xoves, 14 de febreiro de 2013

Callos, Ron y Rock & Roll



Pode que vos sone raro o título do post de hoxe pero non toleei (de momento). Quérovos falar de un bo disco que chegou ó meu poder. Trátase efectivamente de "Callos, Ron y Rock&Roll" o novo traballo grabado en directo de La Banda del Camión.

Esta banda coruñesa que ten como cabeza visible ó polifacético Francisco Seijo máis coñecido como "Gandy", estivo na última edición da feira da Troita de Sobrado dos Monxes facendo de teloneira de Burning. Gandy, que dou un salto definitivo a fama cando interpretou e compuxo o archicoñecido Rock do Deportivo que tantas veces temos escoitado ten unha dilatada traxectoria profesional no mundo da música.

Parece que esta formula de himnos a clubes de fútbol gustou máis aló da Coruña, pois Gandy tamén lle compuxo nos últimos tempos o himno a SD Ponferradina que milita na Liga Adelante.

"Callos, Ron y Rock&Roll" foi grabado o pasado 19 de outubro de 2012 na sala "O Tunel" da cidade herculina e consta de CD e DVD. Música alegre e imaxes divertidas. Cada canción do DVD vai presentada por artistas consagrados do panorama nacional como: Luz Casal, Loquillo, Carlos Tarque, Burning, Barón Rojo, Pablo Carbonell, Miguel Costas, Sergio Dalma, O´Funk´illo, Los Suaves, Carlos Goñi e un largo, etc.

Desde aquí a miña recomendación para que merquedes o disco, merece a pena e seguro que vos fará pasar un bo rato entretidos. Ademáis de cancións orixinais de La Banda del Camión, tamén hai versións de Kiss, Luz Casal,. Fito y Los Fitipaldis ou Van Halen entre outros.

Xa sabedes: "CALLOS, RON Y ROCK&ROLL" de LA BANDA DEL CAMIÓN

RECOMENDADO!!!


mércores, 13 de febreiro de 2013

Pura delincuencia

Este cuadrilla de delincuentes estivo antonte, luns de Entroido, visitando varios locais hostaleiros de Sobrado e de Melide. Rumoréase que comezaron a delinquir nada máis entrar a noite e que o seguiron facendo por un amplo espazo de horas, concretamente ata que se fixo ben de día. Desde latosobrado.blogspot.com fixémonos con varias instantáneas dos actos delictivos pillando "in fraganti" a este cuarteto.

Aquí tedes as imaxes:


luns, 11 de febreiro de 2013

A Porra: Xornada 19


O partido da estrela da xornada 19 da porra será un derbi moi especial: trátase do Atlético Sobrado - Cire Melide un partido que en caso de victoria marela pode deixar case sentenciado o Campionato ligueiro e o conseguinte ascenso de categoría en favor do conxunto de Sobrado. O partido disputarase o sábado 16 de febreiro no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas.

Recordar tamén que un dos partidos que entra en xogo, o Sevilla - Deportivo xógase o venres 15 as 21.30 horas así pois tan so serán válidos os resultados postos antes desa hora.

PARTIDOS:

ATL. SOBRADO - CIRE MELIDE * Partido da Xornada
GRANADA - BARCELONA
VALLADOLID - ATLÉTICO
R. MADRID - RAYO V.
SEVILLA - DEPORTIVO

A Porra: Josito volve ó máis alto


Josito retoma o liderato en detrimento de Esteban logo de sumar 3 puntos nesta xornada logo de acertar o Mesón do Bento 0 - Atl. Sobrado 2. Con este acerto o novo líder chega os 39 puntos. Este mesmo partido tamén o acertou Villa, seu irmán Villalove, Piru e este que vos escribe.

O gran triunfador da xornada foi Pazitos que foi o único que acertou o partido estrela R. Madrid 4 - Sevilla 1 sumando así 8 novos puntos que fan un total de 25 e pechando unhas últimas xornadas colosais.

RESULTADOS:

R. MADRID 4 - SEVILLA 1 * Partido da Xornada
BARCELONA 6 - GETAFE 1
RAYO V. 2 - ATLÉTICO 1
DEPORTIVO 0 - GRANADA 3
MESÓN DO BENTO 0 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. JOSITO 39
2. ESTEBAN 37
3. FINITO 34
4. CHANY 31
5. ISAK 29
6. VILLA 26
7. MAITE / PAZITOS 25
8. SUSO 23
9. PETETE / VILLALOVE 20
10. LATO 15
11. FERREIRO5 / PITUS / JOSÉ ANTONIO 12
12. EMILIO 11
13. CHINO 9
14. ALBERTO / RUBIO / PIRULO 6




venres, 8 de febreiro de 2013

Carnaval, Carnaval...



Hoxe comeza para moit@s oficialmente o Entroido 2013. Xa tedes rematado o voso disfraz? Seguro que algo faltará por ahí e quedarán algúns flecos para última hora... soe pasar!

Chegan días onde Don Carnal adquire protagonismo (en todos os sentidos) así que desde aquí animámosvos a que disfrutedes o mellor que poidades estes días de festa tolos, uns días totalmente diferentes ó resto do ano... pero eso sí, sempre con un chisquiño (xa non pido moito) de cabeza.

Por ser venres e  por ser Entroido, dúas razóns máis que de peso, déixovos un tema do ano pasado pero moi relacionado coas datas que estamos a vivir. Vémonos luns! que vos sexa leve...

P.D: DÁDELLE SEN MEDO!

mércores, 6 de febreiro de 2013

Festival de Entroido 2013 en Sobrado


Informa a web do Concello www.sobrado.es que para este vindeiro domingo 10 (domingo de Entroido) terá lugar o tradicional festival de Entroido.

A cita será a partires das 17.00 horas na Praza do Concello e en caso de condicións climatolóxicas adversas trasladaríase ó Pavillón Polideportivo Municipal.

Haberá dúas Categorías no Concurso cos seguintes premios :

- INDIVIDUAL: para nen@s ata 14 anos

1º Premio: Tablet 7"
2º Premio: MP4
3º Premio: Auriculares

- COMPARSAS: todas as idades, mínimo 4 persoas

1º Premio: 300€
2º Premio: 200€
3º Premio: 100€
4º Premio: 50€

Ademáis o Festival estará presentado polo grupo de Animación MARINEDA OCIO.


Agardemos que a climatoloxía respete un chisquiñoestes días de Entroido e se poida celebrar a Festa Pagá por excelencia en condicións.

FELICES FESTAS!!!






martes, 5 de febreiro de 2013

Foto adicada con todo o meu cariño


Hoxe quero adicar esta foto. Trátase de uns chourizos á parrilla. Este desexo, sae do fondo do meu corazón  e con moito cariño para uns "seres" que teñen máis cara que espalda: á gran maioría de políticos e banqueiros de este país.

A imaxe está clara: CHOURIZOS (políticos e banqueiros) Á PARRILLA (é donde deberían estar todos estes sinvergonzas).

Pasade boa tarde!!!


luns, 4 de febreiro de 2013

A Porra: Xornada 18

O partido estrela da Xornada 18 da porra será o que disputen o vindeiro sábado a partires das 22.00 horas no Santiago Bernabeu  o R. Madrid e o Sevilla FC. 8 puntos en  xogo para quen sexa capaz de acertar o resultado.

Fagan xogo señor@s!!!

PARTIDOS:

R. MADRID - SEVILLA * Partido da Xornada
BARCELONA - GETAFE
RAYO VALLECANO - ATLÉTICO
DEPORTIVO - GRANADA
MESÓN DO BENTO - ATL. SOBRADO

A Porra: Isak presenta a súa candidatura ó título


Isak saiu como o gran beneficiado da fin de semana na Porra logo de acertar o partido da xornada: Valencia 1 - Barcelona 1 e sumar así 8 importantes puntos que o poñen na 5ª praza da clasificación xeral con 29 puntos a tan so 8 do líder que unha semana máis sigue sendo Esteban.
Ademáis nesta xornada tamén sumou Maite 3 puntos o acertar o Granada 1 - R. Madrid 0 e José Antonio que acertou o Atlético 1 - Betis 0.

RESULTADOS:

VALENCIA 1 - BARCELONA 1 * Partido da Xornada
ATLÉTICO 1 -  BETIS 0
GRANADA 1 - R. MADRID 0
GETAFE 3- DEPORTIVO 1
ATL. SOBRADO 1 - MESÍA 1

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 37
2. JOSITO 36
3. FINITO 34
4. CHANY 31
5. ISAK 29
6. MAITE 25
7. SUSO / VILLA 23
8. PETETE 20
9. VILLALOVE / PAZITOS 17
10. FERREIRO5 / PITUS / JOSÉ ANTONIO / LATO 12
11. EMILIO 11
12. CHINO 9 
13. ALBERTO / RUBIO 6
14. PIRULO 3


venres, 1 de febreiro de 2013

O mal tempo... caña!



Increible o do tempo desde que comezou o 2013 aquí no interior de Galicia. Non vai parar de chover nunca ou qué???

Non queda outra que ter paciencia e agardar a que esto (como din os vellos) "compoña un pouco".

Deixovos esta maravilla de Dj. Assad que se xuntou a 3 cracks: Mohombi, Craig David e Greg Parys para facer este temón DANCE que está a ser a sensación nos últimos meses en radios, discotecas, antros, boutiques e demáis...

Teñan vostedes unha boa fin de semana.

Ahhh, SEDE MALOS!!!