Debo recoñecer que a voz da artista catalana Mónica Naranjo é unha das miñas debilidades. Certo é que a controvertida cantante está sempre no punto de mira da polémica polo seu xogo coas ambigüedades. A súa particular e potente voz é unha das máis destacadas e recoñecidas do panorama nacional. Déixovos o videoclip "Chicas Malas" do ano 2002, un videoclip que aínda se fixo público hai relativamente pouco tempo pois no momento de publicitalo a Mónica non lle gustou como quedara e no seu lugar sustituiuse pola sesión de fotografías do disco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario