mércores, 29 de maio de 2013

Xa somos Reserva Mundial da Biosfera!!!


Estamos de noraboa:

Coñecíase no mediodía de onte, As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo convertironse en Reserva Mundial da Biosfera, un galardón que outorga a Unesco.

Non deixa de ser unha grandísima noticia para esta comarca, pois como sabedes, Sobrado pertence a ela o ser o lugar onde nace o Río Mandeo que desemboca na Ría de Betanzos.

As Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo compóñena os concellos de: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado. En total suman 114.000 hectáreas o que supón algo máis do 14% da Provincia da Coruña.

Con esta son 45 as Reservas Mundiais da Biosfera das que dispón España, 2º país máis distinguido do mundo por detrás dos Estados Unidos.

Esta distinción supón que o territorio beneficiariase entre outras cousas de máis vías de financiación. Agardemos que a maneira de potenciar a partires de agora o Turismo se faga, POR FIN, de forma ordenada e non as tolas. Os productos autóctonos tamén se verán beneficiados con esta medida.

Deixovos a noticia de La Voz de Galicia na súa edición dixital


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/05/28/marinas-corunesas-terras-do-mandeo-reserva-biosfera/00031369745872612556390.htm#.UaTdGQzyoZg.facebook



Ningún comentario: