xoves, 16 de maio de 2013

Ata martes maj@s



Así é, mañá comeza unha ponte con dous festivos e fin de semana polo medio... así que, ata martes non volverei a andar por estos lares. Toca por segunda fin de semana consecutiva ruta turística polas "Españas".

Para quen vos quededes en Sobrado, deséxovos unhas boas Festas das "Pías" e ogallá o tempo ó final acabe respetando. Aínda que faga algo de frío por favor que non chova para que as merendas sigan tendo o gran éxito que veñen amosando estes anos.

Hoxe déixovos co que para min foi, é e será o mellor grupo de Rock de todo o territorio nacional: sí, os ourensáns, as máquinas... LOS SUAVES.

Como non podía ser de outro xeito, déixovos un video grabado no seu último directo do recopilatorio "29 años, 9 meses y 1 día" feito no seu Ourense natal en setembro do ano 2010. A canción, unha das miñas favoritas, que aínda que a letra é triste a min ponme moi contento cantala: "Maldita sea mi suerte".

Por anticipado deséxovos un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS, unha boa fin de semana e a xente de Sobrado, que celebren as Pías en condicións.

Vémonos o martes

Bicos e abrazos

Ningún comentario: