Así é, mañá é o séptimo aniversario do Centenariazo e un ano máis teño o orgullo de recordalo con moito cariño e ledicia. O ano pasado xa fixen un resumo de como foi o pre-partido, o partido e o post-partido polo que sobran as palabras e afloran os sentimentos. Onte o ver o Athletic clasificado para a final e ver a festa que se montou na "Catedral" véuseme o maxín moitas imaxes que nos vivimos 7 anos atrás; con todos os elementos en contra, 25.000 almas branquiazuis loitando contra todo un Imperio, David contra Goliat, o final gañou o pequeno, que cantou, bailou e asubiou coma nunca.Mentres este blog perdure recordarei ano tras ano este día memorable, imposible de borrar para todos os que amamos o Real Club Deportivo e soñamos con que algún día non moi lonxano academos outra final que xa vai tocando...
Agora máis que nunca
DEPOR CAMPEÓN!!!!
Como nos imos olvidar??? Iso nunca xamáis!!! De primeiras era algo impensable, pero pasou!! E os deportivistas sempre o recordaremos sen necesidade de apuntalo na axenda.
ResponderEliminar