venres, 31 de maio de 2013
Aire de Verbena, Cumbraos is On Fire
Chegou o día, hoxe comeza en Cumbraos, a escasos 2 quilómetros de Sobrado as Festazas na Honra o Corpus Christi. Nin que decir ten que visto o cartel estas festas van ser todo un éxito. A noite de hoxe promete, e visto o tempo que está creo que o aparcadoiro se vai quedar minúsculo se o comparamos coa de xente que vai acudir.
CLAXXON e PARÍS DE NOIA, PARÍS DE NOIA e CLAXXON. Dúas formacións que compaxinan espectáculo e calidade a partes iguais. Non vou ser eu quen descubra agora a PARÍS DE NOIA, so con oir o nome impón respeto. De CLAXXON decir que foi a sensación das verbenas galegas na tempada pasada, e coma presentación para @s que non a coñezades déixovos este video que fala por sí solo do que son capaces de facer estes pedazo de artistas.
Pero mañá seguirá a festa con ESTRELLA MAR e ALARMA (outro orquestón onde este ano temos á nosa amiga Roly de Teixeiro), un motivo máis para ir a disfrutar da noite a Cumbraos.
O domingo haberá sesión vermú coa CHARANGA "LOS AMIGOS" de Visantoña coma fin de festa.
IMPRESCINDIBLE!!!
Noutra orde de cousas, os nervos levan uns días a flor de pel, un ano máis a estas alturas de tempada por mor do meu querido REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA que mañá xógase o ser ou non ser na 1ª División do Fútbol español. Haberá que ir cedo para a zona de Riazor co agallo de non ter que chupar caravanas de entrada na cidade e para ir calmando os nervos de unha última xornada de infarto teremos que "alicatar" unhas Estrella Galicia que boa falta nos van facer.
Confío nos homes de Fernando Vázquez, o Harry Potter de Castrofeito dounos osíxeno cando a finais de febreiro estabamos xa en coma case irreversible.
#PODESECARALLO
Boa fin de semana
mércores, 29 de maio de 2013
Xa somos Reserva Mundial da Biosfera!!!
Estamos de noraboa:
Coñecíase no mediodía de onte, As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo convertironse en Reserva Mundial da Biosfera, un galardón que outorga a Unesco.
Non deixa de ser unha grandísima noticia para esta comarca, pois como sabedes, Sobrado pertence a ela o ser o lugar onde nace o Río Mandeo que desemboca na Ría de Betanzos.
As Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo compóñena os concellos de: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado. En total suman 114.000 hectáreas o que supón algo máis do 14% da Provincia da Coruña.
Con esta son 45 as Reservas Mundiais da Biosfera das que dispón España, 2º país máis distinguido do mundo por detrás dos Estados Unidos.
Esta distinción supón que o territorio beneficiariase entre outras cousas de máis vías de financiación. Agardemos que a maneira de potenciar a partires de agora o Turismo se faga, POR FIN, de forma ordenada e non as tolas. Os productos autóctonos tamén se verán beneficiados con esta medida.
Deixovos a noticia de La Voz de Galicia na súa edición dixital
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/05/28/marinas-corunesas-terras-do-mandeo-reserva-biosfera/00031369745872612556390.htm#.UaTdGQzyoZg.facebook
martes, 28 de maio de 2013
Rock na Festa dos Dolores 2013
A Comisión Organizadora das Festas na Honra á Virxe dos Dolores 2013 de Sobrado dou a coñecer no seu Facebook Oficial o primeiro borrador do que será o Festival de Rock que abrirán as festas grandes do pobo.
Como vedes estarán en Sobrado, dúas das formacións máis grandes no que a Rock Estatal se refire, falo de REINCIDENTES e de SÍNKOPE.
Pero non quedará ahí a cousa, haberá máis formacións que se irán anunciando en vindeiras datas, o que xa se pode anunciar é que como peche a este espectacular 1º día de festa será MAGICK DJ o encargado de dar caña co seu musicón ata que o corpo aguante.
Ó loro que a cousa non vai ser de broma!!!
Seguiremos informando...
luns, 27 de maio de 2013
A Porra: Xornada 34 (Penúltima)
Penúltima xornada da porra e última onde entrarán partidos da Liga BBVA onde o partido estrela como non podía ser de outro xeito será o que acapare todas as miradas. Un encontro do que dependen moitos equipos, o Deportivo - R. Sociedad que se disputará o vindeiro sábado 1 de xuño as 21.00 horas no Estadio Municipal de Riazor. O Depor xógase literalmente a vida, e a Real Sociedad apurar as súas opcións de entrar en Champions League. Un partido a proba de infarto (tocará sufrir o sábado dentro do "Templo") e que é verdadeiramente unha final.
PARTIDOS:
DEPORTIVO - R. SOCIEDAD * Partido da Xornada
CELTA - ESPANYOL
MALLORCA - VALLADOLID
ZARAGOZA - ATLÉTICO
SEVILLA - VALENCIA
PARTIDOS:
DEPORTIVO - R. SOCIEDAD * Partido da Xornada
CELTA - ESPANYOL
MALLORCA - VALLADOLID
ZARAGOZA - ATLÉTICO
SEVILLA - VALENCIA
A Porra: Villalove único acertante
Villalove foi o único participante que sumou na Xornada 33 da Porra logo de acertar o Espanyol 0 - Barcelona 2 sumando así 3 puntos e empatando no 11º posto da táboa clasificatoria con Pitus a 31 puntos.
Así pois, a clasificación non presenta máis variacións cando tan so faltan 2 emocionantes xornadas para rematar esta IV Edición e onde varios candidatos teñen serias opcións de conseguir o título.
RESULTADOS:
R. SOCIEDAD 3 - R. MADRID 3 * Partido da Xornada
ESPANYOL 0 - BARCELONA 2
MÁLAGA 3 - DEPORTIVO 1
ATLÉTICO 0 - MALLORCA 0
BETIS 4 - ZARAGOZA 0
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 73
2. CHANY 59
3. SUSO 53
4. ISAK 49
5. FINITO 48
6. JOSITO 47
7. MAITE 43
8. EMILIO 42
9. JOSÉ ANTONIO 40
10. PETETE 34
11. PITUS / VILLALOVE 31
12. VILLA / LATO 29
13. PAZITOS 25
14. FERREIRO5 / RUBIO 15
15. PIRU 12
16. IVÁN COMBO 11
17. CHINO 9
18. ALBERTO 6
xoves, 23 de maio de 2013
Galicia "de Bandeira"
Da gusto comezar o día con unha boa noticia mentres tomas o primeiro café postducha acompañado con algo de "vitamina para o corpo". Enfrente de ti o televisor mentres ves as cousas que ocorreron polo mundo no Telediario das 7.30 horas.
A boa nova da que falo non é outra que as 138 distincións de Bandeiras Azuis que terán as Praias Galegas este verán.
Estamos a falar da Comunidade Autónoma de España que máis distintivos de este tipo terá por riba de autonomías da Costa Mediterranea, do Sur de España, do Norte do país e das Illas.
Como sabedes a Bandeira Azul é o distintivo de Calidade Ambiental nas praias, en Galicia estarán repartidas do seguinte xeito: A Coruña (49), Lugo (20) e Pontevedra (59).
Sen lugar a dúbidas unha gran noticia para a nosa Autonomía.
Deixovos o enlace da Edición Dixital de La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/23/banderas-azules-2013-galicia-gana-dos-distintivos-playas/00031369309530188111723.htm
* MAÑÁ NON HABERÁ ENTRADA NO BLOG POIS UN COMPROMISO O IMPIDE. VÉMONOS O LUNS, QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA.
mércores, 22 de maio de 2013
NON Á MEGAMINERÍA EN GALICIA
Onte vin este video denuncia por primeira vez. Trátase de unha petición á Xunta de Galicia para que non permita que o Proxecto de Megaminería en Galicia vaia adiante. Os que mandan deben ser conscientes da repercusión que pode provocar no medio natural galego "sachar indiscriminadamente a terra" para obter uns lingotes de ouro. Entre todos debemos parar isto co agallo de que dentro de uns anos non nos teñamos que lamentar de estas obras "faraónicas" que o único que perseguen é enriquecer a uns poucos (os de sempre) e danar directa ou indirectamente a todo e a todos.
