Estalou a "BOMBA" deportiva en Sobrado. Lisardo Santos será o novo piloto provador de Formula 1 para o equipo McLaren-Mercedes que lidera o inglés Lewis Hamilton.
As negociacións levaronse na máis segreda das intimidades e prevese que en vindeiros días "Santos" como é coñecido no mundiño da Formula 1 viaxe ata Alemaña para selar a súa firma coa escudería xermana.
Logo de preguntarlle os xefes de McLaren a que fora debido esta fichaxe sorpresa do piloto sobradés responderon que xa había algún tempo que viñan seguindo as súas evolucións e que a súa experiencia como probador de turismos marca Mercedes foi decisiva para a súa fichaxe.
É un segredo os emulementos que percibirá o piloto polos servizos que lle prestará a McLaren-Mercedes, o que si parece claro é que o contrato será por 5 tempadas e non se descarta unha ampliación.
Así pois Galiza contará con representación no trepidante espectaculo da Formula 1.
A foto que aparece como portada de está SORPRENDENTE NOVA foi roubada e nela vese a Santos facendo a primeira provatura con un monoplaza McLaren-Mercedes.
TEMBLA ALONSO!
6 comentarios:
Boas Victor, a verade é que o buggy non está nada mal, pero supoño que non te acercarás a Salamanca nel...boa xiaxe. Óscar
jajajajajajajajajaja ai Dios mío, que me vai mal!! jajajaja que boa!!
Ti valías pa xornalista, escribes as cousas como se foran noticias de verdade. Se chego a lelo nun xornal e sin foto igual o creo e todo!! jojojojojo eu esmendréllome!
A seguir asi! Bicos.
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Projetores, I hope you enjoy. The address is http://projetor-brasil.blogspot.com. A hug.
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Servidor, I hope you enjoy. The address is http://servidor-brasil.blogspot.com. A hug.
Xa vexo a Alonso campión do mundo novamente grazas a esta nova fichaxe. E todo grazas aun galego!
Se é que... ¿en que parte do mundo non habrá un galego?
Habrá que pensar en aligerar ciertas piezas del monoplaza para que de los resultados esperados por que a pesar de ser coches potentisimos,tambien tiene que ser duro mover a semejante cachalote,ja ja . . .
Publicar un comentario