venres, 21 de decembro de 2012
E chegou o Nadal!!
"Tempus Fugit", queda claro..., onte estabamos no verán e hoxe xa estamos na antesala das Festas de Nadal.
Cambio de estación, chega o inverno... ou xa chegara? Novo mundo... ou é o mesmo de onte? sexa o que sexa e aclárense ou non estas dúbidas unha cousa é segura: que desde este blog queremos desexarvos que sexades moi felices, pero non so nestas festas, senón ó longo de todo o ano.
A intención dos diversos post que se van colgando aquí é entreter, divertir e ironizar sobre diferentes aspectos co fin de que, quen máis e quen menos, poida esbozar un sorriso ou pasar un intre ameno mentres vai lendo as tolemias que se me pasan pola cabeza.
Hoxe, venres 21, o día anterior o da saúde: "a lotería non tocou pero o que vale é ter saúde..." cambiamos totalmente de rexistro musical aparcando por unha vez en fin de semana a música electrónica e quedándonos cos grandiosos Vetusta Morla e a súa canción "Valiente". Adicada a todos vos, xa que vos considero uns auténticos valentes por entrar aquí a ler as miñas paranoias mentais.
Boa fin de semana, felices festas e os que se me olvide de felicitar por facebook, twitter, whatsapp, correo electrónico, sms e incluso en persoa (hoxe é o xeito máis difícil nos tempos que corren con tanto avance tecnolóxico...) dádevos por felicitados mediante este medio.
BO NADAL!!!
Como parte deses numerosos "valentes" seguidores do teu blog,moitas grazas polos teus desexos.O mesmo desexo eu para ti e toda a túa xente.
ResponderEliminarGraciñas Suso
ResponderEliminarUnha aperta
BO NADAL.....BON NADAL....os deseo lo mejor a todos...que qn el 2013 se cumplan vuestros sueños...beso fuerte....
ResponderEliminarIgualmente Maite. FELIZ NAVIDAD!!!
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?hl=es&v=tfGos88UcnA&gl=ES
ResponderEliminarFELICES FIESTAS RAPACES
ResponderEliminarhttp://flash.freditm.net/marry_christmas/marry_christmas.swf/marry_christmas.swf