. Debido ó comprimida que está a clasificación este acerto permítelle subir 2 postos, do número 3 ó número 1.

Josito subeu un posto na táboa logo de acertar o Zaragoza 0 - Deportivo 1. Con estes 3 novos puntos chega xa os 26.

Suso, que ocupaba a última praza en solitario tamén sumou 3 puntos no Betis 0 - Atlético 2, agora comparte última posición con Maite e Petete.

Xa por último, quen vos escribe tivo unha gran xornada sumando 6 puntos nos partidos do Benito Villamarín e a Romareda. Con estes acertos chego os 24 puntos.

PARTIDOS:

R. MADRID 3 - BARCELONA 4 *
BETIS 0 - ATLÉTICO 2
ATHLETIC CLUB 1 - GETAFE 0
ZARAGOZA 0 - DEPORTIVO 1
BURGO 3 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. Villa 43
2. Rubencillo 42
3. Pitus 41
4. Isak / Iván Combo 36
5. José Antonio / Villalove 31
6. Chany / Josito 26
7. Lato 24
8. Esteban / Finito 23
9. Emilio / Vigo 17
10. Rubio 11
11. Maite / Petete / Suso 6


venres, 21 de marzo de 2014

Venres Música: "En Invierno" DINERO


Desta volta, a vez musical do venres tócalle a DINERO. Un grupo afincado en Madrid que desde hai uns días non paro de escoitar. A canción "En Invierno" é unha das miñas favoritas e por iso quero que sexa a protagonista de hoxe.

Disfrutade da fin de semana, polo que a min corresponde este finde chega cargado de música e deporte. A disfrutalo moito e ben.

Bicos e apertas.

xoves, 20 de marzo de 2014

Sés no Qubik Bar en Teixeiro este sábado


Seguimos falando de eventos, se onte tratabamos o tema da Festa do San Xosé de Teixeiro hoxe tampouco nos movemos de localidade pois pasado mañá, sábado estará no QUBIK BAR a formación galega SÉS, unha grupo no que María Xosé Silvar e a súa voz e "alma máter".

Déixovos por aquí o seu novo traballo "O Xenio Destrozado" para que vaiades abrindo boca para sábado.


mércores, 19 de marzo de 2014

Festa do San Xosé en Teixeiro... ESTE VENRES!



Pouco a pouco achégase a tempada de "Fiestas Jolgorrio" que tan famosas son na nosa querida Galicia.

Para este venres fágovos unha proposta: a Festa de San Xosé en TEIXEIRO.

Parece que xa vai apetecendo ir ver as diferentes formacións que amenizarán a verbena galega neste 2014, e se é unha das Orquestras "potentes" parece que un se anima máis aínda. A estas alturas ninguén dubida que ACHÉ é unha das orquestras que máis fai bailar ó persoal. Seguro que o venres non defraudará.

Pero ademáis do baile, tamén está a gastronomía. A Comisión organizadora, a da Xuventude 2014 ten preparado un churrasco a partires das 21,30 horas polo módico prezo de 7€.

E iso non é todo, ademáis de vir á festa, pódeste levar uns cartos para a casa ou un regalo... 

A Comisión sorteará:

- 300 €
- Unha estancia para dúas persoas nun balneario.

Apuntadeo: o VENRES 21 DE MARZO ÍMONOS DE FESTA A TEIXEIRO!

PD: O CAMPO ESTARÁ TOTALMENTE CUBERTO E PECHADO POR UNHA GRAN CARPA

luns, 17 de marzo de 2014

A Porra: Xornada 22



Como moit@s de vos xa intuiríades, o partido estrela da Xornada 22 da Porra será o R. Madrid - Barcelona do vindeiro domingo 23 a partires das 21,00 horas en Canal + 1.

Un partido que pode decidir un título..., para calqueira dos 3 equipos que optan a él...

Se xa de por sí é difícil atinar un resultado, neste tipo de partidos calqueira cousa pode ser posible..., desde un empate sen goles a goleadas de auténtico escándalo...

Ide cubrindo os vosos pronósticos:

PARTIDOS:

R. MADRID - BARCELONA *
BETIS - ATLÉTICO
ATHLETIC CLUB - GETAFE
ZARAGOZA - DEPORTIVO
BURGO - ATL. SOBRADO

A Porra: Pitus está de volta


O que ata hai unhas semanas fora líder, Pitus, parecía que estaba perdendo a estela de Rubencillo pero nesta xornada Pitus dou un golpe de efecto sumando 8 novos puntos e situándose na 2ª praza a tan so un punto do número 1 da clasificación. Máis apretada non pode estar a táboa: Rubencillo 42, Pitus 41 e Villa 40. Case nada...

O outro participante que sumou nesta xornada foi José Antonio, tamén 8 puntos que o fan dar un salto cualitativo acadando a 5ª praza na xeral chegando así os 31 puntos (os mesmos que Villalove), a xa tan so 11 do líder.

O resto de participantes non sumaron nesta xornada.

PARTIDOS:

Atlético 1 - Espanyol 0 *
Málaga 0 - R. Madrid 1
Barcelona 7 - Osasuna 0
Deportivo 0 - Barcelona B 0
Atl. Sobrado 3 - Culleredo 2

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 42
2. Pitus 41
3. Villa 40
4. Isak / Iván Combo 36
5. José Antonio / Villalove 31
6. Chany 26
7. Esteban / Finito / Josito 23
8. Lato 18
9. Emilio Tato / Vigo 17
10. Rubio 11
11. Maite / Petete 6
12. Suso 3

venres, 14 de marzo de 2014

Venres Música: HDS "Entre Dos Tierras"



Desta volta, o tema protagonista do venres para pechar a semana será a miña favorita de Heroes del Silencio: "Entre dos Tierras".

Déixovos o video en Directo grabado no concerto que o grupo ofreceu no Circuito Ricardo Tormo de Valencia na famosa Xira do ano 2007.

Disfrutade da fin de semana que parece que vai ser climatolóxicamente falando unha auténtica maravilla.

Boa finde!

xoves, 13 de marzo de 2014

Parabens "Mágico"


Aquel@s que mamástedes fútbol da Década dos 80 sabedes do que falo...

Nunha época na que so existían 3 cadeas de TV (TV1, TV2 e TVG) se non tiñas parabólica, o programa Estudio Estadio (que emitía as reportaxes dos partidos de fútbol da xornada os domingos á noite) era unha auténtica relixión.

Comentar que nesa época a maioría dos partidos se xogaban o domingo as 17,00 horas e non eran televisados. Os seguidores conectábamos a emisora de radio preferida e imaxinábamos o partido como o locutor de turno nolo ía contando.

Estamos nunha época na que os equipos so podían ter 2 xogadores estranxeiros (non había comunitarios) e normalmente as fichaxes foráneas eran de carácter atacante. Grandes xogadores non nacionais chegaron á Liga Española nesta época: Polster, Hugo Sánchez, Schuscher, Valdano, Rubén Sosa... e como non Jorge "Mágico" González.

Falar de "Mágico" González en Cádiz é prácticamente como falar do mismísimo Deus. Hoxe o mítico "11" do Cádiz C.F. cumple 56 anos, de ahí o motivo de este post.

Mágico González, nado no Salvador destacou tanto dentro coma fora dos terreos de xogo. Xogador díscolo onde os haxa, fixo que o Cádiz C.F., un equipo dos denominados "ascensor" a cabalo entre a 1ª e 2ª división fora recoñecido máis aló das nosas fronteiras.

