luns, 8 de xuño de 2015

A Porra: Finito gaña a Porra 2014/2015


Finito resoltou ser o gañador final da Porra 2014/2015. Nun sprint final brutal sumou nas últimas 4ª xornadas un número de puntos tan importante que ningún competidor lle puido seguir a estela.

Sen ir máis lonxe, na tarde de onte volveu a ser o que máis puntuou na xornada, 6 puntos nos partidos Girona 1 - Lugo 1 e Ponferradina 1 - Alcorcón 1. Con estos puntos acadou un total de 83.

Os únicos participantes ademáis do campión que sumaron nesta xornada foron Esteban e Vigo, ambos no Ponferradina 1 - Girona 1.

Darvos as grazas a todos pola participación nesta nova edición e desexo que para a vindeira tempada sigades tendo en conta esta porra.

Agora o campión recibirá o seu premio, un agasallo sorpresa que desvelaremos cando sexa entregado.

Noraboa FINITO, o segundo título da Porra que te levas ó peto!


RESULTADOS:

Betis 0 - Sporting 3 *
Girona 1 - Lugo 1
Las Palmas 3 - Alavés 2
Ponferradina 1 - Alcorcón 1
Sabadell 2 - Osasuna 2

CLASIFICACIÓN FINAL:

CAMPIÓN: Finito 83
Subcampión: Isak / Rubencillo 64
3º Pitus / Vigo 63
4º Esteban 62
5º Suso 58
6º Emilio 54
7º Chany 53
8º Don G. y el Pto / Iván Combo 52
9º Villalove 47
10º Lato 46
11º Jose da Vilanova 41
12º Villa 38
13º Combo "Rubio" 32
14º Marcos Combo 29
15º José Antonio 27
16º Petete / Piuco 23



luns, 1 de xuño de 2015

A Porra: Xornada 33 (ÚLTIMA)


A última xornada da Porra 14/15 regálanos un atrainte Betis - Sporting. Un partido de dous históricos con claro sabor a primeira división. O Betis, xa ascendido, recibe a un Sporting que loita codo con codo co Girona para conseguir a segunda praza da clasificación e que supón tamén o ascenso directo.


PARTIDOS:

BETIS - SPORTING *
GIRONA - LUGO
LAS PALMAS - ALAVÉS
PONFERRADINA - ALCORCÓN
SABADELL - OSASUNA

A Porra: Pitus suma 14 puntos



Pitus foi o gañador da penúltima xornada da Porra logo de sumar 14 puntos froito de acertar ademáis do partido da Xornada o Racing 0 - Ponferradina 1 e Lugo 1 - Albacete 1.

O segundo participante que máis puntos sumou foi Rubencillo con un total de 8 logo de acertar o partido estrella da penúltima xornada, o Mallorca 0 - Girona 1.

Sumaron 3 puntos: o líder Finito (Lugo 1 - Albacete 1), Vigo (Lugo 1 - Albacete 1), Suso (Alavés 0 - Valladolid 2), Don G. y el pto (Lugo 1 - Albacete 1), Iván Combo (Lugo 1 - Albacete 1), Villalove (Racing 0 - Ponferradina 1) e Combo "Rubio" (Tenerife 2 - Betis 0).


RESULTADOS:

Mallorca 0 - Girona 1 *
Tenerife 2 - Betis 0
Alavés 0 - Valladolid 2
Racing 0 - Ponferradina 1
Lugo 1 -Albacete 1

CLASIFICACIÓN: 

1. Finito 77
2. Isak / Rubencillo 64
3. Pitus 63
4. Vigo 60
5. Esteban 59
6. Suso 58
7. Emilio 54
8. Chany 53
9. Don G. y el pto / Iván Combo 52
10. Villalove 47
11. Lato 46
12. Jose da Vilanova 41
13. Villa 38
14. Combo "Rubio" 32
15. Marcos Combo 29
16. José Antonio 27
17. Petete / Piuco 23



martes, 26 de maio de 2015

A Porra: Xornada 32


Penúltima xornada da porra onde entran en liza partidos da 2ª división unha vez remata a Liga BBVA. O partido estrela da xornada será o Mallorca - Girona. Un partido clave para os cataláns que están a facer unha excelente campaña e dispoñen de serias opcións de ascender de categoría de xeito directo.


PARTIDOS:

MALLORCA - GIRONA *
TENERIFE - BETIS
ALAVÉS - VALLADOLID
RACING - PONFERRADINA
LUGO - ALBACETE 


A Porra: Chany acerta o partido da xornada


Chany acertou o partido da xornada, o Barcelona 2 - Deportivo 2. Un empate que lle proporcionou a ansiada permanencia ó Deportivo.

Foi unha xornada na que poucas variacións houbo na xeral. Ademáis de Chany so sumaron, desta volta 3 puntos Iván Combo no Granada 0 - Atlético 0 e Villalove no Almería 2 - Valencia 3.

RESULTADOS:

Barcelona 2 - Deportivo 2
R. Madrid 7 - Getafe 3
Granada 0 - Atlético 0
Almería 2 - Valencia 3
Málaga 2 - Sevilla 3

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 74
2. Isak 64
3. Esteban 59
4. Vigo 57
5. Rubencillo 56
6. Suso 55
7. Emilio 54
8. Chany 53
9. Don G. y el pto / Iván Combo / Pitus 49
10. Lato 46
11. Villalove 44
12. Jose da Vilanova 41
13. Villa 38
14. Combo "Rubio" / Marcos Combo 29
15. José Antonio 27
16. Petete / Piuco 23



luns, 18 de maio de 2015

A Porra: Xornada 31



Como non podía ser de outro xeito o partido estrela da Xornada 31 será o encontro no que o R.C. Deportivo se xoga a vida. O desprazamento non convida ó optimismo pois toca visitar o Camp Nou. Haberá que ver se a resaca do título ligueiro afecta ós xogadores culés ou ben se Luis Enrique decide dar descanso os máis habituais para reservalos para a final da Copa do Rei da seguinte semana. Quizais por ahí poden pasar as opcións do Deportivo de traer algo positivo de Barcelona. O partido será o sábado as 18,30 horas.

Quedan 3 xornadas para que remate a Porra así que ide poñendo os 5 sentidiños nos vosos pronósticos.

Moita sorte!!!


PARTIDOS:

BARCELONA - DEPORTIVO *
R. MADRID - GETAFE
GRANADA - ATLÉTICO
ALMERÍA - VALENCIA
MÁLAGA - SEVILLA


A Porra: Finito síguese distanciando



Finito é máis líder logo de sumar 6 novos puntos nesta xornada. Desta volta acertou o Valencia 1 - Celta 1 e o Deportivo 2 - Levante 0.

O gañador da xornada foi Pitus que sumou 11 puntos logo de acertar o partido da xornada que lle dou o título ligueiro ó F.C. Barcelona e o Sevilla 2 - Almería 1.

Tamén sumaron 3 puntos nesta xornada: Vigo (Sevilla 2 - Almería 1), Suso (Deportivo 2 - Levante 0), Iván Combo (Sevilla 2 - Almería 1), Chany (Deportivo 2 - Levante 0), Jose da Vilanova (Espanyol 1 - R. Madrid 4), e José Antonio (Deportivo 2 - Levante 0).

A falta de tan so 3 xornadas para o remate da Porra 2014/2015 as espadas están en todo o alto e un grupo importante de participantes ten aínda serias opcións de sair campión (recordamos que o igual que anos anteriores a Porra remata coincidindo coa última xornada de 2ª División).


RESULTADOS:

Atlético 0 - Barcelona 1 *
Espanyol 1 - R. Madrid 4
Valencia 1 - Celta 1
Sevilla 2 - Almería 1
Deportivo 2 - Levante 0

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 74
2. Isak 64
3. Esteban 59
4. Vigo 57
5. Rubencillo 56
6. Suso 55
7. Emilio 54
8. Don G. y el pto / Pitus 49
9. Iván Combo / Lato 46
10. Chany 45
11. Jose da Vilanova / Villalove 41
12. Villa 38
13. Combo "Rubio" / Marcos Combo 29
14. José Antonio 27
15. Petete / Piuco 23


luns, 11 de maio de 2015

A Porra: Xornada 30



A xornada 30 da Porra preséntasenos con un apaixoante e que pode ser definitivo para o devir da Liga Atlético - Barcelona. Os de Luis Enrique teñen prácticamente a Liga no peto logo de que o Real Madrid pinchara co Valencia nesta xornada. Este será o partido da xornada (sempre e cando non haxa a anunciada folga de futbolistas)

PARTIDOS:

ATLÉTICO - BARCELONA *
ESPANYOL - R. MADRID
VALENCIA - CELTA
SEVILLA - ALMERÍA
DEPORTIVO - LEVANTE

A Porra: Finito máis líder



Finito é máis líder logo de sumar 6 puntos nesta xornada e que os seus máis inmediatos perseguidores so conseguiran sumar 3 ou ningún.

Finito acertou o Celta 1 - Sevilla 1 e o Athletic 1 - Deportivo 1. O segundo clasificado Isak sumou 3 puntos no partido de San Mamés. Esteban, terceiro clasificado sumou no partido de Balaidos. Accede á cuarta posición Rubencillo logo de acertar o mesmo partido que Esteban. Emilio e Vigo, quintos clasificados non sumaron nesta xornada.

Foi unha gran xornada para Villalove, Jose da Vilanova e Petete que sumaron 11 puntos cada un deles. Ademáis do partido da xornada Villalove e Petete acertaron o Athletic - Deportivo. Pola súa parte, Jose da Vilanova ademáis do R. Madrid 2 - Valencia 2 acertou o Barcelona 2 - R. Sociedad 0.

Tamén sumaron 3 puntos nesta xornada Marcos Combo (Celta 1 - Sevilla 1), José Antonio (Athletic 1 - Deportivo 1) e Piuco (Celta 1 - Sevilla 1).


RESULTADOS:

R. MADRID 2 - VALENCIA 2 *
BARCELONA 2 - R. SOCIEDAD 0
LEVANTE 2 - ATLÉTICO 2
CELTA 1 - SEVILLA 1
ATHLETIC 1 - DEPORTIVO 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 68
2. Isak 64
3. Esteban 59
4. Rubencillo 56
5. Emilio / Vigo 54
6. Suso 52
7. Don G. y el pto 49
8. Lato 46
9. Iván Combo 43
10. Chany 42
11. Villalove 41
12. Jose da Vilanova / Pitus / Villa 38
13. Combo "Rubio" / Marcos Combo 29
14. José Antonio 24
15. Petete / Piuco 23



domingo, 3 de maio de 2015

A Porra: Xornada 29



Deixamos xa por aquí os partidos que entran en liza para a xornada 29 da Porra. Unha porra que está máis emocionante que ningún ano pois hai moitos posibles candidatos a levarse o título de campión.

O partido estrela será o Real Madrid - Valencia, un partido no que a priori prevese igualado, de moita loita e tensión.

Xa podedes cubrir os vosos pronósticos:


PARTIDOS:

R. MADRID - VALENCIA *
BARCELONA - R. SOCIEDAD
LEVANTE - ATLÉTICO
CELTA - SEVILLA
ATHLETIC CLUB - DEPORTIVO




A Porra: Finito recupera o liderato



Finito recupera o liderato da Porra logo de sumar 3 puntos no Deportivo 1 - Villarreal 1. O ata onte líder Isak non sumou nesta xornada.

O participante que sumou máis puntos foi Emilio logo de acertar o partido estrela: Sevilla 2 - Real Madrid 3.

Rubencillo, Pitus e Petete sumaron 3 puntos no partido de Riazor. Pola súa banda, Don G. y el pto sumou 3 puntos no Atl. Sobrado 1 - Encrobas 2.


RESULTADOS:

Sevilla 2 - R. Madrid 3 *
Córdoba 0 - Barcelona 8
Atlético 0 - Athletic Club 0
Deportivo 1 - Villarreal 1
Atl. Sobrado 1 - Encrobas 2

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 62
2. Isak 61
3. Esteban 56
4. Emilio / Vigo 54
5. Rubencillo 53
6. Suso 52
7. Don G. y el pto 49
8. Lato 46
9. Iván Combo 43
10. Chany 42
11. Pitus / Villa 38
12. Villalove 30
13. Combo "Rubio" 29
14. Jose da Vilanova 27
15. Marcos Combo 26
16. José Antonio 21
17. Piuco 20
18. Petete 12

luns, 27 de abril de 2015

A Porra: Xornada 28


A xornada 28 agasallanos con un apaixoante Sevilla - Real Madrid como partido estrela. O encontro terá lugar o sábado 2 de maio a partires das 20 horas.

