martes, 14 de maio de 2013
A Porra: Xornada 32
Van quedando menos xornadas para que remate a IV Edición da Porra e a cabeza da clasificación segue estando moi apretada. Con moit@s candidat@s a facerse co título de esta tempada. O partido estrela da xornada 32 será o que enfronte no Estadio Municipal de Riazor a Deportivo e Espanyol. O encontro será o domingo 19 de maio (xusto o día que se cumplen 13 anos do título ligueiro do clube herculino e contra o mesmo rival) a partires das 17.00 horas.
Ide facendo os vosos pronósticos.
PARTIDOS:
DEPORTIVO - ESPANYOL * Partido da Xornada
BARCELONA - VALLADOLID
SEVILLA - R. SOCIEDAD
ZARAGOZA - ATHLETIC
GRANADA - OSASUNA
A Porra: Pitus e Petete acertan o partido da xornada
Pitus e Petete foron os únicos participantes que sumaron nesta xornada e curiosamente os dous acertaron o partido da xornada que enfrontou a Atlético de Madrid e Barcelona no Vicente Calderón.
Con estos 8 puntos ambos acadan os 31 puntos escalando ata a 9ª posición. Segue líder Esteban con 65 puntos, seguido de Chany con 59, Isak con 49, Josito con 47 e Suso e Finito con 45.
RESULTADOS:
ATLÉTICO 1 - BARCELONA 2 * Partido da Xornada
ESPANYOL 1 - R. MADRID 1
VALLADOLID 1 - DEPORTIVO 0
MÁLAGA 0 - SEVILLA 0
R. SOCIEDAD 2 - GRANADA 2
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 65
2. CHANY 59
3. ISAK 49
4. JOSITO 47
5. SUSO / FINITO 45
6. MAITE 40
7. EMILIO 39
8. JOSÉ ANTONIO 32
9. PITUS / PETETE 31
10. VILLA / LATO 29
11. VILLALOVE 28
12. PAZITOS 25
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. PIRU 12
15. IVÁN COMBO 11
16. CHINO 9
17. ALBERTO 6
luns, 13 de maio de 2013
A Fórmula 1 segue a gañar adeptos
A Fórmula 1 xa non é ese deporte que en España seguía unha minoria. Quizais axudado polo "Boom Fernando Alonso" desde hai uns anos xa é un deporte dos máis seguidos no "Borbón Country".
José Mota, con este video fainos ver ata onde chega o febre polo deporte das 4 rodas.
Un saudo e que teñades unha boa entrada de semana.
xoves, 9 de maio de 2013
Ata sempre, "Fendetestas"
Acaba de sair a luz pública o triste falecemento do actor navarro Alfredo Landa, un dos clásicos das películas españolas da última metade do século XX e principios do XXI.
Parece ser que Landa de 80 anos xa levaba unha tempada enfermo e faleceu na súa Pamplona natal.
Non serei eu quen descubra as virtudes ou os defectos de este actor o cal lle gardo especial cariño, como xa supoñedes, por ser o protagonista de EL BOSQUE ANIMADO. A película de José Luis Cuerda que foi case integramente rodada aquí en Sobrado dos Monxes aló polo ano 1987 cando eu era un cativo de 9 anos.
Hai algún tempo fixen un post relacionado con esta película, na que Alfredo Landa facía o papel do bandido "Fendetestas". Un simpático e bonachón asaltante de camiños que pululaba (como dicía hai un anaco Pepe Trola no Facebook), polas nosas corredoiras.
Desde aquí desexarlle unha feliz viaxe a Alfredo, unha persoa que para sempre quedará ligada a historia de Sobrado dos Monxes.
D.E.P.
mércores, 8 de maio de 2013
Todo preparado para o VIII Aniversario do Pub Q+?
Faltan algo máis de dúas semanas para que de novo o PUB Q+? de Melide celebre o seu cumpleanos. Trátase do VIII Aniversario de un dos locais referencia da movida melidense, rexentado polo polifacético e gran amigo Alberto Buján.
Como vedes o evento terá lugar o VENRES 24 DE MAIO e por suposto recomendo que ninguén se perda este auténtico festón que vai a máis cada ano que pasa.
Como podedes apreciar no cartel non lle falta detalle á cita. Seguro que todos os que asistamos encontrarémonos coma na nosa propia casa ou incluso mellor.
Ademáis haberá un sorteo especial de... 1.000€... case nada coa que está caendo...
Xa sabedes: ambiente agradable, boa presentación nas copas, en cabina un fenómeno como é o seu Dj Residente Gaby Shock, camareras agradables, música e diversión a raudais... todo o que se pode pedir a un local de ocio nocturno encontrarédelo en PUB Q+?.
NON PODEDES FALTAR!!!
martes, 7 de maio de 2013
A Porra: Xornada 31
A 31 xornada da porra chega con un auténtico partidazo: Atlético (3º) contra Barcelona (1º). Un partido que pode decidir o campión de Liga, sempre e cando o R. Madrid non perda mañá o seu partido adiantado por mor da final da Copa do Rei.
