Achégase ó Nadal e con el comidas e cenas a "go go". Raro é a persoa que nesta época pre-noiteboa non acumule comidas cos amigos, ceas de empresa, etc, etc, etc. Parece ser que a cousa é así, non nos chega con darnos tremendos atracóns en Noiteboa, o día de Nadal, Noitevella, etc que tamén recurrimos a estas "comidas jolgorrio" como unha parte cada vez máis importante do Nadal. A frase xa é coñecida: "esta fin de semana, para o seguinte e para o seguinte non podo quedar, que teño cea...", soavos? a min tamén...Polo que a min respecta comeza hoxe o tema: con unha "cuchipanda" onde se degustará churrasco, productos típicos de Italia e para regar todo isto, sidra, cervexa, viño italiano e viño da Ribera do Douro. Seguiremos mañá coa comida de Nadal de empresa (mañán non acudirei a cita dos venres con este blog, MIL DISCULPAS), e o sábado a cea de Nadal do equipo de fútbol..., ufff, en fin que so de pensalo xa me poño malo, e eso antes de que chegue o martes cando nos toque o Gordo de Nadal que xa será o non vai máis. A partires de ahí un día tras outro "leña ó mono que é de goma": o colesterol contento, os triglicéridos bailando samba, a tensión coma un montacargas, o azúcar, o ácido úrico..., e os médicos temblando pensando no 7 de xaneiro e a masificación de enfermos empachados que lles agarda...
Como dirían os vellos... "ai meu corpiño!"
jajaja eres ben simpático!!! Encantoume este post de hoxe, moito me rín co colesterol contento, os triglicéridos bailando samba e os médicos temblando! jejeje
ResponderEliminarMoi ocurrente!
BO NADAL!!!!
Grazas Vero, jajaja, xa ves son cousas expontaneas que saen así..., a cabeza está como está e non lle hai que facer..., jajaja.
ResponderEliminarBo Nadal tamén para ti.