Xa podedes cubrir os vosos pronósticos

Moita sorte!!!


PARTIDOS:

SEVILLA - REAL MADRID *
CÓRDOBA - BARCELONA
ATLÉTICO - ATHLETIC CLUB
DEPORTIVO - VILLARREAL 
C.A.S.X. - ENCROBAS

A Porra: Isak novo líder



Isak é o novo líder da Porra 14/15 logo de sumar nesta xornada 6 novos puntos que fan superar en 2 o anterior líder Finito que non sumou desta volta.

O gañador de esta xornada foi Suso que sumou 11 puntos logo de acertar o partido da Xornada, o derbi de Sobrado que se levou o Club Atlético Sobrado Xuventude por 1 gol a 3 e ademáis o Atlético 3 - Elche 0.

Ademáis de Isak tamén sumou Esteban 6 puntos nos mesmos partidos o do Atlético e o do Deportivo en Málaga.

O encontro Atlético de Madrid - Elche fixo sumar 3 puntos a Don G. y el pto, Emilio, Pitus, Combo "Rubio" e Marcos Combo.

O Málaga 1 - Deportivo 1 fixo posible que Vigo e eu sumasemos 3 puntos.

O resto de participantes non sumou nesta xornada.


RESULTADOS:

Tambre 1 - Atl. Sobrado 3 *
Espanyol 0 - Barcelona 2
Celta 2 - R. Madrid 4
Atlético 3 - Elche 0
Málaga 1 - Deportivo 1

CLASIFICACIÓN:

1. Isak 61
2. Finito 59
3. Esteban 56
4. Vigo 54
5. Suso 52
6. Rubencillo 50
7. Don G. y el pto / Emilio / Lato 46
8. Iván Combo 43
9. Chany 42
10. Villa 38
11. Pitus 35
12. Villalove 30
13. Combo "Rubio" 29
14. Jose da Vilanova 27
15. Marcos Combo 26
16. José Antonio 21
17. Piuco 20
18. Petete 9


luns, 20 de abril de 2015

A Porra: Xornada 27


O partido da Xornada 27 da Porra será o derbi de Sobrado, Tambre - Atl. Sobrado que se disputará o vindeiro domingo a partires das 17,00 horas no Municipal de Sobrado.

Xa podedes subir os vosos pronósticos.


PARTIDOS:

Tambre - Atl. Sobrado *
Espanyol - Barcelona
Celta - R. Madrid
Atlético - Elche
Málaga - Deportivo

A Porra: Finito amplía distancia


Finito ampliou distancia con respecto ó seu máis inmediato perseguidor Isak logo de sumar 3 puntos no Real Madrid 3 - Málaga 1.

O participante que máis puntos conseguiu nesta xornada foi Don G. y el pto logo de acertar o partido da xornada, o Barcelona 2 - Valencia 0.

Vigo foi outro dos participantes destacados desta xornada 26 tras sumar 6 puntos nos partidos do Bernabeu e Riazor.

O Real Madrid 3 - Málaga 1 fixo ademáis que Esteban, Marcos Combo e eu sumásemos 3 puntos.

Pola súa banda o Granada 1 - Sevilla 1 doulle 3 puntos a Iván Combo e Villalove.

O Deportivo 1 - Atlético 2 fixo que Rubencillo tamén sumase 3 puntos nesta xornada.


RESULTADOS:

Barcelona 2 - Valencia 0 *
R. Madrid 3 - Málaga 1
Deportivo 1 - Atlético 2
Granada 1 - Sevilla 1
C.A.S.X. 1 - Curtis 0


CLASIFICACIÓN:

1. Finito 59
2. Isak 55
3. Vigo 51
4. Esteban / Rubencillo 50
5. Don G. y el pto / Emilio / Iván Combo / Lato 43
6. Chany 42
7. Suso 41
8. Villa 38
9. Pitus 32
10. Villalove 30
11. Jose da Vilanova 27
12. Combo "Rubio" 26
13. Marcos Combo 23
14. José Antonio 21
15. Piuco 20
16. Petete 9


luns, 13 de abril de 2015

A Porra: Xornada 26


De novo un auténtico partidazo nos deixa a Xornada 26 da Porra. Desta volta, o líder F.C. Barcelona recibe a un correoso e difícil Valencia C.F. Outra proba de lume para os homes de Luis Enrique que esta xornada viron reducido a vantaxe que lle levaban ó Real Madrid de 4 a 2 puntos.

O partido terá lugar o sábado 18 de abril a partires das 16,00 horas.


PARTIDOS:

BARCELONA - VALENCIA *
R. MADRID - MÁLAGA
DEPORTIVO - ATLÉTICO
GRANADA - SEVILLA
CASX - CURTIS

A Porra: Vigo e Chany acertan o partido da xornada


Vigo e Chany foron os triunfadores de esta xornada da Porra logo de acertar o Sevilla 2 - Barcelona 2 que era o partido estrela. Con este acerto ambos suman 8 puntos nos seus casilleiros. Vigo suma un total de 45 que o sitúan na 4ª posición da táboa a xa tan so 11 do líder Finito. Pola súa banda Chany suma 42 e ubícase 6º na xeral.

Outro participante que tivo unha boa xornada foi Suso que sumou 6 puntos logo de acertar o R. Madrid 3 - Eibar 0 e o Málaga 2 - Atlético 2. Con estes acertos Suso chega os 41 puntos e xa é 7º na xeral a 15 puntos do líder.

Tamén sumamos 3 puntos nesta xornada Iván Combo (R. Madrid 3 - Eibar 0), Villa (Málaga 2 - Atlético 2), Jose da Vilanova (Málaga 2 - Atlético 2) e eu (R. Madrid 3 - Eibar 0).

RESULTADOS:

Sevilla 2 - Barcelona 2 *
R. Madrid 3 - Eibar 0
Málaga 2 - Atlético 2
R. Sociedad 2 - Deportivo 2
Abellá B 7 - CASX 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 56
2. Isak 55
3. Esteban / Rubencillo 47
4. Vigo 45
5. Emilio 43
6. Chany 42
7. Suso 41
8. Iván Combo / Lato 40
9. Villa 38
10. Don G. y el pto 35
11. Pitus 32
12. Jose da Vilanova / Villalove 27
13. Combo "Rubio" 26
14. José Antonio 21
15. Marcos Combo / Piuco 20
16. Petete 9

luns, 6 de abril de 2015

A Porra: Xornada 25


A xornada 25 da Porra regálanos un atrainte Sevilla - Barcelona. O encontro disputarase o sábado 11 de abril a partires das 20,00 horas. Os de Emery están a loitar por clasificarse para a Champions League mentres que os de Luis Enrique queren seguir a manter a distancia de seguridade de 4 puntos con respecto ó Real Madrid na cabeza da táboa.


PARTIDOS:

SEVILLA - BARCELONA *
R. MADRID - EIBAR
MÁLAGA - ATLÉTICO
R. SOCIEDAD - DEPORTIVO
ABELLÁ B - CASX

A Porra: Isak a un punto do líder


Isak situouse a tan so un punto do líder Finito logo de acertar o Córdoba 0 - Atlético 2 e que o líder non sumase nesta xornada.

Agora mesmo Finito comanda a clasificación con 56 puntos seguido de Isak con 55, comparten o terceiro posto Esteban e Rubencillo con 47. O cuarto posto ocupao Emilio que tamén sumou nesta xornada no mesmo partido que Isak.

O Córdoba - Atlético tamén fixo que Jose da Vilanova e eu puideramos incrementar a nosa conta nesta xornada.

O Getafe 2 - Deportivo 1 dou a posibilidade de sumar a Suso e a Don G. y el pto.

O resto de participantes non sumaron nesta xornada.


