mércores, 22 de maio de 2013

NON Á MEGAMINERÍA EN GALICIA



Onte vin este video denuncia por primeira vez. Trátase de unha petición á Xunta de Galicia para que non permita que o Proxecto de Megaminería en Galicia vaia adiante. Os que mandan deben ser conscientes da repercusión que pode provocar no medio natural galego "sachar indiscriminadamente a terra" para obter uns lingotes de ouro. Entre todos debemos parar isto co agallo de que dentro de uns anos  non nos teñamos que lamentar de estas obras "faraónicas" que o único que perseguen é enriquecer a uns poucos (os de sempre) e danar directa ou indirectamente a todo e a todos.

NON A MEGAMINERÍA EN GALICIA!

1 comentario:

Asociación Veciñal de Esteiro dixo...

Os que mandan tamén nos puxeron unha bomba na Ría de Ferrol chamada Reganosa