NON A MEGAMINERÍA EN GALICIA!
martes, 21 de maio de 2013
A Porra: Xornada 33
Quedan 3 xornadas da porra e varios participantes teñen serias opcións de levarse o título de esta IV Edición.
O partido da xornada será o R. Sociedad - R. Madrid, un partido que pode darlle a clasificación para xogar a Uefa Champions League na tempada 2013/2014 ós donostiarras no caso de victoria do equipo de San Sebastian e derrota do Valencia CF contra o Granada.
Todos os encontros xogaránse o domingo 26 de maio as 20.00 horas (horario unificado).
PARTIDOS:
R. SOCIEDAD - R. MADRID * Partido da Xornada
ESPANYOL - BARCELONA
MÁLAGA - DEPORTIVO
ATLÉTICO - MALLORCA
BETIS - ZARAGOZA
A Porra: Esteban pega o tirón
O líder Esteban dou un golpe importante enriba da mesa nesta xornada 32 da porra logo de acertar o partido da xornada, o Deportivo 2 - Espanyol 0 e sumar así 8 valiosos puntos que agora o distancian de Chany, 2º clasificado, en 14.
Terceiro na táboa colocouse Suso que tamén acertou o partido de Riazor, así pois, Suso, acada xa os 53 puntos.
Tamén José Antonio foi quen de acertar este mesmo partido, con estes 8 puntos chega a 40 ubícandose en solitario na 9ª posición.
Na parte alta da táboa Finito foi outro participante dos que logrou sumar tras acertar o Barcelona 2 - Valladolid 1 o igual que Maite e Emilio que estiveron atinad@s no Sevilla 1 - R. Sociedad 2.
Xa por último Petete foi outro dos que conseguiu engadir cifras o seu casilleiro acertando o Zaragoza 1 - Athletic 2 ubicándose así na 10ª praza con 34 puntos.
PARTIDOS:
DEPORTIVO 2 - ESPANYOL 0 * Partido da Xornada
BARCELONA 2 - VALLADOLID 1
SEVILLA 1 - R. SOCIEDAD 2
ZARAGOZA 1 - ATHLETIC 2
GRANADA 3 - OSASUNA O
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 73
2. CHANY 59
3. SUSO 53
4. ISAK 49
5. FINITO 48
6. JOSITO 47
7. MAITE 43
8. EMILIO 42
9. JOSÉ ANTONIO 40
10. PETETE 34
11. PITUS 31
12. VILLA / LATO 29
13. VILLALOVE 28
14. PAZITOS 25
15. FERREIRO5 / RUBIO 15
16. PIRU 12
17. IVÁN COMBO 11
18. CHINO 9
19. ALBERTO 6
xoves, 16 de maio de 2013
Ata martes maj@s
Así é, mañá comeza unha ponte con dous festivos e fin de semana polo medio... así que, ata martes non volverei a andar por estos lares. Toca por segunda fin de semana consecutiva ruta turística polas "Españas".
Para quen vos quededes en Sobrado, deséxovos unhas boas Festas das "Pías" e ogallá o tempo ó final acabe respetando. Aínda que faga algo de frío por favor que non chova para que as merendas sigan tendo o gran éxito que veñen amosando estes anos.
Hoxe déixovos co que para min foi, é e será o mellor grupo de Rock de todo o territorio nacional: sí, os ourensáns, as máquinas... LOS SUAVES.
Como non podía ser de outro xeito, déixovos un video grabado no seu último directo do recopilatorio "29 años, 9 meses y 1 día" feito no seu Ourense natal en setembro do ano 2010. A canción, unha das miñas favoritas, que aínda que a letra é triste a min ponme moi contento cantala: "Maldita sea mi suerte".
Por anticipado deséxovos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS, unha boa fin de semana e a xente de Sobrado, que celebren as Pías en condicións.
Vémonos o martes
Bicos e abrazos
mércores, 15 de maio de 2013
Sensacional
Onte vin por primeira vez este video que realmente me sorprendeu e a súa vez me fixo rir un bo anaco. A canción é o archicoñecido "Call me maybe" de Carly Rae Jepsen. Póñovos en antecedentes: as cheerleaders dos Miami Dolphins, equipo de fútbol americano fixeron un "lipdub" da canción anteriormente citada.
Pois ben, soldados da US Army destinados en Irak decidiron facer unha copia dos xestos das cheerleaders dos Dolphins e a verdade é que o resultado non foi nada pero que nada malo.
Aquí o tedes para tod@s aquel@s que onte non o vístes no meu Facebook.
martes, 14 de maio de 2013
Canto me alegro Dolo!
Hoxe quero destacar a gran nova que se produxo deportivamente falando en Galicia a pasada fin de semana. O Burela-Pescados Rubén gañou a Liga Feminina de Fútbol Sala logo de imporse ó Atlético de Madrid. A capitana do equipo é unha vella amiga, compañeira de clase e compañeira de pandiña no IES de Curtis. Falo de Dolores Sánchez, máis coñecida como "Dolo".
Dolo, que naceu en Curtis no 1980 comezou a despuntar no fútbol sala femenino cando comezou a xogar no Peluquería Mixta de Friol, logo fichou polo Riazor da Coruña e hai 5 anos recalou no equipo co que se ven de proclamar Campiona de España. É a primeira vez na historia da Liga Feminina que o equipo de un pobo (Burela) acada o título de liga.
Desde aquí enviarlle a miña máis sincera noraboa, a esta vella amiga que xa hai algúns anos que non vexo pero que non quita que hoxe o vela en diversos xornais me puxera moi contento.
Déixovos a entrevista que sae hoxe na última páxina da Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2013/05/14/dolores-sanchez-gustanos-unhas-heroinas/0003_201305G14P60991.htm
A Porra: Xornada 32
Van quedando menos xornadas para que remate a IV Edición da Porra e a cabeza da clasificación segue estando moi apretada. Con moit@s candidat@s a facerse co título de esta tempada. O partido estrela da xornada 32 será o que enfronte no Estadio Municipal de Riazor a Deportivo e Espanyol. O encontro será o domingo 19 de maio (xusto o día que se cumplen 13 anos do título ligueiro do clube herculino e contra o mesmo rival) a partires das 17.00 horas.
Ide facendo os vosos pronósticos.
PARTIDOS:
DEPORTIVO - ESPANYOL * Partido da Xornada
BARCELONA - VALLADOLID
SEVILLA - R. SOCIEDAD
ZARAGOZA - ATHLETIC
GRANADA - OSASUNA
A Porra: Pitus e Petete acertan o partido da xornada
Pitus e Petete foron os únicos participantes que sumaron nesta xornada e curiosamente os dous acertaron o partido da xornada que enfrontou a Atlético de Madrid e Barcelona no Vicente Calderón.
Con estos 8 puntos ambos acadan os 31 puntos escalando ata a 9ª posición. Segue líder Esteban con 65 puntos, seguido de Chany con 59, Isak con 49, Josito con 47 e Suso e Finito con 45.
RESULTADOS:
ATLÉTICO 1 - BARCELONA 2 * Partido da Xornada
ESPANYOL 1 - R. MADRID 1
VALLADOLID 1 - DEPORTIVO 0
MÁLAGA 0 - SEVILLA 0
R. SOCIEDAD 2 - GRANADA 2
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 65
2. CHANY 59
3. ISAK 49
4. JOSITO 47
5. SUSO / FINITO 45
6. MAITE 40
7. EMILIO 39
8. JOSÉ ANTONIO 32
9. PITUS / PETETE 31
10. VILLA / LATO 29
11. VILLALOVE 28
12. PAZITOS 25
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. PIRU 12
15. IVÁN COMBO 11
16. CHINO 9
17. ALBERTO 6
luns, 13 de maio de 2013
A Fórmula 1 segue a gañar adeptos
A Fórmula 1 xa non é ese deporte que en España seguía unha minoria. Quizais axudado polo "Boom Fernando Alonso" desde hai uns anos xa é un deporte dos máis seguidos no "Borbón Country".