RESULTADOS:

Celta 0 - Barcelona 1 *
R. Madrid 9 - Granada 1
Valencia 0 - Villarreal 0
Córdoba 0 - Atlético 2
Getafe 2 - Deportivo 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 56
2. Isak 55
3. Esteban / Rubencillo 47
4. Emilio 43
5. Iván Combo / Lato / Vigo 37
6. Suso 36
7. Don G. y el pto / Villa 35
8. Chany 34
9. Pitus 32
10. Villalove 27
11. Combo "Rubio" 26
12. Jose da Vilanova 24
13. José Antonio 21
14. Marcos Combo / Piuco 20
15. Petete 9

luns, 30 de marzo de 2015

A Porra: Xornada 24


A xornada 24 da Porra agasállanos con un gran partido estrela: Celta vs Barcelona, os do Toto Berizzo foron quen de gañar no partido de ida 0-1 no Camp Nou desplegando un gran fútbol. Serán capaces de volver a "mollarlle a orella" ó líder da Liga? O encontro disputarase o Domingo 5 de abril as 21,00 horas e será retransmitido por Canal Plus.

Xa podedes cubrir os vosos pronósticos!

PARTIDOS:

CELTA - BARCELONA *
R. MADRID - GRANADA
VALENCIA - VILLARREAL
CÓRDOBA - ATLÉTICO
GETAFE - DEPORTIVO


A Porra: solo suma Rubencillo


Xornada pobre en acertos a número 23 da Porra. Tan so un participante, Rubencillo, logo de acertar o Recreativo 0 - Betis 1 suma 3 puntos. O resto de participantes quedaron a cero. Con estes 3 puntos Rubencillo iguala na 3ª posición da táboa con Esteban a 47 puntos e a tan so 9 do líder Finito.


RESULTADOS:

Las Palmas 4 - Ponferradina 2
Llagostera 3 - Lugo 2
Osasuna 0 - Sporting 0
Recreativo 0 - Betis 1
C.A.S.X. 2 - Once Caballeros "B" 4

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 56
2. Isak 52
3. Esteban / Rubencillo 47
4. Emilio 40
5. Iván Combo / Vigo 37
6. Villa 35
7. Chany / Lato 34
8. Suso 33
9. Don G y el pto / Pitus 32
10. Villalove 27
11. Combo "Rubio" 26
12. José Antonio / Jose da Vilanova 21
13. Marcos Combo / Piuco 20
14. Petete 9




luns, 23 de marzo de 2015

II Día da Tapa e cantos de taberna en Sobrado, Domingo 29 de Marzo



Logo do gran éxito da primeira edición a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais de Sobrado organiza este domingo 29 de marzo a II Edición do Día da Tapa e os cantos de taberna nos locais hostaleiros do pobo.

A partires das 12,00 horas do domingo haberá tapas variadas e GRATIS en todos os locais hostaleiros da vila e música tradicional coas agrupacións: HERBA GRILLEIRA, LUME NA LAREIRA, OS TRÉCOLAS, RONDALLA MORAIMA e A MARISTELA de SOBRADO.

Vide a Sobrado este domingo!!! a festa, a boa música, as tapas máis ricas e abundantes e o mellor ambiente tédelo aquí! onde senón? EN SOBRADO

A Porra: Xornada 23


Debido os partidos de seleccións nacionais non haberá liga na 1ª División así que esta xornada teremos partidos de segunda ademáis do Atlético Sobrado.

O partido estrela será o Las Palmas que está en postos de playoff de ascenso contra a SD Ponferradina. Os do Bierzo están a un so posto de ocupar tamén prazas para xogarse o ascenso de categoría.


PARTIDOS:


LAS PALMAS - PONFERRADINA *
LLAGOSTERA - LUGO
OSASUNA - SPORTING
RECREATIVO - BETIS
C.A.S.X. - ONCE CABALLEROS "B"

A Porra: Suso gañador da xornada


Suso foi a gañador da Xornada da Porra logo de acertar o partido estrela, o F.C. Barcelona 2 - Real Madrid 1.

Houbo un total de 8 participantes que acertamos o Atlético 2 - Getafe 0: Isak, Rubencillo, Emilio, Iván Combo, Villa, Chany, Villalove e eu mesmo.

Con este acerto Isak achégase a tan so 4 puntos do líder Finito que non sumou nesta xornada.

Houbo tamén un acertante do Deportivo 0 - Espanyol 0 que foi José Antonio.



