xoves, 30 de outubro de 2014

Xornada de Cooperativismo en Sobrado



Se desexas ser emprendedor cooperativista ou estás interesado en saber se o teu negocio se pode facer realidade cunha cooperativa o xoves 6 de novembro, en horario de 19,00 a 21,00 horas tes unha cita en Sobrado. O local no que celebrará este encontro será no Edificio de Servizos Múltiples "Casa da Irmandade".

Para máis información no teléfono de contacto 981 787 508 ou ben no correo mariapilar.varela@sobrado.dicoruna.es


martes, 28 de outubro de 2014

I Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa en Sobrado



O domingo 16 de novembro nacerá unha nova Feira en Sobrado que agardemos que co paso do tempo se consolide como un evento a ter en conta no calendario anual.

Ese día verá a luz a "I Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa do Concello de Sobrado". Como podedes ver no cartel haberá exposición, venda e degustación de productos da comarca: Queixos da D.O. Arzúa - Ulloa, Castañas, Filloas, Pan, Polbo, Produtos da Horta, Embutidos, Licores, Champiñóns, etc, etc, etc.

Ademáis a espectacular CHARANGA N.B.A. será a encargada de que non falte a música no evento.

Haberá carpas para resgardarse do posible frío ou choiva.

Apuntade a data: 16 de novembro

VÉMONOS AQUÍ EN SOBRADO!!!

luns, 27 de outubro de 2014

A Porra: Xornada 3


A 3ª Xornada da Porra déixanos un interesantísimo F.C. Barcelona - Celta de Vigo como partido estrela. O equipo de Luis Enrique quererá resarcirse da derrota do sábado no Bernabeu contra un Celta que está en estado de gracia e encaramado nas posicións altas da táboa.

*Recordade tamén que o Deportivo - Getafe se xoga o VENRES así que non deixedes os pronósticos para última hora non vai ser que vos pasedes de hora e non sexan válidos.


PARTIDOS:

Barcelona - Celta *
Deportivo - Getafe
Granada - R. Madrid
Athletic Club - Sevilla
Atl. Sobrado - Curtis 

A porra: Emilio e Finito novos líderes


Emilio e Finito son os novos líderes da Porra logo de acertar ambos o partido da Xornada: R. Madrid 3 - Barcelona 1.

Con este acerto os dous suman 8 puntos e empatan logo de dúas xornadas no máis alto da clasificación.

Tamén sumaron nesta xornada Don G. y el pto (Getafe 0 - Atlético 1), José Antonio (Getafe 0 - Atlético 1), Vijo (Sevilla 2 - Villarreal 1), Isak (Sevilla 2 - Villarreal 1), Iván Combo (Sevilla 2 - Villarreal 1) e Chany (Sevilla 2 - Villarreal 1).

Destacar que  houbo alguén que non puxo o nome nos seus pronósticos, é imprescindible que o poñades para identificarvos.

GRAZAS!!!

PARTIDOS:

R. Madrid 3 - Barcelona 1 *
Espanyol 0 - Deportivo 0
Getafe 0 - Atlético 1
Sevilla 2 - Villarreal 1
Abellá B 0 - Atl. Sobrado 0

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio / Finito 8
2. Don G. y el pto / José Antonio / Vijo 6
3. Chany / Isak / Iván Combo / Lato / Rubencillo / Villa 3
4. Combo (Rubio) / Esteban / Jose Vilanova / Marcos Combo / Pitus / Piuco / Suso / Villalove 0

luns, 20 de outubro de 2014

A Porra: Xornada 2



A 2ª xornada da Porra achéganos o primeiro Clásico da tempada. R. Madrid e F.C. Barcelona disputarán o sábado 25 a partires das 18,00 horas (Canal + Liga) o enésimo partido do século. Este será o partido que valerá 8 puntos nesta xornada. Recordo unha vez máis que a participación nesta porra e totalmente gratuita e pode participar tod@ aquel que así o desexe. Simplemente debe deixar un nome ó lado dos seus pronósticos para poder identificarse.

PARTIDOS:

R. Madrid - Barcelona *
Espanyol - Deportivo
Getafe - Atlético
Sevilla - Villarreal
Abellá "B" - Atl. Sobrado

A Porra: José Antonio, Vijo, Don G. y el pto, Villa, Rubencillo e Lato primeiros líderes da Competición



Ata un total de 6 participantes sumamos nesta 1ª xornada da VI Edición da Porra. José Antonio e Don G. y el pto sumaron 3 puntos no Levante 0 - R. Madrid 5. O partido Barcelona 3 - Eibar 0 fíxonos sumar 3 puntos a Villa, a Rubencillo e a min. Pola súa banda Vijo sumou no Atlético 2 - Espanyol 0. Ningún participante acertou o Deportivo 3 - Valencia 0, o partido da xornada que era o que valía 8 puntos nesta xornada.
Desde aquí dar as grazas os que xa estades participando na edición de este ano e animar os despistados a que non deixen para o último momento para cubrir a porra. Sabedes que pode participar na Porra quen así o desexe.


PARTIDOS:

Deportivo 3 - Valencia 0 *
Barcelona 3 - Eibar 0
Levante 0 - R. Madrid 5
Atlético 2 - Espanyol 0
Atl. Sobrado 0 - Once Caballeros "B" 1

CLASIFICACIÓN:

1. Don G y el pto / José Antonio / Lato / Rubencillo / Vijo / Villa 3 puntos
2. Combo (Rubio) / Emilio Tato / Esteban / Isak / Iván Combo / Jose da Vilanova / Pitus / Piuco / Suso / Villalove 0 puntos 



luns, 13 de outubro de 2014

A Porra: VI Edición XORNADA 1


A vindeira fin de semana terá comezo a VI Edición da Porra deste blog. Quen será o sucesor de Rubencillo, gañador da anterior edición? as reglas serán as mesmas da tempada pasada... refrescamos as memorias:

REGRAS: 

1.Todas as fins de semana ata o remate da Liga na Segunda División da Liga Española poñeranse en xogo 5 partidos.
2. O sistema de puntuación da porra será o seguinte: 1 acerto 3 puntos, 2 acertos 6 puntos, 3 acertos 12 puntos, 4 acertos 18 puntos e pleno de acertos 30 puntos.
3. Designarase UN PARTIDO DA XORNADA, quen o acerte sumará 8 PUNTOS.
4. Os que ademáis do partido da xornada acerten outros partidos sumaran o total de puntos, é dicir, acertando 1 partido sumaranse 8+3, 2 partidos 8+6 e 3 partidos 8+12.
5. Non serán validos todos aqueles pronósticos que foran inseridos logo de comezar o primeiro dos 5 partidos en xogo.
6. O gañador final da porra será @ participante que máis puntos acade ó final do campionato. En caso de empate a puntos gañará o que máis acertos tivera nunha sola xornada. No caso de persistir o empate gañaría aquel que máis veces acertara o partido da xornada.
7. Este xogo é TOTALMENTE GRATUITO e pode participar xente de todas as idades.
8. O gañador final obterá un regalo de recompensa.
9. O webmaster de este blog reservase o dereito a elexir o regalo que estime oportuno para @ gañador/a.

PARTIDOS:


Deportivo - Valencia * Partido da Xornada

Barcelona - Eibar

Levante - R. Madrid

Atlético - Espanyol

Atl. Sobrado - Once Caballeros "B"