luns, 3 de decembro de 2007

A Incrible Aparición da Abella Maia


Se algo quedou claro este pasado venres é que o que non lle pase a Comisión de Festas Sobrado 2007 non lle pasa a ninguén. Explícome:
tras aquela memorable festa en Guísamo onde aparecera Lisardito, é dicir, o fillo segredo de Lisardo agora chéganos un miragre moito peor, póñovos en situación:
Data:venres 30 de novembro de 2007
Hora: 01:15 AM
Lugar: coche de Pablo Calvete
Viaxabamos no citado coche o seu dono Pablo Calvete, de copiloto Pablo Pazos "Pazitos", Lisardo e quen vos escribe. De repente no traxecto de Corredoiras a Melide unha intensa luz nos invade dentro do habitáculo do automóvil. De seguido e surxindo da nada unha extrana imaxe marela saiu das alfombras do coche, mirou a Pazitos e Calvete e máis tarde a Lisardo e a min, díxonos que era unha aparición (por un momento creimos estar borrachos, pero non, a esa hora era case imposible que o estivésemos..., ou si?) o caso é que dixo que nos ía traer sorte a un de nós polo que podíamos pedir un desexo, pero só un, e o elexido foi... PAZITOS, como non. Pazitos pediu o desexo e gardouno en segredo.
O sábado pola noite dímonos conta de cal fora o desexo: ter un éxito rotundo coas mulleres, e así foi, o sábado triunfou, lévaba un sorriso para a casa que non podía con él. Está que se sae últimamente, él di que foi o "gabán" co que saiu o sábado que lle dou sorte pero Calvete, Li e eu sabemos que foi a Abella Maia a que lle proporcionou tal situación.
Nada Pazitos tío, leva a Abella o Bingo a ver se tes sorte e te sacas unhas pelas..., je je je.
EN UN PAÍS MULTICOLOR...

4 comentarios:

Anónimo dixo...

JAJAJAJAJAJAJAJA

A MIN VAIME MAL CON ESTO, EN SERIO. ESCRIBES CADA ENTRADA QUE TE PARTES DA RISA CON ELA.

JEJEJEJE A ABELLA MAYA AGORA ADÍCASE A REPARTIR SORTE NO AMOR POR AHÍ ADIANTE! O NUNCA VISTO.

SEGUE ASÍ, QUE ESTO ESTÁ BEN SIMPÁTICO.

POR CERTO: NORABOA PAZITOS!!

Pitus dixo...

Estos que hablan con abejas mayas y tienen apariciones y la hostia bendita son los que beben sin alcohol cuando salen,manda huevs....
Pues también menos mal.
Pazitos un abrazo Gladiator"Fuerza y Honor".

Unknown dixo...

Vero: como ves nunca sabes onde está a sorte. A Pazitos cambioulle nun momentiño nunha aparición no coche de O Muxico (antes denominado Pablo Calvete que por petición expresa quere que a partir de agora apareza citado con ese seudónimo no blog para que non o coñezan, je je je) da Abella Maia e agora está feito un "gigolo", ver para creer.

- Efectivamente Pitus, las apariciones y el dialogo con la abeja fue fruto del "milagro y la creencia en la fe" no fruto del alcohol que tomamos antes de embarcarnos rumbo a Melide.

viva la vida sana!

Anónimo dixo...

buff!! Como un día destes veña calquera dicindo que veu a abella Maya empezarei a coller medo jejeje.

ai ai ai, quen nos ía dicir a nós cando viamos na tele de pequerrechos estes debuxos, que unha noite calquera se ía aparecer a uns mozos de Sobrado nun coche!!