PARTIDOS:

Barcelona 2 - Real Madrid 1 *
Deportivo 0 - Espanyol 0
Elche 0 - Valencia 4
Atlético 2 - Getafe 0
Mesía 4 - C.A.S.X. 3

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 56
2. Isak 52
3. Esteban 47
4. Rubencillo 44
5. Emilio 40
6. Iván Combo / Vigo 37
7. Villa 35
8. Chany / Lato 34
9. Suso 33
10. Don G. y el pto / Pitus 32
11. Villalove 27
12. Combo "Rubio" 26
13. José Antonio / Jose da Vilanova 21
14. Marcos Combo / Piuco 20
15. Petete 9



luns, 16 de marzo de 2015

A Porra: Xornada 22


Pouca presentación necesita o partido estrela da Xornada 22 da Porra. F.C. Barcelona vs R. Madrid. O encontro terá lugar o vindeiro domingo 22 de marzo as 21,00 horas (Canal Plus). Xa podedes facer os vosos pronósticos.


PARTIDOS:

BARCELONA - R. MADRID *
DEPORTIVO - ESPANYOL
ELCHE - VALENCIA
ATLÉTICO - GETAFE
MESÍA - C.A.S.X.


A Porra: Esteban, Rubencillo, Vigo, Pitus e Suso acertan o partido da xornada


Un total de 5 participantes: Esteban, Rubencillo, Vigo, Pitus e Suso acertaron o partido da xornada sumando así 8 importantes e valiosos puntos.

Outro gran beneficiado da xornada foi Jose da Vilanova que sumou 6 puntos ó acertar o R. Madrid 2 - Levante 0 e o Celta 1 - Athletic 2.

Sumaron 3 puntos nesta xornada Combo "Rubio" e Villalove no partido do Bernabeu e Piuco no Celta 1 - Athletic 2.


RESULTADOS:

Valencia 2 - Deportivo 0 *
Eibar 0 - Barcelona 2
R. Madrid 2 - Levante 0
Espanyol 0 - Atlético 0
Celta 1 - Athletic 2

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 56
2. Isak 49
3. Esteban 47
4. Rubencillo 41
5. Emilio / Vigo 37
6. Iván Combo 34
7. Don G. y el pto / Pitus / Villa 32
8. Chany / Lato 31
9. Combo "Rubio" 26
10. Suso 25
11. Villalove 24
12. Jose da Vilanova 21
13. Marcos Combo / Piuco 20
14. José Antonio 18
15. Petete 9

luns, 9 de marzo de 2015

A Porra: Xornada 21


De novo o Valencia volve a ser protagonista no partido da Xornada. Desta volta no seu partido contra o Deportivo que se disputará o VENRES as 20,45 horas. 

Como o Atlético Sobrado ten xornada de descanso o partido que poñeremos no seu lugar é o Celta - Athletic Club.


PARTIDOS:

VALENCIA - DEPORTIVO *
EIBAR - BARCELONA
R. MADRID - LEVANTE
ESPANYOL - ATLÉTICO 
CELTA - ATHLETIC

A Porra: os dous primeiros clasificados abren brecha


Finito e Isak, dous primeiros clasificados abriron distancia nesta xornada da Porra logo de acertar o partido da xornada e que os terceiros, cuartos e quintos clasificados non sumasen.

Tamén acertou o partido da xornada Esteban que se sitúa terceiro con 39 puntos. O Atlético 1 - Valencia 1 ademáis dounos 8 puntos a Iván Combo e a min.

So houbo 1 participante que sumou 3 puntos, foi Pitus no Athletic 1 - R. Madrid 0

O resto de xogadores non sumaron nesta xornada.


RESULTADOS:

Atlético 1 - Valencia 1 *
Deportivo 3 - Sevilla 4
CASX 0 - Bribes 2
Athletic 1 - R. Madrid 0
Barcelona 6 - Rayo Vallecano 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 56
2. Isak 49
3. Esteban 39
4. Emilio 37
5. Iván Combo 34
6. Rubencillo 33
7. Don G. y el pto / Villa 32
8. Chany / Lato 31
9. Vigo 29
10. Pitus 24
11. Combo "Rubio" 23
12. Villalove 21
13. Marcos Combo 20
14. José Antonio 18
15. Piuco / Suso 17
16. Jose da Vilanova 15
17 Petete 9