José Mota, con este video fainos ver ata onde chega o febre polo deporte das 4 rodas.
Un saudo e que teñades unha boa entrada de semana.
xoves, 9 de maio de 2013
Ata sempre, "Fendetestas"
Acaba de sair a luz pública o triste falecemento do actor navarro Alfredo Landa, un dos clásicos das películas españolas da última metade do século XX e principios do XXI.
Parece ser que Landa de 80 anos xa levaba unha tempada enfermo e faleceu na súa Pamplona natal.
Non serei eu quen descubra as virtudes ou os defectos de este actor o cal lle gardo especial cariño, como xa supoñedes, por ser o protagonista de EL BOSQUE ANIMADO. A película de José Luis Cuerda que foi case integramente rodada aquí en Sobrado dos Monxes aló polo ano 1987 cando eu era un cativo de 9 anos.
Hai algún tempo fixen un post relacionado con esta película, na que Alfredo Landa facía o papel do bandido "Fendetestas". Un simpático e bonachón asaltante de camiños que pululaba (como dicía hai un anaco Pepe Trola no Facebook), polas nosas corredoiras.
Desde aquí desexarlle unha feliz viaxe a Alfredo, unha persoa que para sempre quedará ligada a historia de Sobrado dos Monxes.
D.E.P.
mércores, 8 de maio de 2013
Todo preparado para o VIII Aniversario do Pub Q+?
Faltan algo máis de dúas semanas para que de novo o PUB Q+? de Melide celebre o seu cumpleanos. Trátase do VIII Aniversario de un dos locais referencia da movida melidense, rexentado polo polifacético e gran amigo Alberto Buján.
Como vedes o evento terá lugar o VENRES 24 DE MAIO e por suposto recomendo que ninguén se perda este auténtico festón que vai a máis cada ano que pasa.
Como podedes apreciar no cartel non lle falta detalle á cita. Seguro que todos os que asistamos encontrarémonos coma na nosa propia casa ou incluso mellor.
Ademáis haberá un sorteo especial de... 1.000€... case nada coa que está caendo...
Xa sabedes: ambiente agradable, boa presentación nas copas, en cabina un fenómeno como é o seu Dj Residente Gaby Shock, camareras agradables, música e diversión a raudais... todo o que se pode pedir a un local de ocio nocturno encontrarédelo en PUB Q+?.
NON PODEDES FALTAR!!!
martes, 7 de maio de 2013
A Porra: Xornada 31
A 31 xornada da porra chega con un auténtico partidazo: Atlético (3º) contra Barcelona (1º). Un partido que pode decidir o campión de Liga, sempre e cando o R. Madrid non perda mañá o seu partido adiantado por mor da final da Copa do Rei.
Este será o partido estrela da xornada que ademáis tráenos outros apaixoantes encontros: Valladolid - Deportivo / Espanyol - R. Madrid / Málaga - Sevilla e o partido do luns: R. Sociedad - Granada.
XA PODEDES SUBIR OS VOSOS PRONÓSTICOS
PARTIDOS:
ATLÉTICO - BARCELONA * Partido da Xornada
ESPANYOL - R. MADRID
VALLADOLID - DEPORTIVO
MÁLAGA - SEVILLA
R. SOCIEDAD - GRANADA
A Porra: Finito único acertante da xornada
Na peor xornada da Porra de esta IV Edición no que a acertos se refire Finito foi o único capaz de sumar. O campión da I Edición acertou o partido disputado na noite de onte: Getafe 2 - R. Sociedad 1, sumando así 3 puntos que o fan empatar a 45 puntos con Suso na 5ª praza.
Segue líder Esteban con 65 puntos, seguido de Chany con 59, Isak con 49 e Josito con 47.
RESULTADOS:
DEPORTIVO 0 - ATLÉTICO 0 * Partido da Xornada
BARCELONA 4 - BETIS 2
R. MADRID 4 - VALLADOLID 3
GETAFE 2 - R. SOCIEDAD 1
GRANADA 1 - MÁLAGA 0
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 65
2. CHANY 59
3. ISAK 49
4. JOSITO 47
5. SUSO / FINITO 45
6. MAITE 40
7. EMILIO 39
8. JOSÉ ANTONIO 32
9. VILLA / LATO 29
10. VILLALOVE 28
11. PAZITOS 25
12. PITUS / PETETE 23
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. PIRU 12
15. IVÁN COMBO 11
16. CHINO 9
17. ALBERTO 6
luns, 6 de maio de 2013
II Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia
Comezamos a semana con un post adicado a aquelas persoas amantes dos viños galegos e do turismo. Hoxe falareivos da II XORNADA DE PORTAS ABERTAS NAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIA que se celebrará os vindeiros 1 e 2 de Xuño.
66 bodegas das 5 Denominacións de Orixe galegas ofrecerán visitas polas súas instalacións e degustacións gratuitas dos seus viños. Un total de 28 restaurantes ofrecerán 56 menús enogastronómicos a 25 euros para adultos e menú especial para nenos de ata 12 anos a 10 euros. Ademáis 22 aloxamentos farán ofertas especiais para esta fin de semana.
Este é un pequeno resumo de todo o que vos podedes atopar no seguinte enlace onde detalla todo tipo de detalles do que vos estou a falar.
Ten moi boa pinta!!!
http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mti2/~edisp/turga126688.pdf?langId=es_ES
venres, 3 de maio de 2013
Venres, sol, maio...
Xa o di o título do post de hoxe: venres, sol, maio..., 3 factores que fan revivir, que cargan as pilas e que alegran.
A canción elexida para rematar a semana non é outra que "Right Now" de Rihanna e David Guetta, un tema que encontro máis que apropiado para unha xornada coma a que estamos a ter.
Tede boa fin de semana, con especial recordo para todas as nais do mundo (que faríamos sen elas), pero non so o domingo senón ó longo das nosas vidas.
A disfrutar moito,
Bicos e abrazos
xoves, 2 de maio de 2013
Cumbraos 2013, QUE FESTÓN!!!
A Comisión Organizadora na Honra do Corpus Christi de CUMBRAOS dou a coñecer onte o elenco de orquestras e agrupacións musicais que actuarán os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño.
Non hai palabras para catalogar a noite do 31 de maio: PARIS DE NOIA, orquesta archiconsagrada que leva moitos anos sendo unha das mellores da escea musical galega e o grupo CLAXXON, sen lugar a dúbidas a formación revelación do pasado verán 2012.
O campo da festa vaise quedar pequeno vendo o que promete esa noite. Será sen lugar a dúbidas un día inesquecible para os veciños de Cumbraos e alrededores.
Pero non acaba ahí a cousa, o sábado 1 de xuño prosegue a festa. Para abrir boca a hora do vermú estará a Orquestra na que este ano debuta a nosa amiga Roly que non é outra que ALARMA. Esta mesma formación estará á noite acompañada por ESTRELLAMAR.
E para darlle un punto e final como mandan os canons, o domingo 2 de xuño ó mediodía será a Charanga "OS AMIGOS" de Visantoña quen faran bailar ó respetable antes de xantar.
Desde aquí dar a miña máis sincera noraboa os membros da Comisión porque non é doado elaborar este cartel coa que está caendo e máis aínda se analizamos que San Xulián de Cumbraos é unha parroquia de Sobrado que non chega ós 400 habitantes. Así pois, con máis razón merecen o meu recoñecemento.
MOITA SORTE E QUE VIVA O CORPUS CHRISTI!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)