O venres comezaron as festas en Teixeiro e o longo de tres días e como é tónica xeral cando hai festas no pobo veciño houbo masiva afluencia de público sobradés. Dicir que moitos de nós xa viñamos de estar na re-inauguración de Casa Tato (agora Viñoteca, por certo decorada con moi bo gusto).
Logo dos concertos de Josele Santiago e Sidonie tocoulle pechar a festa a Marbella que como non podía ser de outra maneira adicoulle unha canción a xente de Sobrado: grazas Víctor,
nós tamén vos temos moito cariño e a boa imaxe que deixaste o ano pasado en Sobrado fai que a xente siga a falar moi ben de vos.
O sábado o día foi moi longo, levanteime as 12:00 horas (non moi despexado) pois tíñamos a celebración (atrasada 1 mes) do cumple de Lisardo no seu maravilloso muiño de Grixalba (O Muiño de Chambón), éramos 20 homes dispostos a dalo todo: cervexa, viño, cubatas, churrasco e algún que outro baño no río.
Entre as ausencias algúns ilustres coma: Petete, O Muxico e Pazitos que non puideron vir por diversos motivos aumentado co retraso de José Luis que tivo que ir traballar o sábado (in extremis).
Como vedes na foto de enriba a Estrella Galicia non faltou na neveira do "muiño". Fíxome gracia a pregunta de Li o venres pola noite: "Lato, collín 120 quintos, chegarán?" eu rinme, porque sumado o viño e o "Barceló" deberían chegar, pero o certo é que antes de comer a Estrella levou un bo meneo e a neveira quedou bailando.
Comimos algo tarde coma sempre (como nos gusta! je je je) e dicir que unha vez máis "Arguiñano" Pedino obsequiunos con un churrasco para chuparse os dedos: Alberto, deberías pensar seriamente o de montar unha brasería que te forras neno!
A tarde pasou rápido con algunha que outra sms "cachonda" á Radio Galega mentres escoitabamos o partido do Depor en Israel. Preto da noite e cando o persoal xa comezaba a estar moi animado surxiu a idea de ir cear a Casa Cotos a Grixalba. Logo da ducha degustamos unhas tortillas, un xamón e uns chourizos caseiros que quitaban o hipo: "Chapeau!", a todo isto seguiuno o café de pota, os chupitos de augardente tostada (idea de José Luis) e o entrefino que sempre pedimos neste tipo de "banquetes" os que non fumamos (por esto de facer un pouco a tontería e tal...)
Xa na festa en Teixeiro e outra vez cunha afluencia sobradesa moi importante notabase onde estaba o persoal que "fixera día" no Muiño de Chambón pois detectábase "euforia" no persoal, a pesares de que me doia a cabeza o principio da noite, segundo avanzaba o tempo íame pasando, mira que nos rimos..., estivo xenial, sodes todos uns auténticos e xenuinos cracks!
Onte logo de comer e baixar a Ramiro decidimos ir ata Guitiriz a "facer mundo" a expedición comezámola Esteban, Oito e eu, máis tarde seguiunos Alex, Souto e Nando. Outras risas moi pero que moi importantes dende que os "cortos" comezaron a "quentarlle" a cabeza o persoal.
A iso das 21:30 horas regreso a Sobrado logo de comer as habituais tapas, visita de rigor a Ramiro, ducha e para a festa a Teixeiro de novo.
Onte facía bastante frío pola noite (levantouse un vento tolo) e como curiosidade dicir que en vez de que as orquestras fixeran dous pases cada unha delas de hora e media fixeron un cada unha de duas horas e media polo que a festa rematou as 03:50 minutos. Particularmente prefiro o formato tradicional de unha, outra, unha, outra pero queda claro que para gustos píntanse colores.
Así rematou un axetreado fin de semana, no que a verdade é que ningún de nós tivo moita paraxe, sempre co "ocio" (e non me refiro o novo teléfono de Lisardo) como bandeira.
Para o finde que ven a cousa parece que vai polo mesmo camiño cunha data moi sinalada no calendario: o sábado 26 de xullo que se celebra a II Edición do Día da Familia en Sobrado. Un xantar campestre na área recreativa da Ponte Pedra que estará amenizada pola charanga BMV (Bebemos Moito Viño) de Brión, seguramente prolongaremos a estancia en dita área ate ben entrada a madrugada, xa que ademáis haberá pulpeira e xogos para os máis pequenos. A cousa promete (a ver se a climatoloxía nos respeta).
SOBRADO ON TOUR 2008:
Opcións para hoxe, 21 de xullo:
OPCIÓN A: Meangos (Abegondo): ARMONÍA SHOW
OPCIÓN B: As Pontes: PARIS DE NOIA + OLYMPUS
OPCIÓN C: Fontecada (Santa Comba): PANORAMA
Saudos e bo comezo de esta semana "festiva" para os Galegos.
Para ti eu penso que todas as semanas son festivas jeje, non só esta.
ResponderEliminarUnha fin de semana completiña, si señor. Eu tiña pensado ir a Teixeiro o domingo pero ó final parece que ninguén se animou e quedei na casiña... que se lle vai facer.
A pregunta do teu amigo sobre se chegarían 120 quintos foi sen dúbida chistosa. Non sei cantos seríades (non me parei a contar as persoas que nomeas) pero 120 cervexas deberían chegar, xa sen contar o viño nin o ron!! Que sodes esponxas??? jejeje
Por certo, onte que opción escollestes finalmente para a etapa do On Tour?
Si, je je, esto de só traballar duas mañás na semana é o que ten, un pódese prolongar nocturnamente.
ResponderEliminarÉramos 20 e pódesme creer que os quintos levaron un bo repaso, non se acabaron pero ten en conta que comendo bebeuse viño e despois toda a tarde alternouse cubatas e cervexa. Para algúns quédase curto o adxetivo de esponxas, que duro é o corpo!
A todo isto logo de todo o día e a cea tamén debo mencionar que houbo botellón por todo o alto na festa de Teixeiro no novo "pub" que montaron María e Pirulo (Citroen Xsara se chama). Polo que imaxinate o resultado de todo isto as 05:30 AM..., je je je
Onte o final collimos a opción de coidarnos un pouco e o único que tiña gañas de marcha era O Muxico, quizais porque él non saiu o xoves e o venres. A min tocabame currar pola mañá e non era plan. Hoxe Deus dirá...
Saudos
Vaia! Collestes unha noite sabática logo... raro raro raro...jejeje
ResponderEliminarPois non coñecía eu o novo pub ese... terei que ir máis á festa de Teixeiro a ver se o vexo jajajaja. O nome do pub é curioso, si... jeje. Pero que faciades de botellón ás 5.30 se a festa acabou sobre as 4??? Ai, pillabáns, o botellón pérdevos!