xoves, 16 de outubro de 2008
Los desgraciaus "Coches Chocones"
Dende moi pequiniño a atracción máis importante para min das festas eran os coches de choque. Cantas horas deixo pasado enriba dos coches de Morla, de Gómez, de Pazos... e cantos cartiños me teñen dado para gastalos alí..., je je je.
Pois ben, xa hai algún tempo que oin esta canción pero hoxe non me resistín a posteala. A canción é de Los Desgracius e o seu título "Coches Chocones". Unha canción friki-parodia onde o son da bocina é inigualable!! Escoitade.
Non foi a mellor semana da miña vida
Luns, logo de estar mirando uns videos sobre videoxogos en www.tu.tv achei un sobre trucos de google polos cales marcando un código se podía baixar música directamente da rede sen necesidade de Ares, Emule, Kazza ou outro filtro dos que existen...
Polo tanto e como proba quixen baixar unha canción de Sash!, a primeira páxina que seleccionei non me deixaba entrar polo que decidín voltar atrás e elexir outra con un dominio "israelí"... Maldita a hora en que tiven a idea de probar o truquiño de marras. O pouco de "clickar" xa me comenzaron a sair ventanas flotantes por todos os lados e contadores que para paralos había que facer números, nese intre xa me din conta: acabamos de pillar un virus coma unha catedral. No dictamen final resultaba haber dous virus críticos e un non tan malo pero o caso é que ó portatil xa estaba infectado. Maldecín a miña decisión 1000 veces. Agora o portatil está sendo renovado, é dicir, hai que voltar a instalar todo. Do malo, malo polo menos non perdín os archivos nin todas as fotos que gardaba nel.Pero eso so foi o comezo de semana, o martes proseguiron as desventuras:
Noe e eu íamos ir ó cine a ver a última película de Al Pacino e Robert De Niro, saín de traballar as 20:00 horas e decidín pasar pola miña casa para coller unha cazadora por se facía frío. No momento en que apago o coche tirei do freno de man (debo dicir que un pouco violento demáis) e reventei os tensores que leva o freno polo que o coche non se frea en lugares onde haxa pendiente. Creo que me acordei de todos os familiares dos xefes da Citroën (aínda que eles non tiñan culpa). Chamei o taller para comentar o caso e díxome que nese momento non tiña ningún tensor alí polo tanto que chamase o día seguinte as 10:00 AM. A esa hora chamei o mércores pero díxome que ía chamar a Lugo a ver se alí había algunha existencia, polo tanto tiven que voltar a chamar as 11:00 horas con resultado negativa. En Lugo tampouco había, parecía coma se os "duendes" se voltasen na miña contra. O final os tensores chegan de Madrid (en teoría hoxe as 17:00 horas por servicio urxente) polo que se non hai mala novidade e logo de tantas voltas, mañán pola mañán poderei levar o coche o taller para arranxar un dos problemas que me leva amargando a semana.
Non todo sae a veces como un quere pero ogalla todos os males sexan eses... (como din os nosos maiores).
mércores, 15 de outubro de 2008
Qué rápido pasa o tempo
Qué dicir da voda de Chus e Jacobo que non se dixera xa? a verdade é que moi pouco porque foi unha voda na que todas as botellas de licor (sen excepción) quedaron bailando. Xamáis cantei tanto nunha cerimonia de este estilo, e xamáis estiven tan chafado o día seguinte, parecía que coma se houbese vivido dous fin de ano xuntos ou algo así.
Euforia desmedida: Javi Castro a piques de saltar por riba da mesa de son para cantar, eu "dándolo todo", Esteban axudando a cantar, Ángel de Teté en segundo termo metendo uns berros que pá qué, Jacobo rindo e incluso se ve a Ángel de Brañas (inconfundible a garabata vermella e branca do Atlético de Madrid) moi metido na acción...
Momento principio de manteo: Álvaro e Esteban comezan a agarrar a Jacobo no que sería o manteo máis manteo de todos os manteos: termar de este home tan grande con tanta "festa" no corpo chegounos de abondo.
O noivo rodeado: esto é o que Esteban lle chama un "abrazo colectivo", je je je.luns, 13 de outubro de 2008
Comeza o Masters Series de Madrid
Hoxe arrincou o Masters Series de Madrid 2008. O torneo máis prestixioso de tenis que se xoga en España. Tommy Robredo foi o encargado de abrir o casilleiro de victorias para España.Un dos xogadores que non se clasificou foi Pazitos (na foto o vemos practicando o golpe de revés), quizais porque é un xogador que proven do Paddel e foi precisamente nesta tempada onde decidiu dar o salto o tenis polo que o tempo de adaptación require unha serie de esforzos.
Pazitos nunha entrevista deixou claro que se sentía máis cómodo coa raqueta de paddel que con "esta" coa que xoga na actualidade pois o contacto coa bola era máis fácil no deporte do que José María Aznar é fan número 1.
Queixase tamén o tenista da Casa do Gado de que o mango metálico da nova raqueta faille unhas "bochas" incribles polo que ten que xogar con guantes de látex modelo "medicum" e que hai días que non pode tocar o botón ON/OFF da refinería na que traballa, polo que está pensando seriamente coller unha baixa ou como último caso deixar o tenis (pero esto último considerao pouco probable).
Dende eiquí darlle ánimos a Pazitos para que teña máis sorte no vindeiro Grand Slam.
Volve Dieguito Chevalier


Estos días estou ledo futbolísticamente falando. Hai cousa de unha semana entereime que Diego Tristán estaba a proba no West Ham United de Gianfranco Zola e parece que o da Algaba convenceu o técnico italiano e xogará o que resta de tempada no clube inglés.
De sobra sabedes a miña "idolatración" por Diego Tristán, o mellor "9" que vestiu "a branquiazul", Diego ten 32 anos e aínda pode ofrecer cousas, deso estou seguro. Ogalla lle vaia ben e acade ter máis anos de contrato. Eu pola miña parte, e cando teña confirmado o número que vai a levar na súa zamarra mercarei a camiseta do WHU a pesares de ser fan do Manchester. A partires de agora, un oquiño do meu corazón tamén está co West Ham, polo menos mentres Diego esté alí.
Deixovos un video con goles de Diegol para que disfrutedes.
Sobrado, as súas parroquias e os seus límites.
O Concello de Sobrado, que está composto por 10 parroquias (de Norde a Sur Grixalba, Ciadella, Cumbraos, Roade, Porta, Codesoso, Folgoso, Pousada, Carelle e Nogueira) abarca unha gran cantidade de kilómetros cadrados. A pesares da súa pequena poboación (uns 2200 habitantes nestes momentos, polo tanto o número de habitantes por kilómetro cadrado é moi pequeno) Sobrado abarca unha importante parcela dentro do que é a Galiza interior.Curiosamente o Concello de Sobrado ten a característica de que non limita so con unha provincia senón con dúas A Coruña e Lugo. Ademáis son varios os concellos de ámbalas provincias que se xuntan ó de Sobrado en algunha das súas parroquias.
Así pois, a parroquia máis ó Norde que é Grixalba (a 2ª de maior poboación logo do Casco Urbán) limita co concello lucense de Guitiriz. Se baixamos uns kilómetros, a parroquia de Roade únese a tamén lucense de Friol e se imos un pouco máis cara o leste a parroquia de Codesoso está pegada o concello coruñés de Toques. Cumbraos únese o concello coruñés de Curtis mentres A Ciadella ademáis de limitar con Curtis tamén o fai co de Vilasantar.
Folgoso limita con Vilasantar pero tamén ó fai co municipio de Boimorto.
Tamén a parroquia de Carelle limita no seu territorio co Concello de Boimorto.
Pola súa banda Pousada une con Toques por un lado e por outro con Melide. Tamén une con dous concellos a parroquia de Nogueira, pero este faino con Melide e tamén con Boimorto.
Resumindo: o concello de Sobrado limita con 2 concellos da provincia de Lugo: Guitiriz e Friol e 5 da provincia de A Coruña: Curtis, Vilasantar, Boimorto, Melide e Toques. Polo tanto Sobrado encontrase no medio de varios municipios con unha poboación superior a súa. Así Curtis ten máis do dobre, Melide multiplica por 4 a poboación sobradense, Guitiriz case triplica a nosa poboación e Friol pasa do doble. O único concello parello ó noso en habitantes sería Boimorto e os únicos que se encadrarían por debaixo de Sobrado serían Vilasantar e Toques.
Todos estes datos as veces non se lle dan a importancia que merecen pero débense ter en conta moitas veces para estudiar diversos factores como a despoboación por decir un exemplo.
venres, 10 de outubro de 2008
Os programas para novos cantantes teñen tela
Esta fan de Shakira non ten desperdicio. Gracias a Sandra por informarme de este video.
"Ken Lee" impresionante, quedei tan fascinado da letra coma o xurado do programa.
Os Crazy Boys vs Eva Perales, este xa o coñece moita xente pero debido a que non soporto o Reggaeton quizais me fixo máis gracia. Toda a razón para "a Perales".
Festividade do Pilar= Festividade da Garda Civil




xoves, 9 de outubro de 2008
A Comisión Sobrado 2009 estrea blog
Sobrado conta dende hai uns días con un novo blog. Trátase do blog da comision de festas Sobrado 2009. A dirección é a seguinte:comisionfestassobrado2009.blogspot.com
entrade para darlle folgos a estes rapaces e deixades suxerencias que seguro que eles terán en conta.
Eu pola miña parte engadirei un link dende este blog.
Saudos para a nova comisión.
mércores, 8 de outubro de 2008
Chegan máis fotos dos Dolores 2008
Blas da París acompañado por xente de Sobrado (Chus e seu cuñado Pazitos en primeiro termo)
Foto de grupo con Pedino celebrando a consecución de un gol
All the people
Petete´s Family
Di Chus que seica eu saio con cara de formal nesta foto...
Nishita e Chus, xeración do 75
Vivan os noivos!!!! coño! trabuqueime, eso foi o ano pasado por estas datas!
Esteban nesta foto saiu con ollos de "chino"
Vilanova On Tour 2008
Chus, Laura1, María, Laura2 e Pedino
Ángel de Tete: nos vamos a la izquierda... y a la derecha
Comisión 2009 (onde esta Antón?)














