martes, 30 de novembro de 2010

A Porra: de novo sen acertos

Non puido ser e de novo volve a quedar baleira de acertos a Porra de esta xornada. A ver se para a semana andamos con máis tino todos.

Estes foron os resultados:

Barcelona 5 - R. Madrid 0
Racing 1 - Deportivo 0
Atl. Sobrado 2 - Oza dos Ríos 2
Atlético 2 - Espanyol 3

CLASIFICACIÓN:

1. Esteban: 6 puntos

2. Emilio, Finito, Lato: 3 puntos

3. Alberto, Ferreiro9, Pitus: 0 puntos

luns, 29 de novembro de 2010

Din que hoxe hai un partido de fútbol...

Escribo por oidas pois como estes días os medios de "desinformación" non se encargaron de informarnos que hoxe as 21 horas xoga un equipo que viste de azul e grana chamado F.C. Barcelona dirixido por un tío que viste caro, que é moi correcto falando e que ten barba de 3 días contra outro equipo que viste de branco, que son da capital, do mesmo centro de Madrid, que os adestra un portugués con cara de cabreado e polémico, pois xa volo digo eu para quen lle interese.

Ironías fora, a pesares de que son un gran amante do fútbol, que é a miña verdadeira paixón, creo que nos estamos a pasar co trato a estes dous clubes. Chegou un momento no que so interesa o que fagan "os personaxes" de ambos clubes. Hai uns anos o fútbol era eso: fútbol. A día de hoxe é outra cousa, parece que o resto de equipos xa non pintan nada na Liga, as televisión "regalan" todo o seu "arsenal eurístico" a estes dous clubes para potencialos máis (nin que tiveran falta) quitandollo os que máis o necesitan (o resto de clubes)... é coma a historia de Roobin Hood pero o revés.

Existen dúas ligas, a do Barcelona e R. Madrid por un lado e a dos outros 18 equipos por outro. Esto vai camiño de converterse nunha Liga Escocesa onde so gañan Celtic ou Rangers e o resto de clubes son meras comparsas. Eu creo que xa que tan importantes son os "dous titáns" deberían facer unha liga a súa medida; é dicir, que xoguen 38 partidos un contra o outro, 19 no Camp Nou e 19 no Bernabeu e o resto de equipos unha liga aparte. Xa verás ti o interese que vai ter a xente en ver un Barcelona - R. Madrid cando sexa a 3ª vez que xogan en tres semanas, igual moitos prefiren ver un Hércules - Levante con todos os meus respetos para os estes dous equipos. Aquí parece que o resto de equipos xa non pintan nada, nin se valoran, nin interesan, nin nada de nada, pois ben, non nos engañemos, esto á larga irá en detrimento do fútbol español en competicións europeas, e senón ó tempo.

O meu entender a solución é o tope salarial que impera na NBA polo que os equipos non se poden pasar de un presuposto. Así os xogadores están máis repartidos e máis equipos poden competir por acadar títulos. Hai uns anos Valencia, Atlético, Deportivo, Villarreal, Athletic, Zaragoza, Real Sociedad, Betis ou Sevilla presentaban batalla, hoxe en día, nin por asomo. É máis, como sigamos así co reparto televisivo, os demáis equipos nin están nin se lles esperan, eso sí, todos adoraremos a flamante moza de CR7 ou o cochazo que luce Messi...

Saudos e que gañe o que o mereza (se é que realmente o merece algún)...

venres, 26 de novembro de 2010

Dance en galego



A pesares das baixas temperaturas agardamos que o finde responda coas expectativas de tod@s e cada un/unha dos que me ledes. Hoxe deixo este "Sen ti" do "deejay" galego Dj. Son1c acompañado unha vez máis pola catalana "Isis", unha historia de desamor coma outra calquera. Disfrutadeo!!!

Conseguirémolo outra vez?

A tempada pasada Esteban, Chino, Isaac, Pirulo e eu decidimos embarcarnos con Alvaro, Pichi, Diego Gemelo, Cachi, Diego Alto e Víctor Gómez na aventura de xogar federados a fútbol sala co Pub Kemais? en Liga de Salesianos da Coruña. A experiencia non puido ser mellor e acadamos o ascenso de categoría. Este ano incorporamos a Cuadrado e ademáis estamos a ter a colaboración de Omar e Saul e a cousa ata o de agora non vai nada mal. Coa victoria de onte puxémonos momentaneamente segundos aínda que con un partido máis, esta segunda praza outorga o ascenso directo a División de Honor, a cúspide do fútbol sala coruñés. Queda moita liga e debemos seguir mellorando para poder alcanzar algo que sería un auténtico soño. En defensa andamos de cine, en ataque un pouco escasos, eso sí, rentabilizamos os goles a máis non poder senón non se explica de tendo "+8" de coeficiente levemos 21 puntos en 11 partidos xogados.

Hai que seguir currando para presentar batalla ata o final...
VAMOS CHAVALES!!!

* Clasificación actualizada a día de hoxe, 26 de novembro:

1ª División, Grupo 1

Equipo Ptos PJ PG PE PP GF GC San.

--------------------------------------------------------------------------------
1 Mirador San Pedro 25 10 8 1 1 43 26 0
2 Pub Kmais 21 11 6 3 2 26 18 0
3 Transportes Dicarpe 19 10 6 1 3 40 24 0
4 Óptica Souto 16 10 4 4 2 28 22 0
5 Sole L'Sportif 16 10 5 1 4 29 25 0
6 INK 15 10 4 3 3 25 25 0
7 Churrería Núñez 14 9 4 2 3 19 16 0
8 Funziona F.S. 13 10 4 1 5 33 23 0
9 Mel da Anta A 12 10 4 0 6 27 32 0
10 Fycal - Aroma 12 9 4 0 5 23 33 0
11 Bosco Miguel Rúa 12 10 4 0 6 21 31 0
12 Joyería A. Carrodeguas 10 10 2 4 4 27 27 0
13 Bricoking Atlético 7 11 1 4 6 21 31 0
14 Náutico Langosteira 6 10 2 0 8 16 45 0

xoves, 25 de novembro de 2010

Canon Solar

Se o Rei de Francia Luis XIV foi denominado o "Rei Sol" en Galicia xa temos a nosa "Raiña Sol", chámase Ángeles Durán, é de Salvaterra do Miño é di ser a "dona do astro" logo de que en 5.000 millóns de anos non se coñecera propietario algún.

Ademáis a "Raiña Sol" ameaza con cobrar un canon a tod@s aquel@s que utilicen enerxía solar, polo tanto, que non vos extrañe se un día estades tomando o sol na praia ou ben nunha finca da vosa propiedade e vos chega un cobrador ó voso lado para tarificar o "gasto" de enerxía.



Miña nai querida...







CONFLICTO ASTRAL
Una viguesa se proclama dueña del Sol


Según el acta notarial, es la dueña del astro «al no conocerse en 5.000 millones de años propietario alguno»

Al notario le dio la risa. La mujer que tenía enfrente pretendía que diera fe de que se declaraba propietaria del Sol. Del astro rey. Del eje del sistema solar. Pero el hombre se recompuso y escuchó. «Soy propietaria del Sol, estrella de tipo espectral G2, que se encuentra en el centro del sistema solar, situada a una distancia media de la Tierra de aproximadamente 149.600.000 kilómetros...», reza el acta de manifestaciones que levantó el notario.


Ella es viguesa, se llama Ángeles Durán y vive en Salvaterra de Miño. «Existe un convenio internacional por el cual ningún país puede hacerse dueño de los planetas», explica la nueva terrateniente. Pero tal acuerdo no vincula a las personas «y hay un americano que escrituró casi todos los planetas y la luna; pero no el Sol», cuenta. Así que vio una clara oportunidad y decidió convertirse en su dueña y señora.


Lo hizo gracias a un método muy apropiado a las circunstancias: «La adquisición de la propiedad referida constituye una aprehensión electromagnética y radiactiva, al no existir ni conocerse en cinco mil millones de años propietario alguno hasta la fecha», dice el escrito notarial, que también la declara dueña «por usucapión, habiendo hecho de la propiedad del Sol de buena fe, de forma pacífica e ininterrumpidamente durante más de 31 años».


Dice que ya se ha reunido con el Ministerio de Industria -con idéntico asombro- para explicarles lo que hay. Incluso asegura que podría cobrar un canon a todo el mundo que utilice la energía solar. Que para eso es su dueña: «Si se paga por los ríos, ¿por qué por esto no?». Sea cierto o no, asegura que daría el 50% de los ingresos a los Presupuestos Generales del Estado, el 20% para las pensiones mínimas, un 10% para investigación y sanidad y otro 10% para erradicar el hambre. Quedaría un 10% para su bolsillo. Le faltaría acudir al Registro de la Propiedad para anotarse como propietaria del Sol, pero claro, el registro español no tiene competencias sobre el sistema solar.


El notario al que le dio la risa tuvo que consultar con su colegio profesional. Lo hizo y levantó acta. Lo más curioso del asunto es que su despacho está en O Porriño, en una urbanización que, aunque parezca de chiste, se llama El Sol.

Tod@s xunt@s a loitar contra esta lacra

Hoxe 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENZA DE XÉNERO. Todos e todas debemos colaborar para acabar con esta lacra. AGORA É O NOSO MOMENTO.

REXEITA A VIOLENZA!!!

mércores, 24 de novembro de 2010

Adiviña, adiviñanza

Adiviña o que están a beber estés tres "personaxes" da foto e gañaras un accessit para poder participar na vindeira xornada de julepe (xogarase con garbanzos ou grao de millo, cada un que elixa segundo mellor lle convén) nun local de Sobrado. A data e o lugar están aínda por determinar.

martes, 23 de novembro de 2010

"Precampaña" moi quente







Varios dos principais partidos políticos que se presentan os comicios cataláns o vindeiro domingo non dubidaron en incorporar o erotismo nos seus spots de campaña. Un sistema novidoso que non deixou indiferente a ninguén.
O ex-presidente do F.C. Barcelona Joan Laporta "adquiriu" a actriz de Cine X María Lapiedra para promocinar o seu partido.
Pola súa banda, as Xuventudes Socialistas fixeron un video no que o lema reza "Votar é un pracer".
Mentres a ex-popular Montse Nebrera non dubidou en facer un spot que se titula "El Video Porno de Montse Nebrera". Sen lugar a dúbida queda claro que a publicidade segue sen ter fronteiras.

P.D: podedes "clickar" sen medo algún nos videos, non teñen nada que nos poida escandalizar.

Saudos

luns, 22 de novembro de 2010

A Porra: xornada 5

Chega a 5ª xornada da Porra con un derbi moi especial entre os dous titáns da Liga, evidentemente e como non podía ser de outro xeito será o partido da xornada pero con unha connotación. O que acerte o resultado levarase 10 PUNTOS!!! Afinade!

PARTIDOS:

Barcelona vs R. Madrid * PARTIDO DA XORNADA
Racing vs Deportivo
Atl. Sobrado vs Oza dos Ríos
Atlético vs Espanyol




A Porra: con estes resultados é practicamente imposible conseguir un acerto

O fútbol estase volvendo tolo (ou eso parece), xa non so a nivel profesional senón a nivel amateur tamén. Os resultados que se están a dar nas últimas semanas non son nin por asomo normais, eso fai que a probabilidade de ter algún acerto na Porra se reduza considerablemente. Coma mostra un botón: nos 4 partidos que se propoñían esta fin de semana houbo un total de 23 goles (case nada).

Estes foron os resultados:

Almería 0 - Barcelona 8
R. Madrid 5 - Athletic Club 1
Deportivo 3 - Málaga 0
Vizoño B 2 - Atl. Sobrado 4

Polo tanto a CLASIFICACIÓN segue igual que a xornada pasada:

1. Esteban: 6 puntos

2. Emilio, Finito, Lato: 3 puntos

3. Alberto, Ferreiro9, Pitus: 0 puntos