Déixovos un resumo que hoxe fai a web Sigue Tu Liga de "Mágico" que define á perfección como era o futbolista e o seu carácter. Para min sen lugar a dúbida un xogador especial, dos que crean afición e que, seguramente, se non fora pola súa cabeza houbera chegado a ser dos mellores xogadores de todos os tempos. Pero a súa forma de ser tamén forma parte do seu legado, da súa historia e do seu mito.

Se tedes 34 minutos e vos gusta recordar o fútbol de hai unhas décadas non vos perdades o resume en video que colguei no inicio do post. Fíxome moita ilusión velo e volver a recordar momentos de miña infancia e o meu amor eterno a este deporte chamado fútbol. Moitos dos goles de Mágico  recordávaos e algunhas das anécdotas que aquí se contan tamén.


Mágico González, el personaje que eclipsó a su talento


Creado Hoy, 11:37

Hoy cumple 56 años el futbolista al que Maradona etiquetó como el único mejor que él técnicamente. No llegó al primer nivel mundial, pero Jorge 'Mágico' González no dejaba indiferente a nadie. Nunca. En España jugó en el Cádiz, ocho temporadas, y en el Valladolid, una.

Su talento inigualable se vio eclipsado por una falta de disciplina sonrojante y un carácter díscolo que le han hecho protagonista de algunas de las anécdotas más curiosas en el mundo del fútbol.

David Vidal, otro carácter peculiar, no deja de recordar las historias que vivió junto al salvadoreño. No olvidará nunca el día que fue a buscarle a su casa, porque llevaba toda la semana sin entrenar. Al timbrar, le abrió la puerta el mayordomo y le dijo: "pase usted, que le estoy duchando".

Con sus virtudes tapaba sus defectos y fue así como consiguió que David Vidal le dejase fumar. Harto de su vicio, el técnico le dijo: "si da menos de veinte toques a la cajetilla, tendrá que dejar de fumar. Si da más, le dejo en paz". Por supuesto, Mágico superó el reto.

Y del Cádiz pudo pasar al Barcelona, con el que llegó a hacer una gira. Se dice que lo que mal empieza no puede acabar bien y esto fue un nuevo ejemplo. El avión salía rumbo a Estados Unidos a las cinco de la mañana, por lo que el futbolista optó por tomarse algo y no acostarse. Ya en América, un incendio acabó con su estadía en el club azulgrana. Saltó la alarma del hotel y todos los jugadores lo abandonaron. Todos menos Mágico, muy cómodo en su cama con una admiradora. Así se escapó su tren.

luns, 10 de marzo de 2014

A Porra: Xornada 21



Un Atlético que está inmerso na loita pola Liga enfróntase a un Espanyol que está arrimando o ombreiro para poder estar en Europa a vindeira tempada. Este será o partido estrela da Xornada 21. O encontro terá lugar o sábado 15 a partires das 22,00 horas e poderase ver en Canal + Liga e Gol TV.

Xa podedes pronosticar!!!

PARTIDOS:

ATLÉTICO - ESPANYOL *
MÁLAGA - R. MADRID
BARCELONA - OSASUNA
DEPORTIVO - BARCELONA B
ATL. SOBRADO - CULLEREDO

A Porra: Isak e Villa chaman á porta



Espectacular xornada para Isak e Villa que sumaron 11 puntos cadanseu, ambos acertaron o partido da Xornada e o R. Madrid 3 - Levante 0. Con esta puntuación Villa chega os 40 puntos ubicándose na 2ª praza a xa tan so 2 do líder Rubencillo. Pola súa banda, Isak sitúase na 3º praza con 36 puntos empatado con Iván Combo.

Tamén foi boa xornada para Emilio Tato que acertou o partido da xornada e suma 8 novos puntos acadando así 17 que o permiten subir ata a 9ª praza empatado con Vigo.

O líder Rubencillo, o 3º clasificado Iván Combo o 4º Pitus, Josito, Vigo e Josito sumaron 3 puntos no partido do Santiago Bernabeu.

PARTIDOS:

Celta 0 - Atlético 2 *
R. Madrid 3 - Levante 0
Valladolid 1 - Barcelona 0
Mirandés 1 - Deportivo 0
Cambre 1 - Atl. Sobrado 0 

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 42
2. Villa 40
3. Isak / Iván Combo 36
4. Pitus 33
5. Villalove 31
6. Chany 26
7. Esteban / Finito / José Antonio / Josito 23
8. Lato 18
9. Emilio Tato / Vigo 17
10. Rubio 11
11. Maite / Petete 6
12. Suso 3

venres, 7 de marzo de 2014

Venres Música


SOLAZO POR FIN, non foi sen tempo! Parece que as cousas comezan a funcionar: bo tempo, fin de semana... e algunhas máis que por aquí non se poden contar...,

Como cada venres toca apartado especial para a música, desta volta toca repetir tema e vou insertar a canción coa que comecei o día. Mellor dito, a primeira que me seleccionou o Spotify cando sain a facer uns quilometriños de boa mañá.

Estes dous tipos preséntanse solos...

PASADE BOA FIN DE SEMANA

xoves, 6 de marzo de 2014

Sobran as palabras


Como cada 6 de marzo rememoramos unha data histórica para todos os Deportivistas neste blog. En anos anteriores comentáronse lembranzas, anécdotas da viaxe, o partido vivido no propio Bernabeu..., etc.

Desta volta decidín incluir o partido enteiro do CENTENARIAZO que seguro que algúns hai tempo que non o vedes así coma un Collage de recordos de ese máxico día que elaborou o R.C. Deportivo no seu Facebook.

* Por certo, non vos perdades os comentarios de Míchel..., algúns, o de que un equipo de provincias che meta un baile de agarrate e non te menees na túa propia casa, na túa festa, e cando ninguén daba un peso pola NON VICTORIA do R. Madrid pois como que non o levou nada, nada, nada pero que nada ben.

FELIZ 12 ANIVERSARIO!!!

#6TITULOS6
#FORZADEPOR
#CENTENARIAZO
#CUMPLEAÑOSFELIZ

luns, 3 de marzo de 2014

A Porra: Xornada 20


A xornada 20 regálanos como choque máis atrainte o que disputarán o sábado a partires das 20,00 horas en Balaidos (Canal + Liga / Gol TV) Celta vs Atlético. O equipo de Luis Enrique veu truncada este sábado a súa boa xeira de resultados colleitando unha derrota fronte un rival directo como é o Elche. Pola contra, os de Diego Pablo Simeone saen reforzados do derbi contra o Real Madrid logo de empatar a 2 goles no encontro de onte no Calderón.

PARTIDOS:

CELTA - ATLÉTICO *
R. MADRID - LEVANTE
VALLADOLID - BARCELONA
MIRANDÉS - DEPORTIVO
SP. CAMBRE - ATL. SOBRADO

Moita sorte!!!

A Porra: Villalove, home da xornada



Villalove foi o home da Xornada logo de acertar o partido estrela, o Atlético 2 - R. Madrid 2. Con estes 8 puntos sube ata a 3ª praza con 31 puntos, a so 8 do líder Rubencillo e a 2 do segundo clasificado Iván Combo. A xornada foi pobre en acertos pois tan so Villalove puido sumar.

RESULTADOS:

ATLÉTICO 2 - R. MADRID 2 *
BARCELONA 4 - ALMERÍA 1
ATHLETIC CLUB 4 - GRANADA 0
DEPORTIVO 3 - HÉRCULES 2
ATL. SOBRADO 6 - SIGRÁS 1

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 39
2. Iván Combo 33
3. Villalove 31
4. Pitus 30
5. Villa 29
6. Chany 26
7. Isak 25
8. Esteban / Finito / José Antonio 23
9. Josito 20
10. Lato 18
11. Vigo 14
12. Rubio 11
13. Emilio Tato 9
14. Maite / Petete 6
15. Suso 3