luns, 8 de xuño de 2015

A Porra: Finito gaña a Porra 2014/2015


Finito resoltou ser o gañador final da Porra 2014/2015. Nun sprint final brutal sumou nas últimas 4ª xornadas un número de puntos tan importante que ningún competidor lle puido seguir a estela.

Sen ir máis lonxe, na tarde de onte volveu a ser o que máis puntuou na xornada, 6 puntos nos partidos Girona 1 - Lugo 1 e Ponferradina 1 - Alcorcón 1. Con estos puntos acadou un total de 83.

Os únicos participantes ademáis do campión que sumaron nesta xornada foron Esteban e Vigo, ambos no Ponferradina 1 - Girona 1.

Darvos as grazas a todos pola participación nesta nova edición e desexo que para a vindeira tempada sigades tendo en conta esta porra.

Agora o campión recibirá o seu premio, un agasallo sorpresa que desvelaremos cando sexa entregado.

Noraboa FINITO, o segundo título da Porra que te levas ó peto!


RESULTADOS:

Betis 0 - Sporting 3 *
Girona 1 - Lugo 1
Las Palmas 3 - Alavés 2
Ponferradina 1 - Alcorcón 1
Sabadell 2 - Osasuna 2

CLASIFICACIÓN FINAL:

CAMPIÓN: Finito 83
Subcampión: Isak / Rubencillo 64
3º Pitus / Vigo 63
4º Esteban 62
5º Suso 58
6º Emilio 54
7º Chany 53
8º Don G. y el Pto / Iván Combo 52
9º Villalove 47
10º Lato 46
11º Jose da Vilanova 41
12º Villa 38
13º Combo "Rubio" 32
14º Marcos Combo 29
15º José Antonio 27
16º Petete / Piuco 23



luns, 1 de xuño de 2015

A Porra: Xornada 33 (ÚLTIMA)


A última xornada da Porra 14/15 regálanos un atrainte Betis - Sporting. Un partido de dous históricos con claro sabor a primeira división. O Betis, xa ascendido, recibe a un Sporting que loita codo con codo co Girona para conseguir a segunda praza da clasificación e que supón tamén o ascenso directo.


PARTIDOS:

BETIS - SPORTING *
GIRONA - LUGO
LAS PALMAS - ALAVÉS
PONFERRADINA - ALCORCÓN
SABADELL - OSASUNA

A Porra: Pitus suma 14 puntos



Pitus foi o gañador da penúltima xornada da Porra logo de sumar 14 puntos froito de acertar ademáis do partido da Xornada o Racing 0 - Ponferradina 1 e Lugo 1 - Albacete 1.

O segundo participante que máis puntos sumou foi Rubencillo con un total de 8 logo de acertar o partido estrella da penúltima xornada, o Mallorca 0 - Girona 1.

Sumaron 3 puntos: o líder Finito (Lugo 1 - Albacete 1), Vigo (Lugo 1 - Albacete 1), Suso (Alavés 0 - Valladolid 2), Don G. y el pto (Lugo 1 - Albacete 1), Iván Combo (Lugo 1 - Albacete 1), Villalove (Racing 0 - Ponferradina 1) e Combo "Rubio" (Tenerife 2 - Betis 0).


RESULTADOS:

Mallorca 0 - Girona 1 *
Tenerife 2 - Betis 0
Alavés 0 - Valladolid 2
Racing 0 - Ponferradina 1
Lugo 1 -Albacete 1

CLASIFICACIÓN: 

1. Finito 77
2. Isak / Rubencillo 64
3. Pitus 63
4. Vigo 60
5. Esteban 59
6. Suso 58
7. Emilio 54
8. Chany 53
9. Don G. y el pto / Iván Combo 52
10. Villalove 47
11. Lato 46
12. Jose da Vilanova 41
13. Villa 38
14. Combo "Rubio" 32
15. Marcos Combo 29
16. José Antonio 27
17. Petete / Piuco 23



martes, 26 de maio de 2015

A Porra: Xornada 32


Penúltima xornada da porra onde entran en liza partidos da 2ª división unha vez remata a Liga BBVA. O partido estrela da xornada será o Mallorca - Girona. Un partido clave para os cataláns que están a facer unha excelente campaña e dispoñen de serias opcións de ascender de categoría de xeito directo.


PARTIDOS:

MALLORCA - GIRONA *
TENERIFE - BETIS
ALAVÉS - VALLADOLID
RACING - PONFERRADINA
LUGO - ALBACETE 


A Porra: Chany acerta o partido da xornada


Chany acertou o partido da xornada, o Barcelona 2 - Deportivo 2. Un empate que lle proporcionou a ansiada permanencia ó Deportivo.

Foi unha xornada na que poucas variacións houbo na xeral. Ademáis de Chany so sumaron, desta volta 3 puntos Iván Combo no Granada 0 - Atlético 0 e Villalove no Almería 2 - Valencia 3.

RESULTADOS:

Barcelona 2 - Deportivo 2
R. Madrid 7 - Getafe 3
Granada 0 - Atlético 0
Almería 2 - Valencia 3
Málaga 2 - Sevilla 3

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 74
2. Isak 64
3. Esteban 59
4. Vigo 57
5. Rubencillo 56
6. Suso 55
7. Emilio 54
8. Chany 53
9. Don G. y el pto / Iván Combo / Pitus 49
10. Lato 46
11. Villalove 44
12. Jose da Vilanova 41
13. Villa 38
14. Combo "Rubio" / Marcos Combo 29
15. José Antonio 27
16. Petete / Piuco 23



luns, 18 de maio de 2015

A Porra: Xornada 31



Como non podía ser de outro xeito o partido estrela da Xornada 31 será o encontro no que o R.C. Deportivo se xoga a vida. O desprazamento non convida ó optimismo pois toca visitar o Camp Nou. Haberá que ver se a resaca do título ligueiro afecta ós xogadores culés ou ben se Luis Enrique decide dar descanso os máis habituais para reservalos para a final da Copa do Rei da seguinte semana. Quizais por ahí poden pasar as opcións do Deportivo de traer algo positivo de Barcelona. O partido será o sábado as 18,30 horas.

Quedan 3 xornadas para que remate a Porra así que ide poñendo os 5 sentidiños nos vosos pronósticos.

Moita sorte!!!


PARTIDOS:

BARCELONA - DEPORTIVO *
R. MADRID - GETAFE
GRANADA - ATLÉTICO
ALMERÍA - VALENCIA
MÁLAGA - SEVILLA


A Porra: Finito síguese distanciando



Finito é máis líder logo de sumar 6 novos puntos nesta xornada. Desta volta acertou o Valencia 1 - Celta 1 e o Deportivo 2 - Levante 0.

O gañador da xornada foi Pitus que sumou 11 puntos logo de acertar o partido da xornada que lle dou o título ligueiro ó F.C. Barcelona e o Sevilla 2 - Almería 1.

Tamén sumaron 3 puntos nesta xornada: Vigo (Sevilla 2 - Almería 1), Suso (Deportivo 2 - Levante 0), Iván Combo (Sevilla 2 - Almería 1), Chany (Deportivo 2 - Levante 0), Jose da Vilanova (Espanyol 1 - R. Madrid 4), e José Antonio (Deportivo 2 - Levante 0).

A falta de tan so 3 xornadas para o remate da Porra 2014/2015 as espadas están en todo o alto e un grupo importante de participantes ten aínda serias opcións de sair campión (recordamos que o igual que anos anteriores a Porra remata coincidindo coa última xornada de 2ª División).


RESULTADOS:

Atlético 0 - Barcelona 1 *
Espanyol 1 - R. Madrid 4
Valencia 1 - Celta 1
Sevilla 2 - Almería 1
Deportivo 2 - Levante 0

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 74
2. Isak 64
3. Esteban 59
4. Vigo 57
5. Rubencillo 56
6. Suso 55
7. Emilio 54
8. Don G. y el pto / Pitus 49
9. Iván Combo / Lato 46
10. Chany 45
11. Jose da Vilanova / Villalove 41
12. Villa 38
13. Combo "Rubio" / Marcos Combo 29
14. José Antonio 27
15. Petete / Piuco 23


luns, 11 de maio de 2015

A Porra: Xornada 30



A xornada 30 da Porra preséntasenos con un apaixoante e que pode ser definitivo para o devir da Liga Atlético - Barcelona. Os de Luis Enrique teñen prácticamente a Liga no peto logo de que o Real Madrid pinchara co Valencia nesta xornada. Este será o partido da xornada (sempre e cando non haxa a anunciada folga de futbolistas)

PARTIDOS:

ATLÉTICO - BARCELONA *
ESPANYOL - R. MADRID
VALENCIA - CELTA
SEVILLA - ALMERÍA
DEPORTIVO - LEVANTE

A Porra: Finito máis líder



Finito é máis líder logo de sumar 6 puntos nesta xornada e que os seus máis inmediatos perseguidores so conseguiran sumar 3 ou ningún.

Finito acertou o Celta 1 - Sevilla 1 e o Athletic 1 - Deportivo 1. O segundo clasificado Isak sumou 3 puntos no partido de San Mamés. Esteban, terceiro clasificado sumou no partido de Balaidos. Accede á cuarta posición Rubencillo logo de acertar o mesmo partido que Esteban. Emilio e Vigo, quintos clasificados non sumaron nesta xornada.

Foi unha gran xornada para Villalove, Jose da Vilanova e Petete que sumaron 11 puntos cada un deles. Ademáis do partido da xornada Villalove e Petete acertaron o Athletic - Deportivo. Pola súa parte, Jose da Vilanova ademáis do R. Madrid 2 - Valencia 2 acertou o Barcelona 2 - R. Sociedad 0.

Tamén sumaron 3 puntos nesta xornada Marcos Combo (Celta 1 - Sevilla 1), José Antonio (Athletic 1 - Deportivo 1) e Piuco (Celta 1 - Sevilla 1).


RESULTADOS:

R. MADRID 2 - VALENCIA 2 *
BARCELONA 2 - R. SOCIEDAD 0
LEVANTE 2 - ATLÉTICO 2
CELTA 1 - SEVILLA 1
ATHLETIC 1 - DEPORTIVO 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 68
2. Isak 64
3. Esteban 59
4. Rubencillo 56
5. Emilio / Vigo 54
6. Suso 52
7. Don G. y el pto 49
8. Lato 46
9. Iván Combo 43
10. Chany 42
11. Villalove 41
12. Jose da Vilanova / Pitus / Villa 38
13. Combo "Rubio" / Marcos Combo 29
14. José Antonio 24
15. Petete / Piuco 23



domingo, 3 de maio de 2015

A Porra: Xornada 29



Deixamos xa por aquí os partidos que entran en liza para a xornada 29 da Porra. Unha porra que está máis emocionante que ningún ano pois hai moitos posibles candidatos a levarse o título de campión.

O partido estrela será o Real Madrid - Valencia, un partido no que a priori prevese igualado, de moita loita e tensión.

Xa podedes cubrir os vosos pronósticos:


PARTIDOS:

R. MADRID - VALENCIA *
BARCELONA - R. SOCIEDAD
LEVANTE - ATLÉTICO
CELTA - SEVILLA
ATHLETIC CLUB - DEPORTIVO