Este será o partido estrela da xornada que ademáis tráenos outros apaixoantes encontros: Valladolid - Deportivo / Espanyol - R. Madrid / Málaga - Sevilla e o partido do luns: R. Sociedad - Granada.
XA PODEDES SUBIR OS VOSOS PRONÓSTICOS
PARTIDOS:
ATLÉTICO - BARCELONA * Partido da Xornada
ESPANYOL - R. MADRID
VALLADOLID - DEPORTIVO
MÁLAGA - SEVILLA
R. SOCIEDAD - GRANADA
A Porra: Finito único acertante da xornada
Na peor xornada da Porra de esta IV Edición no que a acertos se refire Finito foi o único capaz de sumar. O campión da I Edición acertou o partido disputado na noite de onte: Getafe 2 - R. Sociedad 1, sumando así 3 puntos que o fan empatar a 45 puntos con Suso na 5ª praza.
Segue líder Esteban con 65 puntos, seguido de Chany con 59, Isak con 49 e Josito con 47.
RESULTADOS:
DEPORTIVO 0 - ATLÉTICO 0 * Partido da Xornada
BARCELONA 4 - BETIS 2
R. MADRID 4 - VALLADOLID 3
GETAFE 2 - R. SOCIEDAD 1
GRANADA 1 - MÁLAGA 0
CLASIFICACIÓN:
1. ESTEBAN 65
2. CHANY 59
3. ISAK 49
4. JOSITO 47
5. SUSO / FINITO 45
6. MAITE 40
7. EMILIO 39
8. JOSÉ ANTONIO 32
9. VILLA / LATO 29
10. VILLALOVE 28
11. PAZITOS 25
12. PITUS / PETETE 23
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. PIRU 12
15. IVÁN COMBO 11
16. CHINO 9
17. ALBERTO 6
luns, 6 de maio de 2013
II Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia
Comezamos a semana con un post adicado a aquelas persoas amantes dos viños galegos e do turismo. Hoxe falareivos da II XORNADA DE PORTAS ABERTAS NAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIA que se celebrará os vindeiros 1 e 2 de Xuño.
66 bodegas das 5 Denominacións de Orixe galegas ofrecerán visitas polas súas instalacións e degustacións gratuitas dos seus viños. Un total de 28 restaurantes ofrecerán 56 menús enogastronómicos a 25 euros para adultos e menú especial para nenos de ata 12 anos a 10 euros. Ademáis 22 aloxamentos farán ofertas especiais para esta fin de semana.
Este é un pequeno resumo de todo o que vos podedes atopar no seguinte enlace onde detalla todo tipo de detalles do que vos estou a falar.
Ten moi boa pinta!!!
http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mti2/~edisp/turga126688.pdf?langId=es_ES
venres, 3 de maio de 2013
Venres, sol, maio...
Xa o di o título do post de hoxe: venres, sol, maio..., 3 factores que fan revivir, que cargan as pilas e que alegran.
A canción elexida para rematar a semana non é outra que "Right Now" de Rihanna e David Guetta, un tema que encontro máis que apropiado para unha xornada coma a que estamos a ter.
Tede boa fin de semana, con especial recordo para todas as nais do mundo (que faríamos sen elas), pero non so o domingo senón ó longo das nosas vidas.
A disfrutar moito,
Bicos e abrazos
xoves, 2 de maio de 2013
Cumbraos 2013, QUE FESTÓN!!!
A Comisión Organizadora na Honra do Corpus Christi de CUMBRAOS dou a coñecer onte o elenco de orquestras e agrupacións musicais que actuarán os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño.
Non hai palabras para catalogar a noite do 31 de maio: PARIS DE NOIA, orquesta archiconsagrada que leva moitos anos sendo unha das mellores da escea musical galega e o grupo CLAXXON, sen lugar a dúbidas a formación revelación do pasado verán 2012.
O campo da festa vaise quedar pequeno vendo o que promete esa noite. Será sen lugar a dúbidas un día inesquecible para os veciños de Cumbraos e alrededores.
Pero non acaba ahí a cousa, o sábado 1 de xuño prosegue a festa. Para abrir boca a hora do vermú estará a Orquestra na que este ano debuta a nosa amiga Roly que non é outra que ALARMA. Esta mesma formación estará á noite acompañada por ESTRELLAMAR.
E para darlle un punto e final como mandan os canons, o domingo 2 de xuño ó mediodía será a Charanga "OS AMIGOS" de Visantoña quen faran bailar ó respetable antes de xantar.
Desde aquí dar a miña máis sincera noraboa os membros da Comisión porque non é doado elaborar este cartel coa que está caendo e máis aínda se analizamos que San Xulián de Cumbraos é unha parroquia de Sobrado que non chega ós 400 habitantes. Así pois, con máis razón merecen o meu recoñecemento.
MOITA SORTE E QUE VIVA O CORPUS CHRISTI!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





