martes, 15 de xullo de 2014

Los Deltonos, The Cornelius, Bestlife (underyourseat) e McKuin compartirán esceario en Sobrado

 Los Deltonos
 The Cornelius
 Bestlife (underyourseat)
McKuin

Desde hai unhas horas xa temos de xeito oficial a confirmación dos grupos que conformarán o cartel da X Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude de Sobrado que se celebrará o sábado 9 de agosto na Praza do Concello.

Os míticos cántabros Los Deltonos, compartirán esceario con The Cornelius (banda pola que teño especial predilección), os ourensáns Bestlife (underyourseat) e McKuin, grupo tributo á Queen.

Así pois o Festival estará composto por 4 grupos no lugar de 2 como viña sendo habitual nos últimos anos. Nunha xornada que dará o inicio a XV Edición da Feira da Troita que se celebrará ó día seguinte.

O Festival coma nas outras edicións anteriores será GRATUITO.


Festa do Emigrante en Sobrado o 27 de xullo


Unha vez máis unha gran iniciativa da Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais de Sobrado fai que xurda en Sobrado unha nova data a ter en conta. Trátase do 27 de xullo onde está organizada a FESTA DO EMIGRANTE. Unha festa con temática nos Anos 60 que comeza as 12,00 horas onde os locais estarán ambientados, haberá tapas gratis, xogos infantís e coches Antigos. Ademáis se ves vestido da época terás PREMIO.
Haberá música dos anos 60 en Sesión vermú e logo na romaría que abarcará desde as 19,00 as 22,00 horas.

Parabens  a Organización por esta magnífica idea!!!

xoves, 3 de xullo de 2014

Que o ritmo non pare...



Xa o decía a canción: "que o ritmo non pare...", unha canción que tranquilamente podería estar relacionada con Sobrado nos meses do verán.

Hai 3 días remataba a Festa do San Pedro e xa estamos pretiño de outra, a do Día da Familia que este ano celebra xa a súa VIII Edición. Isto é un non pararrrrrrrr!!!

Será o Sábado 12 de Xullo e como ven sendo tónica xeral celebrarase na Área Recreativa de Pontepedra. A festa xa comeza ó mediodía onde centos de persoas, familias e amigos celebran un xantar conxunto. A música estará amenizada a partires das 14,00 horas pola Charanga A REGIONALISTA. Case o 100% da xente quédase tamén a cear así que como non podía ser de outro xeito tamén haberá "liada parda pola noite" co excelente Dúo LA HORA BRUJA que nos obserquiará con 3 horas de interpretación máis outra hora adiccional pinchando música. Vai ser a caña!!!

Haberá servizo de PULPEIRA, CHURRASCO e BAR. Agora pedir para que un ano máis respecte a climatoloxía.